
Todo en marcha para iste domingo 8 de febreiro a tribo LNB tomar Compostela. Reiteramos a importancia dunha importante presencia no acto oficial que dende as 10:15 h. da mañá se vai desenrolar no
Pazo de Exposicións e congresos de Santiago , a LNB dende primeira hora vai estar alí representada en todos os seus frontes , a delegación do NorOeste vai estar encabezada polos Furabolos do Pino
[acdfurabolos@hotmail.com] mentras que o vendaval do Sur vai entrar pola porta dende primeira hora da man de Moisés e X.Miguel
[lnb.sur@gmail.com] e como non podía ser doutro xeito a Guagua do Norleste partirá dende Ribadeo ás 8:15 da mañá para completar ista poderosa presenza da LNB , para unirte á experición
[ovaral@hotmail.com] . Atención porque se están facendo xestións para realizar un
xantar de irmandade entre os expedicionarios do NorLeste nun restaurante para pillar forzas necesarias coas que ás 16:00 dirixirse á Pista do Parque de Galeras para arrasar co cerco israelí no
Aberto Solidaridade con Palestinas e cos Represariad@s.
Para unha perfecta coordinación das accións deixamos os mails de contacto para unirse dende primeira hora da mañá á expedición LNB e deixar tamén nos espazos institucionais a nosa fonda pegada , porque se ben estaremos pisando o molido do Pazo de congresos tamén haberá representación LNB na manifa que pisará pasado o medio día as pedras da capital galega berrando contra a desaparición do noso idioma. E se queres sentir en tempo real o chamado internacional da LNB á participación nistes actos
sintoniza akí a apartires das 19:30 co poder de
Acuto , a radio de combate feita dende Asturies na que Carlos Suari nos amosa semanalmente o poder inmenso da cultura física. E nen se che ocorra perder o dial da LNB xa que os irmáns do
Novas da Galiza que patrocinan o Aberto solidario con Palestina e os caompañeir@s da
Gentalha do Pichel agardan unha presenza multitudinaria para iste Aberto no que haberá Caixa de Reisitencia para os compañeiros de
Almuinha e
Varados con Lume en apoio a
Santi e Alexandre.
2 Comments:
At 3:28 PM,
pio said…
Esto xa non é billarda nin é nada. Da vergonza no que vos convertistedes. Daquela a billarda era algo mais ca un deporte. Cada domingo era un novo reto para os que xogábamos e recibiamos a todos e todas coas mans abertas. Agora todo é politica. Dades vergoña.
At 4:10 PM,
ZIMMER103 said…
fai moito anos que din que o futbol tampouco é futbol e mesmo penso que nen sequera a política é política, nas grandes viaxes sempre hai pasaxeir@s que se baixan polo camiño pero iso non implica que o combio chegara ó seu destino.
Postar um comentário
<< Home