O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

segunda-feira, junho 29, 2009

ORGULLO E SEDUCCIÓN .....AS ARMAS QUE O VENTO LLE ATRIBÚE Ó ÉXITO DA GUERRILLA- LNB!!


Iste pasado find xunto coa desputa da a Cunca Xíbara maxistralmente acadada polos Culombios , foron milleiros os orgullosos militantes da causa homosexual os que celebraron no mundo enteiro o día mundial do orgullo , dende a LNB sumánonos á marexada multicor na defensa e equiparación de dereitos legais coa comunidade heterosexual e polo maravilloso refacho de vento de cavarnandá de nos golpexa baixo o arco da vella chamanos á comunidade lésbica , gay , bisexual , transexual e hetero que coma a LNB utilice tamén, as armas da seducción para conquerir todolos seus fins , porque segundo nos conta o sempre refrencante vento de cavarnadá o gran truco que posúe a LNB e tod@s os que forman parte dela son as súas irresistíbeis armas de seducción coas que conseguiron por un país enteiro en pé de guerra.... palanadores e palanadoras en cada abertinho diste Mar de Varados que arrinca iste venres en Ordes arrimádevos e que a seducción nos acompañe para tratar de substituír os tiros polos chuchos e bicos nista nosa orgullosa loita contra todo tipo de imperialismos excluíntes.....

domingo, junho 28, 2009

"CULOMBIOS" FANSE COA CUNCA XÍBARA NO ÚLTIMO SUSPIRO DUNHA ESPECTACULAR FINAL FRONTE Á "GHUDALLA" DE MOAÑA!!


Mentras nun semi-valeiro pavillón de Bilbo dous inxertos de nación chamados euskadi e galicia desputaban un partido da mal chamada copa da nacións de Basket , nun campo de Meira (Moaña) unha multitude entolecida de palanadores e palanadoras deputaban a primeira edición da xa mítica Cunca Xíbara donde saltaba a sorpresa ó caer en primeira rolda os Paquete Pincha , os campións nacionais quizais asoballados pola presion de verse favoritos sucumbiron coma lles pasou a outra das franquicias que arrasaba nas apostas , Os Lideiras , co campión nacional ó fronte, tamén caían nas primeiras de cambio deixando unha final en mans dos Moaña con Iván e Arosa liderando na pista o proxecto Ghudalla pero que topou de fronte cos Culombios con Asun e Moi que conduciron maxistralmente a decapitación da equipa local inscribindo á equipa dos "electroduendes" coma a primeira posuidora da Cunca Xíbara. Cun emisferio Norte de resaca absoluta despois dos efectos da espectacular inauguración do Eido Dourado o Sur recupérase pouco a pouco tamén da inmersión xíbara para afrontar en plenitude total o tan agardado mar de varados , fai uns días que Michael Jackson deixou de fumar pero o mundo agarda polos resultados da súa autopsia nada comparado co descuartizamento que na mesa camiña do web oficial do Sur se vai facer dista Cunca Xíbara......atentos á espectacular e sanguenta autopsia xíbara!!

quinta-feira, junho 25, 2009

ISTA FIND XIBARÍZATE , DESÁTASE A LOUCURA NO SUR COA DESPUTA DA CUNCA XÍBARA!!


Alfonso Graña estaría orgullo de todos nós , o seu espírito vai estar de novo invadindo cada palanador que iste sábado a partires das 16:30 defenda as cores do seu equipo na pista de Meira ( Moaña) dende o web da conf. sur informan que haberá un xantar previo coordinado pola xente da Asociación Cultural A Ghudalla (xérmolo do equipo Moaña) para cos ollos brilantes afrontar a loita pola Cunca.

táboas:

16.30h. Cuartos de final
A: 1º vs 8º (Paquete Pinchas vs Se Foras Traballar)
B: 2º vs 7º (Faísca vs Assembleia Aberta)

17.15h. Cuartos de final
C: 3º vs 6º (Moaña vs Treze Catorce)
D: 4º vs 5º (Lideiras vs Culombio)

18.00h. Semifinais
A vs D
B vs C

18:45h. Final

O cadro de enfrontamentos pode cambiar se aparece algún equipo máis , animádevos Almuinha e Branco e Negro, contamos con vós! , ademáis se algunha equipa das demáis conferencias se quixera xibarizar que o comunique porque aínda están de tempo : lnb.sur@gmail.com / 625.204119


SUMMER TIME >> ABERTO DA ILLA DE SAMERTOLOMEU!!



Mentras todos os ollos enfocaban ó Play Off nacional de Conxo sumultaneamente se estaba desputando na Illa de San Samertolomeu o Aberto das Letras aprazado uns días antes por un espectacular dilubio , se antes foi a auga na find do 31 de Maio foi o sol o que bañou a tódolos palanadores e palanadores presentes ós que podedes ver no Foto-Varal lucindo palmiño como preludio xa dos espectaculares Abertinhos de Verán...


Iván , venceu e convenceu na Illa de Samerlomeu , e será un dos palanadores do Sur que iste sábado loiten en Meira ( Moaña) pola cunca defendendo as cores de Moaña , atención porque o xibarismo invade o sur toda ista find co firme desexo de instalarse definitavamete na LNB.

O XIBARISMO-LNB INVADE TAMÉN A COMPOSTELA CUP NO MONTE DO GOZO!!




E dende iste venres día 26 de xuño, toda a find o xibarismo-preestival tamén estará presente na Compostela Cup do Monte do Gozo donde desenvolveranse diversas actividades deportivas e de ocio: circuíto BTT, tiro con arco, xadrez, inchables de precisión-tiros a portería, futbito, rocódromo e sorteo de agasallos entre os participantes pero o prato forte será o espazo billarda donde os rapaces poderán tomar contacto co noso espectacular deporte . Contacto para + info e inscripción de rapaces no espazo billarda: 606.967863 . Entre as 21:00 e as 24:00 horas haberá tódolos días de convivencia , sesión disco para os kativos con bebidas sen alcohol para todos os deportistas e sorteo de agasallos.

quarta-feira, junho 24, 2009

TREME WIMBLEDON COA PODEROSA ARMADA "PITU CALEYA" CONCENTRADA EN PIARNU!!


Coma antídoto perfecto contra a tontería tenística que iste días nos invade , TELE-VARAL destapa iste espectacular novo video-estalo donde as grandes estrelas do universo Liriu acollen cos brazos abertos á expedición LNB desexosa de loitar por incarlle o dente a ise espectacular trofeo de plumas de identificación nacional asturiano chamado Pitu Caleya. O comboio Conceyu Nacional afianza a pasos xigantes a súa proposta con personalidade propia que xa olla cara a súa próxima estación , sabemos que xa comezaron os contactos fóra da pista entre os equipos protagonistas da revolución Liriu para establecer as estratexias e paradas de futuro e dotar do tan desexado calendario de torneos dista competición irmán que comeza xa a rachar moldes. Especial mención ás novas estrelas que aparecen no firmamento asturiano , Estela e Luís comezaron temerosos pero remataron a xornada en plenitude absoluta preguntando donde era a próxima cita para matar o mono e tratar de facerse con outro de seguro espectacular trofeo, cuestión isa , que resoa xa tamén nas paredes da Galiza....para cando e donde o proximo asalto de Conceyu Nacional?

terça-feira, junho 23, 2009

TIXOLAS E BILLARDAS Á RÚA EN APOIO ÓS MÚSICOS GALEGOS PARA COMBATER O NOVO APARTHEID SONORO !!

Durante istes anos a LNB sempre creu necesario un programa propio na radio pública galega no que se tratase con dignidade o bruar diario do noso deporte e o sentir dos nosos deportistas , pese a ser negado sistematicamente a LNB buscou acougo en espacios case sempre ligados á música que se fai no país. É por elo ademáis que nos unimos de xeito total ás accións que sáian das diferentes asembleas que están celebrando os nosos músicos para atallar e denunciar o silenzo que a nova dirección da rtvg quere impor sobre a difusión nos seus médios da música feita na galiza e en galego.


A LNB chama ós seus activistas á rúa nas diferentes accións coordinadas dende o web dos compañeiros de Komunikando e a lanzamos a idea dunha grande tixolada sonora en San Marcos en horario do antigo programa coñecido como Aberto por Reformas para como dicía o grande Leo no programa Radio Oceánica da RGM , a Radio Pública volte a facer isa laboura de seu que non é outra que a de intermediaria entre a público e os grupos, que non se coñeza para que non goste , parece ser a nova estratexia emanada do poder que entre todos temos que rachar.... ate alogho amighos , partíu!!

segunda-feira, junho 22, 2009

DANIEL DOS BILLARDEIROS ASALTA O GALIÑEIRO DE CONCEYU NACIONAL E FAISE CO PITU CALEYA EN PIARNU!!


Espectacular arrinque de Conceyu Nacional , a LNB estivo iste domingo en Piarnu loitando, apoiando e aprendendo...todo o crónico no xa referencial web da revolución no país asturiano e unha boa forma de combater o imperialismo de wimbledon demostrándonos que hai que aproveitar tamén a espectacularidade que nos ofrecen os campos de herba no andacio de Abertinhos que abrimos iste vindeiro 3 de Xullo no RevoltosaRock de Ordes.


Que a día de hoxe non se pode viver da Billarda é un feito coñecido por todos , pero que da práctica diste deporte se pode sobrevivir é un feito xa conttrastado. Un comando LNB platouse en Piarnu para apoiar á posta de largo dos irmáns de Conceyu Nacional e depaso tentar por unha nota internacional ó menú do año branco albino do parroquial , "Misión Pitu Caleya" era o termo co que Geni , Eric, Daniel e Xermán ían loitar ate o desfalecemento coma se galos de pelea se tratara o asunto . E así foi , despois das series clasificatorias nas que Geni e Xermán non puideron resistir os afiados Lirius asturianos Eric e Daniel ía acurralar a Carlos coma único representante de Conceyu na gran final a polo Pitu Caleya....e o gran Daniel como raposo no galiñeiro non deixou oportunidade a ningún dos seus rivais facéndose coa espectacular peza conseguida polo coordinador local en Piarnu de Conceyu ....o irreductíbel Hevia.


Os irmáns de Conceyu Nacional situraron no canto do noso Varal unha porteiría no chan con forma de cadrado que marca a súa seña de identidade froito dun traballo de investigación intenso que fixo que os palanadores e palanadoras da forza na saída inicial da carreira tiveran que utilizar a maña á hora de "encestar" a billarda no espazo marcado sobre o céspede de Piarnu. Paso adiante firme de Conceyu que xa se marca como meta o inminnete Torneo do Bollu Preñau de Xixón...as machorras xa están en alto para invadir a cidade da semana negra!!

sexta-feira, junho 19, 2009

TELE-VARAL DESTAPA TODA A VERDADE SOBRE A FUGA , RESCATE E LOITA DO AÑO NEGRO ALBINO DO PARROQUIAL!!


Case sen poder pegar ollo durante toda unha semana , peliscándonos seguido para demostrarnos a nós mesmo que nada do acontecido no pasado paroquialde Barreiros fora unha simple e marabillosa alucinación ....pois chega de novo e para despexar toda dúbida a espectacular montaxe de TELE-VARAL, unha fita con tódolos alicientes dunha maxistral e histórica data, tensión na final, espectáculo na pista e o aterrador lamento dun descocertado Xosé Antón dos Furabolo ante a espectacular fuga do año , a metáfora perfecta a representada polo año negro albino do parroquial que coma a LNB esnaquiza os colares que oprimen o noso apreixamento...e coma guinda perfecta diste zoo-ilóxico brutal iste domingo en Piarnu ...a polo Pitu Caleya de Conceyu Nacional!!

quinta-feira, junho 18, 2009

....E AGORA A POLO PITU CALEYA DE Conceyu Nacional de Liriu EN PIARNU , ASTURIES!!


E do año negro do parroquial ó Pitu Caleya de Piarnu , espectacuar o zoo-ilóxico que se está a construír nista da vez maís poderosa tea de araña da ilusión . Atención porque haberá en Asturies representación da LNB para apoiar a posta de largo de Conceyu Nacional de Liriu, a denominación definitiva coa que a tribu do Liriu vai por en marcha a súa xa imparábel revolución. Como vedes no cartaz , dende as 11:30 H comezará a loita polo Pitu que vai alterar o galiñeiro todo no panorama deportivo do país veciño .

Se queres unirte á carabana de carros da Galiza: 619.570976

ACUTO >> DO AÑO PRETO Ó PITU CALEYA!!
[preme radio-varal]


Puido ser a tensión do intre depois de sentir as verbas dise impredecíbel representante de CNL en Piarnu que é Hevia, a que nos fixo caer as coñexións á rede e tivemos que botar man dos radiocassetes para capturar ista auténtica xoia sonora que non foi outra que a presentación mundial do Año Negro diste pasado domingo en Barreiros e o I Torneo Nacional Pitu de Caleya dos irmáns de Conceyu , non perdedes o fío pese á perda de sintonía durante o programa porque niste contexto de loita encarnizada todo o que se diga e se sinta é pouco. E atención que en Piarnu van estar tamén membros de MISIVA , o espectacular grupo de punk-rock asturiano , punta de lanza absoluto do proxecto de sons , letras e actitudes no país veciño de apoio ó Liriu e á billarda ó que ti , que tes ollos postos nistes regos escritos, non podes quedar alleo, constrúe a túa canción , poema , relato ou o que se che ocorra e envíanos o teu estalo exclusivo para facer realidade a explosiva k7 de sons , letras e actitudes......só depende de ti!!

terça-feira, junho 16, 2009

A POLICÍA GRAVA A PRESENTACIÓN NA GALIZA DO POEMARIO "ORBAYU D´ALFILERES" DE CARLOS SUARI!!


Desafiando as máis elementais leis literarias, Carlos Suari apresentou durante a sesión vermute dista edición do año preto albino na pista central de Celeiro de Mariñaos o seu recén estreado poemario "orbayu d´alfileres". Captado o intre histórico polas cámaras de seguridade da policía nacional que vixiaban o acto , un comando de TELE-VARAL puido roubar a cinta nunha perigosa e arriscada acción para amosar ó mundo ise espectacular estalo de agresividade poética , beizóns Carlos e a toda a xente de Campeonatu por dar iste firme paso ó fronte!!


FOTO-VARAL DO AÑO PRETO ALBINO!!


E para non perder nen un intre dista histórica data apresentamos o espectacular FOTO-VARAL DO AÑO PRETO dende a orbayu de pola mañá ate a fuxida do año de pola tarde e as instantáneas dunha final entre tres combinados irmáns enfrontados a morte nunha auténtica guerra civil billardeira que deixou a Vilamar coma campións dista nova edición do año preto albino , unha edición que deixará pegada!!

segunda-feira, junho 15, 2009

OS LAKERS GAÑAN O ANEL MENTRAS VILAMAR ACADA O TAN DESEXADO AÑO ALBINO DO PARROQUIAL_09!!


CONTRA TODO PRONÓSTICO VILAMAR OS TAPADOS NUNHA NOVA MÍTICA FINAL FRONTE ÓS TODO PODEROSOS BILLARDEIROS MUSICAIS E OS CASTROFEITO-FURABLOS , FIXÉRONSE CO TAN DESEXADO AÑO ALBINO DO PARROQUIAL_09 , NON SABEMOS QUE FACERÁN GASOL E COMPAÑIA CO SEU PUTO ANEL DE CAMPIÓNS, O QUE TEÑEN CLARO OS DO COMBIANDO DE VILAMAR É QUE TODOS OS PRESENTES NISTE EXPLOSIVO PARROQUIAL SERÁN CONVIDADOS Á FESTA-XANTAR PARA A DEGUSTACIÓN DO AÑO....NON ACABOU AQUÍ A COUSA XA QUE O TERCEIRO TEMPO DISTA FINAL SE XOGARÁ NA TABERNA DE LOLA DE REMOURELLE!!


Orballo de alfileres e de parafusos sobre as terras do concello lugués de Barreiros nas tres pistas simultameas que acolleron na mañán do domingo 14 de xuño a nova edición do Parroquial de Billarda: Vilamar, San Bartolo e Celeiro de Mariñaos recibían ós combinados de San Cosme , Celeiro, Remourelle e Catrofeito; Os Outros , Billardeiros Musicais e Irmandade San Caetano; Xove , Vilamar e Espora#kirinal(asturies). Dende as 10 da mañá os palandores e palandoras e un año desafiaron o barruzo intenso para comezar as series eliminatorias que situaron a Vilamar , Billardeiros e Castrofeito coma finalistas para un serán no que a tempo dába unha tregua coa que deixarlle ós palanadores realizar a tan necesaria transumancia billardeira.

Pero non foi un camiño de rosas nen moito menos para nengún dos finalistas, encontronazo de novo entre dous grandes do norleste, San Cosme e Celeiro atopábanse no primeira enganchada en vilamar que deixou teso a un celeiro desesperado ante o poderío de Calvete e dos seus , final entre San Cosme e Castrofeito que se desfixo non sen apuros dos Remourlle Bulls que non acaban de recuperarse da decepción sobre a terra de Conxo.

Mentras isto acontecía os Billardeiros facían valer as súas bazas e a súa maior experiencia nas finais de infarto fronte a un equipo á súa imaxe e semellanza, Os Outros con Eric coma pedaneo parroquial plantaban cara ate o último segundo ós mestres pero escorregóuselle a victoria como a auga da chuvia entre as dedas , nista mesma fronte Irmandade San Caetano co reforzo da finalista nacional Demelsa loitaron pero naufragaron nun mar de dudas fronte ás dúas poderosas franquicias parroquiais ribadenses.


Na pista central de Celeiros de Mariñaos dende primeira hora da mañá xa había un intenso olor a año, Xove - Vilamar era o primeiro enfrontamento que demostrou que unha selección formada inextremis coma vilamar non viña ó parroquial de turismo...cunha baixa coma a de Hevia por motivos desconocidos ate o momento chegaba Espora#kirinal dende asturies e cargados de alfileres dispostos a dar guerra , con vilamar plantaron cara pero contra Xove botaron o resto e venceron nun espectacular enfrontamento no que Pravia o seleccionador astur , xunto con Luis de Uvieu conduciron a Xuacu , Urbano e Carlos cara unha victoria que lle sirve de estímulo perfecto do potencial que Camponatu para comezar a desenrolar dende iste domingo 21 no Abiertu Pitu Caleya de Piyarnu.



Espectacular sesion vermute con confluencia na pista central de Celeiro de Mariñaos de tódolos palanadores e palanadoras , tempo ademáis para a poesía xa que no contexto dista inaudita sesion vermute se apresentou na Galiza o poemario "Orbayu d´alfileres" de Carlos Suari poeta e palanador de Espora que ademáis fixo un explosivo recitado dun dos seus poemas que puxo os pelos e punta a tódolos asistentes a iste inaudito acto que racha os obsoletos esquemas literarios das presentacións formais. Carlos abríu veda poética e Juan Pico de Tele-Varal tomou relevo nun recitado anti-crise que deixou contra as cordas ós asistentes.
Xantar de irmandade cun número espectacular de comensais e coa Callada coma resposta..... toda a LNB volta na Guagua á pista central de Celeiro de Mariñaos con Vilamar , Billardeiros Musiciais e Castrofeito-furabolos coma finalistas buscando ser os posuidores dun año que xa presidía a final pacendo a pé de pista, un luxo e un cheiro que nengún futbolista dos da Copa Confederacións poderá desfrutar na súa puta vida.



Intento de fuga da gran estrela do torneo, Cristiano , cegado polos focos das cámaras no inicio da final deu un tirón ó seu colar de armani e deuse un garveo ceive de ataduras exemplificando perfectamente a filosofía LNB, só unha estirada do grande Zidane da Billarda que xunto co seleccionador asturiano Pravia analizaban na cantina as posibilidades de ambas seleccions na vindeira Copa Cantábrica , puido, despois do año ser acurralado , por fin á fuga da gran estrela da final que se inicaba cos Billardeiros á cabeza e con Castrofeito e Vilamar coma cans famentos detrás do rastro dun xabarín entre a foresta.



Cun público que en abrumadora maioría desaxaba o afundimento do combinado de Vilamar , Castrofeito non perdía en nigún intre comba e foi con posbilidades ate o último tramo da competición donde Billardeiros e Vilamar se xugaban todo, puido que unha inaudita reunión dos 5 palanadores de Vilamar no ecuador da final xusto no medio da pista tivera algo que ver para autoimpulsarse na adversidade duns siareiros entre os que destacaban os ruidosos houligans dos remourelle bulls apoando cada acción dos Billardeiros que só no tramo final deixaron de liderar a clasificiación a mans dun implacábel combinado de Vilamar que cando se víu diante xa non deixou escapar unha tan desexada victoria.



Unha vez máis venceu a brutal contundencia dunha proposta a da LNB , que non vai parar nen un instante de dar guerra , o año é o alimento para reafirmarnos agora máis que nunca que a nosa revolución é posible e xa non só nas nosas terras senón a nivel internacional polo que preparados , listos xa para iste domingo 21 acudir a Piyarnu (asturies) apoyar insitu a apertura de calendario de Campeonatu co Abiertu Pitu Caleya e o vindeiro venres 3 de xuño prepárate xa para viver intensamente o inicio da andaina de Abertinhos no explosivo RevoltosaRock de Ordes...atentos ás varadas e o análise do acontecido niste poética desputa do año albino da LNB!!

sexta-feira, junho 12, 2009

Despois de toda a tensión veterinaria e deportiva , a LNB afronta en plenitude absoluta a festa fin de tempada nas terras do NorLeste con iste mítico torneo Parroquial que revolucionou ovellas e palanadores. Atención porque iste xoves entre o molido dun cortello celebrouse o sortéo de pista e emparellamentos que quedou a deseguinte maneira. Pillade papel e tabaco e preparádevos para liala:

PISTA-1 / VILAMAR:

10 H>> SAN COSME - CELEIRO

11 H>> REMOURELLE - CASTROFEITO

12 H>> SEMIFINAIS ENTRE CAMPIÓNS

PISTA-2 / SAN BARTOLO

10 H>> OS OUTROS - BILLARDEIROS

11 H >> BILLARDEIROS - SAN CAETANO

12 H>> OS OUTROS - SAN CAETANO

PISTA-3 / CELEIRO

10 H>> XOVE - VILAMAR

11 H>> VILAMAR - ESPORA#KIRINAL

12 H>> XOVE - ESPORA#KIRINAL


13:15 H >> SESION VERMUTE NA CANTINA DA LNB CON TODOS OS PALANADORES DAS TRES PISTAS CONCENTRADOS NA PISTA DE CELEIRO DE MARIÑAOS E PRESENTACIÓN DO LIBRO "ORBAYU D´ ALFILERES" DO POETA COMBATIVO ASTURIANO CARLOS SUARI INTEGRANTE DE ESPOR[A] + PRESENTACIÓN SIMULTANEA DO TEMA CIRCU DE ZIMMER103 CON LETRA DO POEMA DO MESMO TÍTULO PERTENCENTE Ó ESPECTACULAR ORBAYU POÉTICO EDITADO POR SUBURBIA

14:15 H>> RECOLLIDA POLA GUAGUA DA LNB DOS PALANADORES PARA O XANTAR NO RESTAURANTE LEDO

14:30 H>> XANTAR DE IRMANDADE

16:15 H>> RECOLLIDA POLA GUAGUA DA LNB DOS PALANADORES NO RESTAURANTE E VOLTA Á PISTA DE CELEIRO DE MARIÑAOS

16:30>> FINAL A TRES EQUIPOS NA PISTA DE CELEIRO DE MARIÑAOS.

E COMO GRAN PREVIA DE LUXO Ó AÑO NEGRO-ALBINO, ISTE SÁBADO ÁS 13 H, ESPECIAL ACUTO NA RPA ADICADO INTEGRAMENTE Á REVOLUCIÓN LIRIU E BILLARDA QUE SE ESPALLA IMPARÁBEL NOS SILVEIROS DE ASTURIES E GALIZA...SINTONIZA AKÍ!!

quinta-feira, junho 11, 2009

ÚLTIMA HORA DO PARROQUIAL >> O FALECEMENTO DO AÑO NEGRO OBRIGA Á CLONACIÓN, E O "AÑO-CLONE DA LNB" XA ESTÁ NA CORTE !!


Celeiro de mariñaos defende o título e tentará voltar pór toda a carne na grella para facerse de novo co Año da LNB , atención siareiros que non durmen ante o transcendental do acontecemento, sabemos que estades famentos de novas de última hora , non dos palanadores e palanadoras que niste torneo se tornan en meros actores secundarios dunha gran fita na que o protagonista absoluto é o Año Negro da LNB. Pois utilizando istes regos escritos queremos transladar a tranquilidade ós centos de afeccionados e anunciar que o Año xa está descansando na Corte de Concentración, nun lugar segredo ante a amiaza do secortro express que sempre sobrevóa ista excitante competición, ademas confirmamos os rumores que falaban do falecemento do Año Negro en primeira instancia elexido polos olleadores de gando da LNB , efectivamente Obama , ise era o nome do Año, por desgraza finou fai unhas semanas pero os equipos médicos da LNB non descansaron ate realizar unha inaudita acción de dimensións impredecíbeis, a clonación do Año Negro da LNB que podemos anunciar xa , que foi todo éxito, só cunha salvedade.... que nos saíu albino!! é por iso que iste ano o año negro da LNB será Albino , algo extraordinario que exemplifica á perfección o caracter rachador diste deporte e dista competición...


iste ano o año do Parroquial será Albino, o espíritu de Dolly e o seu explosivo Clone fashion que cantaban Glamour To Kill invaden totalmente o Parroquial de billarda , PARROQUIAL_09 desafinado ate as leis da natureza!!

quarta-feira, junho 10, 2009

NON TE EQUIVOQUES, ENTRE BARREIROS E JOHANNESBURGO....ELIXE O AÑO NEGRO!!


Chegan novas aterradoras dende Sudáfrica, xa que os altos mandatarios da UEFA andan revolucionados pola coincidencia de datas do Torneo Confederacións de seleccións de futbol e o Parroquial de Billarda, incluso varios dirixentes da LNB recibiron xa nas súas casas amiazas en forma de cartas con teipas mortas . Qué pesa máis , un kilo de billetes de 500 euros correndo nun campo sudafricano ou un kilo de lá do año negro da LNB pacendo nun silveiro de Barreiros? A resposta iste domingo 14 a partires das 10 h....... As seleccións dos estados ficticios de sudáfrica, exipto , españa, nova zelanda, brasil, usa, italia e o iraque nada poderán facer ante o poder parroquial dos Celeiro de Mariñaos, Furabolos do Piño , Xove, Vilamar, Combinado Gz-SUL , Asturliru, San Cosme, Espora-KIrinal Liriu Espor.... O recén nomeado presidente sudafricano Zuma estará en Johannesburgo no partido inaugural da Copa Confederacións entre Sudáfrica e Iraque , terá a valentía o seu homólogo galego de asistir ó enfrontamento inaugural do Año Negro??

terça-feira, junho 09, 2009

SÁE DO RABAÑO E VENTE A BARREIROS LOITAR POLO AÑO NEGRO DA LNB!!


Xa comeza sentirse un penetrante cheiro como de carneiro que invade toda a LNB , atención porque comeza a conta atrás para iste domingo 14 en series de mañán e tarde desputar do Año Negro da LNB e sabemos que hai un balbordeo inmenso en tódolos frontes , rogamos a todos equipos que vaian competir no parroquial que confirmen a súa asistencia para a distribución de pistas ( celeiro de mariñaos - vilamar - san bartolo ) e a realización do sorteo dos emparellamentos así como a certificación do número de asistentes ó xantar de Irmandade para comunicar ó restaurante ó carón da praia de Barreiros, prezo do prato: 12 euros ( callos + tenreira asada + postre + pan e viño )

Conscientes do perigo de extinción da ovella galega, e da importancia de garanti-la preservación dos últimos exemplares desta raza a LNB coa celebración do Parroquial [ a polo Año Negro ] quere sumarse á consevación diste animal e dos demáis seres que habitamos niste país que estamos tamén en serio perigo de extinción

As características máis importantes desta raza son a prolificidade (elevado porcentaxe de partos múltiples), fertilidade (grande facilidade para a reproducción), rusticidade (moi adaptada a sobrevivir en condicións desfavorables), lonxevidade (longa vida productiva) e moi bos carácteres maternais.

A raza ovella galega agrupa a animais de pequeno tamaño, de proporcións ben equilibradas, ben enlanados e de cor branco, dedicados á producción cárnica.

Nas visitas ás explotacións de ovino púidose comprobar o serio perigo de extinción no que se atopa esta raza por mor dos cruzamentos con outras razas cárnicas máis pesadas (para obter carneiros máis precoces e de maior peso canal) e a recría destes mestizos. Hoxe son contados os rabaños con total pureza co agravante de non topar sementais para evitar unha elevada consanguinidade. Por outra parte pódense atopar animais puros illados co problema de ter unha idade moi avanzada....como na LNB a idade non importa se hai forzas e gañas suficientes para coller o palán e embestir pola defensa da ovella galega e do noso deporte da billarda!!


segunda-feira, junho 08, 2009

A FINAL ABSOLUTA E O MACHUCO DO SAK_e POÑEN A GUINDA Ó GRAN PLAY OFF NACIONAL DE BILLARDA!!


E como broche de ouro á espectacular serie de video-estalos do Play Off nacional TELE-VARAL destapa o tan gardada secuencia na que Rubén Otero se proclamou Campión Nacional Absoluto nunha finalísima a tres fronte Hugo e o ate entén, vixente campión MarKytos. Pero se xa son extremecedoras as imaxes que incluso deixaron sen voz a Rubén Otero, pegade a orella porque no Varal e no contexto diste Play Off Nacional se cociñou outro feito histórico e de dimensións aínda impredecíebeis:

SANTOVARAL - O MACHUCHO DO SAK_e!! [preme]


Conmocionado o gran referente do podcast galego chamado Sak, conductor do Radio Oceánica na RGM e desarmado polo explosivo equipo de cometaristas da LNB a pé de pista no Play Off Nacional . Sak que tivo o valor de atreverse a facer uns cameos cos grandes de Radio-Varal e tremeu de novo ó voltar a sentir en formato podcast a secuencia da final por equipas . E aínda coas pernas tremendo e segundo puidemos escoitar ontes no seu programa , recuperando a esencia do mash-up, realizou ista bomba que vos ofrecemos. Feito histórico e de dimensións impredecíbeis xa que estades ante a primeiro Machuco-Podcasteiro da história . Fala o propio guru do NorOeste:

.....o novo estalo de Radio Varal. Deixoume sumamente impresionado, sobre todo o que me pareceu o grande salto no espectáculo-LNB os comentaristas que animan o partido; a impresión foi tal que fiquei mudo diante deses profesionais do micro e da area. Cando revivín por Radio Varal a emoción da retransmisión, voltei a unha idea que sempre me apeteceu moito, dar un pulo ao spoken word en galego, tirando de Hanom Ausse, o grandioso home do post-rock da Galiza, e a sorpresa foi que todo encaixaba perfectamente, asique un par de cambios e a final de equipas condensada en 5 minutos.

Non pode haber mellor B.S.O para afrontar en plenitude absoluta o autentico machuco billardeiro que é a loita polo Año Negro da LNB, un mash-up que mistura golpes, suores e lá no epicentro da mariña luguesa , iste domingo 14 de Xuño en Barreiros Mash Up a tres pistas simultaneas!!

sexta-feira, junho 05, 2009

A OLLADA DUN AÑO NEGRO CHAMA POR TI , SÁE DO RABAÑO E PREPÁRATE PARA O PARROQUIAL de Billarda!!


A pantasma dun Año Negro asoma xa no horizonte no medio da conmocion colectiva da resaca e análise do Play Off Nacional vivido fai tan só uns días. Sen tregua nista gran marathon que é a LNB anunciamos e pedímosvos que tomedes papel e lápiz e busquedes a maleta porque a partires do domingo vindeiro xa volta a loucura billardeira:

-Domingo 14 de Xuño: BARREIROS (lugo)

Torneo Parroquial de Billarda>> A polo año negro da LNB!!

Mítico torneo que enfrenta nas terras do NorLeste a combinados parroquiais , xa confirmada a presenza de equipas da Conferencia Sur, a NorOeste e dos irmáns de Asturies de Campeonatu . Aínda estás a tempo para apresentar o teu combinado parroquial , equipos de 6 xogadores ( posibilidade de apresentar 5 e 1 exercendo turno doble)

Sexas de donde sexas , sáe do rabaño e vente co teu combinado parroquial loitar polo Año Negro da LNB , aínda está a tempo >> ovaral@hotmail.com / 619.570976

-Domingo 21 de Xuño: Piyarnu (asturies)

Abiertu Nacional Pitu Caleya

Arrinca tamén a tempada de Abiertus en Asturies e a LNB xa prepara makutos e armas para cruzar a fronteira polo monte e acudir á chamada da guerrilla no país veciño. Piyarnu , isa parroquia do concello de Castrillón mutada nun explosivo Liriópolis, acolle o primeiro dos estalos e faino no marco das súas festas patronais con Hevia coma sheriff nun torneo que vai ter por primeira vez en asturies un premio ó que meterlle o dente. Se quedas con fame despois de loitar polo año negro da LNB tod@s cara asturies loitar polo Pitu Caleya , unha espectacular galiña de raza asturiana que vai cacarexar por última vez antes da sesión vermut...

-E aínda sen fecha nen lugar pero moi atentos ós ventos do Sur porque se prepara a primeira edición da Cunca Xíbara donde os recentemente proclamados campións nacional Paquete Pinchas defenderán o seu poderío fronte ás franquicias do Sur e ás posibles incursión doutras conferencias e outros paises.

TELE-VARAL E RADIO-VARAL PODCAST NA FINAL NACIONAL POR EQUIPOS!!


Unha especie de limpeza étnica foi a realizaron os Paquete Pinchas cos seus rivais , Furabolos e Remourelle Bulls na gran final Nacional por equipos. TELE-VARAL ten as imaxes e Radio Varal as pegadas sonoras na primeira producción podcast en galego ao vivo nun conflicto armado:

RADIO-VARAL PODCAST na final Nacional por equipos!![preme]




Espectacular novo eslabón na escada da difusión da LNB, coma complemnento perfecto da impactante finalnacional de Varados , RADIO-VARAL produce un explosivo episodio en formato podcast ao vivo e na propia pista de xogo nunha inaudita peregrinación polos banquiños dos tres equipos en xogo coa guinda de luxo da locución dos enviados especiais Moisés e Rubén que vai deixar atónitos a todos ós invéciles e escuros que cada find sinten a monotonía dos carruseis radiofónicos futbolísticos. RADIO-VARAL contra a pluraridade e radicalmente abonados á singularidade informativa , en homenaxe ó tristemente decapitado ABERTO POR REFORMAS da Radio Galega, Radio-Varal podcast , a nosa história facémola e radiámola Nós!!

quinta-feira, junho 04, 2009

TELE-VARAL >> 12 CAPADORES PARA 120 VARADOS NA GRAN FINAL NACIONAL!!


Sobremesa sonora a cárrego dos gaiteir@s LNB con representación das tres conferencias , unha previa de luxo absoluto para desfrutar a fondo da máis espectacular das disciplinas , final de Varados marcada a tres cuartos de pista na que xurdíu un home chamado Rubén Otero disposto a inscribir o seu nome entre os máis grandes diste deporte que racha moldes , 12 capadores para 120 varados !!

quarta-feira, junho 03, 2009

TELE-VARAL>> VIDEO-ESTALO DA FINAL NACIONAL FEMININA!!


Comeza a espectacular serie de TELE-VARAL adicada ós Play Off Nacionais e faino coa final feminina que abríu lume na Gran Muiñada de Conxo, atención porque istas imaxes son das que firen os ollos polo impresionate brilo das mesmas , ate o enviado especial de TELE-VARAL tivo que utilizar gafas especiais para non quedar cego ante o espectacular xogo desenrolado polas palanadoras da LNB. O palanadora power invadindo Conxo!!

"RETORNO A NATURA" FOI O LIBRO OFICIAL NO PLAY OFF NACIONAL DE BILLARDA!!


Pero no Play Off Nacional non só de billarda se alimentou a indomábel tribo-LNB , demáis dun espectacular xantar a pé de pista para desfrutar das series finais do serán contamos coa presenza do escritor e persoa Xosé Manuel Lobato que acaba de sacar a súa nova obra 'Retorno a natura', na que denuncia ‘a destrución da paisaxe galega’. Mario , presidente da asociación de xogos tradicionais de Compostela e a LNB sentímonos orgullosos da súa presenza e das verbas que adicou a toda a revolución billardeira como peche de ouro na cerimonia de entrega dos premios nacionais. Ademáis Xosé Manuel Lobato xa amosou o seu desexo e compromiso ca causa LNB e vai ser un dos escritores que poñan puño e letra no libro-disco de apoio á revolución billardeira.

Editado por Alvarellos Editora, "Retorno a Natura" trata de ser ‘unha chamada última para salvar a paisaxe galega’ que afonda nun ‘berro contra a destrución do ámbito’ e ‘un clamor con raios de esperanza para soñar cun futuro de apego coa terra’.

Nesta liña discorren as 36 críticas en prosa poética que compoñen a obra. Nas súas páxinas, Lobato percorre diferentes enclaves únicos da Galiza que viven baixo ameaza, tales como Corrubedo, as beiras do Sar, O Caurel, Cortegada, Baroña, Cabo Vilán, a catarata do Xallas e Punta Nariga, entre outros. Raios de esperanza para soñar cun futuro de apego á terra nunha futura República Billarda!!

segunda-feira, junho 01, 2009

RUBÉN OTERO E OS PAQUETE PINCHAS RACHAN O PODER DO NORLESTE E SÓ GENI FOI QUEN DE FREAR O VENDAVAL DO SUR!!


Instantánea para história: Markytos entrega a Rubén Otero o título de Campión Nacional Absoluto na cerimonia de entrega de premios da Cantina de Conxo , sen representación institucional ningunha , nen falta que fixo porque cada poro da pel distes dous campións nacionais habalan de sobra a leximidade absoluta dunha competición sen papeis pero con dignidade e coraxe a eito...[foto-varal akí]


Que iste deporte de esencia tradicional cruzou a liña para ser considerado xa coma unha disciplina de carácter análoga ás demais actividades físicas maioritarias e que a credivilidade dos palanadores e palanadoras coma deportistas galegos de seu está fóra de toda dúbica. Unha tarde de calor converteu o campo de futbol de Conxo nun Gobi donde os palanadores e paladoras da LNB execeron de xinetes ó lombo do camelo da ilusión:



Final Nacional Feminina:


Pincha, estornela, billa , chachiza....que o noso deporte teña nas multiples e diferentes denominacións que recibe no país xénero feminino é por algo e demostrouse con ista espectacular final en clave de muller , espectacular todas as representes de cadansúa conferencia que abriron lume nun Play Off Nacional que deixau pegada en toda a tribo LNB.


Geni , palanadora dos Outros pertencentencente á Conferencia NorLeste ( Lugo ) venceu despois dunha desputadísima final contra Fátima palanadora do Culombios da Conferencia Sur ( Ourense-Pontevedra)


-Final Nacional por Equipos:


Furabolos do Pino , Remourelle Bulls e Paquete Pinchas , o equipo campión en cada unha das tres Conferencias da LNB despúñase a realizar o tan agardado choque a tres , un espectáculo dun nivel impresionate do que foron testigos os centos de afecccionados chegados de todo o país que animaron de xeito intenso desafiando o forno no que se convertera no medio día o estadio de Conxo


Dende o lanzamento da primeira billarda os Paquete Pinchas , equipo da Conferencia Sur non deu un segundo de tregua ós seus ribais, unha auténtica apisonadora a franquicia do Sur que sufríu unha pequena páxara no ecuador do partido pero que en nengún intre víu perigar o seu título nacional pola acción dos Furabolos do Pino representantes da Conferecia NorOeste ( A Coruña) nen polos inseguros Remourelle Bulls da Conferencia NorLeste ( Lugo) .

Os Paquete Pinchas proclamáronse campións nacionais cun xogo arrolador e inaugurando o que xa se pode denominar Billarda Moderna , un auténtico espectactáculo ver a istes 6 palanadores sinónimo de precisión , forza e elegancia que destrozan de xeito sutil e sen concesións a todo o que se poña diante.




-Final Nacional de Varados


Comezaba a sesión de tarde e facíao da man do espectáculo, cun público pelíscándose para certificar a realidado que que estaba acontecendo impacto na pista de Conxo recén regada para paliar os devastadores efectos da sofocante calor , reunión de estrelas para iniciar as quentas de lanzamentos da Gran Final Nacional de Varados ( ou tiros de longa distancia) . os 4 primeiros clasificados por Conferencia estaban na pista dispostos a facer roer na area a tódolos seus adversarios. Unha pista a terra batida que non daba concesións , ou ou ou si , non hai espazo para especulación e o lanzamento ten que ser limpo e certeiro para penetrar no Varal ( porteiría ) sen tocar o chan. Especulacións e certidumes , 10 tiros para cada un dos 12 palanadores e a intuición dicía que o que fixera 2 Varados faríase coa victoria.

Fuco pola Conferencia Sur e Markytos pola NorLeste fixeron un Varado sendo Rubén Otero dos Lideiras da Conf. Sur o que conqueríu dúas dianas confirmando os pálpitos iniciais para proclamarse campión galego nista espectacular disciplina pondo os pilares da súa lenda na cidade de Estronópolis , ou a cidade anteriormente coñecida coma Compostela.



-Final Nacional de Absoluta:


Chegaba a hora da verdade , Markytos, o palanador dos Billardeiros Musicais da Conferencia NorLeste puña o seu cinturón de campión galego en xogo , sen medo , disposto a defendelo con uñas e dentes fronte ós 23 palanadores restantes , elexidos por seren os 8 primeiros clasificados de cadansúa conferencia.Unha loita sen tregua nas areas dun deserto chamado billarda, os palanadores da final golpexaban e convertían o Varal , isa portería de dous paus verticais no seu oasis particular no que só un dos finalistas tería acceso a beber das súas augas.



Todas as conferencia foron metiendo os seus representes nas series finais sendo a Conferencia do Noroeste ( A coruña) a que primeiro se quedou sen elementos despois da caída de Rafa e Maceira . Todo estaba en mans do emerxente do Sur e do poder do NorLeste que se resistía a deixar o seu reinado.


E Chegou a tan agardada final a tres co actual campión galego , Markytos , sen concesión e totalmente concentrado disposto a defencer o seu título nacional xunto co seu compañeiro de equipo Hugo e Rubén Otero , facía unha horas proclamado campión nacional de Varados, disposto a facerse tamén co título individual absoluto.


E se nos Varados Rubén Otero cimentou a súa hexemonía, na final absoluta confirmouna , a del e a de toda a implacable delegación do Sur. Cun Varado Rubén selou a súa victoria vencendo en todas as carreiras das 5 dispostas na final e conquerindo así o título de campión nacional de billarda , nunha competición a da LNB que confirmou niste Play Off Galego unha dimensión espectacular nunca antes soñada no eido do deporte galego de seu e que o día no que a nosa televión pública decida dar un paso ó fronte emitindo unha final LNB ó completo deixará cegos a moitos televidentes ó refregaren os ollos para confirmaren que o que ven é certo e está acontecendo nista terra e niste tempo....E mentras non chega iso , atentos porque non quedamos de brazos cruzados, TELE-VARAL prepara os especiais do Play Off Nacional e atentos porque haberá unha explosiva edición en formato podcast de Radio-Varal realizado a pé de pista durante a final de equipos. Atentos ás Varadas!!

PLAY OFF NACIONAL >> TWITTER!!

SE NON FOSTES DOS QUE VÍSTEDES AS SINAIS DE FUME SAÍR DO ESTADIO DE CONXO PARA COÑECER EN TEMPO REAL OS CAMPIÓNS NACIONAIS DA LNB TOMADE NOTA :

-GENI DOS OUTROS CAMPIONA NACIONAL FEMININA.

-PAQUETE PINCHAS CAMPIÓNS NACIONAIS POR EQUIPAS

-RUBÉN DOS LIDEIRAS CAMPIÓN NACIONAL DE VARADOS

-RUBÉN DOS LIBEIRAS CAMPIÓN NACIONAL ABSOLUTO.

HAI VECES NAS QUE SEMELLA IMPOSÍBEL TRANSMITIR CON PALABRAS A DIMENSIÓN TAN BRUTAL DO ACONTECIDO E ISTA , SEN DÚBIDA, É UNHA DELAS, ATENTOS Á VARADA!!