O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

quarta-feira, março 30, 2016

CONMOCIÓN NA CONFERENCIA MAE POLA DECISIÓN DOS CRUZAD@S DE CONDEAR Ó BARBEITO O ESPECTACULAR MARCO DO CAMPO DE FUTBOL DE VIÁN!!















Recuncamos á maseira dos arquivos históricos do Varal para desfrutar de novo dunha das imaxes tomadas no espectacular marco no que o ano pasado se celebrou a primeira edición do Aberto da Bola de Liscos. Coordinado polos refenciais Cruzad@s o Aberto da Bola de Liscos consolidase xa coma un dos imprescindíbeis no almanake da conferencia mae , mais ista edición , por desgraza para moitos palanadores e palanadoras non vai celebrarse nise incomparábel e indíxena marco do campo de futbol de Vián.




















Ás silveiras , as ortigas e un irregular chan uníuse unha prediccion climatolóxica que anuncia frio e augas a regos polo que os Cruzad@s decidiron ista edicon 2016 deixar en barbeito o antigo campo de futbol auténtico e refuxirse iste sábado nas instalacions do Ceip da Pastoriza ben na pista exterior do recindo ou no pavillón donde fai uns anos a LNB ralizara unha poderosa intervencion de Semente Billardeira....Vián e Bola de Liscos Sempre , Adiante co Varal!!

sábado, março 19, 2016

DE POL A SALCEDO ....ISTA FIND. A BILLARDA TROCA DE HEMISFERIO!!




















Despois da laba expansiva do volcán en erupcion que foi o Billarda All Stars de Mosteiro ( Pol ) , o vieiro de lume e terra ardendo segue o seu curso invadindo iste sábado apartires 16 h.o Campo de Tiro da Armada de Salcedo nunha nova enganchada regular da Conf. RíasBaixas.




















Mais se queres seguir conectado ó enxamio de estrelas de Pol deixate caer polo facebook para mergullando no espectacular video-estalo resume dunha nova xornada épika...Billarda Sempre, Adiante co Varal!!

segunda-feira, março 14, 2016

A PERFOMANCE DO BILLARDA ALL STARS_2016 CONVERTE E PIRUCHA NO SALMAN RUSHDIE GALEGO E O SEU "Ministerio de Asuntos Literarios" NOS "Versos Satánicos"-galaikos!!



Trabucábase O´Rivas ...no 66 cando dende a emisora Kloe de Texas convocaron á queima pública de discos dos Beatles, trabucouse no 88 cando o Ayatolá Jomeini de Irán mandou eliminar a Salman Rushdie e queimar todos o exemplares de Versos Satánicos , e trabucouse hoxe 2016 cando no Billarda All Stars de Pol se fixo cinzas nunha brutal orxía de lume e sons xamaicano-cochikeiros a gran obra do palanador e artista multidisciplinar Luis Pirucha, Ministerio de Asuntos Literarios . Os libros quedido Rivas , ó igual que as bandeiras , as billardas os ministerios ...arden de puta nai. Acende a chama
















...únete á LNB e ao exército irregular da Contra-Cultura Galega!!

BILLARDA ALL STARS_2016... SOÑOS E VARADOS ESTOURANDO NA GAIOLA DE CRISTAL DE POL!!

















Espectacular caleidoscopio de sensacions a que resume ista imaxe de suadade final no cumio do Billarda All Star_2016 , o festival Nacidos a Paus , non pechou un día de ensoño senón que lanzou os barrenos da conta atrás cara o vindeiro Billarda All Stars-2017 que se celebrará no explosivo marco que supón o entorno da praia de Laxe.


















Nengun ceo sen estrelas e nengun All Stars sen mates , o gran Alvariño combina á perfección istas dúas directrices , no concurso de mates de Mosteiro , o embravecido palanador d@s Polka ao igual que o resto de particiantes,  ofreceu espectáculo e emocion a regos!!



















Antes dos mates , celebrouse como é norma, o esixente concurso de triplas-varados , unha proba que combina a perfeccón a precisión , a forza e a resistencia concensada en 2´minutos e medio de vertixe e sufrimento físico . E no transito gramático de ambas probas os palanadores exercitábanse no espectacular circuito do billarda-cross , unha proba que naceu niste All Stars , incendiando de furor a cada un dos crossers e que xa se está a desenrollar no noso subconsciente colectivo para profundizar e dotar a proba do senso protagonista e competitivo que merece.


















E presidindo o campamento de refuxiados no territorio ocupado de polos palanadores e palanadoras do All Stars  a gaiola de cristal de Pol donde estaba instalanda a exposicion " Fiestras da Liberdade" LNB, 10 anos de activiade e hiperenxebrismo e que posteriormente acolleu o celebracion do gran festival Nacidos e Paus e a actuacion dos Títeres Trecola




















Unha gaiola de cristal na que se exibiron sobre o bidón-atril de Fiestras da Liberdade os impresionantes trofeos argallados en madeira para os campións dista gran edicion do encontro das estrelas.



















Despois do xantar de irmandade voltaba a actividade ó terreo de xogo , xa co lusco e fusco amiazando naide se quería perder as eliminatorias finais do explosivo Aberto das Estrelas



















Unha final que colocou a dúas grandes estrelas de dúas das mellores franquicias da LNB, Billardeiros Musicais e Cadaval ,  fronte a fronte coma dous xinetes da apocalipse cabalgando entre a escuridade...


















Unha escuridade rota pola intesidade do brilo nos ollos coma os gatos raxados na noite, dos tres campións da distintas disciplinas en xogo niste gran estourido do Billarda All Stars_2016,  Collazo dende a Noroeste , campión de varados , dende Muimenta , coa billarda aínda fumeando a o cheiro a alcohol de combustion nas mans , Ismael de Outeiro recolleu o trofeo de campión de mates , ambos custodiarion no podiu a Daniel de Billardeiros Musicais que coma un rei mago , saíu dende Ribadeo perseguindo unha estrela que atrapou na noite pecha de Pol e que o acredita coma gran campion do Aberto das Estrelas do Billarda All Stars_2016-


















Os Títeres Trécola peiraron a noite do festival Nacidos a Paus cunha espectacular obra de temática billardeira que fixo tremer a gaiola de cristal de POL, os curmán de trapo e pau e Palanotrönic abriron lume nunha sesion festiva que continou cun pincheo aberto para todos o actores dun All Stars de Mosteiro que se preparaba para a trepidante apisonadora sonora que se aproximaba..



















Durante o Aberto de All Stars o palanador e artista multidisciplinar Luis Pirucha estivo competindo no campo de xogo e distribuindo exemplares da súa ultima obra literaria ,    , un materal que servíu para que uns activistas contraculturais da LNB realizaran durante a actuacion de Xenderal unha brutal e incendiara intervencion artististica de ensalzamento da obra literaria de Pirucha prendendo lume a un dos exemplares ante a clamor dun público embravecido . Pirucha entra pois no olimpo dos malditos ó caron de Salman Rusdie e dos seus Versos Satánicos.















Continuaron co estourido de sons os Bureleses-Meiregos Xiba e os Lucenses Untiles , dúas das bandas de maior proxeccion na Galiza que moi pronto os afortunados que estiveron en Pol vendoos poderán fardar se ter estado alí...


















Billarda All Stars-2016....A Chaira é unha sabana de xabaríns e porcoteixos electrificados!!

sexta-feira, março 11, 2016

TORNA O ESPECÁCULO ....AS ESTRELAS INVADEN POL NO BILLARDA ALL STARS_2016!!






















Iste sábado Únete en Pol ó Catavento de Neutróns e Estrelas sen domesticar do Billarda All Stars_2016...Billarda-Cross, Concurso de triplas , mates e varados , Dálle na Cara, Aberto das Estrelas , Marionetas Trécola , Exposición " Fiestras da Liberdade" e Foliada Ragga-Rock con Carlos Gende Prego , Xiba Rock e Untides 

segunda-feira, março 07, 2016

COTOBADE , MONDOÑEDO E LAXE...COITELADAS DE VIDA , VARADOS DE SAL!!



















As cousas do mar non se contan na terra , nen as cousas da billarda se contan na Galega ... ista espectacular imaxe do Aberto da mñitica noroeste na praia de Laxe resume á perfeccion a loita sen tregua da LNB fronte ao apartheid deportivo e social que se vive na Galiza...



















Sobre a area de laxe deslizaban as billarda os percebeir@s-billardeir@s da NorOeste mentras na conferencia mae , iste mesmo domingo os activistas da norleste tecían un enorme cesto soñeos e de espranza sobre as lastras da espectacular Alameda dos Remedios de Mondoñedo


















E indo por Cotobade abaixo oíase entre o bruar dos Rinocerontes, o asubío das Cachizas, na procura do varal da Conferencia RíasBaixas























O martelar dos paláns resoa na mañá de Laxe , reivindicando a gran torre da nosa infancia , porque no interior de cada varado está a médula espiñal da nosa esencia coma povo..



















Un povo , unha lingua e un máxico fungar do que xuntos se extrae o noso perfume máxico de vida .























Medrou o mar para abrazar ao Cochikeiro Berdillo coma GRAN campión Absoluto do Aberto de Laxe




















Medrou a terra para acoller no batuxo do Simbad a Pepe de Outeiro e ás espectaculares tartas de Mondoñedo doadas polo concello de MOndoñedo que acompañaron ós 3 primeiros clasificados niste mítico Aberto nas Terras de Miranda
















E abriuse o ceo para acoller á gran tribo Rinoceronte e da Conf. RíasBaixas con Xan Rodiño ao fronte coma campión Absoluto dun multitudionario aberto de Cotobade . Ogallá que os veciños diste aínda concello se deixaran de caralladas de plenos e merdas disas e dilucidaran o seu futuro administrativo nun aberto de billarda entre partidarios do si e do non á fusion con Cerdedo



















Unha fusión e fraternidade absoluta que unha vez máis se deixou ver ó final do Aberto da tarta de Mondoñedo cando ó igual que acontecera o día anterior no Aberto do San Rosento en Reinante , unha gran tribo de palanadoras e palandores decidiron rematar a xornada botandolle uns grolos , risos e conversas nun marco incomparábel como é a Taberna do Valeco de Mondoñedo ...parafraseando a Periquete , maquinista de Baiona , en 1960 , na illa de Sant Pierre et- Miquelon : Adelánte mis muchachos , si ganamos seis cervezas , pero si perdemos non, darlle duro da cabeza!!

sexta-feira, março 04, 2016

FUSION BILLARDEIRA EN COTOBADE, LAXE , REINANTE E MONDOÑEDO!!



















Nun intre de tension máxima na contorna veciñal de Cotobade e Cerdedo pola fusion municipal de ambas entidades , a LNB iste sábado 5 de marzo acode á chamada dos Rinocerontes para botar gasofa ó lume da fusion municipal no campo da festa de vilanova de Tenorio coa celebración dun novo Aberto Puntuábel na Conf. Rías Baixas






















E o domingo fale o mar na praia de Laxe , porque apartires das 11 h. sobre a area as billardas voltarán bruar acariñadas pola embravecida brisa atlantica da costa da morte.






















e cun previo de luxo , o Aberto do San Bartolo de San Miguel de Reinante, coordiando polo seleccionandor nacional Manolo Flores apartires das 16 h, na carpa da festa arrincará unha xornada que terá coma gran colofón o Aberto puntuábel da Norleste da tarta de Mondoñedo iste domingo 6 de marzo no espectacular marco da Alameda dos Remedios...Na Galiza coma en Pyongyang , billarda e fusion municipal e nuclear sempre!!

terça-feira, março 01, 2016

EDICIONS TAMBRE SOLICITA INFORMACIÓN Á LNB PARA INTRODUCIR A BILLARDA NUN DOS SEUS LIBROS DE TEXTO!!


















Nos Estados Unidos vemos que moitas veces alumnos entran nas aulas armados con pistolas , navallas ou fusís de asalto , ista circunstancia ten dende fai moitos anos ,  ten dividida á cidadanía americana e dende logo causa alarma e sorpresa en sociedades coma a europea . É por elo que istes días recibimos con agrado a comunicacion directa da edicións Tambre para introducir nos seus libros de texto unha fotografía coa ilustar un espazo adicado á billarda no temario do vindeiro ano .


















As palabras e as billardas son as armas coa que as crianzas galegas deben entrar e saír das aulas do país , pilares básicos para construír un futuro próspero e ceive alonxado das tebras do actual sistema educativo feito por imbéciles e escuros...Por un ensino billardeiro xa!!