
sexta-feira, março 30, 2007

Iste luns TELE-VARAL prepara a emisión dun espeluznante documento sobre intervención dos tres palanadores LNB no progama Luar da Galega, prepárate para descubrir a cara oculta dun eclipse Luar!!
quarta-feira, março 28, 2007
A NOVA FICHAXE DOS CORNERÍA-TEAM FAI TREMER OS MICROS DE TELE-VARAL [preme]
segunda-feira, março 26, 2007
VICENTE EMOCIONADO COMPLETA O SEU PRIMEIRO HATT TRICK BILLARDEIRO!! [preme]
quinta-feira, março 22, 2007
BROSAS E BILLARDAS NO PAZO DE CONGRESOS E FEIRAS DE LUGO (FORESGAL)
A serpe multicor da LNB afía as brosas e diríxese cara ó Pazo de Feiras e Congresos de Lugo para dende iste venres participar na I Feira Forestal da Galiza (Foresgal) mediante a espectacular colocación dun stand de obrigada visita para todos os afeccionados diste deporte da billarda que arrinca chantos e invade leiras. E moi atentos porque o sábado a partires das 16:30 Ismael , O Zidane da Billarda, estará no noso estand ó frente da TENDA-LNB que abrirá as súas portas para que todo aquel que pase polo noso stand poida mercar un pack de palán + billarda asinado por ista grande estrela do deporte da billarda. E iste domingo 25 Santo Adrao no concello de Lourenzá a partires das 17 h. acolle a desputa do gran Torneo do Palán de Ouro , o 10 asalto da SUPERLIGA de billarda que vai clarexar quen é quen nista auténtica loita sen trincheiras!!terça-feira, março 20, 2007
ESPECIAL TELE-VARAL : CONCURSO DE VARADOS DO BILLARDA ALL STARS
segunda-feira, março 19, 2007
LESTE vs OESTE : O ESPECTACULAR DESAFÍO DO ALL STARS [preme]
sexta-feira, março 16, 2007
PREPARADOS PARA O ECLIPSE LUAR?
ISTA NOITE NO PROGAMA LUAR A GRAN ESTRELA DO DEPORTE DA BILLARDA ISMAEL, O ZIDANE DA BILARDA, VAI
APRESENTAR Ó MUNDO O BILLARDA ALL STAR 2007 A CELEBRAR ISTE DOMINGO NA PISTA DA ZAPATEIRA NA CORUÑA AMOSANDO A TODA A AFECCIÓN DISTE DEPORTE AS EXCLUSIVAS CAMISOLAS QUE VAN VESTIR OS PALANADORES E PALANADORAS DO LESTE E OESTE, PERO ZIDANE NON VAI ESTAR SÓ ,VARIOS MEMBROS DA LNB VAN SUBIR Ó ESCENARIO CON EL E UN DELES VAI SER JUAN PICO, O REPORTEIRO ESTRELA DE TELE-VARAL ATERRA POR PRIMEIRA VEZ NO ESCENARIO QUE DE SEGURO ALGÚN DÍA SERÁ SEU. COMEZA O GRAN ESPECTÁCULO DO ALL STARS!!terça-feira, março 13, 2007
CHEGA O CONCURSO DE VARADOS DO BILLARDA ALL STARS!!
Non pode haber un All Stars que se precie sen un potente concurso de mates, por iso a LNB vai por en marcha isto domingo 18 antes da desputa do partido entre o leste e oeste un espectacular concurso de Varados, a versión billardeira do concurso de mates que vai levar ós auténticpos especialistas dista disciplina que combina a precisión e forza a dosis iguais a enfrontarse entre si e deixar ós miticos duelos entre Michael Jordan e Dominique Wilkings nun auténtico xogo de nenos, os Bixi , Servando , Foro , Victor ou Paulo van atopar de seguro rivais de entidade no combiano do Oeste como é David que xa se prepara a conciencia para o espectacular reto. E como non podía ser menos a LNB traballa coa posibilidade de contar cun espectacular combo de cheerleader transexuais para animar os posíbeis tempos mortos dun partido que de seguro vai rachar todos os moldes.
sexta-feira, março 09, 2007
ACODE Ó BILLARDA ALL STARS SUBIDO NA BACA DA GUAGUA!!
A Guagua da LNB xa está preparada para iniciar a viaxe cara ó olimpo das estrelas situado no Campus da Zapateira, o domingo 18 de marzo a partires das 12 da mañá as billardas ardendo van invadir de novo a cidade da Coruña golpexadas polos palanadores e palanadoras dos combinados Leste e do Oeste que despois da desputa do espectacular concurso de Varados , o versión billardeira do concurso de mates, se van enfrontar nunha pista de seguro repleta de siadeiros para viver a intensidade a bravura dun deporte que racha moldes. Un ano máis a Guagua vai percorrer o traxecto entre Barreiros - A Coruña, polo que se ti , palanador ou palanadora de Mondoñedo, Abadín, Vilalba, Baamonde, Guitiriz, Parga, Betanzos ,Cambre....... ou calquer outro concello ou parroquia en ruta da Guagua que saiba que dirixíndose a ovaral@hotmail.com pode ser recollido e ter o enorme honor de ser transportado á pista da Zapetira na baca da Guagua compartindo teito con calquera das grandes estrelas do combinado do Leste. Racha coas cadeas e sinte o ar na cara montado na baca da Guagua da LNB!!quinta-feira, março 08, 2007
8 da Marzo: DÍA DA MULLER PALANADORA!!
quarta-feira, março 07, 2007
COMEZA A CONTA ATRÁS PARA O BILLARDA ALL STARS 2007!! [preme]
O TEMPORAL CONTINÚA AZOUTANDO GALIZA, PERO NUNCA CHOVEU QUE NON ESCAMPARA. DURANTE A CELEBRACIÓN O ANO PASADO DO I ALL STARS FIXERA TANTO VENTO PRODUCIDO POLA IRRUPCIÓN DOS GALÁCTICOS E GALÁCTICAS DA BILLARDA DO LESTE E OESTE NA CIDADE DA CORUÑA QUE CAERA O ENORME BANDEIRÓN ESPAÑOL QUE ADORNADA A PRAIA DE RIAZOR, TELE-VARAL GRAVOU DAQUELA UN HISTÓRICO VIDEO XA QUE FOI O PRIMEIRO MEDIO EN CHEGAR Ó LUGAR DOS FEITOS, QUÉ ACONTECERÁ NISTE II BILLARDA ALL STARS? . IDE COLLENDO SITIO NA ZAPATEIRA, PORQUE A CONTA ATRÁS PARA O PARTIDO DAS ESTRELAS XA ESTÁ EN MARCHA.....



