O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

terça-feira, março 30, 2010

ISTE XOVES ÁS 12 H. TES UNHA CITA COA PODEROSA TRIBO BILLEIRA EN VEIGA-LARAXE , TERRA DE BEZOUCOS!!


Xa o viñamos anuciando e hoxe destapamos iste extremecedor documento que nos mostra en exclusica mundial á nova tribo da LNB formada por indíxenas das terras de Bezoucos, sumérxete no espectacular crónico do seu primeiro ansaio con pólvora billardeira que iste xoves terá continuación e ó que estades convidad@s>> 12.30 h na pista de fútbol do areal da Madalena tivo lugar o 1º Aberto de billa bezouqueira, dentro do programa de aprendizaxe e posta en marcha dos preparativos de cara ó 1º Aberto da Proia previsto para o 16 de maio. Esta sorpresa acompañou a celebración do Día da Árbore e mais acadou un interese e unha participación sen precedentes, participaron nenos, maiores e adultos. Case medio cento de persoas asistiron con expectación, mesmo algúns colleron o palán e lanzaron a “billa” por primeira vez. Ademais, serviulle a toda a xente participante para iniciarse no xogo e mais para que os maiores lembraran e nos aprenderan os nomes e mesmo variantes inéditas do xogo na Terra de Bezoucos que iremos explicando. O vencedor deste primeiro Aberto Bezouqueiro foi Mirixo, que merecida e esforzadamente superou aos seus compañeiros nun campo de xogo con herba e terra que dificultaron aínda máis a chegada ao varal.


[ Aquí temos ó Comandante X.M Sardiña impartindo sabedoría entre a tribo billeira que se prepara para iste xoves desafiar as procesións e voltar a realizar un novo ensaio nuclear cara ó tan agardado I Aberto da Proia , apunta o contacto para unirte ó indomábel exercito de billas salvaxes das terras de Bezoucos ( Pontedeume) : xms@hotmail.com / 636-280513: ]

A próxima cita preparatoria do Aberto da Proia é iste xoves primeiro de abril, na Veiga-Laraxe, a partir das 12 horas. E se o tempo nos acompaña tamén xantaremos baixo a sombra dos ameneiros. Animádevos e achegádevos a Veiga-Laraxe unirvos á tribo billeira da LNB!!

segunda-feira, março 29, 2010

NITRAMON ,KISS ME , KISS ME, KISS ME!!


Xa podemos botarnos ó resumo xenial con mini foto-varal incluido da última enganchada puntuábel na conf. centro , donde as estornelas en Belvís se rendiron ante o arrebator poderío de Amador , o palanador de Xogos Tradicionais demostrou ser dentro e fóra da pista ise auténtico dandee que a revolución LNB tanto necesita. E ó caron da actualización do web da conf. centro , tamén puidemos sentir pero por desgraza aínda non accedaer por problemas técnicos á listáxe clasificatoria na conf. noroeste , conferencia ista que moita atención porque temos preparado un espectacular foto-documetal cos espectaculares estalos do I Aberto de billa bezouqueira dentro do programa de aprendizaxe que o comandante Xosé manuel Sardiña está impartindo ó seu espectacular exercito de palanadores e palanadoras da Terra de Bezoucos en Cabana ( Pontedeume) e anotade porque iste xoves hai nova sesión preparatoria a partires das 12 h na Veiga Laraze contacto directo: xmps@hotmail.com , pegádevos ás pantalllas porque iremos informanado

E como os bicos e a paixón non cesa nas pistas da LNB nen na arañeira de webs da LNB xa que despois do ouvido iste domingo no histórico estalo de presentación da República Billarda en Radio Oceánica da RGM, que moi pronto capturaremos , e o vivido no espectacular intercambio de fluidos nos comentarios no web oficial da conf. sur clarifica todo iso que os irmáns da Faisca intitulaban na primeira Palestra da LNB , a billarda moito máis ca un desporto... pode verse e intuírse nisa restra de comentarios despois da cal xa nada é igual. Se no Norleste se manita xa na posibilidade e realizar unha segunda parte da mítica curta O Golpe entorno á agardado retorno de Calvete ás canchas, no Sur emerxen unha infinidade de frontes de cada un dos centos de comentarios donde a história do palanador que foi trabucado xogar a Salvaterra ......colle xa tintes épicos. Non sabemos se será ise director galego exiliado en marrocos chamado Oliver Laxe o que se atreva a meterlle man a todo iste cúmulo de loucuras paralelas ó marabilooso bruar das billardas sobre o ar liberado das pistas da LNB pero o que está claro é que algo vai haber que facer para dar renda solta a tanta inquedanza.


Unha revolución que se na Galiza busca o horizonte infindo en Asturies como se puido ver iste domingo en Xixón no arrinque dunha nova edición da Liga dos irmáns do CNL , o exército de machetadores e machetadoras do Conceyu Nacional de Liriu acenderon na pista do Llano un lume baixo a terra que se intúe xa imparábel despois de ver ás 5 franquicias CNL buscar o castru coa intensidade dun xabarín ferido. E recordamos ademáis a toda a tribo que seguimos inmersos na campaña de envío mails de presión para a inmesión billardeira na Universidade , se non enviache bótalle nitramón ó asunto e faino xa pedindo información sobre isa liga de billarda que vai revolucionar as aulas: alexandre.cadarso@usc.es

sexta-feira, março 26, 2010

XAN RODIÑO APUNTA E TOD@S NOS DISPARAMOS , MANDA O TEU MAIL DE PRESIÓN PARA A FORMACIÓN DA CONF. USC!!


Xa son centos os interesado en formar parte dise xermolo que dará lugar á tan desexada primeira Conferencia Universitaria da LNB , para a tribo da Conf. Sur que asistíu ó aberto de Salceda donde o Reverendo Xan Rodiño desplegou o seu maxistral plan de presión e acción para que as billardas comecen xa a bruar no campus universitario de Compostela e Lugo. Atención porque Lugo como ben sabes entra tamén niste entramado billardeiro da Conferencia USC e admáis è prioritario niste proxecto de asentamento na comunidade universitaria. Xan Rodiño é tecnico deportivo da Fundación USC Deportiva, pódelo atopar traballando arreo pola difusión do deporte da billarda e doresto de xogos tradicionais no edificio da Fundación no campus sur se nos vas pasar istes días por alí e queres comunicar con el faino aquí : xarodino@terra.es . Xan vai ser o coordinador da Conferencia-USC e a primeria acción que nos expón a toda a tribo sexades universitarios ou non é unha avalancha de correos de presión ó máximo responsábel dista ára que será quen déa o ten desexado OK a ista inmersión histórica: aquí vos deixamos o correo ó que facer diana cos vosos estalos amosando un famento interese pola Liga Universiaria de Billarda que proximamente vai arrincar: alexandre.cadarso@usc.es . Agradeceriamos que escribirades a esta dirección electrónica o maior número de mensaxes. Simplemente, interesándovos por esa liga de billarda que seica oístedes que vai empezar, e por como hai que facer para participar nela, ou sexa, como, cando, onde, quen…dendo o mail de traballo , da casa, do faiado....utilizade os 6 ou 7 que empregades para colapsar a centraliña diste home para que poda semtir o temerario alento da LNB na caluga...

MONTOUTO SOUND MACHINE ISTE DOMINGO INVADINDO DE BILLAS A CABINA DE RADIO OCEÁNICA!!


Qué decir de Sak? dende a cabina dise catro eixos sonoro chamado Radio Oceánica que sáe á ruta cada domingo ás 22 h na frecuencia da RGM coa forza dun kamizake en carril contrario nunha autopista....Sak , o palanador-oh!! de orixe luguesa pilota a contracorrente e sube no seu trailer ó máis perigoso dos auto-stopistas da peninsula ibérica que habitualmente transista no espazo- tempo Sabucedo-Cuenca, alcumado polas autoridades que o perseguen coma O garañon do Dab galego, iste domingo vai subirse ó tres eixos de Sak para comentar experiencias dun exilio que o levou a rachar barreiras e decidir alaiarse con súa avoa para interpretar un dos maís impactantes temas da história da música galega contemporanea que iste domingo soará nise enorme e intelixente claro no medio de tanta escuridade chamado radio oceánica.

....E EN XIXÓN OS LIRIUS ASTURIANOS BUSCARÁN O CENTRO DA TERRA!!

Coa primaveira encima e en sesión de mañá na pista do Llano de Xixón , iste domingo os irmáns do CNL arrincan tamén a súa competición oficial que nista xa segunda edición terá a gran novidade de buscar un campión nacional individual á par da súa xa mítica búsqueda do mellor equipo do país asturiano. Non sabemos se haberá posibilidade de apostar pero de poder faríamolo polo palanador local Sergio de espor[a] que despois de patinar ante o seu público no Bollu Preñau e deixar escapar o truinfo en Illas nunha final de infarto fronte a Carlos Suari , pode que sexa iste o intre no que o campión do Lacón Cantábrico rache o malefio fóra da campetición internacional . Forza e adiante a revolución Liriu!!

quinta-feira, março 25, 2010

NISTA SEMANA SANTA ARRINCA A PODEROSA CAMPAÑA: "LNB NA UNIVERSIDADE XA" !!


Sabiamos da controversia entre canívais e vexetarianos na LNB pero coa semana santa xa case enriba desátase a gran loucura relixosa, dos católicos practicantes ó activismo radical cinxido ó moviemto apóstota , do integrismo musulmán ó budismo máis extremo.... pero aparte das que podemos chamar relixións maioritarias emerxen na LNB unha fervente paixón espiritual cinxida sobre todo a dous principais frontes: A Relixón Elvispreisliana con gran acebo e seguimento na conferencia sur donde incluso ten un apóstolo militando nos Oestrimnios e a iglexa Evanxélica con crecente acepción na Confencia NorLeste donde temos que facernos eco dunha petición de varios dos seus seguidores cara os seus mestres de cerimonia para tentar que os oficios relixosos que realizan en Foz e San Miguel de Reinante non coincidan cos horarios dos Abertos LNB. Cada un que nistes días rece ó deus que máis lle pareza porque nós a quen lle imos reazar é a ise deus chamado Xan Rodiño que vai coordianr a inmesión billardeira na universiade prevista para despois de semana santa, moi atentos porque imos comezar coa campaña de apoio á creación da CONFERENCIA-USC da LNB , polo que xa de primeiras , calquera que pertenza á comunidade universitaria e queira contactar co coordinador a histórica acción Xan Rodiño, aquí ten as claves de acceso: xarodino@terra.es / 659.553543 >> Atentos ás pantallas porque comeza a campaña: se se pode xogar ó hockei herba porqué carallo non se vai poder xogar á billarda , LNB na Universidade xa!!

terça-feira, março 23, 2010

GZ-CONTRAINFO , ESTALOS SOLIDARIOS E BILLARDEIROS DENDE O CUARTEL XERAL DA RESISTENCIA DO NAVAL!!


E como xa apuntaban os irmáns de Gz-contrainfo depois de agasallarnos cun espectacular album de estalos fotográficos da xornada de solidaridade cos parados do naval , agora despregan en toda a súa intensidade iste fenomenal video-estalo de solidaridade proletaria que mistura , lume , metal e pinchas invadindo o cuartel xeral da resistencia da tribo infranqueábel do naval.

A GENTALHA DO PICHEL , SERÁ A PRIMEIRA EQUIPA EN COMERCIALIZAR O SEU ESPECTACULAR MERCHANDISING LNB!!



E como isto non hai quen o para , os irmáns da Gentalha celebran dende o seu referencial web o triunfo dun dos seus palanadores no anterior asalto ó celebrado iste domindo en Belbís. Xosé Miguel celebrou con lacón copa e farias unha sensacional victoria que o pon na pomada da Conf. Central e xa medita en cal das dúas conferencias sur ou centro concentrarse con máis intensidade para conseguir o pasaporte do 12 para Conxo. E moi atentos ó web da Gentalha do Pichel porque van ser a primeira franquicia que desenrole merchandising da súa franquicia LNB como xeito de autoxestión, polo que preparádesvos para adquirir e lucir en tódos os recunchos do país sudadeiras e camisolas dista referencial franquicia LNB, en breve tod@s seremos e vestiremos da gentalha!!

BELVIS , ESTORNELAS DANZANDO Ó SON DO "CELULAR-LNB SOUND SYSTEM"

Se a gentalha celebrou unha merecida victoria, a referencial franquicia con sede en Conxo " Xogos Tradicionis" coordiandora dos xogos de primavera marco espectacular donde se celebrou iste Aberto puntuábel na conf. central , puxeron ademáis dun nespectacular tsunami billardeiro na pista un arrolador sistema de música afastados dos máis clásicos dj que utilizan pratos ou sistemas de comprensión varios. Cun micro amplificado e sen aparelo de música acoplado o palanador misterioso de Xogos Tradicionais exerceu unha dóbel función de speaker e dj botánse á festa ás costas e ó berro de : Nen Feijoó nen Bugallo van vir xogar á billarda convidaba a todo ser vivinte que pasaba polo aparque a unirse á festa , unha fersta condimentaba coa música emanada do seu propio móbil sintonizado nunha emisora de radio a todo volume. Un auténtico luxo para toada a LNB contar con redentores diste calibre , o único que cremos necesario é desexar que o exemplo cunda en tódalas pistas para que a música e a festa se espalle sempre sempre xunto coa gran serpe multicor da LNB.

segunda-feira, março 22, 2010

ÚLTIMA HORA: CALVETE RECUPÉRASE XA NA SÚA CASA DE BARREIROS!!


Despois de case 6 meses , por fin podemos dar a gran nova que toda a inmensa tribo LNB estaba agardando, Calvete, o gurú e referente absoluto dista nosa revolución en marcha , está xa recuperéndose na súa casa de Barreiros despois dun periplo hospitalario de case 6 meses de combalecencia e de sufrir diversas intervencións quirúrxicas que desenvocaron niste periodo de recuperación no seu lar de cara ó seu agardadísimo retorno ás pistas da LNB para defender as cores dos seus Bíteres. Calvete de novo é un exemplo para tod@s de constancia e entrega vital á causa da supervivencia polo que creo que falo en nome de tod@s ó mandarlle a máis forte das apertas ó gran palanador e á súa compañeira Carmen ós cales queremos ter de volta xunto todos nós o máis rápido posíbel.

CALVETE EN CADA GOLPE DO PALÁN CONTRA A BILLARDA!!


Como sabedes Calvete apadriñou o nacemento da Conf. Sur donde xa se preparan para unha espectacular inmersión billardeira en Marin con un posíbel previo de luxo en forma de espectacular Palestra-LNB no centro social Almuinha. Niste istres de ledicia colectiva pola maís grandes das victorias colleitadas polo mestre Calvete , lanzamos a súa forza de resintencia vital para os compañeiros do naval acampados en Vigo que o sábado pasado estivemos compartindo estalos na praza de estrela e dende o seu campo base envíanos iste espectacular album de estalos fotográficos capturados polos compañeiros de Gz-contrainfo mensaxe de solidaridade proletaria que nos enche de orgullo: "Agardamos en breve ter tamén unha peza audiovisual da xornada e xa vos enviaremos tamén a ligazón. A xente da asemblea de parados quedou moi moi contenta e sentíronse moi arroupados, asi que parabens a todas e todos pola xornada do sábado" Calvete en cada golpe do palán contra a billarda!!

domingo, março 21, 2010

AMADOR E VIANA , A IRRUPCIÓN ISTA FIND DOS BATMAN E ROBIN DA BILLARDA!!


Amador de Xogos Tradicionais e Viana da Faisca protagonistas absolutos niste metálico find billardeiro. Se Viana o sábado na praza da estrela de vigo vencía e convencía no Aberto do Naval adicando o seu triunfo ó proletariado galego , o grande palnador da franquicia de Xogos Tradicionais, Amador, vencía no xa mítico campo de Belvís compostelán no Aberto da Primavera puntuábel para a Conf. Centro que bota lume na busqueda de prazas para o play off nacional. Amador confirma o seu espectacular estado de forma despois de participar na final do All Stars e posiciona tanto a el coma á súa franquicia na pomada para as prazas de Conxo.


CHEGA FOTO-VARAL2:


Chuvia en Vigo e Sol en Compostela, katiuscas e pés descalzos sobre a mesma terra dun país minado de pinchas e estornelas, e para deixar pegada despois do colapso por cantidade e calidade no Foto-Varal. xa tendes á vosa disposición o FOTO-VARAL2 para seguir refregando os ollos ante a brutalidade a proposta incluíndo xa o deslumbrante Salceda e Aberto do Naval, e non despeguedes os ollos das pantallas porque temos novidades a feixes , incluida a identidade real do señor que en Salceda acadou o premio ó palanador que nunca pasa do medio campo!!

sábado, março 20, 2010

VIANA ADICA Ó PROLETARIADO GALEGO A SÚA ESPECTACULAR VICTORIA NO ABERTO DO NAVAL!!


Ista vez si, Viana moom walker, ise palanador de esencia luar logrou vencer na praza da estrela de Vigo no Aberto do Naval , se fai moitos anos os da construcción berraban os da costrucción temos collóns , agora @s do Naval berran temos ovarios , billardas e paláns para vencer á sobervia do capital . En verbas do propio campión Viana e en exclusiva mundial para O Varal: "baixo a chuvia a forza da clase obreira venceu á miseria do capital. Adiante exercito proletario , adiante co Varal!!"

quinta-feira, março 18, 2010

COLLE CORDA E PALÁN E DESFRUTA DUNHA PONTE BILLARDEIRA E DIFERENTE!!


Se queres sorprender de verdade ó teu pai no canto de gabatas agasállao cun adival ou corda para que poida guindarse con xeito nista ponte de loucura que comeza iste venres con santo por exemplo dise anxo exterminador chamado , Jose "moon walker" Viana, felicidades a todos os que teñan algo que celebrar nise día e comezamos:

SABADO EN VIGO: CONTRA A SOBERVIA DO CAPITAL, ABERTO DO NAVAL!!


A Billarda segue expandindo o seu compromiso nacional e proletario. Desta volta o Faisca organiza este Sabado dia 20 un Aberto solidario con o Colectivo de desempregados do Naval acampados en Vigo diante do edificio da Xunta desde o pasado 28 de Febreiro.

18 H. Diante do edificio da Xunta, no náutico,
[ao carom da Praça da Estrela] VIGO
contacto directo>>692.613790

Contra a soberbia do Capital, a Forza do Varal!

DOMINGO:
ABERTO DA PRIMAVERA, PARQUE DE BELVÍS [COMPOSTELA]



ABERTO DA PRIMAVERA, DENDE AS 16 H NO PARQUE DE BELVÍS [COMPOSTELA]

En colaboración cos irmáns da Asociación de xogos tradicionais de Compostela a LNB pon en marcha no serán un novo aberto puntuábel para a Conf. Centro , en sesión de mañá, haberá espectacular abano de posibilidades para mergullarse nas augas do desporto tradicional con disciplinas coma a Chave, salto á comba, Bolos celtas, e incluso tiro con arco , atención porque haberá competición para cativos polo que os nen@s terán un espazo tamén nista poderosa xornada ademáis en belvís estarase preparando tamén o engranaxe do circuito de Abertos LNB na Universidade polo que se tes interse en saber como van as cousas tes unha cita en Belvís porque a Billarda coma a primavera ós universitari@s coma a calquera tamén altera>> info directa: 659.553543

quarta-feira, março 17, 2010

ISTE SÁBADO E SEMPRE: A LNB RESISTINDO COS COMPAÑEIROS SECTOR NAVAL!!


A LNB pon a funda e bótase á rúa iste sábado en Vigo para apoiar á acampada de parados do naval cun poderoso Aberto de Billarda na praza da estrela inmerso na xornada de festa e loita en solidaridade con istes traballadores mobilizados , atentos ás pantallas porque xa se osma un multitudiario torneo en Vigo con xantar de irmandade , proxeccións e malabares no que as pinchas metaleiras do Sul porán a mecha diste tremendo coctel molotov. E se quedas aínda con gañas , o domingo 21 no parque de belvís ( compostela ) espectacular Aberto da Primavera puntuábel para a clasificación da Conf. Centro.

VARALEA DE XEITO ACTIVO NO ESPAZO DE COMENTARIOS-CEIVES!!

Atención porque foron moitos os que pediron que O Varal abrira espazo-ceive para comentarios sen o suplicio das contas nen os códigos de seguridade , polo que xa podedes deixar que a verba flúa antes que os pensamentos polo que convidados a todos os blogues da arañeira LNB que faigan igual que o web ofical do Sur para que os comentarios arrinquen con naturalidade e sen ataduras para que cada estalo medre de xeito brutal coas aportación de tod@s. Ademais temos que salientar a salvaxada de entradas que periodicamente rexistran os nosos web superando xa moitos dos portais clásicos polo que ademáis se queres anunciar calquera festa, concerto, acto de calquer tipo utiliza directamete a ferramenta do cometario que vas ter un feixe de ollos famentos enriba. Comentarios que tamén son espazos válidos para a condea de actos coma o episodio de crueldade que ista find tivo que pasar nun "Cuartel" Compostelán o palanador Raul A.C dos Ribadeo Houligans polo único feito de amosar con feitos que non lle gosta ler El Correo Gallego, tempouco podemos esquecernos da brutal agresión sufrida por un compañeiro machetador asturiano da selección dise país e dos Quirinal Liriu Espor que foi agredido nun bar ó carón do gran teatro dos soños de Piarnu cando comentaba cuns cazadores o estalo aparecido en LNE sobre o Abiertu de Liriu desputado en Illas. Comunicamos que o machetador evoluciona favorabélmente pese a algunha secuela nos fuciños , o seu equipo Qurinal Liriu Espor fixo chegar unha nota de condea a istes lamentábeis feitos apoiando totalmente calquera acción que emprenda o seu xogador.

terça-feira, março 16, 2010

AIRES DO PADORNELO DEBUTAN NO EXPLOSIVO SAMBÓDROMO DA LNB!!


Despois do gran marco de Meira a tribo do NorLeste decide de novo bañarse en pedra convertindo a espectacular Alameda dos Remedios de Mondoñedo nun descomunal sambódromo donde o Gilhe dos Outros fixo bailar ó seu ritmo a todo un exercito de palanadores e palanadoras que se rendiron ante a primeira victoria do xogador de orixe brasileiro. Emotiva adicatoria case con bágoas nos ollos do campión ó dixirse á cámara de Tele-Varal para agasallar o triunfo á súa criança , un asalto iste de Mondoñedo, que xa tivo un espectacular previo cun dos mellores crónicos de todos cantos se teñen guindados niste noso universo de calendarios desordenados intitulado "Mondoñedo ríndese á samba" e que ten a súa espectacular guinda con iste video-estalo condimentado ademáis coa fenomenal peza A Xota da LNB do poderoso grupo-folk que vai dar moito que falar , apuntade o nome : Aires do Padornelo, grupo mindoninse xa con pasaporte da República Billarda. E apuntade tamén que ó Aberto de Primavera diste domindo en Belbís -Compostela-, se lle une a primeira acción anti-crise da LNB, ante a inoperancia dos governos galego e español a LNB únese á Jornada de Solidariedade com os parados do Naval para iste sábado 20 no serán celebrar un multutudinario Aberto de Billarda na praza da estrela de Vigo ( xunto fronte á xunta) para por os nosos paláns ó sevicio da loita por un emprego digno nista gran illa da desolación chamada Galiza, jei nena somos coma o sector Naval!!

domingo, março 14, 2010

OVARAL-TWITTER: DO FAISCA Ó FRONTÓN DE RIAZOR E DE MONDOÑEDO A SALCEDA PARA INVADIR AS UNIVERSIDADES!!


REFRÉSCATE COMA O PAXARO DE TWITTER-VARAL PORQUE COMA EL A DINÁMICA E A ACTIVIDADE DISTA FIND , CON FOCOS ABERTOS XA PARA O VINDEIRO DOMINGO 21 EN COMPOSTELA REAFIRMAN ISO DE QUE A A LNB É O ANIMAL GALAICO Ó QUE MÁIS LLE FERVE O SANGUE NO CORPO:

-Triunfo absoluto da Palestra_LNB no Faisca o sábado en Vigo e acéndese a mecha do lume para que iste xeito de expresión billardeira se espalle polo país enteiro.

-Madrugaban o tribo do NorOeste http://www.lnb-noroeste.blogspot.com/ iste domingo e pillabamolos en plena final na que unha das gandes estrelas dista conferencia , Roi dos Filloas , se enforntaba a un dos palanadores da escadra dos Xarutos que continúan na súa loita contra a história para conseguir pasaporte a Conxo.

-domingo 16 h>> simultaneas enganchadas en Mondoñedo e en Salceda. Na vila no norte lugués producíase o feito histórico que un palanador Brasileiro , Guilhe dos Outros, vencía nun Aberto da LNB abrindo así as espectactivas dise tan desexado Aberto da Lusofonía donde se homenaxearán especialmente ós palanadores chegados dos paises cos que compartimos lingua e loita. Mondoñedo tamén foi esceario da espectacular actuación do grupo folk Aires do Padornelo que presentaron a toda a tribo do NorLeste a súa composición de apoio á revolución billardeira A Xota da LNB, pero non foi ista a única presentaza deslumbrante senón que tamén tivemos o enorme pracer de campartir estalos con André Outeiro , o creador do deseño do noso logo tamén coñecido coma Palano, un feito de enorme orgullo só comaprábel coa magnitude da organización posta en marcha polo representante da LNB en Mondoñedo Txomin , un bucaneiro de corazón e ialma que mobilizou un espectacular engranaxe para sacar adiante un espectacular Aberto na mítica alameda dos Remedios. Simultaneamente en Salceda un cento de palanadores e palandoras arrincaban as tearañas dos recunchos das catro pistas simultaneas que despois dunha espectacular final na que o xa mítico Xan Rodiño fronte a un Se Foras Traballar se facía co seu primeiro triunfo nista tan esixente conf. sur. Ademais a victoria de Rodiño equilibraba as puntuacións por equipos entre a Faisca e Se Foras Traballar sendo tamén nun desempate entre catro-megaestrelas de cadansúa franquicia o triunfo para os Vigueses do Faisca. Ademáis Xan Rodiño anunciou no propio micro do LNB Sound System en Salceda a inminente irrupción dunha histórica LNB de ámbito universitario que vai rachar coa monotonía das aulas e das cafeterías.....Adiante a LNB en tódolos frontes!!

sexta-feira, março 12, 2010

ULTIMA HORA: A SERPE DO NOROESTE CONFIRMA TAMÉN ABERTO PUNTUÁBEL ISTA FIND!!


E como xa viñamos anunciando , a tribo do NorOeste superada xa a folga de funcionarios de espazos deportivos non desaproveita a ocasión e érguese do caldeiro de bimbio como a terceira perigosa serpe dista find dispodta unha vez máis a deixar o seu veleno no chan do Frontón de Riazor co que infectar toda a cidade da Coruña e área de influencia. De feito é moi posíbel que vexamos debutar á nova franquicia do NorOeste con sede en Carral ademáis de poder asistir ó gran intre no que Sak, despois de realizar unha serie de mates espectaculares no All Stars do PIno , debute coma Filloa de Sangue. Iste domingo ou madruga un chisco ou non te deites pero a partires das 11:30 ate as 12 ábrense as inscripcións no Frotón , non podes faltar, inscríbete xa>> 627.310434

O SANGUE FRÍO E VERMELLO FERVE NAS VEAS DA GRAN SERPE MULTICOR!!


Ponte cómodo , colle aire e desfruta do xenial video-estalo dunha nova e impactante edición do Billarda All Stars que deixou no Pino unha descomunal semente de victoria. Varados , mates e golpexos embravecidos nun contexto calidez xélida que demostrou que a LNB é ise temido animal de sangue fría e corpo quente que responde ó nome de serpe multicor , un animal que ista find comeza a reptar imparábel dende Vigo ate Salceda para rematar andaina en Mondoñedo asaltando o trono do mesmísimo rei das tartas. LNB sangue nas veas!!


Intre histórico , a LNB pousa o seu armanento riba da mesa apartires das 20 h diste sábado para explicar ós asistentes á Palestra que se celebrará no C.S Faisca de Vigo que iste país só se amáña a billardazos!!


Moitos dos asistentes e ponentes da Palestra do Faisca estarán o domingo en Salceda dándolle ó carabullo nun Aberto organizado en colaboración dos irmáns de Treze-Catorce , donde se os aloitadores da Conf. Sur se dirixirán moito máis que palabras para tratar de asaltar as prazas que conduzan ás escaleiras cara ó ceo de Conxo.


E niste contexto fraticida para escalar postos na clasificación tamén están os palanadores e palanadoras do Norleste que para calmar a amargura deciden endulzar iste último treito da tempada cunha fenomenal tarta de mondoñedo doada ademáis por Txomin, ise aborixe raísta e representante da LNB en Mondoñedo , que o podemos atopar a cotío rexentando na mítica Taberna do Baleco , vai ademáis doar unha exclusiva botella de viño para os apostadores da Quinibillarda. Atención porque en Mondoñedo quizais poidamos contar coa presenza dise emerxente grupo folk das terras de miranda chamado Aires do Padorneo que presentarán en directo a pé de pista o seu tema A Xota da LNB , un explosivo estalo que formatá parte do Cd República Billarda. Recordamos tamén que de xeito excepcional e para afrontar o pago do seguro de cobertura do Varal realizarse unha inscripción de palanadores regulares da conf. norles de 5 euros. Se che ferve o sangue nas veas, non te quedes na casa , únete á serpe multicor!!

quinta-feira, março 11, 2010

A LNB PREPÁRESE PARA COROAR UN NOVO REI OU RAIÑA DAS TARTAS DE MONDOÑEDO!!


Gardade os chisqueiros un segundo e deixade no chan as pedras , como sabedes iste domingo a LNB depois da Palestra do Sábado na Faisca de Vigo terá dóbel sesión de enganchadas con citas en Salceda e Mondoñedo e coa incerteza despois do levantamento da folga de funcionarios de instalación deportivas se o NorOeste decide realizar un novo asalto no seu feudo do Frontón de Riazor.
ABERTO DE MONDOÑEDO: INSCRIPCIÓN >> 16 H.
Aténción porque Mondoñedo ademáis de coroar un novo Rei das Tartas e visto que sexa cal sexa o novo rei ou raiña que se faiga coa típica tarta de Mondoñedo non terá de seguro o apoio económico nen a simpatía do governo actual ou pretérito do que gozaba a súa mítica maxestade Mindoniense, é por elo que iste Aberto da Tarda de Mondoñedo terá uns concicionates especiais para a inscripción dos palandores e palanadoras regulares da Conf. Norleste xa que de xeito excepcional se cobrarán 5 euros para cubir o segundo pago do seguro que o Varal ten contratado . En Mondoñedo tamén se porá en marcha unha nova edición da QUINIBILLARDA con formato All Stars [apostas ó cabalo gañador] con un premio sorpresa. A grandes males grandes remedios, é por elo que é xusto na Alameda dos Remedios donde a LNB lle pide á súa tribo iste esforzo especial para continuar cubertos en caso de calquera imprevisto. Ademaís a LNB estuda a posbilidade que o LNB Sound System a pé de pista sexa apoiado por un grupo de golpes baixados do Padornelo. Atentos pois á xogada ....e xa podedes ir acendendo os chisqueiros!!

quarta-feira, março 10, 2010

A FAISCA DE VIGO ESTREA "ISTE SÁBADO-13" A EXPLOSIVA XEIRA DE PALESTRAS-LNB!!


Brutal o espectacular feixado de correos chegados para solicitar que Viana , o referencial palanador e bailador vigués , sexa un dos ponentes na histórica primeira Palestra-LNB que se vai celebrar na Galiza , iste Sábado 13 a partires das 20 H. no C.S A Faisca de Vigo , na rúa Toledo-9 no Calvario ( tras a igrexa dos picos) , botará a andar un novo andacio billardeiro que amiaza con espallarse por centros sociais, centros culturais , bares e tabernas do país donde ademáis dos golpexos a palabra fresca , libre e liberadora dos palanadores e palanadoras toma o protagonismo absoluto para berrarlle ás pedras e codesos que iste noso universo de suores compartidos son xa moito máis ca un xogo. Billarda sempre , adiante co Varal!!

segunda-feira, março 08, 2010

A CONFERENCIA CENTRO MARCA TERRITORIO NO ALL STARS FACÉNDOSE CON TÓDOLOS TÍTULOS!!


O BILLARDA ALL STARS DO PINO SENTA AS BASES DA "REVOLUCIÓN CONTÍNUA":


Só coa clarividencia da Comisión Deportiva Nacional se pode sacar adiante toda ista inmensa e marabillosa loucura chamada LNB, mentras Rubén , Daniel, Eric e Xosé Miguel tecían estratexias de presente e futuro comezaba a voráxine de presención e reunións no Set de Abertos da LNB:

-ABERTO DE PRIMAVERA [BELVÍS-COMPOSTELA]

O set de presentacións de Abertos no All Stars estreouse co cataz xa rulando do I Aberto de Primavera , imerso nunha espectacular xornada que se celebrará no parque de Belvís ( Compostela) iste vindeiro 21 de marzo, en sesión de mañán haberá bolos, chave, tirafondas e incluso tiro con arco para desenvocar no serán cun florecido e primaveral Aberto de Billarda organizado polo irmáns de Xogos Tradicionais.

-A GENTALHA DO PICHEL APRESENTA NO SET DA LNB O DESEÑO DE CAMISETAS E SUDADEIRAS DA EQUIPA DE BILHARDA

Marcos representante da equipa da Gentalha do Pichel aínda recendía a sons africáns despois da celebración facía unhas poucas horas antes no referencial local compostelan da noite Angolana, un feito que mentras os palanadores da Gentalha desputaban a cachucha da porca na pista do marquiño fixo saír a reluxir os estalos dise tan desexado Aberto da Lusofonía que xa comeza resoar por tódolos currunchos do país e dos continentes implicados. Ademaís a Gentalha é un dos lugares estratéxicos para a LNB no circuto de Palestras que iste mesmo venres arrinca na Faisca de Vigo previo ó gran Aberto de Salceda na conf. sur.

-ABERTO DA ANHA URBANA [PONTE-VEDRA]

Os irmáns de Projecto Trepia xunto con Moisés, representante de LNB na cidade de ponte-vedra, ultiman a posibilidade da celebración do 1º Aberto na cidade do lerez enmarcado nunha xeira de actividades que se baixo o nome de Anha Urbana os Projecto Trepia en formato de asociación cultural expansiva realizarán en plena zona vella da cidade.

-LNB-CIRCUITO de ABERTOS UNIVERSITARIOS

Se desfrutache coa inmsersión da Billarda nos xogos galaico-dourienses que achegou ista nosa disciplina á comunidade universitaria, agárrate porque Xogos Tradicionais con Xan Rodiño e Mario á cabeza plantexan planifican a espectacular posibilidade da irrución dun circuito de Abertos internos de Billarda para a comunidade universitaria en tódolos campus galegos.

-ABERTO DO FESTIFOLK_10 >> San Xoan de Piñeiro (Mugardos)

Serxio estivera a noite do sábado na Capitol de Compostela vendo a presentación de Ruxe Ruxe , voltou desafiando a dictadura das raias continuas a San Xoan de Piñeiro e pola mañan cedo voltou raudo e veloz nun carro prestado para coñecer insitu a revolución LNB que quere tranortar ó festival que o 19 de Xuño rachará fará tremer MUGARDOS E COMARKA. Adiantamos xa cartaz: Ruxe Ruxe , ultraqäns , 3 trebóns... todos eles da República Billarda, iremos informado pero vai marcando a data e preparando os paláns para a loita e dança.


-ABERTO DA REPÚBLICA GALEGA 27-6-1931 [ ORDES ]

Os irmáns de Foucelhas ó igual que o comandante Randeeira non puideron asistir ó All Stars por mor ddo necesario aletargamento polo terríbel acoso das forzas de okupación , sen embargo comunicáronos por medio dunha delegación do Movemento Indíxena do Pino que se traballa a reo para realizar o tan desexado Aberto da Repúbilca Galega 27-6-1931 nos actos que os Foucelhas praparan para o 27 de xuño na vila de Ordes.

-ABERTO DA PROIA
[ CABANAS ]

Dende as Terra de Bezoucos chegou Xosé Manuel Sardiña xunto ca súa compañeira para unirse á revolución LNB e tratarde espallar o andacio billardeiro polas terras do Eume. Atención cocíñase xa O ABERTO DA PROIA con datas posibles a mediados de Maio, un doce e poderoso estalo no circuito dos posibles Abertos da letras, atentos á xogada porque unha espectacular Proia chama á porta e con isas cousas xa xabedes que non se xoga.


Varados e Habilidades , un minuto de loucura que converteu a un imparábel Toño dos Furabolos coma posuidor das uñas da Porca arrebatándollas a un Xosé Miguel que desfondou nas series finais despois de nas clasificatorias rendir coma un ser doutra galaxia: a de San Xoan de Río!!

Concurso de Mates: Santi de Asemblea Aberta, utilizou toda a artilleiría instumental de bonecos e sabas para deixarlle claro co seu mate a ise ser chamado Rosa Díez que nos sentimos orgullosos de sermos galegos e que de voltar a pisar chan galego terá que aterse ás consecuencias. Unha delas será verse fronte a fronte con Toño e Xosé Antón ambos formando un temido tandem que baixo o nome de Furablos Systema venceron nunha espectacular final de mates ó combinado de esencia luguesa Mata-ohs!! formado por Sak e Xemán que debutaban nista explosiva disciplina colandose nunha final que agardamos desfrutar na súa intensidade brutal coas imaxes de TELE-VARAL-


A LNB CELEBROU A SÚA PRIMEIRA MESA NACIONAL, DESTACAMOS:

CLASIFICAN PARA OS PLAY OFF NACIONAIS:

- EQUIPOS: os 2 primeiros equipos por conferencia

- INDIVIDUAL: os 12 primeiros clasificados por conferencia ( posibilidade de repesca para os dous primeiros clasificados en caso que se constitùa a Conferencia-OUrense e se celebren mínimo 2 abertos antes do Play Off nacional)

- VARADOS: os 5 primeiros clasificados en Varados por conferencia

-FINAL FEMININA: as 5 primeiras clasificadas por conferencia

[O CAMPO DE FUTBOL DE CONXO DIVIDIRASE EN CATRO PISTAS LNB CON POSIBILIDADE DE DESPUTA DE 4 PARTIDOS SIMULTANEOS SEGUNDO AS NECESIDADES]

-AUTOXESTIÓN: ADEMÁIS A MESA NACIONAL CHAMA Ó ESPALLAMENTO DA QUINIBILLARDA EN TÓDALAS CONFERENCIAS COMA UN XEITO DE AUTOXESTIÓN E UNHA DAS BASES PRINCIPAIS PARA O AUTOFINANCIAMENTO DA EDICIÓN DO TAN DESEXADO DISCO DA REPÚBLICA BILLARDA.


Caníbais e vexetas, convivindo en paz e harmonía antes de enfrontarse a morte na Pista de xogo do Marquiño.


Xogos Tradicionais foron dos primeiros palanadores en chegar á Pista do Marquiño , notouse a súa rápida aclimatación e non sufriron en absoluto a variación de altitude entre Conxo e O Pino.

Arzúa celebraba moi preto a festa do Queixo varios palanadores fixeron noite aló e desfixeron mañá no Pino, pero xunto cos queixeiros chegaron tamén no serán a poderosa sección bilharda da equipa da cidade compostelá, a tribo da Gentalha do Pichel chegou ó PIno e nen frío nen ostias, unha de licor café e leña coma o resto dos palanadores e palanadores xa quentes despois do espectacular xantar no Restaurente Cruceiro.

Cos Rodiño pensativos diante dunha cisterna dun camión de leite , a inmersión da billarda no ámbito universitario que eles dirixen pode incluso espallarse cara ós carreiros dunha hipotética xeira billardeira no camiño de santiago sempre e cando un patrocinador se animara a botarse ó monte xunto cos embravecidos palanadores para dende un punto a determinar arrearlle xostregazos a unha billarda coa que chegar e turrar a xunto do apostolo.


Aberto cunha desafiante friaxe tropical que en nigún intre puido derrotar a un enxamio de palanadores e palanadoras que poboaron a pista do Marquiño do Pino para desputar a tan desexada cachuca da Porca do All Stars.


E os tres elexidos pola gloria , tres aborixes da Conferencia Centro que deixaron claro o poder emerxente da xeración estornela que amiaza con iste derrame de talento estrear campión nacionais na pista de terra de Conxo , un lugar e un Play Off Nacional no que de novo se recordarán as medidas regulamentarias tanto de paláns e billardas para evitar as diferentes sinerxias das reclamación e impugnacións a pé de pista.


E despois ante dunhas carreiras de infarto a gran estrela de Xogos Tradicionais , Xan Rodiño máis o palanador local dos Trouleiros Basilio tiverosn que baterse só eles ante o perido para desfacer nunha necesaria segunda carreira quén sería o vencedor. Non sabemos que nos depararán as imaxes de TELE-VARAL sobre o inaudito golpexo no poste do varal da billarda lanzada por Xan Rodiño , golpe que sitiou a un implacábel Basilio coa cachucha nas mans collendo o relevo coma campión do partido das estrelas do mítico Ginés do Cornería Team.

Unha Cachuca da que Basilio non se separou nen un instante despois de vencer na pista de xogo e ó igual que os Rabos e Uñas de porca foron doados polo magnífico RESTAURANTE O CRUCEIRO.


Doación por todo o alto xa que o RESTAURANTE O CRUCEIRO tamén doou o espectacular Reloxo de Hora Galega , reclamo dunha primeira QUINIBILLARDA con variantes de ámbito nacional e que deu un paso ó fronte para ser un dos alicientes principais do xeito de autoxestión da LNB, boletos nos que @ apostante aposta única e exclusivamente a cabalo gañador, pero pode apostar cantos nomes desexe sendo cada aposta cun custe dun euro. Basiñlio confiaba cegamente nas súas opcións e foi o único que apostou por el polo que foi tamén quen se fixo co Reloxo de Hora Galega da primeira Quinibillarda nacional.