O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

terça-feira, julho 30, 2013

ISTE VERÁN EN CADA PARROQUIA.....FESTA INDIXENISTA OU BARBÁRIE!!















O que comezou sendo unha brincadeira fai un tempo comeza a pouco a povo tomar forma no subconsciente colectivo de multitude de palanadoras , palanadores e xente afín á nosa revolucion que xa está farta de celebrar festas vacías de contido ou que artificialmente son celebracions absurdas e cun noxento tinte comercial e de época . Diversos colectivos pola soberanía deportiva ,alimentar , cultural e social impulsados polos últimos acontecementos  de acotamento do esparcimento á xunventude alegre e combativa surxe a idea da celebracion da posibel gran Festa do Indixenismo Galego .














Por desgraza as comisions de festas do país permanecen xordas ó laio indixenista dos veciñ@s esixindo a brutal combinacion de sesions vermuts e verbeas animadas con música de grupos, orquestras coma Alcazar e dj indixenistas xunto coa Billarda e futbol gaélico coma actividades deportivas xunto cun cátering e instalación de Cantinas coordinado polos referenciais Carnelao ...dende logo a pataca quente está no teito dos centos de comision de festas das parroquias e vilas do país ... cando che veñan pedir á casa esixe Festa Indixenista ou senón bótaos a patadas e a palanazos na cabeza!!

sexta-feira, julho 26, 2013

BILLARDA SEMPRE..TOD@S SOMOS OS VECIÑ@S DE ANGROIS!!



















O parque de Belvís é o sitio donde o Aberto do día da Patria ten o seu espazo natural , alí naceu  e alí tiña o sitio marcado para iste tráxico día da Patria celebrar a súa multitudiaria e agardadísma edición 2013 , en solidaridade coas vítimas do traxico suceso a LNB acudíu puntual á cita para combarter en solidaridade e irmandade cos palanadores e palanadoras que alí argardaban para erguer o facho de espranza billardeira.






















Non foi só no Parque de Belvís donde se realizaron Varados solidarios cos afectados pola traxedia , foron moitos os puntos no país donde as billardas iste tráxico día da Patria saíron tamén ó ar para combater a inmesa dor dun pobo enloitado.



















O concello de Compostela xa denegara o permiso para xogar na pista de herba sintética mais a LNB xa tiña o plan "B" estructurado para desenrolar o Aberto Zoqueiro nun espazo ceibe na explanada.




















Así foi , varados pola dignidade dun pobo enteiro foi a máxima dunha nova edición do Aberto Zoqueiro do día da Matria en Compostela.
















Dende as terras de Bergondo chegou Lois , o que á postre sería o campión diste Aberto do día da Patria , un palanador ó igual que tod@s os que colleron o palán iste tan tráxico día para a Galiza coma xesto referencial á brutal actitude de resposta ante a desolación dos veciños de Angrois...Billlarda Sempre, tod@s somos veciñ@s de Angrois!! 

quinta-feira, julho 25, 2013

A LNB HOMENAXÉA ÁS VÍTIMAS DO COMBOIO CUNHA ACCIÓN NO OBRADOIRO COORDINADA POR UN PALANADOR E USUARIO DA LIÑA!!






















Co pranto e o loito por dentro @s activistas da LNB non recuaron e en homenaxe
ás ate o de agora 79 vítimas do comboio Madrid-Ferrol descarrilado botáronse ás rúas de Compostela, iste tráxico día da Patria quedará grabado a ferro quente nos subconsciente colectivo dos habitantes da capital galega en agradecemento ós palanadores e palanadoras xa que a LNB e Carnelao foron os dous únicos colectivos sociais que non só mantiveron a concetracion da mañá e o Aberto de billarda en Belvís no serán senón que en homenaxe ós desaparecidos e as súas familias as billarda invadiron a praza do Obradoiro pondo guinda a uns actos cargados cunha simboloxía brutal xa que foron coordinados polo palanador aborixe de San Xoan de Río (Ourense) usuario tódolos domingo da liña estrelada .




















Os activistas LNB sentiron a flor de pel o calor e o agrecedemento do pobo Compostelán e dos centos de visitantes desanxelados que paseaban coa ollada perdida polas rúa de pedra e que viron nos paláns e billardas que lles ofrecían os militantes billardeiros unha luz de espranza á que aferrarse ente o deslaio .



















As lastras do Obradoiro foron testigos da dor da LNB ante o terríbel suceso e nelas quedaron as pegadas para nun futuro próximo afrontar unha acción na sen dúbida máis emblemática das prazas de Compostela



















Unha opción , a de utilizar o Obradoiro, á que o propio concello da capital galega nos obriga ante a incomprensíbel negativa á utilizacion do campo siténtico de Belvís que obrigou ós membros da LNB a improvisar un espazo na explanada de herba para entes de subir ó Obradoiro desputar o Aberto Zoqueiro do día da Patria



















Foron moitos os nenos e nenas que de súpeto se atoparon, sen pensalo , co deporte nacional galego, unha sorte para eles e grazas á LNB que nun día da Patria con tan dramáticos tintes poder atopar unha luz de espranza.



















Tratábase de tentar meter a billarda na porta da Catedral , unha metáfora que sintetiza o grao de enteireza co que a sepre multicor da LNB afronta iste grande pesar ante a traxedia. Jose Antonio de Burgos foi quen máis preto deixou a billarda da Porta polo que recibíu a bendicion en forma de aperta de Xosé Miguel , o palanador e usuario da liña estrelada que maxistralmente representou niste día a todos os palador@s e pasaxeiros...Billarda Sempre, Traxedias Nunca Máis!!

quarta-feira, julho 24, 2013

BILLARDA SEMPRE!!


































Doa sangue e xoga á billarda ....o Aberto Zoqueiro do día da Patria non se suspende , transfórmase , en Belvís e coma no resto do País realiza o teu Varado en solidaridade coas vítimas - Pola verdade contra a manipulación para que se aclare urxentemente todo o acontecido ..Billarda Sempre!! 

A CONFERENCIA ANDALUZA , A GENTALHA DO PICHEL E A LNB ...RACHAN A BARALHA!!


















Na edicion do 72 o mítico trofeo Carranza de Cádiz realizou un espectacular cartaz titulado Poker de Ases con cadansúa carta representada por unha das estrelas das equipas participantes .Mais o Carranza dende ista edicion 2013 nunca será xa o mesmo xa que a irrupcón da Conferencia Andaluza da LNB en escea fai que a história tome un rumbo diferente , fai uns días anunciaron xa no seu  web-blog e no seu recén estreado espazo Facebook que Cádiz tería o seu Trofeo Carranza de Billarda , un marrazo riba da mesa dos irmáns da nacion andaluza á imperialismo futbolístico que senta as bases para que a LNB na Galiza encare seriamente trofeos coma o Teresa Herrera que ate o de agora ollaron con desprezo cara ó deporte da billarda.



















A Conferencia Anadalucía é referente absoluto pois para ise troco de rumbo que supón rachar a baralla , unha baralha cuxos parámetrso trocarán tamén dende iste día da Patria xa que é o día elexido polos irmáns da Gantalha do Piche para a apresentaren o seu incendiario BARALHO SUEVO que torcará para sempre as nosas sobre mesas ,  atención porque iste mesmo 25 de xullo apartires das 18 h . realizarase o I Torneo de Tute Suevo e xa se están facenso señas ós responsábeis da Gentalha para tentar que un Baralho sexa o espectacular premio que acompañe á zoca da LNB no Aberto do día da Patria que se celebrará apartires das 17 h. na zoa sitiada de Belvis - Varados pola Baralho...#faitedaLNB Billarda , Patria, Tute e Loita!!

terça-feira, julho 23, 2013

OS IMPREDECÍBEIS "KOMANDOS CARNELAO DA LNB" LISTOS PARA ACTUAR NOS ACTOS DO DÍA DA PATRIA EN COMPOSTELA!!

















Impresionante acción do famento e indomábel Komando-Carnealo da LNB no festival Revenidas que dun xeito absolutamente salvaxe e arrebatador decidiron facer visíbel os dous grandes conflictos que sustentan a nosa identidade nacional : a loita sen mantel pola soberanía desportiva e alimentar!! . Nun xesto que non deixa lugar a dúbidas o Komando-Carnelao depois de despachar as sardiñas no xantar popular do referencial festival de Vilagarcía utilizou o propio matel lixado con aceite para fotografarse nun improvisado Fotokol que racha coma o realizado no Anho da LNB , con todo tipo de directrices estigmatizadas ou prefabricadas...


















Unhas sardiñas no corpo que impulsadas pola carraxe o e o bravo viño do país fixeron voar os corpos e con el a espectacular bandeira da LNB ó esceario principal do Revenidas durante a implacábel actuacion dos referenciais Zenzär que tiveron en primeira fila ós siareir@s LNB desfrutando do seu directo e tan só unha horas máis tarde tiveron no festival da Chaira na Pastoriza foron recibidos polos activistas da LNB desputando o Aberto do Xabarín no que curuisamente venceu o anti-escritor Luis Pirucha que a istas horas busca un refuxo para o animal a salvo das tixolas e coitelos dos comandos carnelaos.




















Iste día Patria de novo a Alameda de Compostela será un fervedoiro coa instalacion dende as 11:30 h .do explosivo SetLNB donde se realizará unha sesión de lanzamento de varados á diana mentras para apresentar o Aberto Zoqueiro do día da Patria que se desputará no parque de Belvís ás 17 h....para que se respecte GZ coma pobo , iste xoves colle a túa bandeira e o teu palán para encher Compostela de estrelas , costelas e billardas , #faitedaLNB!!

domingo, julho 21, 2013

#faitedaLNB PORQUE É BO SABER QUE EXISTEN OUTROS PLANETAS!!

















A terra quere billarda e a serpe multicor da LNB abraza o palán para botarse ás rúas e corredoiras do país na procura dos fament@s activistas sementando o asfalto , cemento, pedra ou prado . O #faitedaLNB é o berro que o inunda todo e que resoa en cada golpexo dos Abertos de verán desafiando a música dos coches electricos , cabaliños e tómbolas...
















O latexo salvaxe das billardas ó carón do cantábrico foi o exemplo perfecto da gran xornada vivida no peirao de Foz , os chicharros lanhados e o deporte nacional voltaban abrazarse e facíano no contexto da festa da Patria que abarrotoru os servidores e a pista de xogo , a LNB puxo en practica un áxil e dinámico sistema de xogo por grupos que desembocou nunha gran final. Entender que a billarda se ten que mimetizar co medio no que se realiza a accion foi a base do impresionante éxito , palanadores e palanadoras de media europa tiveron o seu bautismo de sangue coa billarda e levaron unha das tarxetas LNB para que poidan seguir polas vías dixitais a actualidade e entrares en contacto cando o vexan oportuno . O exemplo maís claro da dimensión  disto foi a implicación de Antonio , palandor aborixe de Vilalba que acadou o segundo posto no pódium chicharreiro que viven en Santurzi , EiskalHerria, en cuxo centro social da comunidade galega vai quedar exposta a espectacular pedra-trofeo entregada por Tonho Randeeria en representacion da LNB . E o triunfo niste gran Aberto e con el a tan desexada caixa de Cicharros lanhados foi para Nacho de ExTension Billarda que recibíu o gran manxar e a pedra-trofeo de mans de David en representacion dos organizadores da festa da Patria. Coma  peixe na auga turba así se desenvolveu en Foz e se desfixo Nacho dos seus rivais nunha final a dúas carreiras que resolveu pola vía do cloroformeo deixando tirados no asfato ós seus rivais con sendos directos ó fígado en forma de consecutivos Varados


















Arderon os corpos e os paláns ó carón da praia de Baltar na Pastoriza donde se celebrou unha nova edición do Aberto do Xabarín, unha loita que sitou fronte a fronte a grandes estrelas do nos deporte nacional ó caron doutros debutantes niste noso grande círculo clandestino. Arrincouse coma sempre , bastante  máis tarde da hora prevista pola organización , iso unido a unha gran participacion motivou que o Torneo rematara ben metidos na noitiña .... unha luz do lusco e fusco perfecta para coroar co gran premio Carnelao do Xabarín ó artista multidiciplinar e palanador dos Gharabotos Luis Pirucha. 
















Unha presencia a do escritor experimental autor de obras coma " A menina com nome de cadela " que estivo moi presente tamén no terceiro tempo do Aberto de Foz xa que foi o contexto elexido para a presentaciós de dúas das súas incendiarias obras que están deixando en evidencia isa escombreira chamada sistema editorial galego. Unha escombreira que extende o seu fedor de podredume tamén á escena musical xa que istes dias coa presentacion do cartaz do festival Arreocabo de Vivieiro podemos ver coma unha institución con capital nacionalista apoia a demencial política trilingüe da Xunta apresentando un cartaz con grupos que cantan en español. inglés e galego...coma sempre os arxina-falantes quedan excluiudos , menos mal que a LNB aproveita as viaxes para cos paláns e os libros de Pirucha abrir camiño no medio diste grande aramio de espiños estructural...  

















Simultaneo ós Aberto no hemisferio Norte desenrolouse a multitudinario Aberto das festas do Carme en Marin donde a semente Lipi-Lape nos cenrtros de ensino da zoa deixase sentir coa gran presencia de palanadores e palanadoras de primeiro dente.

















O parque eguren amosaba un espectacular aspecto que demostra ás claras e pegada da LNB en Marín que serve para coller impulso cara o gran desafío que ten ante si a referencial Conf. Sur. pese a estar en loita unhas das grandes estrelas do deporte da billarda e dos bolos celtas no páis , Gines, o actual campión nacional de Varados non puido saborear o doce trago da vistoria que foi para op gran harmonicista e palanador local Gelín.













Pechaba a frenética find. o Aberto das Festas de Vilalonga , espectacular paraxe para encher o ceo azul de billardas coa que desafiar o asedio das gaivotas , chulísimo trofeo o diste Aberto no corazón das. RíasBaixas que continúa coa fenomenal  filosofía do facémolo nós mesmos ...Billarda Sempre, Adiante co Varal!!

sexta-feira, julho 19, 2013

XABARÍNS, CHICHARROS LAÑADOS , PRAIA , SOL E LIPI-PAPE...ADIANTE A SOBERANÍA DEPORTIVA , SOCIAL E ALIMENTAR!!











Iste fin de semana concentracion ó máximo para afrontar en condicións o Alpe d´huez do sábado pola tarde que ten un im importantísmo compoñente Carnelao que non vai deixar a  naide indiferente. Co exitazo das chourizadas contra a corrupción xestadas pola brúxula hiperactiva e famente da soberanía alimentar coma telón de fondo, iste sábado arrincará apatrires das 16:30 h. no festival da Chaira na Pastoriza un dos míticos Abertos que segundo informan os organizadores terán como premio un espectacular exemplar de xabarín que recibirá o campión ou campioa uns meses máis tarde xa listo para inxerir ou chorizar. Unhas espectaculares estatuiñas serán os trofeos que acrediten máis para diante o posuidor ou posuidora das bolsas do conxelador.
















E de costa imposibel da praia fluval de Baltar ó Atlántico piscina de Marín donde un pouco máis tarde a iso das 18 h. arrincará no Parque Eguren o II Aberto de Lipi-Lape das Festa do Carme. Alí seguro se darán cita  grandes estrelas da Conf. Sur e Rías Baixas que medirán niste Aberto de pretempada como están as forzas nun contexto estival no que as transfusions de sangue e a dopaxe de todo tipo de sustancias están totalmente permitidas.


















E un pouco máis tade ca en Marín, mais iste vez na beira cantábrica do páis , concretamente no Peirao da vila de Foz , a iso das 19 h. os chicharros e as billardas voltarán  voar de novo xuntos,  despois dunha parálise de varios anos a serpe multicor volta chicarrizarse e faino por primeira vez no contexto da Festa da Patria donde as estreleiras , chicharros e estornelas inundarán o ceo co que desafiar o turismo colonial que inunda a mariña toda.
















Unha terrorífica plaga que en igual ou maior medida se cabe  soporta o enclave do Salnés donde iste domingo apartires das 17 h. se celerará unha nova edición do Aberto das Festas de Vilalonga que por mor dun problema final se translada ó aparcadoiro do novo campo municipal do Revel , todo listo pois para por mar , terra ou ar ista find. acudir ós Abertos da LNb e ceivar o sioux que levas dentro..Billarda Sempre , Adiante co Varal!!

quinta-feira, julho 18, 2013

BOIKOTE ÁS FESTAS SEN BILLARDA.....ES DAKÍ OU VES Ó ABERTO??
















Festas moitas pero por desgraza aínda sen billarda moitas... niste contexto de foguetes estourando no ar , con diversos colectivos esixindo música e activiades cuturais autóctona nos programas festeiros das vilas , aldeas e cidades do país non podemos mais que incidir no chamamento á cordura ás diferentes cominsión de festas para que inclúan Abertos e actividades billardeiras como acontece por exemplo nas festas do Carme iste sábado en Marín . Unha vez máis o comando Lipi-Lape da LNB soubo actuar como corresponde e deu un poderoso puñetazo riba da mesa para que as billardas estoruen no chamado día do nen@ no Parque Padre Eguren.
















Imaxe ista . coma o resto das tomadas no Aberto de Dena celebrado o sábado pasado , no que os paláns e billardas se misturan baixo o sol do verán coas colchonetas , postos de feira e demáis atraccións de festa . Ise é o pulso e o impulso necesario que a nosa revolución precisa, o trepidante ritmo co que a serpe multicor da LNB repta polo país adiante para fundirse e socializar de xeito real o conflicto billardeiro que latexante está en cada un dos nosos golpexos


















Un impulso á accion e visibilizacion do noso deporte nacional que está presente tamén na espectacular actualización das láminas do dossier LNB que xa se expuxeron algunha vez nas pistas de xogo e que agora están en fase de revision para dirixir a calquera colectivo ou institución que queira colaborar coa LNB , niso están os armadanzas da Conf. Bergantinhos que xa se botaron mans á obra para xestionar un explosivo Billarda All Stars 2014 que vai quitar o hipo. Billarda nas festas Sempre , Adiante co Varal!!

terça-feira, julho 16, 2013

DAS XESTAS DA COROZA Á ESPECTACULAR CAMISTA "ADIANTE CO VARAL"....SEN COOL , FAI E LOCE A TÚA CAMISETA DA LNB!!
















Espectacular ambientazo no ultimo Aberto celebrado no país do albariño para cos paláns e billardas escorrentar os rabaños de turistas que un verán máis asedian coa súa mentalidade colonial as nosas Rías Baixas , mais foi a impactante liña de camisetas apadriñada polo Coroceiro Nacional o que fixo saltar polo ar todas as alarmas estéticas no desacougante universo LNB . De xeito autoxestinado Daniel decidíu rachar moldes e vestirse coa súa propia creatividade , das xestas da Coroza á camiseta de Adiante co Varal!! ....sen cool , fai e loce iste verán a túa propia camiseta da LNB!!

segunda-feira, julho 15, 2013

BILHARDA BRÁCARA!!

















Entre libro e libro afrontando o desafío de dinamitar o obsoleto panorama editorial galego dende as trincheiras do Minho o activista mutimedio Pirucha volta á andadas co palán na man no espectacular marco do Povoado dos Brácaros no referencial festival de Nogueiró.

















O impulso da emerxente  Conferencia.PT marca o inicio da conta atrás cara ás dúas brutais e carneladas enganchadas trazadas no mapa para ista fin de semana na Conf. Mae , o sábado Aberto do Xabarin no festival da Chaira en Baltar ( A Pastoriza ) e Aberto do Chicharro lañado na festa da Patria no Peirao de Foz...Billarda Brácara Sempre, adiante co Varal!!

sábado, julho 13, 2013

UNHA TRABA ADMINISTRATIVA DO CONDELLO DE PONFERRADA SUSPENDE O MASTER5 E PON EN PÉ DE GUERRA Á COMUNIDADE BILLARDEIRA DO BIERZO!!



















De novo un atranco administrativo , ista vez surxido nas cloacas do concello de Ponferrada, impiden a celebración do MASTER5 iste sábado 13 de xullo , a gran bomba de reloxería da billarda no Bierzo pospón o seu estourido para o vindeiro sábado 20 . Cos trofeos espectaculares trofeos xa na man , a nova da suspension ten a toda a comunidade billardeira do Bierzo exaltada en pé de guerra , será pois unha semana intensa e frenética activade nos despachos da LNB para apoiar as xestión do gran Comandante da Billarda de Viladepaus....Todos Somos Copi, Adiante co Master5!!! 

sexta-feira, julho 12, 2013

....UN REGO DE FLASHES E ARGUMENTOS!!
















A ollada chantada no horizonte máxico que marca o histórico Master5 do Bierzo diste sábado no Bierzo e no Aberto de Dena en Meaño o domingo .. e detrás , un brutal rego de flashes e argumentos cun Anho de protagonista!!

segunda-feira, julho 08, 2013

PESADELOS DE ANHO>> DO #CarnelaoAnhofest Ó INCENDIARIO ESPECTÁCULO DE ROCK E CONTRADANZA " BATXATA INDÍXENA"!!
















Espectacular imaxe que adianta a serie de brutais estalos do primeiro FotoKol Billlardeiro realizado durante a desputa do Año da LNB , atentos ás redes anti-sociais da LNB porque por ahí asomarán os xostregazos!!



















E se antes do Interparroquial falabamos de "Soños do Año" o xá mítico cadro no que Muriego plasmaba na súa arrepiante e intensa espera antes de saltar ó campo de xogo , a mesma noite unha vez rematada a desputa do Año no Campo da Vía  foron a moitos os palanadores e palanadoras que tiveron o mesmo e desacougante pesadelo " LNB #CarnelaoAnhoFest" , ista imaxe comprimida en flashes eran os estalos que chegaban ó subconciente dos activistas LNB que tiveron toda a xornada convivindo unha experiencia tan intensa co Año   que se negan a admitir que o fin das ostinidades marcara o fin da relación palanador-animal..



















Sen dúbida o LNB #CarnelaoAnhoFest sería o marco perfecto para que os Ex-Tension Agraria desenrolase con toda a plenitude e dimension o incendiario espectáculo que preparan riba dos escearios , co Año da LNB apadriñando Ex-Tension apresentan ó novo e vello mundo, o nome de algo para o que moi poucos , a un e outro lado do océano están preparados ...Pagarédelo coa salú se non vedes " BATXATA INDÍXENA"

domingo, julho 07, 2013

"BILLARDEIROS MUSICAIS" REBENTAN UNHA VEZ MÁIS OS "SOÑOS DE AÑO" DO RESTO DAS EQUIPAS NO INTERPARROQUIAL_2013!!



















Arrincaba o Interperroquial_2013 e facíao cunha espectacular Perfomance billardeira na que o seleccionador nacional Flores , transladaba á realidade a brutal creación pictórica que Muriego , o referenciual palanador dos Bulls , puña a circular uns días antes . "Soños de Año" foi a impactante cadro hiper-realista coa que Muriego deixou pegada no subconsciente colectivo e "Soños de Año no Campo da Vía" foi a intervencion artistica coa que Flores quixo deixar a súa impronte niste nova eicion do mítico torneo de equipas da Conferencia Mae.  


















Névoa , bochorno cun abafante calor e humidade extrema foron os xinetes que acompañaron a cabalgada do Año da LNB e dos palanadores e palanadoras das catro as poderoras equipas parroquiais participantes : "Remourelle" - "Bretonha" - Vliselán Compromiso#LNB - "Ribadeo B.Musicais"









Ista edición por desgraza os irmás de Asturies non puideron estar loitando polo Año , mais estiveron presentes na explosiva espicha dirixida polo cantante de Ex-Tension Agraria e palanador de Bretonha antes do xantar no restaurante da Santa Cruz.


















Unha irmandade a de Sidra e Licor Café que sempre se produce co Año e coa Copa Cantábrica de por medio. E naturalmente ista edición non ía ser menos, os chupiños do mouro licor marcaron o inicio das quendas do serán donde como se explifica perfectamente nista imaxe de fraternidade entre equipas , a caixa de sidra xa estaba lista e dispostas para atoparse co Año no terreo de xogo.



















Se dúbida mención moi especial para o retorno á alta competicion do mítico palanador dos Billardeiro Musicias , Julio , que está afrontando un longo proceso de recupereción por mor dun problema no xeonllo
estivo desfrutando e compartindo espacio de novo con toda a tribo que o botaba moitísimo de menos.


















A sofocante calor fixo que a Espicha Billardeira tivera un exito total ate o extremo de baixar toda a caixa de botellas , Rodrigo recolleu o testigo que o gran palanador de Piarnu "Hevia" lle deixou a edicion anterior e atencion porque os irmans do Liriu iste domingo en Piedras Blancas celebraban un Abiertu accion na que aproveitan para ultimar a preparacion da súa selección nacional de cara á defensa da Copa Cantábrica , unha loita que promete ser encarnizada e para a que a Auténtica prapara incluso os seus propios escanciadores ante o ruxe ruxe que se comentaba que en Xixón Asturies no botaba droga en cada culín...



















E se temos que falar de nomes propios niste Interparroquial_2013 non podemos pasar por algo a gran sensacion caribeña do torneo , Michael Matos , o músico , vitillista e palanador Dominicano rendíu a un altísimo nivel nas filas de Vilaselán-Compromiso#LNB , foi tal o impacto de cada un dos seus golpexos que ate os directivos de Billardeiros Musicais se dirixiron ó seu axente para consultar as posibilidades do seu fichaxe , unha fichaxe imposíbel xa que Michael é xunto con Mely, Luis e Jorge as apostas brutais da equipa decana da LNB cara á vindeira tempada.



















E sobre o terreo de xogo todo ía segundo a que se prevía nun principio , o Año pacía e os Billardeiros Musicais barrían na pista pese a que no primieiro reconto das seiries da mañá Remourelle se situaban en primeiro posto, non foi máis ca un espelismo xa que a regularidade da equipa Ribadense fixo inutil as estirados de todos os seus ribais.


















Atención ás rede anti-social do Varal porque alí se mostrarás as espectacuclares imaxes do primeiro FotokoL Billardeiro que promete rachar moldes un collage de sensacións bañada polo brisa da liberdade de expresión . Por desgraza e por motivos que aínda non coñecemos , Oscar García , o surfista de Desafío Galicia non estivo a pé de pista realizando o saque de honra como nos prometera de seguro que na súa travesía tivo que loitar contra moitas olas pero nengunha co poder e altura de miras da gran "selección parroquial de Bretonha" que contou coa incoracion do palanador indixenista de XiberBillarda para lograr o trofeo á dignidade , á implicacion e o compromiso absoluto co revolucion billarda chamado Culler de Pau do Interparroquial_2013.  



















Foi unha loita fraticia no terreo de xogo , Luis , a nova incorporacion da EkipA Bítere batíase nun duelo a morte contra o Coroceiro Nacional, Daniel de BM;  ó cal nunca venceu nunha carreira oficial , o máximo ó que Luis puido chegar foi un empate , mais Daniel non estab disposto a que iso acontecese e deixou a Luis unha vez máis coa mel preto do Varal derrotandoo nunha das derradeira carreiras do Interparroquial_2013 e de paso sumando carreira para conquistar o espectacular lote de productor "El Viejo Pescador" co que ista conserveira tradicional de Tapia premiou ó palanador con máis carreiras gañadas.



















Os Ribadeo-Billardeiro Musicais con iste suman outro Año á seu espectacular palamarés parroquial e o que é mais importante para eles , demostran un poderío fóra de toda dúbida nun terreo ademáis tan complicado como é a herba, a gran dúbida que sobresalata é se os actuais campións nacionais por equipas " Furabolos" do Pino serían quen de birlarlles o Año ....



















E coma fin de festa espectacular leccion de Michael sobre o deporte irmáns que se xoga nas rúas da República Dominicana chamado "Vitilla" , ó final do torneo realizouse o histórico primeiro clinic de Vitilla-Billarda no que ambas disciplinas se funden nunha alebrestrade disciplina que se dá en chamar "Vitillarda" e que de seguro que impulsará en vindeiras accions billardeira a irmandade coa comunicade domincana...Año Sempre, Adiante co Varal!!