PONTEVEDRA 3D: BILLARDA EXPERIENCE...TOD@S Ó CULTURGAL!!


EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com




Foi tan só un ano sen o comandante Martinho mais semellou unha eternidade sen o sorriso insubornábel do referencial gerrilheiro e padrinho dos Abertinhos Lóstrego que foi el a luz que nos alumeou para o mítico I Abertinho do festival da terra e da Lingua de Narón cuxa semente permanece perpétua en cada movimento da gran serpe multicor da LNB como se pode intuír no agaradísimo levantamento do lock-out na Bezouqueira, conferencia que acaba de habitar a inscripición para participar nista temporada e na que de seguro terá presente a figura de Martinho no gran Aberto de pretempada que se prepara para o 5 de decembro na festa anti-contitucional en Ferrol que terá un explosivo fin de festa no mítico Chimarrao- Mais iste sábado en territorio tamén da bezouqueira no Local da Fundaçom Artábria realizarase o acto de homenaxe ó comandante Martinho con leituras poéticas , música , xantar de irmandade , ofrenda floras e a proxección dun documetal sobre a súa persoa que moi pronto agardamos poder proxectar nun dos xa míticos terceiros tempos dos Abertos da LNB . E recorda que iste domingo se queres madrugar ou non deitarte na Conferencia Salnés en Bordóns tes unha moi boa alternativa a lavar a faciana resacosa na pileta da auga vendita acudindo á pista de Dorrón donde apartires das 11 h . dará comezo a acción dun novo Aberto puntuábel na ConSal - Contacto: 649.325103

E para mostra do compromido total coa revolución LNB, Tenda Galiza tanto na súa tenda física en Hío ( Cangas ) coma na súa tenda on line XA se poden abquirir os famosos Packs-LNB a un fantástico prezo nas súas versión billarda clásica de dúas puntas ou na mono-punta. Ó carón das pelotas de Celtc Rugby , da camisola da selecicon galega de futbol e rugby están xa as billardas porque Tenda Galiza leva a Galiza a calquera parte do mundo donde esteñas e dende agora tamén che leva as armas para que te unas á imparábel revolución LNB- E atención porque na brutal engranaxe alternativa xa están en marcha os impactantes pins-enxebres da LNB que moi pornto os poderedes atopar nos diferentes Tops-Mantelos que invadirán o país enteiro...República Billarda , Sempre!!










QUE TEÑAN QUE VIR , SERÁ A DA SOCIALIZACIÓN DO CONFLICTO BILLARDEIRO...BROSAS E PALÁNS XUNTAS EN CADA ESQUINA E RECUNCHO DO PAÍS PARA POR EN MARCHA UN NOVO ABERTINHO QUE DISPARE Á SOCIEDADE A NOSA PODEROSA MENSAXE DE ALEGRÍA E COMPROMISO COA TERRA - MERCADOS SI .....PERO DE NAVOS, PATACAS E REPOLOS!!
ian), 83 point2. Silent Woo Goore (Udmurt), 81 points


Un Aberto de Flores que terá a súa continuación ou refesta na celebración dun novo Abertinho Magosteiro no marco da Folidada que se celebrará entre o lusco e fusco no mercado de Abastos de Ribadeo no que as billardas invadirán coma as castañas as tixolas furadas o centro da vila ribadense ó carón da música e do lume....cunha banda sonora de excepción , ferriñas , castañas e billarda sempre- Contacto: 636.887545


- Saudos dende Galiza, foi a recente elección polo referencial festival Liet International para parcipipar na gran final de Udine a que puxo moitos ollos e ouvidos de toda europa sobre Siroka , entre eles nosoutros, acticistas galicos das minorías ruidosas , como foi o proceso que desembocará no esceario Friuli?
- Unha persoa dO comité de solidaridade con Euskal Herria de Friuli e Eslovenia enviounos á nosa disqueira popular (musikherria.org) a invitación para participar e decidimos facelo. A nosa grande sorpresa foi ó recibir a noticia de que foramos seleccionados coma grupo finalista do LIET INTERNATIONAL! E para aló imos ista find de novembro!!!
-Despois de saber que eramos finalistas informamonos máis sobre este festival. Así, démonos conta de que en algunhas partes fanse eliminatorias e o grupo gañador vai á final a representar a súa lingua. En Euskal Herria aínda non existe ese proceso pero sabemos que despois da nosa nominación o Euskal Kantuzaleen Elkartea (Asociación de amigos de la canción vasca ou algo así) púxose en contacto coa organización do LIET para valorar a posibilidade de realizar eliminatorias aquí en próximas edicions. Pouco máis sabemos sobre ise tema. Pola nosa parte interpretaremos o tema “Hi Vascofona!” que na súa letra animamos aos e ás vascofonas a convertirse en megáfono da nosa língua. farémolo o mellor que sabemos coa responsabilidade de saber que somos o primeiro grupo en euskera que chega á gran final do LIET.

-Ate o momento Asturies é o único país peninsular que colabora oficialmente co Liet , estaredes no esceario compartindo expereicia con Skama na Rede, gostaríavos que Euskal Herria dunha ou outra forma oficializara a súa presencia en sucesivas edicions?
-Consideramos que todo o que sexa internacionalizar o euskera é positivo para a nosa língua.
-Escoitando o voso traballo “Karosi” dispoñíbel en descarga libre dende a vosa web atopámonos cunha banda que combina á perfeccion a forza coa precisión do aizkolari , é certa ista sensación?
-A Nosa música é simple e directa, o que cremos que axuda a que chegue con forza ós ouvidos da xente. A sencillez a convirte en precisa e as melodías pegadizas fan que a mensaxe non se escape con facilidade das nosas mentes.

- Somos catro músicos que procedemos de estilos moi diferentes, dende orquestras a grupos de punk-rock ou folk-acústico. Iso vese refrexado no disco. Anque sostense sobre unha columna rockeira, mezclamos sen problema ritmos máis bailables e outros máis pesados.
-Nun contexto coma o actual , parece que a elección dunha determina lingua ¨minorizada¨ para cantar , escribrir ou
simplemente comunicarse habitualmente é un feito que marca definitivamente o suxeito ou grupo en cuestión , en Udine ides estar con grupos de toda europa con similar problemática, como vedes o actualidad panorama musical euskadun?
-En Euskal Herria afortunadamente os grupos , maioritariamente cantan en euskera, cousa que enriquece e axuda ó desenrolo da nosa língua e da nosa cultura en xeral. Nós dámoslle especial importancia a isto, porque anque pode cerrarnos certas portas, a defensa da nosa lingua é unha das nosas prioridades e por elo cantamos en euskera.
-Ista edición non haberá presenza Galega no Liet, a edición pasada en Bretaña , Mafia Galega, un colectivo de hip-hop galaico-suizo con base en Xinebra invadíu o esceario do Liet , que vós chega ou como vedes o panorama galego?
-Realmente na época de Esan Ozenki (selo discográfico) chegábannos cousas de Galicia mediante o seu subselo internacional Gora Herriak. Así e mediante Negu Gorriak poidemos coñecer a Antón Reixa coa súa Nación Reixa. Tocaron bastante por aquí e parece que tiñan unha relación especial con Euskal Herria. Nalgún viaxe a Galicia puidemos desfrutar do grupo de rap en galego “Os trasnos de Moscoso” ou dos popeiros “Niño y Pistola”. Ambos sorprendentes no seu estilo. Agora fáltanos poder compartir esceario con algún en Galicia…así que invitádenos a tocar!!!
-Seremos moitos os que a noite do 19 de Novembro por streaming ou por television de algún país participante sigamos cos ollos e ouvidos pegados ó receptor o desenrolo do festival e da vosa actuación para a que vos desexamos todo o mellor, o Liet é un concurso pero a gran batalla contra o inimigo común que é a indiferencia e o apartheid lingüistico xa está gañada polos grupos participantes e pola gran tribu ó longo de toda europa que formamos os seguidores do Liet. Desexamos vervos pola Galiza moi axiña polo que quedan pendentes unhas tazas de viño e unos grolos de licor café, por favor lanzarde unhas verbas de despedida ós vos@s xa galaico-fans...JoTaKe!!
-Un saúdo enorme a toda a xente que fala galego!!! Esperamos tocar pronto na vosa Galiza Canibal!!! Eskerrik asko!!! >> http://www.sirokataldea.com