O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

sexta-feira, dezembro 17, 2004

O VARAL / 04

O VARAL
Revista oficial da LNB


OUTRO DEPORTE É POSIBLE!

Dende os primeiros golpes do palán contra a billarda no cantón en Lourenzá ,despois de mollarse nos campos de Bretoña, pasando polo frío intenso das tardes na Anguieira en Barreiros , a LNB foi medrando pouco a pouco, sen nervios.




Hoxe cada torneo da LNB convéterse nunha auténtica festa do deporte autóctono , para contalo nace “ O VARAL”, entrevistas, fichaxes e crónicas dos torneos son os principias argumentos para iste xornal que vai tratar toda a actualidade da LNB.



“ A CANTINA” : ENTREVISTA COA ESTRELA DA LNB, ISMAEL, DOS PETAPOUCO DE BARREIROS, FALA EN EXCLUSIVA PARA O VARAL.

-Isma, benvido á cantina da LNB, primeiro, o vermut branco ou escuro?
-Escuro, escuro......
-Con frene ou con xinebra?
-Cunhas gotiñas de xinebra.
-O motor foi a túa primeira paixón , como foi o paso da moto ó billarda?-Empecei facendo cross e xincanas na moto , con saltos no trampolín e escalando balados en diferentes competicións como a das festas de Masma na que gañei
Masma na que gañei un trofeo.
-Pero....., como te enganchanche á billarda?
-A min gustame a madeira e isto son cousas de madeira
-Fas entrenos especiais para cada competición?
-Simplemente o quencemento antes do partido.
-Evitas o acto sexual?
-Iso non impide para nada ....., ó contrario.
-Es consciente do que significas hoxe para a Liga Nacional?
-Hai moita máis xente ca min que fan que a LNB sexa o que hoxe é.
-Párante pola rúa?
-Aínda non cheguei a tanto, aínda que nun bar me parou unha señora para felitarme e moita xente se direixe a min para darme a noraboa e nada máis.
-Cal foi o intre de maior emoción competindo na LNB?
-Quizais, na consecución do “Torneo do Lacón” , porque a parte do premio , foi o primeiro torneo que gañei e púxenlle un especial entusiasmo.
-Como foi a consecución do “ Palán de Ouro” en San Xurxo?
-Foi case algo inesperado , non ía demasiado convencido da victoria, empecei un pouco floxo pero ó final fun avanzando e chanteime na final contra Fernando dos Fungueiros.
-Que pensas de cómo están funcionando as mulleres na LNB?
-Estou abraiado , póñenlle moito entusiasmo , vexo moi próximo o momento no que unha muller sexa a gañadora dun dos torneos LNB.
-Que che pasou no Super-Palán de primavera en San Xusto?
-Algo de nerviosismo, a presión e sobre todo que me pillou a mala racha, había tamén moito aspirante con gañas de gañar
-Gañou David , o teu compañeiro de entrenos e de equipa , Cal é o voso segredo?
- entrenar e non moito porque non hai tempo, é saber darlle o toque e apuntarlle e nada máis.
-Estás contento nos petapouco ou tes ofertas de outras franquicias da LNB?
-Estou contento nos petapouco e as ofertas a min en principio non me interesan.
-Como ves o futuro da LNB?
-Pois vexo a xente moi animada , con cada vez máis afluencia de público e con xente que nunca xogou que colle un pau e ponse a funcionar
-Os teus paus son de xatoba, é o mellor material para facer os paláns?
-Dentro das medidas regulamentarias da LNB pode utilizarse o material que se queira , eu atópome cómodo coa xatoba, tamén teño paláns de toxo pero ten que ser toxo seco porque o verde faise demasiado pesado.
-Diríxete ós varadores e varadoras para que se liguen á LNB.
-Que se animen que é un deporte sano e divertido , sobre todo é un deporte para relacionarse cos amigos e disfrutar da paixón que todos temos en común , a billarda.
-Grazas Isma por vir á cantina da LNB e moita sorte nos próximos torneos.







2 Comments:

Postar um comentário

<< Home