O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

sexta-feira, dezembro 31, 2010

CHEGA A 1º GRAN XEIRA DE ABERTOS DE ANINOVO...AO SOLPOR CALLOS E BILLARDA EN TRIVES E RIBADEO!!


Xa estaba ben, saltos de ski de aninovo dende a pista alemá de Garmisch-Partenkirchen, concerto de aninovo dende Viena agora tamén Nadal e Federer facendo caixa e o parvo en Abu Dhabi cun torneiño de atrezzo, a LNB non podía ante tan lamentábel panorama permanecer màis tempo cos brazosa cruzados , ó chamado á celebración da entrada do ano pola hora galaica súmanse agora a acción brutal e histórica da priemara gran xeira de Abertos de Aninovo que deixan ás claras que xa nada é impsosibel para a poderosa serpe multicor , nen chocolates nen churros . ó solopr callos e billarda é o berro que ista explosiva noite de aninovo vai resoar polo país adiantes con dous epicentros fundamentais ....Trives e Ribadeo dan o paso ó fronte e sitúan para as 8 da mañá os seus históricos Abertos de Billarda que van deixar pegada no subconsciente colectivo. Non te enrugues , aínda estas a tempo para poder realizar o teu aberto de Aninovo que tanto estás desexando e se dista vez non pode ser en Trives na praza do Pilón (627.780891) e en Ribadeo no aparcadoiro do Gadis ( 619.570976) ....os paláns agardan por ti para desafiar o novo ano que comeza!!

quarta-feira, dezembro 29, 2010

ANINOVO BILLARDEIRO>> DOCE MIÑOCAS DA TERRA GALEGA , ÁS 00 H. POLO HORARIO NATURAL GALAICO!!

Iste xoves 30-D, os pandereteiros de Maghua estarán apartires das 20 h na mítica Repichoca da Coruña ( Orillamar-13 ) para realizar unha explosiva acción que será recollida nun novo programa da Galega chamado A Solaina. Un arrinque polo tanto brutal para coller impulso nos territorios da Conferencia NorOeste co que poder comer as DOCE MIÑOCAS DA TERRA ...ou o sucedanio valdeiro que decidades engulir na derradeira noite do ano , ista vez de xeito autoxestionado en tódolos recunchos do país por suposto á hora galaica xa que os mestres de cerimonias bureleses do Buril decidiron iste ano permanecer en barbeito .Alternativas a feixes , xa que os irmáns da Gentalha plantexan para a xente de Conferencia Centro unha explosiva festa anos 80 nos que de poderían arder fotos de Regan , Tacher e González de apareceren polo dance-flour da movida Picheleira. E cando arrinque o 2011 pola hora natural galega arrincará tamén o web-blog chamado TODO-LNB.

E unha vez que pase a boráxine da noite para todos os que se manteñan en pé moite Atención porque para desafiar ós tradicionais Saltos de sky que nos golpexan a cachola se premes o televisor na mañá do aninovo en Trives xa se confirmou ista poderosa e tan agardada nova do I Aberto de Billarda de Aninovo ( contacto: 627.780891 ) >> ATENTOS Á XOGADA E SE PENSAS QUE VAS MANTER O EQUILIBRIO NA MAÑA DO 1-X PARA SUXEITAR O PALÁN PONTE EN CONTACTO: ovaral@hotmail.com

terça-feira, dezembro 28, 2010

SIAREIR@S-LNB >> MAIS UM ANO O POVO FIXO-O!!


O pasado 26 D maís dun milleiro de siareir@s e palanador@s reclamaron a oficialidade das nosas seleccións nacionais, desfrutade con ista pegada histórica da brutal invasión de dignidade e billardas de costas ós medios e poderes oficiais das rúas de Ourense co espectacular video-estalo dos irmáns de Galiza-contrainfo. POVOS EM LUITA, SELECÇONS IRMÁS!!

segunda-feira, dezembro 27, 2010

ASÍ COMEZOU A HISTÓRIA DO GALO ATEO DE OVE...


Estreo da pista deportiva de Ove nunha xornada da LNB na que o xa tradiccional Galo do Ginés, librouse do coitelo sempre que amose boas maneiras cas pitas que lle encomendou Xan Rodiño.

O PRIMEIRO REALITY DA LNB EMITIRASE DENDE UN GALIÑEIRO DO SALNÉS!!

A principio de ano , CNN+ deixa de emitir como tal e pola fusión con Tele-5 terá como programación de arrinque o Gran Hermano 24 h, hoxe ás 21 h. no Galiza en Varados saberemos se a canle de Tele-Varal Live tornará tamén en reality continuo co Galiñeiro 24 , a vida e obra do Galo ATEO DE OVE retransmitida sen interrupcións , edredoning no galiñeiro do Salnés xa!!


Sexa antes o ovo ou a galiña , o certo é que na III edición do Aberto da Auténtica no marco da celebración do partido Galiza-Palestina deixou na Alameda de Ourense un ovo que de seguro non é choco e do que sairá un galo ou galiña piñeira que nun futuro grazas á acción de siareiros e da LNB poderá xogar oficialmente a nivel internacional competindo coa camiseta da Galiza. Espectacular a nota pro-seleccions nacionais dos irmàns de Adiante que sitúan á billarda como punta de lanza no cartaz de presentación. Ourense donde ademàis dos insultos calificándonos de Escoria a LNB sufríu outro brutal ataque trifásico ós amplificadores de pista facendo saltar polos aires o ampli de pista, é por elo que Rubén Otero xa escribíu a carta ó Apalpador pedíndolle outro altofalante , a ver se se portou ben o dos Lideiras porque na mesma pista da Alameda palanadores e palanadoras residentes en Varsovia amosaron o seu interese porque a LNB realice un Aberto , palestra e sesión dj galaica na capital Polaca, xa saltan as alarmas ante a posibel reconstrucción do bloco Saviético a base de galiñas e billardazos!!

SIAREIR@S E A LNB RACHAN O BOICOTE MEDIÁTICO E INSTUCIONAL CON GOLES E VARADOS EN OURENSE!!

Dende a espectacular galería dos irmàns de Gz-contrainfo, rachando co boicote mediático e institucional...
Apañamos istes explosivos estalos-fotográficos dunha nova xornada de festa e loita...
na que as billardas da LNB unha vez màis buscaron os puños firmes de siareir@s galeg@s

Multitudinario Aberto sobre chan empedrado da Alameda de Ourense que trouxo a xa famosa polémica do apelativo escoria por parte dun ultra-tradicional e exaltado palanador autóctono por non realizar o xogo nun terreo de terra.
Unha tensión que fixo que Pinto , o palanador da Faisca, se movera coma peixe na auga para facerso co trinufoi niste III Aberto da Auténtica.

Palán ergueiro e no brazo unha estrela ....así vesa o himno da LNB e así o fixeron os palanadores , palanadoras e siareir@s coma os irmàns dos Ribadeu Houligans que encabezaron a manifa cara ó estadio dos Remedios.
Ourense convertíase así en territorio okupado pola emoción e pola carraxe .

As bancadas bruaban dispoistas e inciar a 5º intifada apoiando á selección galega de futbol ista pese salvando ademàis un brutal boicote mediático , institucional e socoal xa que moitos dos xogadores da selección foron incluso presionados pola federación galega para non acudir á chamada de siareir@s

Povos em luita, selecçons irmá

Non puideron pois, nen poderán porlle a nunca a solta iste noso indom+ábel boi da chega que funga para acadar o dereito a que as nosas seleccions nacionais poidan competir internacionalmente.

6-3 foi o resultado final a prol de Galiza, mais iso a quen lle importa? os vencedores fomos todos os que teimamos día a día para que algo acorra e lle plantamos cara cada un coas súas armas ó inimigo comun que é a intolerancia dos estamentos de poder....adiante alianza siareir@s-LNB!!

domingo, dezembro 26, 2010

"PINTO DO FAÍSCA" VENCE NO ABERTO DA AUTÉNTICA OURENSÁ BAIXO UNHA CHUVIA DE ACUSACIÓNS DE ESCORIA Á SERPE MULTICOR DA LNB!!


Con Ourense ardendo a istas horas co lume irmán aceso polas selección de Galiza e Pelestina xogando ambas contra un mesmo inimigo no campo dos Remedios da cidade das Burgas, informamos niste primeiro Varado_Express do espectacular exitazo acadado no máis multitudinario de todos cantos Abertos da Auténtica se levan desputados , máis de medio centro de palanadores e palanadoras ás 12 h . diste mediodía do 26-D se xuntaban na Alameda para dar inicio ós actos de apoio á oficialidade das seleccións nacionais galegas organizado de xeito totalmente autoxestiponado polos irmàns de Siarei@rs Galeg@s. Mais a intensidade foi tal que un dos grandes protagonistas da nova xornada de festa e loita protagonizouna un siareiro de máis de 70 anos exaltado que increpou a toda a tribo LNB acusándonos de ESCORIA POR NON XORGAR EN CAMPOS DE TERRA. Estase tentando identificar a iste xenial siareio para realizarlle unha estatuda que presida cada unha das nosas accións, isa é a actitude que se precisa nunha guerra sen cuartel coma ista nosa revolución Billarda na que estamos inmersos. Ante tal presión psicolóxia no terreo de xogo só un palanador coa experiencia e o temple de Pinto do Faísca podía emerxer das augas fervendo de Ourense para abrazarse á botella de Licor Café proclamándose campión dista nova edición do Aberto da Auténtica , ó seu carón no podium imaxinario, Alberte de Almuinha e Roi dos Filloas de Sangue foron 2º e 3º clasificados nista nova acción da LNB con paláns e brosas de poio ós irmáns de Siareir@s Galeg@s . E no minuto e resultado imposibel do Varal dende os Remedios chega o pichón da LNB cunha nota que di que Galiza venceu 6- 3 á selección irmàn de Palestina.

quinta-feira, dezembro 23, 2010

OURENSE DOMINGO 26 D>>III ABERTO DA AUTÉNTICA NO GALIZA-PALESTINA POLO RECOÑECEMENTO OFICIAL DAS SELECIÓNS GALEGAS!!

ATENCIÓN PORQUE ISTE DOMINGO DE NATAL EN OURENSE SIAREIR@S E A LNB APAÑAN DE NOVO AS PEDRAS PARA COMEZAR UNHA NOVA INTIFADA POLO RECOÑECEMENTO INTERNACIONAL DAS SELECCIÓNS NACIONAIS GALEGAS_

SESIÓN DE MAÑÁ: Alameda

12 H . III ABERTO DA AUTÉNTICA NA ALAMEDA DE OURENSE
( botella de licor café e camisola siareira para o campión ou campioa )
Contacto e inscripición>> 627.780891

Actuación de Paiasos en Rebeldía

Xantar popular

SERÁN:

16 H : MANIFESTACIÓN APOIO ÁS SELECCIÓN GALEGAS
( saída da praza maior )

17:30: Partido de Futbol >> GALIZA-PALESTINA
( Campo dos Remedios )

20:30: CONCERTO: Keltoi - Royalties - Som do Galpom

BOITOCE PRODUXTOS SIONISTAS....CONSUME GALAICO!!

E botando a vista á presentación de siareir@s fixeron do partido na Gentalha do Pichel en Compostela non podemos deixar se suliñar e sumarnos á campaña dos compis de BDS-Galiza que chama ó boicote ós productos sionistas , dende a LNB queremos sumar apios á causa e ó chamamento masivo ó consumo nistas festas e sempre do productos autóctonos como é o Galo Ateo de Ove que en exclusiva mundial os seus "carceleiros " nos amosan como desfruta da súa nova vida coma estrela LNB nun galiñeiro nalgún punto do Salnés

quarta-feira, dezembro 22, 2010

"Ei VACA VOU , xa está akí o taboleiro do DE VARADO EN VARADO"... O APALPADOR INCLÚE ENTRE OS SEUS AGASALLOS O PRIMEIRO XOGO DE MESA OFICIAL DA LNB!!


Como a sarna nos coellos así se espalla o berro de identificación nacional do Apalpador rexistrado por primeira vez nas pista das LNB . Pola rede , polas rúas e polas corredorias do país donde o referencial persoeiro do Natal Galaico apaña castañas , prepara os paláns e afía billardas o emocionate e enxordecedor berro do Apalpador anuncia un novo e explosivo agasallo que vai desprazar para sempre ós colonias xogos de mesa co que nos entretiñamos antes da chegada do impactante e brutal....DE VARADO A VARADO!!

DE VARADO A VARADO E TIRO PORQUE VOU......COMA UN BURRO ARMADO!!
( a rima será á elección de cada xogadora ou xogador )

Non é unha visión, non estades delirando ..... refregade os ollos porque estades ante o primeiro xogo de mesa oficial da LNB , un xostregazo co cal nunca màis Pachís nen Ocas, nen nada dises entretementos alleos nos facerán perder máis o temo. Un xogo para en familia ou cos amigos ou inmigos despois dun xantar cos chupiños achegarse e sumerxise no desporto da Billarda xa que cada casiña é un Aberto ou un estalo histórico ou pegada imborrábel para o subconsciente colectivo de toda a serpe multicor. De varado a varado vai ser isa droga pola cal definitivamente non poderás desconectar nunca da revolución LNB , cada percorrido polo taboleiro do Varado en Varado será un percorrido emocinal pala história dunha revolución en marcha no que cada casiña responde a unha viraxe sen complexos cara ó avismo da victoria, mais no Taboleiro aparecen tamén casiñas de castigo , como non podería ser doutro xeito caer na casiña da xunta penaliza con tres tiradas de castigo e a caída na secretaría de deportes é panalizado polo señor Lete con dúas tiradas amarrado á porta do baile e nun contexto autenticamente galaico como é o do Taboleiro do De Varado en Varado a caída de non retorno e volta ó principio é a chegada á casiña do Pozo de Purín. Aínda estades a tempo de pedir ó Apalpador o voso taboleiro do DE VARADO A VARADO e se tamén queredes organizar un dos Abertos de Aninovo despois de ser suspendido o que tiñamos marcado para desputar en Moaña que lle pasa o testido billardeiro a Trives que xa prepara os machados para afiar as billardas durante a celebración do transito de ano pola hora galega para ás 8 da mañá despois dos churros e o chocolate espero e gaseoso agarrar os paláns de disparar o lume que se carrega dentro. Taboleiros do Varado a Varado e coordinación de Abertos de Aninovo>> ovaral@hotmail.com

GALIZA - PALESTINA >> O LUME AUTOXESTIONADO DE SIAREIR@S E A LNB ACENDE ISTE DOMINGO 26 A CIDADE DE OURENSE!!

Comeza a conta atrás para o partido da Auténtica selección de futbol, a dos Siareir@s Galeg@s, que iste domingo 26 se enfronta a Palestina , dous pobos sen estado pero coa forza suficiente para construilo nas accións nos campos de xogo e nas rúas ardendo de Gaza , Compostela lume que iste domingo confluirá na cidade de Ourense para escaldar aínda máis a auga fervendo das burgas. Como non podía ser doutro xeito a LNB arrima o seui ombreiro a ista nova acción totalmente autoxestionado polos irmáns de Siareir@s que unha vez màis forón capaces de regaterar incluso as sachadas do inimigo para xestionar unha competitiva seleccion galega alonxada da mentira rexional do aparato da Fifa e consolidar por medio dunha impresionate xestion a internacional conseguir a presenza e implicación da selección Palestina. E para quentar aindfa màis o ambiante antes de invadir as bancadas do estadio dos Remedios, na Alameda de Ourense realizarase o III Aberto de Billarda da Auténtica , unha loita pola consecución da tripleta de botellas de Licor Café , único combustíbel posibel para o corpo mutante da gran serpe multicor que imprábel conquista espazos coa forza dos escarabellos nuha leira de patacas. E atención porque como sabedes os Siareiros están a distribuir o seu cartóm 2011 para iste ano co que poderás ver o partido e apoiar a revolución vaias ou non ó partido , é por elo que a LNB estuda moi seriamente realizar un CARTÓM OU CARNET LNB para todos os palanadores e palanadoras aberto tamén xente tamén que queira apoiar co que consolidar isa estructura federativa autoxestionada polo Varal . Contacto e inscripción III Aberto da Auténtica>> 627.780891

terça-feira, dezembro 21, 2010

MAGHUA VS BLACK SABBATH.... PARANOID>>BILLARDOID, ORGULLOSOS PANDERETEIROS-HEAVY-BILLARDEIROS!!


Resoa en todo país a verba BRUTAL , porque iste é o único calificativo que se pode utilizar para a explosivo cover-machuco ao vivo que fan os MAGHUA co mítico tema Paranoid de Black Sabbath . Despois de rexistrar o referencial Gholpe de billarda en Sabaxáns , os poderosos e impredecíbeis pandereteiros-billardeiros da mítica Conf. NorOeste rinden homenaxe a Ozzy Osborne e ós seus rapaces cunha descomunal versión-mashup en clave billardeira fundindo o son das pandeiretas, das guitarras electricas da mítica Paranoid coa paranoia sdalvaxe dunha partida de billarda en Sabaxáns. Os Maghua inciden niso que xa fai tempo vinos anunciando , os partidos da LNB non só se gañan nas pistas senón que se gañan cada vez que unha billarda conquista novos espacios, os escearios , as rúas, as librarías, as palestras, as curtas , as corredoiras, os museos, os liceos....Maghua dá un novo trinufo a toda a LNB realizando un Varado de dimensións incanculábeis na súa carreira no esceario de Carral cos míticos Black Sabbath, beizóns Maghua porque Ozzy e toda a LNB están orgullosos dista nova xoia sonora coa que agasallades os nosos ouvidos e o noso espírito desafiante e combativo " para xoghar á billarda hai se poñer de lao, se lle paghas un bo gholpe podes facer un varao..."

12 de Decembro de 2010 >> Por rizarmos mais o rizo Maghúa fixemos, desde o respecto mais absoluto, o clásico de Black Sabbath Paranoid... Aderezamos o tema cunhas copliñas nas que falamos dun deporte tradicional de noso, galego, a billarda (de aí o título, Billardoid) e con pandeiretas a ritmo de pasodoble e empuñada...

Previamente autocensurado, pola (miña) metedura de gamba...

Guitarra: Xabi

Baixo: Jano

Bateria: Arón

Na final do concurso Querostar, ano 2010

segunda-feira, dezembro 20, 2010

550 KM , A SEPRE MULTICOR DA LNB ESTUDA AUTOABASTECER DE GASOLEO DE TOXO OS SEUS VEHÍCULOS!!


Só alguén coma o pateiro nômade pode nunha mesma find percorrer 550 km detrás dunha billarda, axudar na selección sonora de Radio Oceánica achegando unha espectacular escolla do máis salvaxe e cálido funk brasileiro co que rebaixar a adrenalina dunha xornada a lume de biqueira na LNB, exercer de Apalpador axudándole a dixerir o fígado encebolado ó seleccionador nacional no Aberto celebrado en Compostela , artellar unha alternativa ó seu proxecto sonoro ilegivel que arrasa nos cassettes de USA e incluso agasallar a toda a tribo iste espectacular estalo artístico que ven unirse ó impresionate abano cultural que abrangue xa a LNB. E atención porque hoxe apartires das 21 h poderedes ver ó nômade autor dista fenomenal obra co-presentando o Gz en Varados xunto co outro co-presentador que fai só unha horas foi proclamado vencedor do Galo da LNB no Aberto de Ove.

-Un Natal que para nada suspende a actividade na LNB senón que a multiplica xa que o vindeiro domingo 26 D a serpe multicor da LNB estará xunto cos irmáns de siareiros galegos celebrando apartires das 12 h . na Alameda de Ourense o III Aberto de Billarda da Auténtica previo ó partido do serán de futbol entre Galiza e Palestina no campo dos Remedios de Ourense.

- Ise mesmo domingo comunícannos dende Asturies que o comandante do Liiru Hevia organiza apertires das 12 h. un Abiertu na Praza de Europa en Piedras Blancas .

- E cara ó día de aninovo Atentos ás pantallas porque ampliaremos información sobre a posibilidade de realización de Abertos na mesma mañá do día 1 de Xaneiro.

domingo, dezembro 19, 2010

"EI VACA VOU"....A LNB DÁ UN NOVO PASO HISTÓRICO NO PECHE DE XORNADA EN OVE PONDO VOZ Ó BERRO IDENTIFICACOR DO APALPADOR!!!


Como se comentaba no sanedrin de Ovaral , os Apalpadores da Galiza tiveron que traballar arreo para axudarlle na dixestion ó noso seleccionador nacional mais ainda tiveron tempo para exercer de reporterios como aconteceu na pista do NorLeste da LNB donde o Apalpador colleu o micro e a pipa para alumear cos comentarios dos finalistas a na entrega baixo a xeada do espectacular galo doado polos palanadores históricos da LNB Marita e Ginés de Celeiro de Mariñaos. Atención porque o Apalpador na LNB deu un novo paso histórico na creación mitolóxia da imprescindíbel figura do natal Galaico , nun intre no que os irmáns da Gentalha do Pichel van expor as súas agardadas investigacións sobre a existencia da Apalpadora , a LNB acaba de por voz ó berro de identificación nacional do carboeiro dos montes do Courel ..... Ei VACA VOU!! é o berro que se vai espallar dende as gorzas de todos os Apalpadores do pais e moi atentos poque o ides poder sentilo no espectacular video de Tele-Varal donde se narra a xornada e donde estará recollido ista nova xoia do patrimonio inmaterial galaico de valor incalculábel , xa naide terá que recurrir a guiños de persoaxes do natal nordico porque a LNB xa puxo nas nosas gorzas os nosos propios berros....Ei VACA VOU!!


E niste find. de boráxine billardeira xa temos pois a cuadratura dos resultasdos que serán coma sempre analizados e expostos xunto coas táboas clasificatorias actualidadas despois dista nova enganchada nos blogs oficiais de cada conferencia e no Galiza en Varados diste luns ás 21 h....é por elo que lanzamos o Varado Express para ir facendo boca: o sábado na Conferencia Centro , campión Basilio dos Trouleiros e na Conferencia Sur en Porriño vencedor Amil dos Paquete Pinchas . O domingo Xosé Manuel Sardiña dos ProianoS vencedor na Capela na Bezouqueira e Xan Rodiño dos Bateas levou o Galo no Norleste .... prepárate meu ninín que maña é día de cacharela , que haberá gran nevada e ha vir o Apalpador cunha mega de billardas e castañas!!

DESPOIS DE COMPOSTELA E PORRIÑO , O DOMINGO DE BILLAS E GALOS DAN CONTINUIDADE Á XORNADA!!


Papae, papae...que se me soltou a ghoma!! , así berraba o neno castigado que lle caera a mangueira conectada ó barrico de viño no mítico conto de Farruco. Un vicio o do cativo só comparábel ó da billarda que ferve nas veas dos palanadores e palanadoras que ista find. percorren o país enteiro de costa a costa e conferencia en conferencia. Son moitas as células en movientos de aborixes e outsiders billardeiros que invaden as pistas da libertade da LNB, foi o caso de Compostela D.C donde nun espectacular aberto no corazón da cidade nova conseguíu reunir a máis de medio cento de xogadores que desafiaron a brisa xélida cos seus golpexos de forza estornela, e á mesma hora no Porriño un cento de aloitadores se daban cita para unha nova enganchada puntuábel na Conf. Sur. Basilio en Compostela e un torrente de viño e música co brutal estalo da interpretación ao vivo do Himno dos Bateas por Xosé Rodiño acompañadados dos Gaiteiros de Almuinha animaron aínda máis un resultado final que os Faisca por polémica decisión arbitral estudan impugnar....


E como non podía ser doutro xeito o Apalpador fixo acto de presenza para apalapar as barriguiñas na pista de Compostela e tantear así os agasallos necesarios para cada un dos palanadores e palanadoras , Flores foi un dos apalpaldos nun intre no que o aparato dixestivo do seleccionador nacional traballada a reo para cocer o espectacular fígado encebolado inxerido no xantar de irmandade da expedición do norleste no Restaurante O Cruceiro do Pino.....conectade a ghoma porque na Bezouqueira e o Norleste continúa a xornada !!

sexta-feira, dezembro 17, 2010

VIGO, PONTEVEDRA, BURELA, COMPOSTELA, A CAPELA , RIBADEO...LNB , COAST TO CAST revolution!!

Non podía ser doutro xeito , arrincamos iste incendiario find. tomándolle unha , bueno, unha ducia ou un cento na festaza que organizan para ista noite de venres os irmáns da Faisca de Vigo>> A vindoura sexta-feira 17 de Dezembro a partires das 21:00 horas vem a cantar á Faísca, haverá petiscos de balde, vinho do país e... FESTA RACHADA!!

E o sábado arrinca a xornada en Pontevedra con moitos palanadores e palanadoras da LNB cos paus derriba da mesa para analizar o ADN da terra >>“O Acordo Democrático Nacional é un paso máis adiante na articulación dun polo de resistencia soberanista”

SÁBADO:

- ás 16 h do sábado no Porriño as pinchas da Conf. Sur acenderán o lume no Pavillón Cruz do Budiño . Contacto>> 625.204119

- ás 16 h. tamén arrincarán as estornelas da Conferencia Centro nos arrabaldos Composteláns da Casa das Asociacións ( na antiga estación de Corne ) . Atención porque haberá visita ós estudios de Gz en Varados do perigoso comando da Conf. Norleste deprazado a Compostela para a desputa do Aberto, visita con entrevistas incluídas á expedición nunha emisión especial en directo que poderedes seguir dende as 15 h sintonizando akí co seu potente sinal . Contacto>> 659.553543

- No serán do sábado na Casa da Xuventude de Burela ( antigo Parvulario) , no marco da festa da xuventude organizado por Gz Nova realizarase un Abertinho de Bilharda coordiando polos palanadores e palanadoras do Buril. Contacto>> 671.859906

-DOMINGO



- AS billas bezouqueiras racharán o xeo na mañá do domingo no CEIP Mosteiro de Caaveiro da Capela. O pavillón do colexio recibirá coas mas abertas os palanadores/as de todos os puntos da terra a partir das 11.00 h, momento en que se abrirá o prazo de inscrición na pista e comezará a xornada oficial ás 12.00 h. Prégase puntualidade! . Contacto>>636.280513

-E ás 16 h. os que queiran sentir o derradeiro canto do galo da xornada poderán felo achegándose ate a Conf. NorLeste á pista de Ove ( ribadeo ) , se o tempo o permite ou ó Pavillón Gregorio Sanz , para desputar iste mítico torneo ás portas do Natal. Contacto>> 636.843377.....Viana, deixa un segundo de bailar e ponme outra cunca!!

quinta-feira, dezembro 16, 2010

O POLIÑO FEO DA LNB, PROTAGONIZA O ESPECTACULAR PRIMEIRO POEMA VISUAL DA LNB!!


Que o universo paralelo da LNB está tinguido de creatividade a feixes é un feito contrastado, as achegas no ámbito sonoro son xa un referente, no campo da fotografía , nos microrelatos e incluso no ambito do relato curto mais coa chegada do mítico Aberto do Galo ás terras da conferencia mae a creatividade desbórdase ate límites insospeitados para crear iste inaudito poema visual perpetrado polo bardo Daniel que sitúa a súa maxestuosa obra á altura do mesmísimo Joan Brossa. Atencion porque arrinca aquí a história aínda non escrita do Poliño feo da LNB , o drama vital do Mouchiño de Ove cuxo ovo foi incubado por unha galiña de piñeira no galiñeiro da LNB é o argumento para iste referencial conto que de seguro poderedes incluso ver na gran pantalla xa que hai multimillonarias ofertas da poderosa industria cinematográfica nixeriana do Nollywood para realizar un trepidante filme de animación para invadir o mercado africano e galaico. A curto prazo o poema visula de Daniel xa producíu un xito de 180º grados no Aberto do Galo diste domingo en Ribadeo , ó desexado primeiro premio que é o tradicional e espectacular galo criado en Celeiro de Mariñaos por Marita e Ginés únise a loita por conquerir a treceira praza e convertirse así no posuidor ou posuidora da máis desexada figura do circuito galaico de billarda...O Poliño Feo da LNB agarda por ti iste domingo ás 16 h , non lle falles ó Mouchiño , achégate a Ove e fai que o conto cambie!!

quarta-feira, dezembro 15, 2010

OVARAL ÚLTIMA HORA!!


ultima hora>> sospeitase que os estalos acontecidos no Porriño e Vigo sexan en realidade pinchas extraviadas que aterraron por erro nas oficinas do INEM durante as durísimas sesions de adestramentos previos ó Aberto diste sábado na vila do granito. Outra das novas que nos golpexan nista xornada son as conversas entre a LNB e a concello de San Xoan de Río para a realización dun Aberto para conquerir fondos para a ampliacion do cemiterio parroquial. Ovaral Ultima Hora apegados coma lapas á actualidade!!

VIVA O MAL VIVA O CAPITAL.... OS ELECTRODUENDES DO PORRIÑO E O APALPADOR MARCAN O RITMO NISTA NOVA FIND BRUTAL!!

Se isto é só o trialer como será a película....Intro Porri supón á volta da calidoscópica ollada de Pablo ás pistas da LNB polo que a película que surxa do acontecido no Aberto do Porriño na Conf. Sur iste sábado apartires das 17 h no Pavillón do Colexio de Átios dependerá ademáis do captado pola cámara do dramatismo que ti intinxas ós teus golpexos niste aberto coordiando polos Culombios...viva o mal viva o capital!!

Mais non será a única enganchada dista find. nen moito menos , iste mesmo sábado ás 16 h . xornada puntuábel na Conferencia Centro e o domingo pola mañá ás 11:30 h enganchada tamén regular na Conferencia Bezouqueira no pavillón do Ceip Mosteiro Caaveiro da Capela , ante a que se aveciña o esquíu berzouqueiro busca terreo enxoito porque Canto máis se guinda a billa, máis xía. E como colofón final da xornada chegará ás terras da Conferencia NorLeste a mítica desputa polo Galo do Natal , a pista de Ove no Concello de Ribadeo é o lugar elexido se o tempo o permite e se non irase ó pavillón do Gregorio Sanz . Galo con Pedigree do Galiñeiro de Celeiro de Ginés , presenza de palanadores e palanadoras míticos na pista, chegada do Apalpador ás terras do Norte para a entrega dos premios .....alguén pode dar máis? o arrinque da xornada ás 16 h, «Vaite logo meu ninín ,/ marcha agora prá camiña/ que vai vir o Apalpador/ a palparche a barriguiña».

E por se non fora pouca película o xoves os aborixes do Salnés poderán ir facendo boca escoitando a B.S.O na festa que os Irmáns da Taberna da Cancela de Xil organizan no seu local apartires das 21:58 co espectacular concerto de DOLCE VITA , sons de cine que porán o disparo de arrinque a iste novo frutal find de loucura colectiva...

E NO NATAL...INTIFADA SIAREIR@S - LNB!!




E xa collemos impulso para o día de Natal unir o noso puño ás mans Palestinas que ise domingo desputaran fronte á Galiza no Campo dos Remedios de Ourense o partido de futbol organizado polos irmáns de Siareiros Galegos. Como non podía ser doutro xeito ás 12 da mañá na Praza da Magdalena da cidade das Burgas poderedes quentar as bonecas para a Intifada participando no III Aberto de Bilharda da Auténtica no que o campión ou campioa levará o xa tradicional e explosivo coctel de Licor Café para quentar o corpo antes da treboada...

terça-feira, dezembro 14, 2010

NOROESTE ENTRE LUSCO E FUSCO ....A LNB ESTUDA ALUMEAR CON FACHOS DE PALLA ARDENDO OS FINAIS DE CADA XORNADA!!

Dende un zulo do salnés chéganos iste aterrador video a medialus"... ou como se chame, que nin o mesmísimo Stanley podría filmalo con tanta falta de luz, ainda coa sua experiencia no film Barry lyndon e esa filmación con luz de vela que fai dela unha obra maestra. O golpexo tiña que ser por intuición e solo a xente do CAR, acostumbrada a permanecer adestrando ata en horas nocturnas, coma Xan poido gañar. Xa se pensou nun aberto de madrugada con varales con iluminacion navideña e billardas fosforescentes." E non vai desencamiñado o gran video-cronista da LNB XosA Rodiño xa que en breves datas confirmaremos un Aberto que vai deixar tremendo ós saltadores de sky de aninovo...Atentos á pantallas e adiante cara navas xeiras, todas as ideas que se che ocorran para celebrar ou condear istas datas de Natal, o aninovo ou o que sexa na LNB serán benvidas , non te quedes con elas expresate!!

segunda-feira, dezembro 13, 2010

AS INVENCIBLES DA CONF. NOROESTE E A MANI A PROL DA CASA DAS ATOCHAS PARALIZARON A CORUÑA ISTA FIND!!

A Conferencia NorOeste voltou ista find okupar a pista de Santa Margarida para desputar a súa segunda xornada puntuábel , as clasificacións actualizadas xa no seu web-blog donde axiña teredes crónico e fotos á vosa disposición xa que foi unha enganchada ademáis con novas impresionantes xa que foi a presentación en sociedade da nova franquicia atlántica: benvidas....INVENCIBLES!!. Atentos hoxe apartires das 21 h. á nova edición de Galiza en Varados donde habrá análise da xornada ademáis de ultimar os preparativos dos especiais festas de Natal e aninovo.

Unha find na cidade da Coruña donde ademàis da OKupación polos palanadores e palanadoras do parque de Santa Margarida houbo unha impresionate manifestación a prol dos irmáns da Casa das Atochas para evitar o seu a todas luces inxusto desaloxo , toda a LNB cos compañeiros da Casa das Atochas porque non existe legalidade algunha capaz de dasoloxar os noso soños....

sexta-feira, dezembro 10, 2010

ANA E JOSÉ LUIS POÑEN AS BOTAS DE MARIÑEIRO E BÓTANSE Ó EMBRAVECIDO MAR DE LIKOR KAFÉ GALAICO-EUSKALDUN!!

Que algo similar a un governo galego no exilio está surxindo e que a LNB é un dos seus pilares fundamentais está clarísimo , tan claro coma que os palanadores e palanadoras da LNB se visten e ispen polo pés ....e iso demóstrano Ana e Jose Luis dos Bateas na espectacular entrevista que iste pasado domingo perpetraron nos micros da irman Zintzilik irratia no marco do referencial programa Likor Kafé donde nista ocasión é Pablo o locutor de Burela sirve en solitario os chupiños mentras Xan Mourinho rastexa o exterior do estudo na busqueda das txirikilas caidas no Aberto de Paisaia. A intro da entrevista márcana os comentarios sobre o impresionante documental sobre a construcción das botas de caucho para mariñeiros " Bueu unha bota de altura " . E de altura foi a entrevista, poñédevos cómodos porque tendes que escoitala íntegra sen perder un ápice porque as billardas e o sentimento indíxena galaico surxen por cada poro da conversa....con exclusiva mundial para pechar o programa coa presentacion nas ondas euskalduns dun explosivo grupo de Adina con repercusión en Estados Unidos que agora amiaza con invadir Galiza e Euskal Herria cos seus poderosos cassettes.....Pablo , Xan explosivos grolos de likor kafé para combater nas ondas as reixas do silenzo imposto no país enteiro!!

quinta-feira, dezembro 09, 2010

TURRÓN E ESTORNELAS ESCORRENTARON A FRIAXE NOS ABERTOS DE ADESTRAMENTO!!

E como indicaban os sinais nas estradas na Confencia Centro non existe MELLOR XEITO PARA COMBATER O FRÍO CA OS TORREZMOS E AS ESTORNELAS ....E PARA EXEMPLO O ESPECTACULAR ADESTRAMENTO PARA QUENCER O CORPO REALIZADO A CUBERTO NO PINO.


Adestramento Aberto do turrón , sábado 4 -12 - Ridadeu, micro-crónico do feis de Daniel>>Celebrouse o Adestramento do Turrçon no Colexio Gregorio Sanz de ribadeo. 1' Eirc, 2' Bix, 3' Mondoñedo. en infantis gañou Josñe Maria que quedou a un so punto de disputar a final cos maiores.

terça-feira, dezembro 07, 2010

BEBENDO A ACTUALIDADE A GROLOS !!

Ó igual ca gran estrela do hip hop helvético-galaica Felipe Porto militante , cerebro e cerebelo de Mafia Galega , a frenética actualidade e actividade da LNB ten que beberse dun grolo coma o champan bretón da festa de presentación do festival do Liet donde está tomada ista espectacular instantátenea . Atención porque dende a mesmísima Xenebra xa se guindou no contenedor de bruidos de Radio Varal o espectacular e histórico estalo especial sobre o Liet producido e xestionado por Sak dende a seu zulo-sonono de Radio Oceánica con impacto e difusión totalmente internacional.

Xenebra é xa unha célula indisolúbel no entramado sonoro da LNB xa que mais aló de baixar a intensidade de acción e interactividade despois da explosion no esceario do Liet a Mafia Galega Crew intensifica a súa brutal actividade para a producción e auto-xestión da República Billarda....un puzzle sonoro imposible de definir que se vai estourar en multiples frontes e horizontes.

E se de difusión internacional falamos imposibnel non destacar con letra maisculas a espectacular estrevista dos activistas LNB que participaron no Aberto de Txirilila-Billarda de Pasaia donde Xosé Miguel, a Santi family de Pontereas e Ana dos Bateas compaten espazo nas poderosas ondas euskalduns da Zintzilik irratia para no espazo LICOR CAFÉ conducido por Xan Mourinho e por Pablo indíxena de Burela recrean e analizan o acontecido no Aberto de Pasaia e o que é mais importante amosas e abren os micros ás voces que os micros dista nosa longa noite de pedra e de silenzo nos betan , Xose Miguel o palanador dos Faisca analiza , niste referencial programa e que todos os domingos apartires das 19 h. podedes seguir ben en directo ou achegándovos ós seus podcast para descubrir dende o exilio basco sentir os xostregazos que a censura do país non deixa emitir , a falsidade moral e a miseria que seguíu á visita papal á Galiza. Se os cimentos dos estados falsamente democráticos tremen cos documentos destapados por
wikileaks xa poden comezar a tremer os membros do governo galego ante as extremecedoras verbas do palandor de Moaña. Non podemos esquencer a importancia ademáis de LICOR CAFÉ e da conversa fai uns anos cun café coma único testigo mudo nun minisculo bar de Barreiros que mantivemos Pablo de Burela e un membro da LNB para consolidar iste proxento internacionalista que lle está estourando diante dos fuciños ó inimigo invisíbel....beizóns irmàns e adianta a alianza Licor-Café-Txirikila e LNB!!

Nun dos intres da entrevista en Licor Café, fálase da posibel inmersión da seleccion de Txirikila de Euskal Herria na Copa Cantábrica , xusto nun intre no que os irmáns do Liriu tamén nos abren os micros para celebrar a explosiva acción do Liet. Mafia Galega estivo presente en Acuto dun xeito extremadamente emotivo xa que o seu conducto Carlos Suari na visión do festival declárase co corazón fendido por dúas nacionalidades e dous idiomas, o Asturiano de Xera e o Billardeiro de Mafia galega.

Unha find de teórico relax na LNB convertese nunha find de adestramentos con acción no Norleste co adestramento do Turrón e no Centro co Adestramento do Frío. Á marxe do exitazo das propostas temos que salientar a espectacular proposta do Marcador Galaico da LNB xestionado en tempo real dende as pistas de xogo utlizando os aperellos móbiles conectados á redes socias do Feisbuc, Marcos do Remourelle Bulls é xa o emisor oficial da Conferencia Norleste , animamos a que todas as conferencias utilicen os aparellos dos seus palanadores ou palanadoras para verquer ista valiosa información ó ar autoxestionado e activando o noso propio Marcador gaslaico da LNB.....Adiante!!

Moita actividade con importantísimos cross-roads xa no horizonte coma o III Aberto da Auténtica que en colaboración cos irmáns dos Siareiros Galegos se vai realizar o vindeiro 26 de decembro en Ourense previo ó partido de futebol entre Galiza-Palestina , unha acción de natal que ven a complentar as incursións do Apalpador nas pistas da LNB e atención porque iste pasado luns dende Galiza en Varados se ceivou a bomba dun posibel programa especial para pechar o ano por hora galega comendo uvas ou sucedanios galaicos como tripas antes claro está de sentir a mensaxe aficial de Calvete para despois arrincar un programa especial cos Chistes de Flores e coa actuación estelar dos malabaristas Pinto&Pinto e Zimmer103.....moitas ideas e incluso un espacial Gz en varados para o 25 . A noite na que chega apalapar barrigas o Apalapador quererá tocarlle o sitio a Xan Rodiño , todo isto pecharase o vindeiro luns ás 21 h. na na nova edición de Galiza en Varados que conta coas vosas aportacións para pechar ista gran acción brutal que nos catapultará a un novo e exitante ano billardeiro.....uvas , paláns e billardas pola hora galega en Galiza en Varados!!

Radio Oceanica special Liet international 2010

Special radio show animated by Sak and broadcasted on the galician radio (rtvg) about the festival Liet international 2010.
Formats available: MP3 Audio (.mp3)

domingo, dezembro 05, 2010

RADIO OCEÁNICA >> ISTA NOITE SUMERXETE CON SAK NO ESPECIAL LIET BRETÓN, O BERRO DAS MINORÍAS RUIDOSAS!!


E como colofón de altura á gran triple salto mortal sen rede que protagonizou Mafia Galega e a LNB no liet , ista noite de domingo apartires das 22 h. recomendámovos que esteñades donde esteñades busquedes un reporductor do tipo que sexa para escoitar a històrica fita sonora que ten preparada Sak para inundar o ar da europa dos minorías ruidosas. Chega pois o tan agardado especial Liet da Radio Oceánica da RGM, se ate o de agora puidéstedes ver e intuir o contecido , hoxe á noite , o alento bretón de Dom Duff, a brisa xélida dos Orka da illa dos carneiros tamén coñecida coma Feroe , o calor da terra dos asturianos Xera, a ledicia dolescente e incontida dos irlandeses The Temporary, a nevoa cálida e espesa do raggamuffin-fruiliano dos R.esistence in Dub e todo o resto de seres e linguaxes prsentes nista edición do Liet , Nacho Ramos o respresentante do festival de Lorient na Galiza atopou en Sak un aliado para expresar a súa emoción despois de desfrutar con Mafia Galega e comentar o seu tremendo impacto ante a irrupción das billardas no esceario , incluso o responsábel máximo do liet Internacinal Onno Falkenna estarán nista xoia sonora de infinitos kilates que vai estourar ista máxica noite. O vindeiro ano o liet celebraráse en Udine , nas terras de fala Friuliana do estado Italiano ...haberá representación galega? algún ano o liet poderá celebrarse na Galiza? son preguntas cuxas respostas están no ar, o que está claro é que a LNB atopou no Liet un aliado internacional do máximo nivel e o Liet unha conexión galaica permamente , o que pase no futuro será o que teña que pasar , o único que está claro é que á LNB férvelle o sangue , billarda sempre, adiante co varal!!

sexta-feira, dezembro 03, 2010

O LIET BRETÓN DIBUXA O GRAN RONSEL DE CERTIDUMES DA LNB..... NAVEGAR É PRECISO!!


Unha imaxe que vale máis ca un millón de palabras....o resumo dun treito inmenso que nos levou ó Liet Bretón para fronte á europa das minorías ruidosas asentar os pilares dun proxecto social e cultural paralelo ó descurrir das billardas no ar , aviso a navegantes...isto só é o comezo, a nave de buxo xa está coma sempre estivo diposta para a contracorrente na inmensidade do océano non pacífico, dibuxar o seu propio e preciso ronsel de certidumes.....adiante porque navedar é preciso!!

quinta-feira, dezembro 02, 2010

MAFIA GALEGA : BILLARDA SEMPRE NO LIET!!

REFREGADE BEN OS OLLOS , SEN APOIO INSTITUCIONAL NENGÚN SALVANDO INCLUSO AS POZAS DE AUGA QUE O DESTINO E O TEMPORAL NOS TIÑA PREPARADO... ASALTAMOS O ESCEARIO DO LIET CARGADOS DE BILLARDAS, PALÁNS E DIGNIDADE A FEIXES . SEN COMPLEXOS E SEN A COBERTURA DA TELEVISIÓN PÚBLICA NEN DA RADIO QUEREMOS DESTACAR O EMPURRE BRUTAL QUE SUPUXERON AS NUMEROSAS ACCIONS INDIVIDUAIS QUE SENTAN CÁTEDRA, RUTH DENDE O SEU RECUNCHO do GLAMOUR RIBADENSE FOI QUEN DE MOVILIZAR MEDIANTE A SÚA PODEROSA ACCIÓN POLO FEIS A TODA A MAFIA DISPERSA ANTE A INCERTIDUME E A COMPLEXIDADE DO SEGUIMENTO E POSTERIOR VOTACIÓN , COMA ELA FORON CENTOS @S ACTIVISTAS QUE INCLUSO DENDE FÓRA DO PAÍS COMO FOI NOELIA QUEN SE PASOU O DÍA E A NOITE ESPALLANDO A IDEA E BUSCANDO APOIOS PARA A CAUSA INCLUSO DEBAIXO DAS PEDRAS. MOI ATENTOS Ó GRAN ESPECIAL LIET QUE SAK PREPARA PARA O SEU REFERENCIAL RADIO OCEÁNICA da RGM , UNHA AUTÉNTICA XOIA, UN DIAMANTE DE INFINITOS QUILATES QUE VAI SENTAR CÁTEDRA DENTRO DA RADIO-ACCIÓN GALEGA QUE VAI TER DIFUSIÓN E ATENCIÓN EUROPEA E MUNDIAL . QUEREMOS ADEMÁIS OFRECER ISTA ACTUACIÓN COMA AGASALLO E RECOÑECEMENTO A TODOS OS PALANADORES E PALANADORAS QUE ESTIVERON, ESTÁN E QUE ESTARÁN MERGULLADOS NA LNB PORQUE SEN O GRAN DE AREA , O ALENTO E A FORZA QUE CADA UN IMPRIME NOS SEUS GOLPEXOS NADA DISTO PODERÍA TER ACONTECIDO , EN NOME DE TODA A MAFIA GALEGA , BEIZÓNS.... BILLARDA SEMPRE, ADIANTE CO VARAL!!