O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

domingo, dezembro 11, 2016

SANTI E OS CARABULLO, AS ADELONCIÑAS QUE CONVERTERON A FAXARDA NUN INFERNO PARA OS BILLARDEIROS MUSICIAS!!


















Voltou o Apalpador da LNB ó campo da Faxarda de Ribadeo para facer entregra do espectacular exemplar de Galo autóctono galego ó campion do Aberto que iste sábado acadou a súa xa décima edición. Un Aberto que supuxo un brutal golpe do palán sobre a mesa dos Billardeiros Musicais xa que Santi coma campión absoluto e a súa franquicia os Carabullo selaron un maxistral pleno na propia casa da poderoso franquicia ribadense.  



















Ambientazo na Faxarda nunha tarde de sol , furia e billarda que achegou á loita polo mítico Galo da LNB a preto dun cento de fementos palanadores e palanadoras da Conf. NorLeste



















Co jet lag incorporado nos seus paláns os anti-eurodeputados da LNB recén aterrados despois da súa histórica accion billardeira en Bruxelas , estiveron na Faxarda loitando corpo a corpo co resto de participantes pola gloria de abrazar e bicar o gran Galo da LNB.




















Fai uns días puidemos ver unha furna coas cinzas de Fidel Castro percorrendo o camiño dende a Habana a Santiago de Cuba, iste sábado na Faxarda unha outra furna de carton branco chea de vida e paixón revolucionaria coa a do comandante , estivo a pé de pista gardando no seu interior un impresionante exemplar de Galo Autóctono galego polo que as ducias de palanadores e palanadoras que se mutaron en adelonciñas famentas na procura dun galiñeiro



















A seleccion de Brasil no 1950 fronte a Uruguai e no 2014 fronte alemania sufriron ambas derrotas que se coñecen coma Maracanazo , os Billardeiros Musicais na décima edición do Aberto do Galo coa victoria dos Carabullo sufriron o seu particular Faxardazo.




















E por se non fora pouco impacto xogando na casa deixar nas mans de Carabullo o titulo de campións de franquicia, Santi tamén de Carabullo fíxose co Galo da LNB , con Noé  de Troitas Bravas na segunda posicion e con Daniel salvando os mobles e orgullo dos Billardeiros Musicias no terceiro posto















E ó día segunte , na mañá do domingo en Eiris a Conf. Noroeste voltaba coller as armas...
Quinta xornada da Conferencia Noroeste de Billarda,celebrada no campo de fútbol en Eirís (A Coruña)
Campión:X.Collazo.
Subcampión:Berdillo.
Terceiro:Daniel.

quinta-feira, dezembro 08, 2016

AS BILLARDAS DA LNB BRÚAN A PROL DO GzExit NA PORTA DO PARLAMENTO EUROPEO EN BRUXELAS!!
























Dous dos ARMADANÇAS , Ismael de Outeiro e Xabier Cordal , na praza da porta do parlamento europeo cos pes enlamados en terra liberada e cos ollos chantados no futuro dun país , dunha cultura e dun desporto  ceive do circulo da cadea de estrelas
















Abertinho histórico no que as billardas da LNB asulagaron a praza na porta de entrada do paralamento europeo.















O desporto nacional galego acadou a visivilidade en Bruxelas que en moitas prazas e espazos do país se nos nega.















Somos un país , o máis remoto ...dispostos a resistir o asulagamento en cada varado















Palán ergueito, no brazo unha estrela, 
a nave de buxo rebenta a mañá; 
fura o nordeste cun seco varado, 
dálle na frente ao Imperio do Mal, 
pobo, que esperas?, adiante co varal! 















O perigoso Komando-Billarda camuflado no medio da comision cultural galega convidada por AGE ao parlamento europeo na tardiña do mércores 7 de decembro decidíu relizar o seu discurso pechando a boca e os puños sobre o palán para deixar que as billardas falaran co seu bruar sobre a brisa de Buxelas...GzExit , Billarda Sempre Adiante co Varal!!

terça-feira, dezembro 06, 2016

REPRESENTANDO Á LNB, ISMAEL DE OUTEIRO CEIVARÁ O NOSO "BILLARDA OU MORTE" , O DISCURSO QUE FARÁ TREMER OS CIMENTOS DA EUROPA E DO PARLAMENTO EUROPEO!!














O 11 de decembro do 1964 O Che Guevara pronunciou o seu mítico discurso do Patria o Muerte na asemblea das nacion unidas , 52 anos despois Ismael de Outeiro , o palanador chairego de Carabullo asaltará palán en man o parlamento europeo para emular ó referencial guerrilleiro arxentino con incendiario varado verbal que faiga tremer os muros e cimentos disa gran burbulla de lixo siturada en Bruxelas.


















Ismael forma parte dunha gran  comision convidada ó parlamento por AGE para visualizar e denunciar o aldraxe e o exterminio ó que a cultura galega de seu está a sufir por parte de todas as instucións propias do páis. Dirixirase iste mercores ó parlamento europeo representando á LNB ( O Varal ) e pensao facer armado coa súa billarda e verbas furiosas dun palanador ferido polo xenocidio deportivo . social e cultural ó que está sometido pobo galego .

















NA comision cultural tamén están presentes máis activistas relacionados co universo LNB xa que formará parte da mesma Xabier Corda, o poeta e escritor que fixo o Himno da LNB ( Billarda Sempre ) e tamén estará Seixas representando ó centro social A Chave das Noces , o a gran franquicia billardeira de CastroVerde.. E ademáis do discurso billardeiro , a LNB está tentando aprobeitar o desprazamento de billardas á capital belga para realizar o primeiro Abertinho en Bruxelas sexa no centro galego ou nunha das prazas ou barrios da cidade. Billarda ou Morte , todos Isma!!