O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

quinta-feira, dezembro 23, 2004

CRÓNICOS: "BILLARDA DE VERÁN"

VILAMAR 11-7-04


A pista central de Vilamar fumeaba por mor da tensión que desplegaban os palanadores e palanadoras que dende primeiras horas da tarde ían chegando e iniciando as roldas de quencemento, as miradas de esguello entre os deportistas foron a norma nistes intres iniciais, billardas escondidas nos petos , gardadas coma ouro en pano facían que naide quixera amosar as súas armas antes de tempo.
A tensión era tal á hora dos emparellamentos que incluso se oíron calificativos coma “estou no grupo da morte” en referencia á loita fraticida que xa se supuña en determinados grupos antes incluso de que a primeira billarda acariciara o ar ardente de Vilamar.
A música e a bebereta na cantina da LNB disimulaban dalgún xeito a loita que se estaba a producir no cemento pulido da pista cental, a canícula facía suar ós competidores dos catro grupos , unha cor distinta á roxa dos petapouco parecía que ía gañando terreo xa nas eliminatorias, “a laranxa mecánica” ía impondo o seu estilo e a súa pegada firme ante a ollada atónita do numeroso público que se deu cita iste domingo case tropical.

Entre as mulleres desta volta Ana dos fungueiros de Lourenzá arrasou e chantouse nas semifinais como única representante feminina, a ausencia da súa compañeira de escadra Aurora non puido ser suplida por unha devutante na competición, Anita da franquicia de San Tomé ten que seguir bebendo da auga da fonte da súa parroquia natal para depurar o un pouco máis seu espectacular estilo, o cansancio dunha Ana dos petapouco marcou o seu xogo na competición xa que a longa travesía a pé da mañá para gañar o xubileo fixo que pola tarde perdera nas roldas clasificatorias.
Xunto coa cor laranxa , unha cor, a amarela , parecía que se ía colando e gañando postos para disputar con certas garantías o título da billarda de verán.
Nos cuartos, Servando e David dos petapouco caeron contra Ana e un sorprendente debutante na competición Gonzalo da Laranxa mecánica, Ismael , “O Zidane da billarda” parecía que volvía a ser o super-clase de sempre pero a mala racha pillouno en plena inspiración dun Xermán vestido de amarelo reprentando a máxia do xogo carioca en cada golpe de palán.
O outro semifinalista foi un impresionante José Manuel de laranxa que venceu a un moi regular Fran dos fungueiros que cometeu un so erro e iso na LNB págase moi caro.
Gonzalo cunha espectacular saída derrotou a unha Ana que agardaba o fallo dun Gonzalo intratábel, na outra semifinal , voltaban enfrontarse Xermán “ O Romario” da billarda e José Manuel que ía tentar utilizar as súas dotes coma tenista para tinguir de laranxa a final da Billarda de verán.
Máis non foi posíbel e ó igual que xa pasara nas previas Xermán , o canariño do Castro , venceu e colouse por segunda vez nunha final da LNB.
Na final , a tensión cortábase con navalla, unha froxa saída de Gonzalo, “ O Cantona da Tilleira” fixo que Xermán aproveitara a súa oportunidade cunha billarda que amagou a entrada no varal , Gonzalo presa dos nervios seguía sen dar resposta , Xermán , cun suave golpe de panenca conseguía a primeira victoria para os Fungueiros de Lourenzá.



2 Comments:

Postar um comentário

<< Home