O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

segunda-feira, abril 28, 2008

O SUR DOBREGA Ó NORTE POR 2 SETOS A 1 NA DESPUTA DO XERRO DO SALNÉS!!


Xil voltou a vibrar coa chegada da impresionate serpe multicor da LNB , invasión absoluta da máis brava parroquia do concello de Meaño pola tribu billadeira que agardaba con emoción contida a súa chegada á zona cero coa A Taberna da Cancela era o lugar pactado para gardar armas antes da batalla polo tan desexado Xerro.


E o primeiro palanador en chegar ás trincheira foi o gladiador das terras de Rio , un extraordinario guerrilleiro do palán que oficou de anfitrión xunto con Abel e Paula que agardaban dende priemria hora da mañá a chegada da Guaga do Norte que devido ás obras na vía rápida Luis , o aborixe do volante da Guagua , desorinatado polos reflexos das placas solares postas nun dos prados da entrada do concello o polo barullo dos músicos do festival de bandas que iste mesmo domingo se celebraba no centro da Vila fixo que a guagua como posuida polo demo se puxera a xirar coma louca nunha das rotondas donde alviscou a Moisés, un dos coordinadores da tribu do sur igualmente invadido pola incertidume dos camiños, agardaba pegado ó volante que o ceo enviara unha sinal.



E isa sinal chegou unha furgoneta branca con Paula e Abel como salvadores para guiar por fin á expedición á luz das velas da Capela das Angustias e ó reflexo dos vasos de viño da barra da taberna da Cancela. Todo estaba listo, Xil acollía a histórica primeira asemblea nacional de palanadores e palanadoras representantes das tres conferencias , in fito histórico nun extraordinario labirinto de ideas cos beizos tinguidos pola maxia dun inesquecíbel tour furancheiro.

A guaga carrexou a toda a tribu cara o Noso Bar, no restaurante de xesteira acolleu máis ca un xantar unha enorme festa que xa predecía tormenta billardeira na Pista das Angustias. As 5 da tarde comezada a enganchada, Norte-Sur por fin fronte a fronte, favoritos? Deseguida se diluíu isa tenue raia , a sur ía xogar as súas bazas cunha motivación brutal e un perfecto coñecemente táctico , paralizou ó Combinado Norte que semellaba enferruxado polo churume de uva e vía como nun dos grupos non era capaz de atallar a furia da Conferencia Sur animada polo público e pola extraordiandia actuación dos palanadores locais capitaneados por Camiña e Lino de Cobas . 1 a 1 rematou o combate polo que se tiña que xogar o tan emido Seto da Morte.




E ahí foi donde saíu de novo a furia de Xosé Miguel , o gladiador de Río desafiando as amiazas dos seus compañeiros da Treu por xogar no hemisferio sur e o gran Chupi , finalista do Aberto de Mos que deu o título final á súa conferencia nunha carreira na que o catenaccio billaderio imposto pola palanador Italo-Galego DelFranco non puido frear o impulso dunha conferencia Sur que dobregou ó norte no seu primeiro cara a cara da historia .


Historica victoria do sur por 2 setos a 1 ó norte invicto no xplosivo xerro do salnés desputado en xil! disparaba a metralleta sms do VARALMORSE dende a pista das Angustias , queda pois o Xerro do Salnés en terras do Sur e quen o queira ver pode achegarse á Taberna da Cancela de Xil donde vai morar un ano ate que que as tribus dun e outro hemisferio volten a pintar as caras con pinturas de guerra. Atención ós video-estalos de TELE-VARAL , ó análise nos webs oficiais de cada conferencia e para voltar a emocionarse hai que botar un ollo ás galerías abertas coas olladas dos mouchos do norte e do sur. Noraboa ós campións da Conferencia Sur , a toda a gran familia da Taberna da Cancela da que a LNB xa se considera parte e a todos os participantes niste Xerro que co seu apoio fan posíbel a expansión dun andazo para o que non hai aínda receita posíbel!!

1 Comments:

  • At 9:56 PM, Blogger Solimán said…

    Ooola amigos do norte. Paseino xenial o domingo, e non porque gañaramos o xerro (e se o fixemos non foi pola miña contribución, juju, son unha novata na billarda), senón pola festa, o bo humor e a boa xente.
    Traballei catro anos en lugo, teño amigos en Riotorto, Barreiros e Viveiro... En fin, que lle teño moito aprezo aos lucenses e máis aos da Mariña. Contade comigo para o interparroquial de xuño en Vilanova de Lourenzá. E ollo!, que penso entrenar.

    Saúdos.
    Esme.

     

Postar um comentário

<< Home