O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

quinta-feira, setembro 29, 2016

EN CUNTIS ...TOMANDO O RÍO E LIBERANDO OS CEOS!!














Algúns amiazaron con tomar o ceo por asalto mais , pateticamente se conformaron con quedaren comodamente rascando os collóns e a cona nun puto escaño do parlamento dos leóns , outr@s pola contra , voluntarios e palanadores do fervedoiro iste pasado find colleron os paláns e os apeiros necesarios para tomar o río do Alvarellos por asalto!!














Exitazo na séxta edición diste mítico e referencial Aberto de Billarda de Cuntis coordando maxistralmente polos irmáns do Fervedoiro que converteu ao ex-Coroceiro Nacional " Ricard" en campión absoluto dista gran enganchada preludio da brutal cicloxénese billardeira que iste vindeiro sábado se producirá no campo minado de Outeiro ( Muimenta) no agardadísimo arrinque da competición oficial na Conferencia Mae...Fervedoiro Sempre, Adiante co varal!!

sábado, setembro 24, 2016

DENDE CUNTIS , SOÑANDO UN PAÍS CUNHA MAIORÍA ABSOLUTA LNB!!





































Unha edición máis e xa van 6 , os irmáns da refererencial Asociacion o Fervedoiro de Cuntis botan as billardas e paláns a pacer na mítica ärea recreatica dos Albariños donde xa tantos Varados e estupidos a prol da supervivencia socio-desportiva  indíxena se teñen producido.Non voltaremos pasar frio , nen medo nen sede...porque o paraiso chamado Albariños volta a ser un lugar uabrumador no que as troitas cantan e xogan á billarda en lugar de reflexionar sobre cal das papeletas será a que eleixan o domingo para exercer  a súa nova radicalizacion sumisa. Dende o inico dos tempos da civilixacion Fervedoiro-Billardeira de Cuntis os cartaces e videos propagadores do Evento foron unha brutal pegada do ADN diste Aberto diferente e diferenciado e con identidade propia no salvaxe almanake da LNB, mais ista sexta edición que coincide coa xornada de  refleción dunha vez máis intranscendental xornada eleitoral do parladoiro "rexional" , os activistas do Fervedoiro aproveitan o contexto para recordarche que as pepelinas que introduces no sobre do voto están feitas da mesma madeira coa que construimos as nosas billarda , para que quedarse con sucedanios se podes votar a Auténtica....


















O único raio de sol de espranza no actual contexto de desolacion e horizontes turbios é o que representa a túa militancia na LNB e o bruar da billarda na procura dun varal en forma de furna imposíbel sobre unha mesa claquera nun colexio eleitoral calquera ...iso foi o que se constatou fai unha semana na Laracha e o que ista xornada de non-reflexion se vai producir tamén en Cuntis baixo a supervision do gran Comandante da LNB Xosé Collazo

Unha xornada a do sábado que tamén traerá accion e reacion billardeira no marco dos II Xogos tradicionais de Combarro donde a tribo das RíasBaixas activará un  explosivo plan de captación de palanadores e palanadoras por medio da celebracion dun Abertiño de Billarda , o campo base de reclutamento estará activo apatires das 16 h. - esnaquiza o voto , colle o palán....Billarda Sempre , Adiante co Varal!!

domingo, setembro 18, 2016

CALVETE EN CADA VARADO E TALLADA EN REMOURELLE , EN CADA GROLO NO RAIO DE SOL DA LARACHA E EN CADA SALUCO EN SANXENXO!!


















Soñouno Calvete o resto han contalo....así versa o himno da LNB no que estoura ó igual ca un barreno na noite pecha o nome do gran referente histórico dista gran serpe multico chamada LNB. Calvete en cada varado sempre e en cada tallada do año mouro que iste domingo se inxerirá na Taberna de Remourellle na nova edicion do Menorial en honra do gran palanador dos Petaouco. Xantar de irmandade que contará coa presencia de míticos persoaxes da revocion billardeira coma Carmiña e a propia compañeira do palanador que entregará os premios do Aberto-Memorial que se desputará despois do xantar.



















Saída neutralizada no pelotán da NorLeste que terá o seu inicio de competicion oficial co explosivo Aberto de Outeiro e habitoallamento brutal para a tribo da NorOeste no referencial bar Raio de Sol da Laracha que iste domingo será o epicentro dunha grande velada de Billarda e emocions compartidas que servirá entre outras cousas para desintoxicarse da podredume eleitoral que sobrevoa o ambiente.

















E donde xa están a fume de carozo metidos na competicion oficla é na Conf. RíasBaixas que iste sábado desputaron o segundo aberto puntuábel no espectacular marco de Arnosa en SanXenxo para celebrar entre outras cousas o inicio do fin do asedio do turismo colonial e salvaxe....Billarda Sempre e Terra A Nosa!!

sábado, setembro 03, 2016

NO VALECO DE MONDOÑEDO E EN CADA TABERNA E CUNCA DO PÁIS ....BILLARDA SEMPRE , ADIANTE LNB MIL INVERNOS MÁIS!!

















No lusco e fusco dunha abrasadora noite de verán no Valeco de Mondoñedo , epicentro instrumental da gran Conf, Mae da LNB, a serpe mulitcor billardeira adentrouse no cálido niño de viño e tapas para a aprobacion do calendario de competicion do primeiro ano da segunda década de andaina anti-oficial-




















E por suposto será Alvariño o palanador de Muimenta que milita nos Polka , será unhas das grandes estrelas dista competicon que racha moldes e que iste mesmo sábado coordiana un dos explosivos abertos de pretempada no espectacular marco da praia fluvia da súa vila natal chairega.



















E ó iguaal que Alvariño e toda a tribo do NorLeste quenta motores , os activistas da NorOeste iste domingo 4 de setembro se botan ó Monte Alto para desfrutar das festas diste mítico barrio coruñés cuxa guinda será ás 17h. un gran Aberto de Billarda na que as estrelas do hemisferio atlántico conquistarán o futuro e presente cos seus paláns de xeo de lume.




















Porque a auténtica rebelion nistes tempos de calma tensa consiste en ollar con firmeza o horizonte ate pulverizar o Varal ...Billarda Sempre, Adiante LNB mil invernos máis!!