O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

quarta-feira, dezembro 31, 2008

A LNB CHAMA Á CELEBRACIÓN DO ANINOVO EN HORARIO NATURAL GALEGO!!

CANDO TODOS OS MEDIOS PROVEITAN ISTAS DATAS PARA RECAPITULAR E MIRAR CARA ATRÁS , NA LNB SÓ MIRAMOS CARA Ó FRONTE , POLO QUE CONVIDAMOS A TODA A TRIBU A CELEBRAR A ENTRADA DO ANINOVO EN HORARIO GALEGO, REXEITANDO OS CUARTOS E AS BADALADAS FÓRA DA NOSA FRANXA HORARIA , INCLUSIVE MENSAXES E CHAMADOS DE ANINOVO SUXERIMOS QUE SE REALICEN NA NOSA FRANXA HORARIA.
É POR ELO QUE APOIAMOS FIRMEMENTE A INICIATIVA DOS IRMAOS DO COLECTIVO BURIL DE BURELA PARA CELEBRAR NO PUB TIRA -MILLAS DISA VILA DA MARIÑA LUGUESA A ENTRADA NO ANINOVO EN HORARIO NATURAL GALEGO. CONFIRMADA XA UNHA PODEROSA DELEGACIÓN DA LNB PARA COMPATIR AS BADALADAS E AGARDAMOS CON ENTUSIASMO QUE OS MEMBROS DO COMANDO HORA-NH POIDAN OFRECERNOS INSITU UNHA PODEROSA ALTERNATIVA ÁS UVAS , LANZAMOS UNHA IDEA , 12 ANACOS DE PAN CON UNTO!!

segunda-feira, dezembro 29, 2008

A AUTÉNTICA INUNDOU DE BILLARDAS O GALIZA-IRÁN, VENCEMOS TOD@S NÓS!!


300 baixas nas terras da irmá Palestina respostadas na Coruña co mesmo número de altas no tan agardado Aberto da Auténtica , rachando co cerco informativo que acurralou á nosa selección foron centos os militantes da ilusión que se apresentaron na praza de Nautica a escasos metros de Riazor, okupada pola LNB para reivindicar o noso espazo dentro do estadio no lugar dun sonámbulo gaiteiro que responde ó nome que Budiño que as autoridades deportivas conduciron xusto ó centro do campo de xogo no descando do partido.


Atentos ás espectaculares reportases de TELE-VARAL porque ahí poderedes ver e palpar a magnitude do realizado para que o nome de Ginés dos Remourelle Bulls poida , sen lugar a dúbidas, situarse ó lado de Nacho Novo e Verónica Boquete triunfadores absolutos en Riazor e Pasarón dos combinados irmandiños para os mass media que naturalmente olvidaron a facaña na final xa case sen luz dun espectacular Ginés que , pletórico despois de acadar o Galo, aliouse coa lúa no lusco e fusco da Coruña para sen apenas luz materializar un Varado despois de que o gran Rubén dos Lideiras combatendo a xeada camuflado baixo unha camisola dos Almiunha deixara a tan só uns palmos do Varal a Pincha despois do golpexo de saída.


Ginés inscribíu o seu nome con letras de uranio entre os máis grandes nunha fin de semana na que non puideron acabicornarnos e encabezará a lista da vindeira convocatroria para A Auténtica , especial mención á implicación e apoio do Novas da Galiza que foi quen deu os lotes para o 1º e 2º clasificado dun aberto histórico e que producíu o xa tamén histórico flyer que se destribuíu de xeito masivo á entrada do estadio de Riazor.



Non podemos esquencer tampouco a impresionate implicación de Siareiros Galegos que alí estiveron dándolle ó carabullo antes de tirar para preparar a gran manifa polo recoñecemento oficial das seleccións galegas que partíu do campo da leña e que rematou lamentablemente pola intromisión dunha policía armada ate os dentes e buscando a cada paso provocar ós manifestantes.

Iste sábado pola tarde podemos decir , venceu toda a tribu, venceu a filosofía de combate da LNB , non quedar cos brazos cruzados nunca!! , a Conferencia NorOeste elexíu a praza a alí estaban os aborixes á hora pactada para recibir ós palanadores e palandoras chegados dende o sur coa poderosa infraestructura competitiva e á xa mítica Guagua do Norleste capitaneada polo gran capitán Calvete que nos deu a tod@s unha lección do que é non rendirse nunca nen ter temor a nada.


Sen medo coma Calvete miramos cara diante coas baterias cargadas co impulso da razón e do sangue que nos ferve para afrontar os grandes retos dun ano que entra e no que vestidos con zocos radioacticos sementaremos co noso uranio billardeiro enriquecido as leiras de medio mundo. Da Galiza a Deutschland pasando por Asturies, Euskal Herria , Italia, Nederland, Catalunya , Slovenia...sen tregua A Auténtica continúa avanzando polas silvas e o asfalto con paso firme!!

sexta-feira, dezembro 26, 2008

CHEGA A GRAN PROBA DE FORZA DA LNB..... INVADIR RIAZOR ISTE SÁBADO 27!!

Sábado 27 ás 16 h. a pista de Nautica xusto ó carón de Riazor.

Rubén dende Mos asaltou o pasado mercores o tren da RG para anunciar a explosiva acción billardeira homenaxe á Auténtica na que Calvete o gran capitán vai exercer de gran mestre de cerimonias. E unhas horas antes da incursión radiofónica de Rubén que podes sentir akí , capturada por Radio Varal , o mesmo activista billardeiro do hemisferio sul roubandolle horas ó sono foi quen de realizar o histórico video-estalo anunciador do Aberto da Auténtica estreado en exclusiva mundial polos irmáns de Vieiros.

SIAREIROS GALEGOS ÚNESE Á GRAN FESTA BILLARDEIRA XUNTO CO NOVAS DA GALIZA QUE PRODUCE UN ESPECTACULAR FLYER QUE REPARTIREMOS NO ABERTO E NO PROPIO ESTADIO DE RIAZOR XUNTO COA DOAZÓN DOS PREMIOS PARA O 1º E 2º CLASIFICADO NO ABERTO:

Lote 2º prémio:
Subscriçom por um ano a Novas da Galiza
O Pais na Janela
Guia dos Centros Sociais da Galiza
Arceia

Lote 1º prémio:
Subscriçom por um ano a Novas da Galiza
O Pais na Janela
Guia dos Centros Sociais da Galiza
Arceia
Camisola Novas da Galiza
Atlas Histórico da Galiza

E DEMÁIS , NUNHA DECISIÓN HISTÓRICA DA PxA (Plataforma de xestión da Auténtica) DECÍDESE DAR A CONVOCATORIA MATEMÁTICA PARA O VENCEDOR OU VENCEDORA DO ABERTO NO PRÓXIMO EMBITE INTERNACIONAL DA SELECCIÓN GALEGA DE BILLARDA,POLO TANTO LOITA A MORTE NA CORUÑA POR VESTIR A CAMISOLA DA AUTÉNTICA, VÉMONOS ALÍ!!

quinta-feira, dezembro 25, 2008

O APALPADOR DEIXA A ESTREA MUNDAL DA CURTA O GRAN GOLPE!!

E COMO PROMETERAMOS O APALPADOR NON FALTOU Á CITA COS KATIVOS E DEIXOULLES UN ESPECTACULAR AGASALLO QUE TODOS ESTABAMOS ESPERANDO. ARREBOLÁNDOLLES BILLARDAS Ó INVASOR PAPA NOEL DENDE A GENTALHA DO PICHEL ÁS PANTALLAS E TELE-VARAL O APALPADOR 08 TRAE NO SEU SACO O ESTREO MUNDIAL DA CURTA O GRAN GOLPE....

QUE A DESFRUTEDES!!

quarta-feira, dezembro 24, 2008

3 MILLÓNS e pico DE GALEG@S + os iranís e resto do mundo que o desexe poderán participar na homenaxe á Auténtica!!


PÁSAO!! Comeza a conta atrás...

Pedimos que todos os palandores e palandores confirmen ós seus respectivos coordiandores de viaxe nas diferentes conferencias a súa asistencia ó Aberto da Auténtica e comunicamos que a inscripción será feita a pé de pista dende as 16h , inscripción Aberta a todo aquel e aquela que queira participar dista explosiva festa billardeira sen necesidade de formar parte da LNB nen ter experiecia previa, é iste pois, un chamamento á participación masiva de toda a populazón galega para dar o seu apoio a ista revolución imparábel nen os estadios van quedar impunes.


NOTA: A PRAZA DE PORTUGAL que aparece no cartaz imos utilizala como punto de quedada pero o Aberto da Auténtica desputarase na Praza detrás de Nautica (denominación situacional que nos envían os nativos do Noroeste) . Bótalle unha ollada no mapa!!



Extremecedora é a impactante creación do fotógrafo underground NACHOK para conmemorar o histórico I Aberto da Auténtica que estamos a tan só unhas horas de afrontar, "BILLARDA-LIMACHA" é o nome da instantanea na que por primeira vez podemos intuír vida salvaxe e latexante nunha pincha reptando nun prado enlamado buscano un Varal escondico detrás dun cabozo. Dos prados de toxos e silvas de alindar as vacas ó céspedes dos estadios nos que xoga a selección galega de futbol, prometémoscho BILLARDA-LIMACHA, moi pronto reptarás por Riazor, Balaídos, Pasarón , San Lázaro ou o que sexa!!

ATENCIÓN Ó VIDEO-ESTALO OFICIAL DO DO ABERTO DA AUTÉNTICA E Á CHEGADA DO APALPADOR A TELE-VARAL

terça-feira, dezembro 23, 2008

A AUTÉNTICA DERRUBOU O MASTRO , AGORA TÓCALLE Á PORTA DO ESTADIO !!


Cando fai uns anos a LNB invadíu a cidade da Coruña para desputar o 1º Billarda All Stars da historia tremeron os cimetos do país enteiro por mor dun furacán de vento e forza ate o de entón descoñecida que derrubou o mastro invasor que presidía o Orzán , isa foi a gran carta de presentación mundial dunha revolución xa daquela imparábel...



Pero uns intres antes ise mesma mañá TELE-VARAL falaba nunha histórica emisión ás portas do estadio de Riazor co primeiro e sempre seleccionador da Auténtica Fernando Veiga cometando cando sería o día no que se abrirán as portas do estadio. Iste sábado despois de tanta leria a selección galega de futbol enfróntase a Irán nun partido completamente descafeinado pola xestión dos inimigos donde o gran estourido vai estar nunha praza ó carón do estadio coruñés no I Aberto da Auténtica. Aténción porque as inscripción serán na propia praza polo que ás 16 h do sábado 27 todo o país a pé de pista facendo Varados para meter as billardas en Riazor , o prado no que tiñamos que estar e pese a quen pese logo imos pisar .....Reivindicando o nos espazo, Atentos porque xa temos cartaz oficial!!

segunda-feira, dezembro 22, 2008

VIDEO-ESTALO DO GALO-08 , O NORLESTE PREPARA O BANDULLO PARA DARLLE Ó CARABULLO EN RIAZOR!!



Saborea as últimas horas de vida do Galo da LNB niste espectacular montaxe perpetrado por Daniel , pásate polo web oficial do Norleste para ver o crónico completo diste desputado Galo 08 xunto coa quedada do sábado 27 na Coruña na que moita atención toda a trubu porque confírmase a nova que todos desexabamos Calvete, o gran e indicutíbel capitán da Auténtica vai estar en Riazor, Adiante a Auténtica coa forza dun galo do monte!!

O GALO DA LNB E O APALPADOR, ANTESALAS DO HISTÓRICO ABERTO DA AUTÉNTICA!!


Desafiando a tremenda xeada a LNB voltou a celebrar o sempre revolucionarario torneo do Galo en terras do Norleste, Ridadeo foi a vila elexida pola serpe multicor donde un feixe impresionate de palanadores se deu cita na xa histórica pista do Gamallo Fierros para desputar iste clásico do calendario billardeiro.



E ademáis das grandes estrelas da Conferencia que ademáis de loitar polo Galo da LNB valía iste torneo coma test para o tan agardado Aberto da Auténtica que iste vindeiro sábado 27 ó vai facer tremer Riazor , ate a pista ribadense achegouse tamén unha delegación de CAMPEONATU NACIONAL DE LIRIU, a xa confirmada denominadión da LNB asturiana, encabezada por Javier dos poderosos Asturliriu das Barzanas.


Loita sen tregua para unha final entre unha impresionate Geni e Ginés facendo patente a actual loita entre Os Outros e os Bulls coma franquicias emerxentes na liga, a maior experiencia do de Remourelle en finais de infarto decantou por 2 carreiras a 1 o galo cara á pota dos Remourelle Bulls que rematan o ano cunha escada de cores na man.

TELE-VARAL PREPÁRASE PARA A GRAN NOITE DO APALPADOR:

E SE O GALO IRÁ PARA O PRATO IMPERDÍBEL O VIDEO-ESTALO PRODUCIDO NO SUR COA TREPIDANTE B.S.O DOS IRMÁNS DE KOGITO PARA AMOSAR A IMPRESIONATE XORNADA CONTINUA VIVIDA EN PONTEAREAS NA QUE ADEMIAS DE INVADIR AS PISTAS DO PAIS ENTEIRO AS BILLARDAS COMO SE PODE VER NO XANTAR DA BAIUCA VERMELLA, INVADEN TAMÉN OS PRATOS . E CO BANDULLO PREPARADO ATENCIÓN PORQUE COMEZA A CONTA A ATRÁS CARA Ó EXPLOSIVO ABERTO DA AUTÉNTICA DO VINDEIRO SÁBADO ÁS 16 H Ó CARÓN DE RIAZOR, IDE PREPARANDO OS MAKUTOS PORQUE TELE-VARAL PREPARA TAMÉN A CHEGADA DO APALPADOR PARA IR ENRIQUECENDO NO PERIGOSO URANIO BILLARDEIRO!!

quarta-feira, dezembro 17, 2008

REIVINDICANDO O NOSO ESPAZO..... [ A Coruña 27-12-08] ABERTO DA AUTÉNTICA!


Conmoción absoluta no eido deportivo, se fai un ano era Camerún a que ninguneaba ós negociadores galegos coa súa actitude , agora semella que Chile tamén comeza a facer reviravoltas, anotade nas axendas ise mesmo día ás 16 h. e moi preto de Riazor....ABERTO DA AUTÉNTICA patrocinado polo NOVAS DA GALIZA . Cando todo semella virse abaixo ten que aparecer A Auténtica salvar os mobles.

Nota Importante: Dende as Conferencias Sur e NorLeste trabállase a reo para disposición de buses xunto coa inscripcións para o Aberto e a adquisición de entradas para o partido de Riazor Galiza vs X , tranquilidade porque iremos informando.

TORNEO DO GALO [ribadeo 21-12-08]:



E para quentar motores e alborotar galiñeiros chega o mítico Torneo do Galo á terras do NorLeste, será en Riadadeo a cuberto , se non estás inscrito nista conferencia podes anotarte akí: chankli_12@hotmail.com / 605.316896. O espectacular galo de Marita agarda por ti!!


O APALPADOR VAI CHEGAR A TELE-VARAL!!



Anunciamos tamén que nisa máxica noite na que en cada vez máis casas galegas o Apalpador despraza a billardazos a ise tal Papa Noel , vai deixar o máxico e querido Apalpador un espectacular agasallo en forma de estreo mundial dunha curta premiada nun dos máis importantes certames europeos de cine independente. TELE-VARAL grazas ó Apalpador e ó equipo de producción dista histórica curta convertese en plataforma para estreo de grandes obras audiovisuais. Outros cines e outros actores tamén son posíbeis!!

terça-feira, dezembro 16, 2008

O GOLPE CON NACHOK E BIXI PON EN PERIGO A CONTINUIDADE DE GABILONDO EN CUATRO!!


Sabiamos que podía suceder, pero pese a todo sempre confiamos en que a mega-estrela de TELE-VARAL estaría sempre á altura para rexeitar as ofertas que xa o sitúan no cadeira de Gabilondo para para o próximo ano , a el e ó representante da LNB na terra cha lle debe practica mente a vida o golfista Severiano Ballesteros despois daquel memorábel estalo do Golpe en Vilalba, hoxe en exclusiva mundial apresentamos un histórico Golpe , moito máis preto ca nunca e acompañado dise mito da fotografía underground galega chamado NACHOK que acudía ó pavillón de Reinante para empaparse para a súa creación do Cartaz do Play Off Nacional 2008-09, billardas mutadas en limachas salvaxes reptando no medio do prado enlamado , a crudeza de ser palanador retratada xunto a un cabozo que pide que o liberen do xugo do cemento que lle escorrega por debaixo, espectacular montaxe dun Daniel que remata o video-estalo máis cercano xamais gravado polo Golpe cunha entrevista a fondo a ise atleta multicisciplinar chamado Bixi que combina a práctica da Billarda ca do atletismo, futbol sala , natación, ciclismo e o que faiga falla, dende TELE-VARAL pedímos que Bixi ocupe o lugar dise desertor do triatlon chamado Raña !!

segunda-feira, dezembro 15, 2008

OS REMOURELLE BULLS PROGONIZAN A NOVA NACIONAL DA XORNADA!!


Nen o brutal temporal que azouta o país enteiro puido frear unha espectacular find máis asulaganda de billardazos e chuzos de punta. Impresionate tamén a fase beta na que está inmersa o VARALMORSE camuflada nas roldas informativas do Galicia en Goles da Radio Galega das 21:15 que o sábado anunciaba a victoria de Pinto do Faisca e do seu equipo no maratoniano asalto celebrado en Ponteareas . Tal foi a tromba de auga na fase final da competición na Sardiñeira, que anagou ate o micro-crónico en tempo real que enviaron ó VARALMORSE dende a Coruña e que agora reproducimos para que poidades ver a intensidade coa que Anxo e a tribu do NorOeste palanearon baixo a chuvia : Auga , saraiva, vento é o noso tempo. Así se xogou na 5 xornadada conferencia noroeste da billarda, onde todos xogaron como galegos e galegas , mais os Furabolos de Pontecarreira foron os que lideraron a xornada, seguidos dos Filloas de Sangue e dos Xarutos. As demáis franqucias agardan á seguinte xornada para reducir distancias. Adiante billardas, informa ovaralmorse.


Con semellante intensidade é normal que atragantaran as buxías , ademáis contando que dende o Norleste se anunciara a gran nova dun espectacular e multitudinario torneo no pavillón de San Miguel de Reinante proclamando a David dos Piratas a Billarda campión de inverno nista poderosa conferencia donde se producíu a demáis a gran nova a nivel nacional da xornada, REMOURELLE BULLS arrebatan a liderato ós ate agora invencíbies e actuais Campións Nacionais Billardeiros Musicais que caen ate o 3º posto na clasificación por franquicias rebasados tamén polos debutantes Os Outros e a tiro de pedra por autra fenaquicis que bota lume Os Piratas da Billarda. Paquete Pinchas , Xarutos e os Remourlle Bulls amosan xa as credenciais a ista altura da tempada para verse as caras no Play Off Nacional de Compostela e ademaís atentos ás pantallas porque Nachok , o fotógrafo oficial da LNB para os play off nacionais estivo na pavillón de San Miguel empapánsodose da suor e dos xuramentos das grandes estrelas diste deporte para a súa creación de final de tempada que de seguro deixará en cueiros ó Sonar, PrimaveraSound , FIB e quen se poña diante. E non podemos rematar iste histórico post sen deixar nomear o gran paso adiante dado polo nosos irmáns do pais asturiano , dende ASPOR[A] , o pulso diriu dos Gaspar García Laviana do Liriu , que baixo a denominación de CAMPIONATU NACIONAL DE LIRIU poñen a primeira pedra para a partires da vindeira tempada dirimir un campión nacional individual e por equipos asturiano que se enfronte na Champions Billardeira ós campións galegos. Coma na espectacular foto do blog de Nachok, luz verde á revolución en tódolos frontes!!

sexta-feira, dezembro 12, 2008

O LUME DA SARDIÑEIRA ÚNESE Ó DE PONTEAREAS E Ó DE SAN MIGUEL DE REINANTE!!

Alerta NorOeste!! A Sardiñeira , xusto no centro da cidade da Coruña , tamén se une á gran etapa rompepernas dista find , dende as 16:30 diste domingo 14 toda a tribu do Noroeste ten unha cita para loitar polos puntos niste seu 5ª asalto regular e ademáis na sardiñeria estarán postos milleiros de ollos de todo o país xa que de seguro será alí donde se pechen as liñas mestras da gran acción billardeira para no día H realizar a gran acción billardeira e tentar

E no Sur miran para o ceo e poñen en marcha o Plan B que xa tiña preparada a Assembleia Aberta do local social Baiuca Vermelha e o campionato trasládase ao pavillón do parque das Monxas . Serán pois , dende Ponteareas, os primeiros en arrincar o Sábado 13 , inscrición a partir das 11 e comezo do campionato ás 12, para rematar pola tarde. No medio hai tempo para comer e quen queira pode apuntarse ao cocido no local de Baiuca Vermelha. Para iso é mellor anotarse mandándolle un mail a aabaiucavermelha@gmail.com.

Mentras , no NorLeste continúa a conta atrás adoecida por entrar en combate para ver como se repoñen os líderes indiscutíbeis da conferencia , Billardeiros Musicais despois dos abaneos no Aberto da Pastoriza, a cita no pavillón de San Miguel de Reinante a aprtires das 16 h.

Atención: porque ista xornada volta OVARALMORSE EN FASE BETA, e ista vez faino infiltrado no Galicia en Goles da Radio Galega, polo que sintonizade con ista emisora entre as 21:10 e 21:30 tanto o sábado coma o domingo para sentir o pulso en directo dende as pistas. E para ir quencendo recomendamos sumerxerse de cabeza na 1º parte da sesión espida ofrecida por Fermin Muguruza no Ambigú de radio3 emitida iste mesmo venres, preme akí e pasa de 0 a 100 en menos dun segundo!

quinta-feira, dezembro 11, 2008

almorzo, parva, xantar, merenda e cea ... ISTA FIND CHEGA O AVITUALLAMENTO ÁS PISTAS DA LNB!!

Resoando aínda nas orellas os tremendos estalos dista revolución que por asturies se espalla inmensa , na Galiza voltamos á voráxine da loita a morte polos puntos nas metas volantes dista noss gran carreira por etapas que é a SuperLiga Galega de Billarda. Atención porque mentras ós ciclistas do Xacobeo os mandan de peregrinación a gran serpe multicor da LNB cambia catalina grande e piñón pequeno para afrontar unha durísima etapa ista find que xa está chamando á porta.

A sábado pola mañá arrinca a etapa na Conferencia Sur e faino desafiando todas os xantares regulares do día dende que te ergues ate que te deitas, Ponteareas é o lugar cos irmáns da Asemblea Aberta coordinando a asalto á vila , convocatoria a apartires das 11 da mañá para desmbocar No Local Social Baiuca Vermelha nun xantar popular por 8 euros, que constará de cocido, pan, viño, sobremesa, cafés e licor café. Se vos queredes anotar no xantar, poñédevos en contacto canto antes coa xente da Assembleia Aberta no correo aabaiucavermelha@gmail.com

E no Norleste , o domingo a partires das 16 h, facendo bo o dito da mega-estrela de TELE-VARAL Juán Pico , primeiro o bandullo e despois o carabullo , chagará a tribu toda mantida da casa disposta a pedalear contra o reloxo e contra o clima no pavillón de San Miguel de Reinante , esceario de grandes añadas!!

quarta-feira, dezembro 10, 2008

ESPOR[A] WEB OFICIAL E PRESENTACIÓN MUNDIAL EN ACUTO!! [sinte o mp3]

Avisamos fai un par se semanas , Asturies xa non aguanta máis na retagarda dista revolución cantábrica, os seus machetadores e machetadoras dán o paso e situanse na primeirísima liña de combate mediante a posta en marcha de ESPOR[A] un totem deportivo e social que ten ó liriu coma un dos seus alicerse prioritarios. Apresentamos o seu web oficial no que ides poder atopar entre outras cousas o pulso diariu diste deporte que arrinca os chantos tamén nos prados astures.E como non podía ser doutro xeito Xuacu, un dos responsábeis diste ilusionate proxecto acode ó programa ACUTO da RPA, ise coran sonoro para os muiandíns da cultura física que unha vez máis se sitúa na vangarda absoluta do universo motriz dando o micro a unha explosiva proposta en asturies que como eles mesmo comentan está a rachar moldes. E atención porque o que nun principio naceu coma unha charamena do foleón da urxencia , falamos do Torneo MaCallan de Liriu-Billarda que vai camiño de consolidarse coma aposta firme de ESPOR[A] e da LNB polo encontro e a loita entre palanadores galegos e asturianos no marco dos futuros encontros de Pandeireta.

Ademais non perdas a orella de ACUTO xa que Carlos Suari , o aborixe das lletres na papelera, inclue como colofón a iste histórico estalo capturado por Radio-Varal unha entrevista a un dos membros de La Bandina , unha das referencias absolutas do folk comtemporaneo e facedoras de hits no pais asturiano que conta con colaboracións estelares no su último traballo titulado 13 coma a da cantante de Pauline en la Playa, ademáis , se var estar por alí isfe find ACUTO proporcionache unha exenda da actividade en todas as boleiras do país. E na Galiza os muiaidíns da cultura física cando daremos un golpe de estado na nosa radio nacional??

terça-feira, dezembro 09, 2008

DA PASTORIZA A COMPOSTELA , GOLPEXOS E TIGRES RABIOSOS COA OLLADA POSTA NO GRAN DÍA H!!



Gran find de converxencia entre as Conferencias, despois de sumerxirte no espectacular crónico do Aberto da Pastoriza polo 20 aniversario de Galiza Nova que enfrontou a dúas potencias absolutas do deporte da billarda, pola parte do NorLeste palanadores dos Billardeiros Musicais e dos Outros atopáronse dispostos a desafiar o seu ate o de agora título nacional de franquicias a uns Furabolos de Pontecarreira que chegaban dende a Conferencia NorOeste dispostos a dar guerra no pavillón de terra cha luguesa. Nervios e retrasos tensionaron máis aínda o ambiente que tras unha final a tres bandas con Eric e o italo-galego Franco representado o NorLeste tentando neutralizar as accións dun inspiradísimo Toño que deixaron campión ó maxistral palandor do NorOeste .

Sería táctica ou é que o poderío dos campións nacionais cede un chisco ante o empurre das franquicias emerxentes? comezan as apostas, espectacular tamén á nova irrupción do VARALMORSE NA RG, que pode converterse en fixo no contador de Galicia en Goles das 21:15 os días de torneo en calquera das tres conferencia en xogo. E por se fora pouco o da Terra Cha , en Compostela atopabanse no Toural palanadores das tres conferencias en loita para berrar e consolidar unha acción que ten o 27 de decembro marcado coma o día H, Manu e Xosé Miguel polo Sur , Jano polo NorOeste e Xermán polo NorLeste selaron un compromiso nacional baixo a atenta ollada dun prato de tigres rabiosos. Reunións sectoriais con Siareir@s Galeg@s , Novas da Galiza e Vieiros van de seguro desembocarán nun histórico día de inmersión billardeira o 27 de decembro nas rúas da Coruña. ATÉNTOS Á XOGADA!!

quinta-feira, dezembro 04, 2008

A PASTORIZA : ABERTO DOS 20 ANOS!!



GALIZA NOVA
en colaboración coa LNB celebra os seus 20 anos empuñando paláns no polideportivo da vila luguesa da Pastoriza, se queres desafiar as xeadas e axudar apagando as velas a golpes e sopridos iste sábado a partires das 16 h, alí tes unha cita ...e igual unha tarta:

Contacto para inscripción:
galizanovalugo@gmail.com / 639.269493

terça-feira, dezembro 02, 2008

MARIN TREMEU COA LNB , AQUÍ ESTÁ O DESENLACE DO XA MÍTICO TRAILER PREVIO Ó DESEMBARCO!!

Machadas , tornos e leña !! A mellor materia prima deuse cita baixo teito na 3º enganchada regular da Conferencia Sur na vila de Marín sitiada por un exercito embravecido da palandores e palanoras dispostos da dar ate a última gota de sangue na sú aloita pola dignificación diste noso desporto . Despois do explosivo trailer amunciando o desenbarco en Marín chega o tan agardado desenlace, Agus, Paquete Pinchas, Almuinha , as vendettas no ar, os houligans de Rubén , as bolas do bingo e a extraordinaria final entre Chupi e Elvis son as fortísimas especias diste caldo de navizas dixital servido xa na túa pantalla para loitar contra o frío nos ósos. Perpárase xa Ponteareas para o 13 de decembro mentras todas a s emisións de TELE-VARAL asumen coma propio o espectacular logo nado nas trincheiras do NorOeste.

segunda-feira, dezembro 01, 2008

DOS ROXÓNS DE AMES , ÁS PANDEIRETAS DE SABUCEDO E ÓS ESTIRÓNS DE ORELLA DA PASTORIZA!!


Espectacular foto de familia posterior ó partido celebrado o pasado find no concello de Ames , como anunciou OVARALMORSE dende a Radio Galega, 24-8 foi o resultado que proclamou gañador á Selección do Pino fronte ó Estornela Dream Team , atención porque algo moi grande se move na zona de Compostela , moi preto donde iste sábado Xuacu e Guillerme por banda asturiana e galega no VI Encontro de Pandeireta en Sabucedo tomaron un primeiro pulso liriu-billarda que pode desembocar nunha agardada aportación billardeiro-sonora dos Quempallou a ista revolución que no 2009 vai estalar coma os roxón na tixola ó lume bravo.

A PASTORIZA: ABERTO DOS 20 ANOS!!

E se queres desafiar a neve e as xeadas extremas , iste sábado 6 no pavillón da Pastoriza celébrase o Aberto de Billarda dos 20 anos , organizado por Galiza Nova en colabrocación coa LNB , se queres axudar a apagar as velas no seu 20 aniversario achégate ate a Terra Cha para soprar e golpexar.

Contacto: galizanovalugo@gmail.com / 639.269493