O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

sexta-feira, janeiro 29, 2016

ISTE DOMINGO .... EU A MEIRA E TI A MAZAIRO!!















Iste domingo pon a camiseta do teu grupo indíxena preferido e tira para Meira e Mazaido desfrutar dos brutais espazos de insumision e libertade que son as pistas da LNB. Apartires das 15 h. se o tempo o permite o mítico Aberto do Lacón de meira desputarase no parque municiapl da vila chairega , se chove o espectáculos e a emoción transladare ao pavillón.













E se o domingo é un día atípico para a conferencia mae , na NorOeste é a norma que tamén se producirá iste 31 de xaneira co Aberto no Mazairo; 
ABERTO DE BILLARDA
7° XORNADA
Conferencia Noroeste
Tempada 2015/2016
Domingo 31 de xaneiro
11:00 h.
Pista polideportiva cuberta de Mazaido - Bens (A Coruña)

domingo, janeiro 24, 2016

COLLENDO IMPULSO CARA O DESAFÍO DO BILLARDA-CROSS DO ALL STARS DE MOSTEIRO COA CACHUCHA DE BUAL E OS CIMÓS DE OUTEIRO!!




















Nabo , Nabiza e Grelo....a trinidade do bon galego , o refraneiro galego reforza a intensa co verde que istes días previos xa ó antroido inunda os nosos pratos e noso mais profundo ser indíxena. Cimos da mesma terra pola que cantou o carro de Manuel Maria bañaron as marabillosas e aluneadas conversas que surxíon fronte á Cachucha de Bual gañada por Manu de Polka e que iste sábado aterrou no Taberna de Lola de Remourelle presidindo un espectacular cocido de irmandade de equipas indíxenas da Norleste

















A conexion cantábrica do Liriu#Billarda como non podía ser doutro xeito acompañou cada tallada da Cachucha de Bual que estiraba a orella durante a tira e puxa verbal entre palanadores galegos e asturanos que teimaban en saber se o idioma que outorgou cooficialidade no concello da Veiga era o galego ou fala galego-asturiana . Dende logo , uninamidade total na mesa que non importa como carallo se chame a lingua senón que o governo municipal lle outorgue o respaldo oficial para que tando agradecen os o as falantes do idioma de seu. Porque mentras na nosa terra as institucions galegas aldraxan o noso idioma noutros parámetros como acontece na Veiga asturiana se lle outorga ise valor que todos apreciamos e en rúas coma as do Bierzo penduran placas co nome de Calle Xogo dos Bolos para designar ise canellón mentras que na Galiza o xogo dos Bolos e da Billarda son brutalmente deturpados para borrar toda pegada das prazas e rúas do país enteiro.















Mais non temos medo, co seleccionador nacional Flores e os capitán da selección Alvariño dirixindo os nosos pasos a Billarda continua no seu imparábel proceso expansivo cuxa metáfora brutal acontecerá no explosivo Billarda All Stars de Mosteiro en Pol coordiando polos activistas de Polka na que por primeira vez se porá en marcha a alebrestrada proba do Billarda-Cross. arrincando os chantos e invadidndo as leiras!!

domingo, janeiro 17, 2016

IROQUOIS E A LNB , LACROSSE E A BILLARDA .....A MESMA TRIBO E A MESMA LOITA DENTRO E FÓRA DA PISTA!!!
















Un espectacular artigo no dixital 20minutos fixo espectar unha vez máis o sioux que cada palanador e palanadora levamos dentro , a cousa foi o descubrimento do deporte irmán do lacrosse , un xogo orixinario dos indios americanos que os primeiros colonos franceses viron xogar á tribos do noroeste do continente e no que pouco a pouco foron introducindose ate desembocar nos días de hoxe nun dos deportes máis espectaculares e con mais empurre entre as novas xeracións.En principio as tribos enfrontábanse entre elas chegando a xogaren cen contra cen , hoxe no campo de xogo enfrontanse 10 contra 10 un deles porteiro por cada equipo .













O lacrosse é unha espectacular mistura entre hockey-xeo , billarda e futbol gaélico no que dende fai uns cuantos anos se xogan mundiais dista disciplina dominada por EE.UU e Canadá mais na que de xeito oficial se recoñece con pleno dereito ó igual ca Inglaterra e ou Australia á tribo indíxena-americana dos IROQUOIS da que é orixinario iste explosivo deporte.















Para a LNB e o indixenismo galego o Lacrosse e a tribo Iroquois é unha absoluta referencia de poscionamento internacional presente e futuro , ista finde nos campos de xogo de Vilagarcía e de Cerceda o sioux que levamos dentro emerxeu en cada golpexo da madeira contra a medeira ....Iroquois Sempre , Adiante co Varal!!

domingo, janeiro 10, 2016

JORGE DA EKIPA CONFIRMA COA GALIÑA DE MOS A FORZA DA ALTERNATIVA INDÍXENA NO MULTITUDINARIO ABERTO DE CASTRO!!














Coma unha premonición maravillosa , un día de auga , tronos e vento furacanado foi o que acariñou o pelexo da gran serpe multicor da LNB-Norleste que iste sábado se dirixíu ó pavillón de Castro de Rei para a desputa do xa mítico Aberto da GALIÑA DE MOS , coordiando pola referencial franquicia chairega do Cadaval- E ó caron do pavillón unha contradicción maldita por unha banda o cuartel da garda civil , cagarrón de libertades , e en fronte o Bar Azumara , brutal espazo de encontro e vitalidade ceibe que acolleu a expresion máxima do concepto da billarda indíxena , un terceiro tempo que ó igual que o río que outorga o nome á taberna de castro anagou as nosas gorzas e corazóns e que se inmortalizou cunha imaxe na que Jorge , campión da Galiña de Mos-16 , apadriñaba aos outros campións indíxenas dista elebrestrada tempada


















O troco de espazo de Ribas de Lea a ceo Aberto no antigo campo e futbol ao pavillón de Castro de rei motivado por unha climatoloxía non deslucíu un ápice o espectáculo , mais aló , incluso o incrementou xa que iste aberto da galiña de mos foi o de maior nómina de inscritos nista gran tempada na Norleste


















Un novo espazo o de Castro de Rei , no que as billarda bruaban por primeira vez e donde os todo podeorosos Billardeiro Musicais e os locais Cadaval mascaban o desastre.



















Un desastre que se confirmou a medio aberto cando Flores converteu un espectacular varado , cando o super-estrela da Polka Alvariño perdeu os nervios na quenda de desempate polo segundo posto...


















e sobre todo cando Jorge da EkipA se confirmaba coma o campión absoluto diste mítico Aberto coa espectacular galiña de mos entre os brazos.


















Ao final do aberto e como xeito natural de escorrentar a tormenta unha larada de palanadores e palanadoras se refuxiaron no Bar Azumara , nome do río que pasa por castro de Rei nises intres desbordado ao igual que os nosos corazons anagados  pola ledicia inmersa dun gran Aberto e dun campión da marxe indíxena - para ilustrar iste intre de máxia e compromiso coa billarda , recurrimos á verbas do gran Komante Collazo que estiva alí ao caron da tribo da norleste admirando o bruar das anchoas voadoras : Amamos a Galiza,practicamos o deporte que máis nos gusta,o que nos representa como pobo diferenciado,divertímosnos,coñecemos xente e recunchos da nosa nación,que se non fose pola billarda,seguramente que nunca chegaríamos a ver



















E non podía rematar unha xornada histórica para a decana das franquicias da LNB , A EkipA-Bítere , sen ofrecer o trofeo en forma de espectacular exemplar de Galiña de Mos á súa afección  no Bar Ultimo Cuple de San Miguel de Reinande donde a EkipA ten o seu local anti-social . un triunfo que a EkipA quere adicar a Xosiño , Tonho Randeeira , Mely , Luis, Mondoñedo , Manuel , Raúl e Michael , palanadores que non puideron estar en Castro pola "tempestades" que azouta o noso país e aos míticos Servando , Carmiña e Calvete....EkipA Sempre Adiante co Varal!!

quinta-feira, janeiro 07, 2016

A GALIÑA DE MOS RACHA O OVO EN CASTRO RIBEIRAS DE LEA NO PRIMEIRO ABERTO DO ANO NA CONF. MAE!!



















foron os activistas da Conf. RíasBaixas os que asaltaron cos seus paláns e billardas as datas de natal e son agora os seus tocaios do hemisferio norte os que irrompen coa forza dun pito de mos rachando o ovo para ver a luz do día ,  no xa mítico antigo campo de futbol de Castro Ribeiras de Lea . A cita iste sábado 9 de xaneiro apartires das 15 h...Billarda , Galiñas de Mos e Fauna Autóctona Sempre!!

terça-feira, janeiro 05, 2016

JOSE LUIS GOMEZ , ADRAXA A TODOS OS PALANADORES E PALANADORAS DA GALIZA DENDE A SÚA POLTORNA NA CADEA PUBLICA GALEGA!!














....imaxinádevos que na transición Adolfo Suarez en vez de legalizar o partido comunista , de facer os pactos da moncloa con Fuentes Quintana se quedara xogando á estornela - ista impresentábel afirmacion foi cuspida polo parásito da radio e television publica galega chamado José Luis Gómez durante o progama de suposto anáilse político e social da Galega chamado Area Pública ( minuto 32´55) - Dende a Liga Nacional de Billarda esiximos unha rectificacion inmadiata distas verbas nas que aldraxa e insulta gravemente a todos os palanadores e palanadoras da galiza e do mundo enteiro , non podemos nen queremos deixar pasar por alto un desprezo máis , cando nista frase se califica á practica da estornela coma unha activadade vacua e insulsa para a transformacion social , propia de xente desleigada e atrofiada, o señor Gómez amosa unha vez máis o seu apoltroamento supino .Entérate mamarracho ,  ogallá Suárez, Aznar , Hitler , Felipe González , Fraga , Feijoó ....e toda a restra de psicópatas que gobernaron e gobernan iste puto universo estiveran xogando á billarda no canto de estrargarnos o noso presente e o noso futuro!!

















Non se decata iste dinoraurio enferruxado do xornalismo galego que os hoxe xogamos á billarda quizabes sexamos non tardando moito , os que teñamos que desfader o deseguisaso da penosa trancición española trocando o café para todos polos paus e leña para todos .....contra a impunidade dunha banda sonora establecida , billarda sempre!!