O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

segunda-feira, junho 16, 2008

PLAY-OFF NACIONAL COMPOSTELA 2008>> A GRAN MUIÑADA QUE FIXO TREMER GALIZA!!



Todo o que se diga é pouco , a tormenta billardeira coma na canción de dylan chegou e arrasou Conxo iste xa histórico 15 de xuño cos golpexos dos paladores e palanadoras chegadas dende as Conferencias NorLeste e NorOeste dispostas a loitar con todas as forzas posíbeis por facerse cos títulos nacionais en xogo na terra batida do campo de futbol da máis brava e iluminada parroquia de Compostela





A caricia dunha serpe chamada barruzo non impedíu que a LNB decidirá desafiar a climatoloxía apostando pola desputa a ceo aberto desbotando de inicio a posibilidade do resgardo das euralitas . Impreseinate a chegada das dúas delegacións á 11:30 de mañá , palanadores e palanadoras concentrados e siareiros preparados para animar ate a extenuación durante unha xornada que dende primeira hora da mañá nos tanques-guagua xa se prevía histórica.





Geni , Ana e unha espectacular Lola desputaron unha final a tres que se desfixo nun espectacular cara a cara final entre Geni e Lola que como relatou co alento entrecortado a Revista da Galega e OVARALMORSE Ana do norleste campiona nacional feminina! Proclamou á palanadora dos Bíteres campiona galega.





Comezaba a tensión e a loucura a invadir o estadio de Conxo, non era Viena pero semellaba o preludio da futura final do Eurocopo, Billadeiros Musicais Vs Filloas de Sangue, a experieicia fronte á xuventude extrema famenta de triunfos , dende o inico do partido os Filloas pese ós intentos do seu adestrador Lois Fontán de centrar os seus pupilos no taboleiro de terra , istes semellaban fracmentados polo empurre e a experiencia duns billardeiros que minutos a minuto aumentaban a distancia facento inútil a estirada da franquicia do NorLeste.






Ó final pese ós apoios dende a banda duns ruidosos Remourelle BULLS ás xoves estrelas do Noroeste , istes nada puideron facer para impedir a consecución do título nacional por equipos para uns implacábeis BILLARDEIROS MUSICAIS.





Espectacular xantar a pé de pista , con empanada de polbo e mexilóns , churrasco de xato para repor forzas para un tramo final de tarde que ía arrincar cos especialistas de Varados ou tiros directos desafiando coa forza e precisión as sempre malditas leis da gravidade.





Cobertura da Galega TDT para unha espectacular final na que o público comía meterialmente ós participantes, os especialistas podían sentir na caluga o empuxe dun público totalmente entregado á causa e desconcertante e explosiva aparición por sorpresa do cuarteto italogalego de gaitas LNB.





Tres palanadores salvaron a grande criba que supuña unha pista tan lenta dunha cunha distancia considerable do punto de golpexo ó Varal e da certa dificultade que impón o levantamento da billarda nun terreo de terra. Lois Fontán polo NorOeste e David e Ginés R afrontaron xuntos o spring final donde a flamante fichaxe dos Cornería-Team e excampión nacional 2005-06 David fíxose co título nacional da máis espectacular das disciplinas.





Ás 17 h. cumprindo os horarios establecidos pola LNB todo estaba preparado para acoller a última das finais diste inesquecíbel play off nacional 2008 . O estadio recibía unha auténtica marabunta de seguidores diste deporte que se acomodaban nas bancadas para ver ás grandes estrelas dun deporte que en Conxo demostrou o seu poderío. Espectacular a chegada da delegación do Sur que veu entregar o seu alento de apoio a unha revolución xa imparábel en todo o país e que en Pontevedra e Ourense se espalla xa , coa solidez absoluta e infranqueábel do granito de Porriño.





Todos os flashes ollaban cara ó posíbel desquite do NorOeste, Serxio, Sak , Lois Fontán e sobre todo o campión de Conferncia Kiko adoecían por saltar á pista despois de estar toda a xornada agardando coma gatos raxados o intre no que a presa saíra do seu acocho. Zidane , un dos referentes do NorLeste caía degolado pola empurre dun concentradísimo Sak





Pero pese á concertración de todos os palandores finalistas dúas malladoras de xogo apartaban palanadores ó seu paso e atopábanse de xeito irremediable no mesmo punto de partida para desputar a final absoluta. Genés R fronte a Markitos .





Dous mitos diste deporte do Norleste enfontándose face a face polo título Nacional Absoluto , incluso a perfecta matemática alemana de Ginés R. resentiuse ante tanta presión e sobre todo ante o xa histórico REMUIÑO DE MARKITOS, un desconcertante moviento de brazos antes da saída de cada carreira que puido ser , xunto co acerto e nervios de ferro do palanador dos Billardeiros Musicais o que o levou a inscribir o seu nome con letras de ouro no espectacular Trofeo Rotatorio de Campión Nacional Absoluto 2008.





Noraboa a todos o campións e a toda a tribu LNB porque A GRAN MUIÑADA de Conxo demostrou o impresionante poder e consistencia dunha proposta a nosa , que fóra dos acabicornametos institucionais dá prioridade absoluta ás paladoras e palanadores que son os únicos e os que máis ordean nista vaina. Noraboa e adiante a imparábel revolución billardeira!!

1 Comments:

  • At 12:39 AM, Blogger markytos said…

    moi boas a tod@s
    queria darvos as graciñas a cada palanador e palanadora que formades a gran familia da liga norleste,por despositar a confianza en min en momentos claves para gañar algun que outro puntiño, e como non,por todos os animos recividos o outro dia en conxo, tanto antes, durante, coma despois do encontro.que sepades que me sentin moi ben gracias a todos bos.espero que nos "miremos", como dicen por pontevedra abaixo, o dia 29, en celeiro, no torneo parroquial.
    un agradecemento especial o meu equipiño, OS BILLARDEIROS MUSICAIS,un equipo peculiar, con xente moi diferente pero con algo en común: sentido do humor, ganas de pasarlo ben e como non... A MÚSICA.
    un abrazo e noraboa a tod@s,porque esta claro que a liga norleste ten un nivel de carallo!!!!
    Fdo: markytos

     

Postar um comentário

<< Home