O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

sexta-feira, junho 27, 2014

PIARNU , ORDES , O BIERZO E MARÍN .... CATRO PARTES DUN MESMO TODO!!


















Aterrador é a primeira verba que suxire a espectacular cracion artística do Komandante Hevia para anunciar ó mundo a gran nova edicion do xa mítico Abierto Pitu Caleya de Piarnu , todo un clásico no calendario de verán do universo Liriu que unha vez máis contará coa presenza dun comando LNB con pel de ovella pero subconciente de raposo que tentará cruzar a Ponte dos Santos co Pitu Caleya de volta debaixo do brazo. A cita iste sábado apartires das 12 h. no espectacular marco do campo de futbol de Piarnu ( Castrillón ) - Asturies.

















E simultnáneo á loita polo Pitu Caleya na estacion vella da Pontraga en Ordes as billardas da LNB darán o pistoletazo de saida a unha xornada de festa e loita pola República Galega. A hora como marca o cartaz serán tamén as 12 h. do mediodía unha opcion perfecta para abrir as gorxas cara o explosiva Sesion Vermú que comezará nada máis rematar o Aberto a cárrego do Comboio Republicán.



















E no noso explosivo collage de estalos billardeiros dista gran fin de semana Kamikaze estoura no hemisferio Bierzo uha nova accion que iste domingo vai incendiar a festa dos concellos de León. Será apartires das 17 h. na área deportiva de Columbrianos donde as billardas do Bierzo continarán portando o facho de lume que un día se acendou no campo de futbol de Viladepaus















Lume , paus ese tes sorte algunha sardiña vai ser o que á mesma hora se reparta tamén na Cañota no marco das festas de San Xoan. Coordinado polo referenciais Gharabotos o doimngo pola tarde arrincará a segunda edicion do Aberto Lipi-Lape , Marin e toda a Conf. Sur e Rías Baixas quentan xa os paláns para atizarlle ó lume e de paso roubar uns carros e carretillas...Non imos parar ate xogar en todas partes!!

quarta-feira, junho 25, 2014

O BIERZO , MARÍN , A PONTRAGA , PIARNU .... BILLARDA INDÍXENA E KAMIKAZE SEMPRE!!

















Iste sábado 28 os varados republicáns con epicentro na estacion vella da Pontraga na xa mítica festa a prol da República Galega que organizan os irmáns de Luzerna , Loucelhas e A revoltaina cultural de Laracha cun explosivo Aberto de Billarda ás 12 h para abrir o estómago antes do xantar , terán a súa contracapa expansiva no Bierzo o domingo 29 no Aberto de Billarda no marco da 1º festa dos concellos de León , en Piarnu Asturies o sábado coa desputa do mítico Abiertu Pitu Caleya e iste sábado en Marín as billardas tamén bruarán ó carón das sardiñas na nova edicion do Aberto Lipi-Lape do San Xoan na Cañota...
















Unha find. perfecta para reinvindicar a todos ises  kamikazes da billarda que sen rede se lanzan ó abismo infindos dista revolucion salvaxe, no Bierzo TíoMigui que recolleu o palán e as billarda que a LNB deixou en Viladepaus ó carón da casa do gran cazador de imaxes Jose Luis Sobredo , en Asturies  Hevia , o gran referente do PiarnuArt que coa xestacion do brutal cartaz da nova edicon do Abiertu do Pitu Caleya xa o di absolutamente todo , e de Piarnu a Cerceda donde a loucura , o dancehall e o beatbox acadan unha nova dimension con Gende cabaldando nos loops xamaicanos mentras coordiana o imprescindíbel e agora máis necesario ca nunca Aberto da República Galega no que o gran Collazo , o lehendakari ds Laratxa defende o título acadado o ano pasado, e en Marin a semente plantada polos referenciais Almuinha xermola nise temido Komando de YayoPalanadores e gaiteir@s que operan en todo o páis baixo licenza Gharabota...Billarda Indíxena e Kamikaze Sempre!!

sexta-feira, junho 20, 2014

DE CORCUBION Ó SANTO ESTEVO DO ERMO...O TRANSITO PERFECTO CONTRA AS BERRUGAS E A REPUNANCIA!!

.Á pregunta de qué facerán os francotiradores que estiveron custodiando a coroacion do novo rei do estado o resto do ano , a resposta é ben sinxela , apuntar as súas armas de precision contra os activista alegres e cvombativos da LNB que coma Alex García en Corcubión dan unha leccion maxistral a todo o resto da sepre multicor da LNB e sen agardar por naide nen por nada dá un novo chimpo ó fronte non só para artellar unhas explosivas aulas de veran billardeiras na costa da morte con el coma monitor senon que se autoxestiona unha espectacular tirada de camisolas cujnha foto no que o palán e billarsa estouran no peito coma antaño coa forza dunha nécora de antaño , unha mágoa e un toque de atencion ás supostas marcas de camisolas con sotaque galego unha tras outra  aldraxan á civilizacion LNB non reflictindo o conflicto billardeiro en nengún dos seus deseños.  



E donde se deseña temén un perigoso entramado indíxena-billardeiro é na nova edición do festival histórico Augas Santas do San Estevo do Ermo de Barreiros donde apartires das 16 h. se realizará un incendiario e imprevisíbel Abertinho de Bilharda coordinado por Tonho Randeeira que pode conducirte a desfrutar cos pes por diante dos concertazos da noitiña .iste sábado colle o palán e vai quentando a boneca para o vindeiro find porque.queda moito por sachar!!

segunda-feira, junho 16, 2014

#AÑO2014 , SÁE DO RABAÑO....APAGA O MUNDIAL E PARROQUIALÍZATE!!

















Unha noite máxica a vivida por varios activistas da seleccion parroquial de Alto-Minho no Pub Gatos de Melide , ate aló foron o sábado para turrar face a facer co elétriko nun episodio máis do retorno dos Rastreros ó escearios. Sen durmir e sen sede ...así chegou Alto-Minho a polo año2014!!

















Un chisco mais centrados e descansados apresentábanse os palandores e palanadoras Ribadenses dos Billardeiros Musicias, a priori eran a equipa a bater ....e xaora que si!!

















E tentando reporse dun fatal remate de tempada os de Remourelle achegábanse a polo Año dipostos a dar a sorpresa e para elo contaban cun par de reforzos cos que contaban desestabilizar a romana , por unha banda Maria a mítica activista asturiana dos Bulls voltaba a defender as cores e sabores de Bulls e facíao xunto ó Palador e Beisboleiro Domincano Pablo cedido pola súa franquicia irmán da EkipA Bítere.

















E coa boneca e as gorxas quentes despois da gran actuacion en Vilaselán os activistas de Compromiso-Carnelao voltaba a por todas nista nova edición da interparroquial . De novo Michael Matos o palanador e Vitillista dominicano collia o palán para tentar axudar a CC facerse co mítico Año2014.



















Arrincaba o #año2014 baixo unha espesa nevoa que acariñaba o campo de futbol do Iberia en San Miguel , o cedo do arrinque do torneo fixo que alguns activistas lle frouxeaban as pernas xa que almorzaran tan só o mítico leite bebido...

















Non era o caso dos palanadores de Alto-Minho que pese ó espeso do seu inicio con palanadores gatexando tipo Casillas no terreo de xogo pouco a pouco segundo avanzaba o torneo foron facendose donos da pista coma os Ulan Bator Trío cos seus vinilos cor merda se fixeron donos da nosa Mongolia interior...

















Cun trato sutil Pablo , o reforzo dominicano dos Remourelle, tentaba apoiar a galopada dos Bulls no espectacular campo de xogo do Iberia , unha Iberia que pese ó empeño das equipas en lota se vía cada vez máis sumerxida baixo a tutela dos poderosos Billardeiros Musicais de Ribadeo.


















E como xa se foi anuncioando nas redes anti-sociais da LNB Paco de Mafia Galega, chegado directamente dende Xenebra,  aproveitando a súa estancia no país coleu tamén o palán para sustituir a Maria nos Bulls un luxazo do que desfrutaron tamén os de Remourelle ó igual que a participacion da mítica Carmiña sustituindo despois a Paco.


















E despois dun super-intenso día de Billarda e Loita a culler de pau do #Año2014 caeu nas mans dos Remourelle que colleron o trofeo dun dos representantes dos anterirores posuidores Bretonha que ista vez participaba inmerso en Alto-Minho , unha equipa que pese a comezar renqueante rematou facéndose coa segunda praza pasando por riba dos Compromiso-Carnelao que de novo o seu turmalet particular foi o espectacular xantar de irmandade no ultimo cuple .

















E unha vez mais os pronóstico no #año2014 non fallaron , eran a equipa a beter pero unha vez máis deixaron a todo o resto de selección parroquiais abatidas e case sen respiracion no terreo de xogo . Un luxazo competir con istes xenios da billarda... Noraboa Billardeiros Musicais.e adiante co Año Mouro da LNB!!

sexta-feira, junho 13, 2014

MUNDIAL NON , CEREIXAS EN VILASELAN , FOLK IN RÍO DE TOURO E AÑO MOURO DO INTER-PARROQUIAL SIIII!!


















Arden as rúas do Brazil e os carreiros de lama na Galiza contra a inxuria e o despilfarro que supón unha nova farsa desportiva chamada mundial de fútebol. Mais nista nosa República Indíxena temos dúas boas vacinas contra ise cancro , por unha banda a posta en marcha da primeira edicion da Copa Galizia de Futbol Gaélico e por outra a nova edicon do xa mítico torneo por equipas da LNB coñecido popularmente coma o Año Mouro do Interparroquial, punta de lanza dunha nova find. a lume da carozo que de seguro eclipsará á mafia da FIFA. as equipas de Muimenta All Stars , Ribadeo, Remourelle e Compormiso-Carnelao dende as 11:30 invadirán o campo de adestramentro do Iberia en Barreiros para loitar polo prezado Año Mouro e liscar coma un gato raxado da augas fervendo do temida Culler da Pau da LNB.
























E simultaneamente ó torneo do Año en Barreiros , nas poderosas terras da área estornela no explosivo marco do Folk In Río de Touro celebrarase unha nova edicion do Aberto de Billarda co luxado dunha apertura protagonizado polas Treboadas de Muimenta.

















E coma gran aperitivo de todo iste asedio billardeiro na parroquia Ribadense de Vilaselán celebraráse iste venres no lusco e fusco unha nova edicion do Aberto de Billarda no marco das festas parroquiais do San Antomio. A quen non lle prestan unhas cereixas para ter unhas caguñas na boca coas que escupirlle á television cando salten ó campo os señoritos da roja??

quarta-feira, junho 04, 2014

A LNB CONTINUA UNHA EDICIÓN MÁIS CO GRAN LEGADO DO AÑO MOURO NO INTERPARROQUIAL_2014!!














E xa van unhas cuantas nas que a LNB unha vez máis sáe do rabaño para reivindicar a legalidade da estructura parroquial do noso país fronte ó xugo monarquico que de novo vai esnaquizar por mor da dictadura bi-partidismo as nosas ansian de iinstaurar por fin a tan desexada e tantas veces cantada República Billarda. A cita será pois iste vindeiro domingo 15 de Xuño no campo de futbol do Iberia ( Barreiros ) , mentras o año mouro ultima a súa preparacion nun cortello nun lugar segredo as indomábeis equipas parroquiais xa están movendo ficha mentras turrar unhas contra outras na referencial e máis antiga competicion por franqucias da LNB ...Sáe do Rabaño e únete ó gran legado do año mouro da LNB!! 

domingo, junho 01, 2014

ABRE OS OLLOS E TELE-TRANSPORTATE A #CONXO2014!!



Dío un palanador no seu espazo facebook " iste video é amor , e tamén país..."



Cando o boikote mediático se intensifica ate límites insospeitados , a suprevivencia se torna no xeito natural de afrontar os grandes retos coma a xestión dunha nova edicon do Play Off Naacional da LNB , ponte cómodo , apaga as luces ,  sírteve un copo de licor kafé con xeo e dálle ó play e dixate atrapar pola máxia dunha coroza e dunha tribo que desafia os chantos para escribir e escenificar a súa propia história...billarda sempre en campo e país liberado!!