Imposíbel deter o lume que arde por debaixo da terra e prende nos pes dos palanadores e palanadoras que ista find absolutamento repleto de actividades, alumearon a chama no facho billardeiro da conferencia mae do Norleste en Burela e Remourelle, e que xa vai camiño de prnder no resto de conferencias que anuncian ós catro ventos o incio das hostilidades- Nun arrinque de semana con terroríficas novas coma a do peche definitivo do Xornal de Galicia na edición web, O cese de activade dos irmáns de Seioque e o punto e coma na carreira musical de The Homens , deixanos un panorama desolador e cínxenos de responsabilide para ser un dos referentes nun país , no que por intres , semella que se nos escorrega coma a area entre as dedas.
A espectacular crónica do gran suceso en Burela no arrinque de Conferencia o podedes conseguir con pelos e sinais no
web oficial do NorLeste , e ademais durante toda a tempada poderedes seguir os resultados acontecidos en todas as conferencias da LNB no espazo da
Radio Galega "Galizia en Goles" , os sábados apartires das 23:50 h. e os domingos ás 22:50 h -
Burela , espazo xa mìtico donde o boniteiro da LNB botou a andar , situou a Monteira de TendaGaliza no maìs alto do corpo do gran campión Guille dos Outros que gañou nunha gran final e cun varado na primeira carreia a Matrinho dos Bulls que conquestaban así á inesperada fuxida de Ginés e Andés da franquia de Remorelle ós Batea ó máis puro estilo do "nacín para xogar alí " . E o terceiro eslabón do podium foi ocupado por Xosé Rodiño , o dos Batea será convidade de luxo nisa e noutras confencia xa que ó igual que a súa equipa militarán e puntuarán cara Conxo na recén estreada
Conferenca Salnés que xa nos apresentan o seu web oficial- Mias non foi a única Monteira da TendaGaliza que se lucíu ista find, foi tan só unha horas de spis de Burela a serpe multior da LNB dirixiuse case sen durmir á Remourelle para desfrutar do Abertinho do Vermú, que se mutou nun espectacular Abertazo con tódolos condicionates que se esixen para ser tal, Xulio rachou pronósticos e lucíu explendoroso a Monteira de Campión dun Abertinho que deixou podesoso rastro de por donde van ir os tiros.
- déronlle aquí morcilla a Vidal? / - ¡¡aquí non!! - ¡ Pois adiante co Varal !
Non podemos maís que remitirnos a istes marabillosos versos de
Rosalía de Castro cos que o gran palanador dos Bulls, Muriego , nos ilustrou nun fenomenal xantar na casa Lola , imparabel ademáis, xa que durante a celebración do Abertinho,
El viejo Pescador, agasallounos cos espectaculares petiscos de bonito cos que se acompañar os grolos que acenderon a nosa implacábel chama de xustiza poética.
E non foron só palanadores nativos senón que ate Remourrelle se achegou un grupo de palanadores e palanadoras celtíberos da
Tribu Estornija , e foi tal o impacto e a boa acollida por ambos pobos, o da billarda e da estornija que xa se iniciaron trámites para tentar no corazón da íberia sumerxida ( que dirian os heroes ) chantar unha billarda ardendo.
Se Martnho foi quen en Burela sitou na final o xenio dos Bulls para aplacar a fuxida dos dous palanadores Ginés e Andrés, no Abertinho do Vermú foi Bea , a palanadora focense dos Bulls quen fixo outro tanto reivindicando a figura dista gran franquia LNB sotuandose na final fronte a un emerxente Xulio dos Billardeiros Musicais que está a ser a gran sorpresa nista potentísma equipa Ribadense.
Con Extensión Agraria todo pode ser posíble, foi o bautismo sonoro para un histórico da formación como é Miguel que en Remourlle se incorporou oficialmente á nova e imprevisíbel xeira sonora dos Extensión som systema - Foi el que colleu dende o incio o boi polos cornos e quen exerceu de espectacular Dj para amenizar unha sesión vermú que botaba....
Dende a xa mítica actuación de Extensión Agraria en Baltar no Festival da Chaira, os músico-palanadores non voltaran a capar ningua cocha, foi en Remourelle donde a cuchilla de afeitar de novo raxou a pel do animal repasando repertorio e incorporando temas novos creados por palanadores que enviaron os seus temas , ti aínda podes ser quen dirixa os ouveos enviándoles unha letra>> ovaral@hotmail.com
Sen dúbida o grupo colle forma , e cunha impresonante sesión de contorsionismo de dedas durante a sesión de chupiños Miguel comezou a exercer do que é , un auténtico mago das cordas e lider absoluto dunha fomación disposta a todo para facer ouvir o berro e o laio dos palanadores e palanadoras en loita , foi aquí , niste sempre intenso intre cando Rodrigo de Tropa Lixeira deu o seu si quero a Extensión Agraria para ser a gorxa pola que flúa a mensaxe e xunto coa posibel incorporación de Carmiña para algún tema por voz a tanta enxebreza pura-
No serán ambientando o torneo de preparación para a Copa Cantábrica ó estilo Liriu donde o seleccionador nacional, Flores , tivo xa vendo as evolucions dos seleccionábeis,
Rodrigo, xa se incorpou ó Combo mentras na Coruña no Parque de Santa Margarita ultimaban o calendario de competición para a
Conf. NorOeste e cinxían tamén o día e emprazamento do
Billarda All Star que ista edición volta ao orixe coordiando pola noroeste e no que é moi posíbel que os Extensión Agraria esteñan inaugurando a súa primeira saía fóra da conferencia NorLeste arrincando así a súa xira
Escumoso Bieiteiro Tour que os levará por tódalas conferencvia da LNB . Atención pois porque todo xa está en marcha e moi atentos porque moi pronto o esquíu da Bezouqueira comezará a chimpar para anuciar que a beda se abríu tamén na
Conferencia Billa, cazando o presente , esfolando o futuro
billarda sempre, adiante co Varal!!