O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

sexta-feira, julho 24, 2015

EN COMPOSTELA E VILADEPAUS....BILLARDA , PATRIA E UNIDADE ANTI-SOCIAL!!
























Na procura sempre da unidadel anti-social a LNB afronta un novo día da Patria invadindo o campo de hockei herba do campus Sur Compostelá , foras ou non á mani conxunta , sabes que os paus e a Coroza agardan po ti..


























A cita apartires das 18 h, como acontece sempre niste Aberto haberá que extremar precaucions porque como é norma no Día da Patria os activistas LNB soen vir cargados de emocions e valeiros de prexuizos...














E se quedache con gañas de paus e xouba á esgalla e a resaca cho permite , ó día seguinte do día da Patria nas terras do Bierzo celebrarase o IV Aberto de Viladepaus , non pode haber mellor sitio para rematar un find. da Patria que niste avispeiro de luxuria e billarda chamado Viladepaus....

sexta-feira, julho 17, 2015

A AUGA DA BILLA CONTAMINA A "MAREA DE FERROL" E ABRE OS CAMIÑOS EN SAN XENXO E MARÍN!!


















Contradiccions macabras coma a que Hitler era vexetariano cantaban os Nación Reixa no seu mítico tema Anesteria xunto ao vocalista do grupo euskaldum do mesmo nome ca o título da cancion que ista find. estarán Viveiro formando parte do espectacular cartel do ResurrectionFest no marco da súa xira de regreso aos  escearios...e contradiccion macabra tamén que un dos alcaldes das chamadas "Mareas" se atope coa auga como primeiro gran problema da súa recén iniciada andaina . Os irmáns da Conferencia Bezouqueira tamén chamada Conferencia Billa , teñen que ter moito coidado coa auga precisamente da billa porque Ferrol e os concellos limítrofes están en alerta vermella por mor dunha contaminacion da auga da traída...



















Auga da cisterna tamén é da traida cantaban os Resentidos nises lonxanos tempos nos que Reixa era un ser respetábel , unha figura que se difunou coma a auga entre as dedas despois de editar " Látego de Algas " , un dilema , o da auga na billarda que se resolve sen maior problema dende o inicio dos tempos nas pistas da LNB desterrando ise líquido insípido e incoloro do consumo humán e animal substituíndoo pola cervexa , viño , vermut ou calquer outro combinado que acenda o sioux que levamos dentro. Non hai mellor mostra do desterro da auga para o perfecto funcionamento da serper multicor da LNB ca o de recordar que a irrupción da LNB en terras do Salnés , donde iste sábado se celebra un novo Aberto da xeira de verán , foi motivado pola necesidade dos palanadores e palanadoras do norte de descubrir as esencias agochadas nises paraisos do branco e do tinto chamados furanchos. A cita a partires das 18 h. no campo de futbol do Cruceiro en Dorron " San Xenxo " .




















e para culminar a gran Marea Billardeira dista find. nada mellor ca sumerxirse no parque Eguren de Marin donde os referenciais activistas de Gharaboto organizan un novo Aberto con motivo das festas do Carmo , a festa dos mariñeiros , que como é sabido , pasan a vida na auga pero coma o ser palanador fuxen dela canto poden ...Billarda a Chuzos Sempre , Adiante co Varal!!

sexta-feira, julho 10, 2015

TI A OPORTO E A LNB A VALPAÇOS!! ( COLLE O BACALHAU NO ABERTO DO FESTIVAL DA CHAIRA E NO DAS FESTAS DE VILALONGA )














Regos de tinta , de voz e imaxes se verquen nos medios falando da marcha de Casillas ó clube luso do Oporto mais a caverna nada fala do brutal puñetazo no Planeta Bacalhau que vai dar a LNB coa celebracion do primeiro Aberto de Bilharda en Portugal . prevenidos pois porque froito dunha maxistal xestion dos activistas da Conferencia RíasBaixas o vindeiro sçabado 8 de Agosto no Estadio da Cruz desputarase o de seguro histórico I Aberto de Bilharda Cidade de Valpaços ..

























E nada mellor ca cologar as follas de bacalhau no palán para polas a desalar  iste sábado no espectacular río do mitico Aberto do Festival da Chaira en Baltar























ou o domingo sacalas ó sol nas festas de Vilalonga no Aberto de Billarda que vai esnaquizar a tarde dende as 17 h. na praza pública da vila pontevedresa ...Bacalhau e Bilharda Sempre, Adiante co Varal!!

sexta-feira, julho 03, 2015

MOSCOSO ABERTO DE VERÁN...NON SON BOIS, SON RINOCERONTES!!






















Iste sábado para combater a canícula no hemisferio Sul Billadeiro nada mellor ca mutarte en Roneceronte , colle o palán e pon a billarda a xeito de corno e sumerxete no campo de futbol da Lameira porque apartires das 19 h cando os raios de sol amainen arrincará iste explosivo Aberto de Verán en Moscoco.




















e como o sofoco non só se vai paliar transpirando na pista de xogo os Rinocerontes, coordiandores diste Torneo de Verán , teñén preparado uns espectaculares brevaxes made in Moscoco para paliar a sede dos asaltantes do podium e de todos @s participantes...lástima de bois, Billarda e Rinocerontes Sempre!!