O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

terça-feira, outubro 07, 2008

CUBRE A TÚA FICHA FEDERATIVA DO VARAL , AS BALAS CARA O RECOÑECEMENTO OFICIAL!!

Ista find enteirámonos que o PP de Euskal Herria pedíu no parlamento basco o inicio urxente para a tramitación do recoñecemento da pelota basca coma deporte olimpico , iso acontecía mentras na TPA , a televisión pública de Asturies emitía iste pasado domingo en directo en horario de máxima audiencia no mediodía a competición de Bolo Vaqueiro , unha das 7 modalidades que practican no país veciño que conta cunhas aproximadas 300 licencias federativas segundo as verbas dos locutores que retransmitían o torneo. Reiteramos a nosa idea , Pelotaris e Lanzadores de bolos dos paises veciños gozan dun recoñecemento que aquí sistemáticamente se nos nega , as institucións e partidos parlamentares galegos lonxe de tramitar calquer tipo de recoñecemento oficial e olímpico seguen a mirar cara outro lado e o desprezo da nosa televisión pública xa non ten nome.



A LNB lanzou coincidindo co inicio de tempada unha importante premisa ás tres conferencia en xogo , aquí coma no Sáhara , que todos os palanadores e palanadoras se inscriban no Censo Federativo do VARAL para ó final de tempada ter unha cifra real de practicantes coma un dos elementos fundamentais de presión. A LNB incia o pressing en toda a pista , antes de cada torneo, iste vindeiro segundo asalto en Moaña, Celas de Peiro ou Santo Adrao ..... asegúrate que o teu Nome e D.I figuran xa entre os inscritos da perigosa serpe multicor da LNB!!