O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

quarta-feira, janeiro 30, 2013

A ESPECTACULAR ENTRADA DA BILLARDA "NA CASA DO GRAN COMPADRE" PRELUDIA O PRIMEIRO GRAN "VARADING" OU ACCIÓN SEXUAL ENTRE @S CONCURSANTES!!



O auténtico fenómeno mediático da tempada surxido dunha pota de auga fervendo ó lume da ultrarealidade galega exposta ó miles de ollos famentos na rede non podía deixar á marxe o deporte nacional que entra a debate na durísma convivencia dentro da  casa do Gran Compadre. A tensión dos últimos 15 días levou á casa temas tan complexos coma a matanza , o anarco-sindicalismo independentista ,  a privatixacion do ensino ....e como non, ó filo do minuto 14, estala o histórico , irreconciliábel e sanguento conflicto entre o padel e a billarda que desemboca nunha árdua polémica entre o matraquiño e a billarda coma posíbeis deportes nacionais xa que ambos se poden practicar cunha cerrvexa na man. O que está claro é que son xa centos os palanadores e palanadoras enganchados á casa do Gran Compadre na que ogallá  canto antes se produza a tan agardado primeiro Varading ou accion sexual entre os concursantes...Veña rapaces imos xogar á billarda, LNB compromiso absoluto co indixenismo e a  realidade galega , compromiso total coa Casa do Gran Compadre!!  

segunda-feira, janeiro 28, 2013

CONFERENCIAS FÓRA DA TERRRITORIALIDADE LEGAL?? POR SUPOSTO ...ARRINCA EN AL-ANDALUS A EXPLOSIVA AVENTURA DA CONFERENCIA CADIZ-SUEVIA DA LNB!!


















A LNB chegou iste domingo a Compostela coa firme convicción de deixar semente de victória e dispostos a deixar claro coma sempre que nen pasa o día nen pasa a romaría . Unha romaría centrada na lingua nacional contexto no cal a LNB aproveitou para alzar alto e claro a bandeira Sueva que guía as novas conferencias billardeiras fóra do ambito da falsa territoriedade que define  as catro provincias . A atención a primeira confericia suevia que bota andar é nas terras da irmán Al-Andalus xa que será a Cadiz-Suevia a que dende xa  incorpore formalmente á competicion e icluso poida que sitúe representantes no próximo Play Off Nacional do vindeiro 2 de Xuño en Marrozos.


















A Cádiz-Suevia xa completou un espectacular calendario de quencemento entre setembro e xaneiro diste ano e xa pedíron un feixe de Almanakes-LNB que iste domingo da man dos representantes da LNB estiveron circulando e distribuíndose cun exitazo impresionate....

"Indixenismo GZ" ENTREGA O CARNÉ DE OFICIALIDADE BILLARDEIRA Á PRIMEIRA GRAN  CONFERERENCIA SUEVIA DA LNB!!

















Unha carambola de moitos kilates xa que foron os grandes Luis Camiña e Angelín de Gharabotos quen prenderon o lume fai uns meses na súa visita a Cádiz e iste mesmo domingo 27-X en Compostela o gran deus do IndixenismoGZ é quen bendice mediante o carné billardeir@ oficial á histórica primeira gran conferencia suevia da LNB.. Benvidos irmáns , Billarda sempre...Adiante a Cadiz-Suevia!!!  

domingo, janeiro 27, 2013

POLA LÍNGUA QUE NOS UNE , ISTE DOMINGO EN COMPOSTELA..... #FAITEDALNB!!
















Iste domingo na mani de Queremos Galego en Compostela #faitedaLNB podes queimar en público o teu pasaporte español e DNI porque poderás adquir o teu espectacular Almanake e carné oficial de O Varal Billarda por medio do representante do colectivo irmán Indixenismo GZ _ Contacto: 609.475803






















Ceiba o indixenista que levas dentro escupíndolle ó parlamentiño e ós miserábeis do concello de Santiago  ,  non o penses máis e dá o paso ó fronte ... #faitedaLNB!!

sexta-feira, janeiro 25, 2013

NBA-HOUSTON ALL STARS 2013 "El All Star se jugará sin españoles"



















 Podería ser a espectacular festa celebrada no CS Ofresno de Ponteareas con palestra e posterior concerto de apoio ós irmáns de CEIVAR con destacados palandores da Conf. Sur en primeira liña do fronte na que se apresentara a próxima edicion do partidos das estrelas da NBA que se vai desputar en Houston , nel por fin a NBA toma exemplo da LNB da filosofía do espectacular Chaira ALL Stars de Billarda que se desputará o vindeiro 2 de Marzo na Ponte de Outero coordiando polos irmás de Carabullo Asociación Cultural e Xuvenil Muimenta e no que se implicarán un feixe de asociacions e colectivos da Chaira e dos redores. Así o comenta Ismael Outeiro en exclusiva mundial nunha nova edicion da imperdíbel LucíaEntrevista , a seccion que a gran palanadora dos Bulls mantén no Bruar que despois do seu chimpo á edicon dixital está a converterse nun fanómeno mediático que sitúa xa ó seu director Muriego coma o Pedro J billardeiro ó que todos os palanadores e palanadoras tremen que poida airear os seus trapos suxos. Non é pois casualidade pois que o programa da Revista de tarde da Gelega iste venres apartires das 19 h. fixese un seguimento á gran palanadora dos bulls Lucía na súa outra feceta de steticien no rural á fronte do emerxente imperio cosmético con sede en Remourelle ...Coida de Ti!!

FESTA CONCERTO DO CHAIRA ALL STARS!! 



E atención se fai unhas edicions o final de festa do All Stars Bezouqueiro o puxeron os referenciais Ilegível cun xa mítico concerto a pé de pista o Chaira All Stars prepara unha brutal Interseccion Punteiro-Rock coma final de festa no Meson A Ponte , un marco de autentico luxo que vai rachar moldes e que senta as bases da intervencion sonora en espazos irmáns e alter-nativos fóra dos cánones do maldito senso común que do capitalismo musical e financeiro..Billarda Sempre , Adiante co Varal!!.

quinta-feira, janeiro 24, 2013

UN PAÍS , SEIS CONFERENCIAS ... AMOSA O TEU APOIO Á "Liga Nacional de Billarda" ADQUIRINDO E AGASALLANDO O ESPECTACULAR ALMANAKE E CARNÉ OFICIAL DA LNB!!























Cun impactante deseño obra da máxia do gran batería e palanador de ExTension Billarda , Nacho Eiros , chega a nova e agardadísma edición do Almanake-LNB ista vez co selo dos irmáns de Indixenismo GZ que foron os que impulsaron e nos vacinaron coa forza siux necesaria dende os prados da reserva na que habitan arrodeados por sumieres de espiños electrificados para que ti poidas desfrutar e guindar o Almanke LNB na túa casa para escorentar todos os meigallos . Mais ista vez o Alamanke non ve só senón que ven acompañado dun alebrestrado cané de palanador e palanadora oficial que aspira a convertarse nise auténtico e tan desexazo carné galego que sustitúa nos tódolos requerimentos de identidade ó antinatural DNI con selo do estado.














Refrega os ollos e fai caso ó teu peto e carteira que che piden a berros que introduzas neles o CARNÉ BILLARDEIR@ OFICIAL no que ademais poderás organizar a túa presenza en todos os Abertos da LNB. Son xa moitos os palanadores e palanadoras que están preparando viaxes e contan con ensinar coma única identificacion posíbel o Carné LNB entre eles un comando billardeiro cara Beltfast dirixido polo palanador de Carabullo Tino que exercerá de lanzadeira e canda o carné xa ten na maletas os paláns e billardas para iste venres sáir pitando e tentar armala...un país seis conferencias, billarda sempre!!

quarta-feira, janeiro 23, 2013

O ESPECTACULAR CARNÉ DE BILLARDEIR@ E O ALMANAKE INDIXENISTA DA LNB XA Ó TEU DISPOR NOS DISTRIBUIDORES OFICIAIS!!


















XA PODES DARTE O GUSTAZO DE ESNAQUIZAR O DNI QUE SISTEMATICAMENTE TE LEVA OPRIMINDO DENDE FAI TANDOS ANOS E SUBSTIRUILO POLO CARNÉ DE BILLARDEIR@ OFICIAL DA LNB QUE TANTO LEVABAS DESEXANDO TER PARA MARCAR E REMARCAR DENTRO E FORA DA PISTA A TÚA IDENTIDADE AUTNETICEMTNE GALEGA E BILLARDEIRA . E XUNTO CO PASAPORTE LNB SÁE O ESPECTACULAR E AGARDASÍSMO ALAMANAKE INDIXENISTA DA LNB, RACHA COS CALENDARIOS E SITÚA NA PAREDE DA TÚA CASA O ALMANAKE LNB PARA ESPANTAR OS MEIGALLOS...XA Ó TEU DISPOR NOS ABERTOS E NOS DISTRIBUIDORES OFICIAIS DO MERCHANDISING LNB!!



HAI UN GRUPO NA GALIZA QUE PREPARA UNHA PODEROSA ACCIÓN EN COLABORACIÓN COA LNB NUN PRÓXIMO ABERTO  PARA CELEBRAR O GRAN DÍA DO GOLPE , UN GRUPO QUE  NEN ACTUANDO ENRIBA DO ESCEARIO ESQUENCE O HÁBITO ENFERMIZO DE XOGAR Á BILLARDA. ÚNETE Ó SEU BERRO DE GUERRA E OUVEA BEN ALTO>>  PACELARIA NOM ...CARNÉ E ALMANAKE LNB SIM!!

segunda-feira, janeiro 21, 2013

LOUISVILLE ...A LNB DESCOBRE O "DAINTY" E O GRAN EPICENTRO BILLARDEIRO NOS ESTADOS UNIDOS NO CORAZÓN MESMO DO ESTADO DE KENTUCKY!!
















Refrega os ollos e sitúa o teu maxín nunha céntrica rúa de Louisville no estado Norteamericano de Kentucky porque guiados polo espectacular olfato-bilhardeiro internacionalista do Comandante Tot-Bélit Ângelo Pineda descubrimos a intensidade brutal coa que se vive e desfruta do noso desporto irmán nas terras estadounidense baixo o alcume do DAINTY.


















Nun contexto o actual no que a LNB estuda unha campaña para que as prazas e rúas das vilas na Galiza teñen referencias billardeiras, os irmáns americanos do Dainty xa levan un bo camiña adiantado xa que nista imaxe podemos ver a espectacular placa que preside a rúa de Louisville no que se xoga cada xullo o gran Torneo no que se reune toda a sociedade da cidade. E nisa referencial placa que en realidade é un gran panel no que resume a história do Dainty aporta unha espectacular información que o engranaxe de OVaral International xa están estudando fondamente. Introducido por inmigrantes alemáns no 1800 o noso desporto asentouse con forza e firmeza na cidade cunha redefinición supomos equiparábel á revolución que supuxo a irrupción da LNB na Galiza,  á altura do 1971 que conformou as bases do gran World Championship Dainty que se desputa cada mes de Xullo.

















Impresionate a marcaxe da pista que simula un campo de futbol americano marcando as iardas xa que como se pode extraer dos conceptos explscativos do panel de Louisville e do visionado dos videos a esencia do Dainty é golpexar a billarda no ar o máis lonxe posíbel dentro dos límites laterais do marcado da pista.



E como non podís ser doutro xeito , TeleVaral xa atopou o seu irmán americano , unha serie de videos nos que se pode ver a intensidade coa que a Billarda estoura no corazón do estado de Kentucky . Atencion porque a LNB xa comezou as xestions para tentar establecer contacto cos irmáns do Dainty para porque nón .... un vindeiro día da patria celebralo en Louisville desputando un USA-Galiza no marco do gran  World Championship Dainty...Obama ser negro non chega ou xogas ó Dainty ou nada!!

domingo, janeiro 20, 2013

CHEFA ARRASA EN MARÍN CONSOLIDANDO A BILLARDA COMA UN DESPORTO MIXTO EN TODA A SÚA INTENSIDADE E PLENITUDE!!
















Rematou o ano erguendo en Pontevedra a espectacular botella de Licor Café da LNB no Aberto da Auténtica no amarco do partido de siareiras " Galiza-Curdistam" e estréa a nova andaina billardeira niste 2013 na conferencia RíasBiaxas no máis alto do podium no epicentro do micro-cosmos Lipi-Lape , Chefa . a gran palanadora de Corredoiras , sen concesions arrasou co seu xogo a todos os seus rivais para proclamarse campioa absoluta baixo o teito do Pavillón de ---
















Unha victoria que ademáis ven a acumular argumentos para consolidar o noso desporto coma unha competicion mixta en toda a súa plenitude e que coma o que acontece nos vestiarios das equipas de futbol gaélico o sexo ó igual que a raza ou a crenza dun determinado xogador ou xogadora non sexan un condicionante para a creacion de nengun tipo de guettos deportivos .

















Maratoniana e intensa sesión de Lipe-Lape en Marin que superou as 5 horas de duracion que pese a que a berreira dos 80 varados se resistíu para o gran palanador e pintor actualemente exiliado en Braga esterca o terrou para que iste 2013 sexa o ano do tantas veces soñado LNB_24 horas Bilharda Nom Stop!!

quinta-feira, janeiro 17, 2013

ISTA SÁBADO ARDERÁ MARÍN..... VEN Á CAÑOTA E XOGA AO LIPE-LAPE!!

















Cando alguén nomea a palabra Lipe-Lape imposíbel automaticamente non pensar no espectacular tema de Fanny&Alexander que a banda de Compostela verqueu no Repúbica Billarda con ise título que nomea o xeito de denosminar o noso desporto nacional por exemplo pola parte de Marín, concello donde iste sábado apartires das 16 h. se celebrará unha nova enganchada regular puntuábel para a Conferencia RíasBaixas que xa está na súa estacion númeiro 9 e que ó rematar o aberto desputaranse ademáis as carreiras que restaban da anteiror xornada. Ista vez pode chover chuzos de punta que a serpe multicor xa ten reservado o pavillón da Cañota para desfrutar enxoita dunha de nova gran xornada de festa e lipi-lape...

 "Ilustração para contos que nunca serão escritos"




Mais nista Aberto vai ser crucial para varios palanadores co denominador común de chamárense Luis, por unha banda o artista coñecido coma Alfredo Pirucha amiaza a barreira dos 80 Varados en competicion oficial na LNB mais unha semana sometido a un extress extremo por mor da apresentacion da súa obra nunha espectacular exposicion nunha das máis imprtantes galería de  Braga pode ser un handicap para expandir o seu rendemento na Cañota . Mais a gran dñubida que nos asalta á saber cando sería o prezo en escudos súa gran obra en colaboracion co palanador Richard de Tropa Lixeira " home que tenta colgarse e parte as pernas ó romperlle a corda por ser demasiado longa" .
















E outro que igual perde as pernas pero por outros motivos é o gran palanador dos Gharabotos  Luis Camiña  que arrincou o ano coma un cabalo desbocado vencendo no Aberto da área estornela e ó dia seguinte facendo dobrete en Cerceda no Aberto da Conf. NorOeste , e atención porque iste sábado a Camiña sóbranlle motivos para pechar o circulo cun espectacular Hat Trick vencendo na Cañota , nada mellor que celebralo diante do seu público e sobre todo para desfrutar da exclusiva suit que o patrocinador oficial dos Gharabotos "Hotel Villa de Marin" ten reservada para celebrar as grandes xestas dos seus palaandores e palanadoras.... o dito , iste sábado en marin hai pescozos e pernas que perigan!! 

quarta-feira, janeiro 16, 2013

A LNB ULTIMA O ESPECTACULAR LANZAMENTO SIMULTANEO DO PRIMEIRO CARNÉ DE BILLARDEIR@ OFICIAL E DO AGARDADÍSIMO ALMANAKE INDIXENISTA DE PAREDE!!
















Adolfo Mena González foi a identidade que tivo que utilizar o Che Guevara no seu pasaporte falso co que esquivar os controis do imperialismo cando dende Cuba se dirixíu ó inferno de Bolivia , nun contexto coma o actual donde o cerco represivo é se cadra máis sutil mais  moito máis feroz que incluso o que reinaba na latinoamérica revolucionara dos anos 60 , a LNB para que os palaandores e palanadoras da LNB poidan autoafirmarse tamén fóra das pista ten xa en imprenta a primeira edición dos espectaculares carnets oficiais de palanadores e palanadoras da LNB , un paso adiante histórico en cuxa portada aparece o berro: eu apoio á LNB!! e na parte traseira terá un almanake de peto para que poidas marcar as datas dos Abertos , mais non só queda ahí a cousa .... xa que canda ó cartón LNB virá a agardadísima versión indixenista do  xa mítico Almanke-LNB de parede que invadirá dende iste mesmo fin de semana todos os fogares , tendas e bares do país que por tan só dous euros cada estalo queiran amosar o seu compromiso total e implicacion absoluta coa causa billardeira....no noso facebook oficial e no mail [ovaral@hotmail.com] podes facer xa as tùas reservas!!











E ó carón do espectacular disco-sorpresa homenaxe ós padriños do Rock Galego apresentado iste luns no Planeta Furancho da RGM  que amosa como os galegos cantamos , danzamos e nos emocionamos dende fai 25 anos cos estalos de Zenzär , non che pode faltar no teu peto o carné de billardeir@ oficial e na túa parede o espectauclar e indixenista Alamanke-LNB , porque a mesma forza que fai 25 anos impulsou ós de Cerceda  a saltaren ó esceario foi a mesma que fixo que as billarda sairán da cova do esquencemento ...Varados polos Padriños!!

terça-feira, janeiro 15, 2013

"MARIO DO CADAVAL" SORPRENDE EN CASTRO CONVERTINDO AS CAIXAS DAS GALIÑAS EN DÚAS ESPECTACULARES OBRAS DE ARTE CONCEPTUAL BILLARDEIRO-SITUACIONISTA!!



















A frescura dunha tarde noite de xeada combinado co nervio , valentía e desparpaxo dunha conferencia mae que non se torce a cara ante nada nen naide convertiron o Aberto da Galiña de Mos nun trópico utópico de interseccions billardeiras entre o deporte o funanbulismo creativo . Cando naide o esperaba . surxíu o espectacular facho artístico da man e do inxenio de Mario , o palanador de Cadaval e magnífico xestor LNB en Castro Ribeiras de Lea sorprenseu a propios e estranos na cerimonia de entrega de premios con dúas obras absolutamente apabuinantes da arte situacionista galega da segunda década do século 21, a luz e vitalidade implacábel brotaban a regos creando espasmos nas olladas dos presentes que non viron as galiñas de Mos , mais foron os escollidos para ver e sentir a espectacular obra escultórico-pictórica que Mario plasmou á hora de intervir para decorar as caixas que contiñan os magníficos animais autóctonos. Azul e Laranxa foron as cores  elexidas ...a pretensión é nula , pero a ambición é máxima!!    




E Mario foi tamén o que conducíu o espectacular crónico que incediou iste martes a Chaira, un imparábel lume que brota das diferentes visións e emocións vividas na pista de xogo que se espallan dende o web-blog oficial da Norleste, pasando pola web-blog dos referenciais Carabullo de Muirmenta, pasando polo dixital crónica3 e despegando ate o infinito no estalo publicado polos irmáns de Dioivo. Mais un titular alternativo para isas crónicas poderái ser : O Monteiro , a Galiña de Mos e o Artista psicodélico  que susurraban ó  alcalde de Castro!!

domingo, janeiro 13, 2013

LUIS CAMIÑA E XERMÁN VILUBA , O TSUNAMI LIPI-LAPE ARRASOU CERCEDA E CASTROFEITO E O RAPOSO DE LOURENZÁ ATACA POR SORPRESA O GALIÑEIRO DE CASTRO!!

















Espectacular imaxe que amosa á perfección o grao de implicación e sufrimento que soportan cada un dos estamentos da LNB á hora de sacar adiante un Aberto en condicións tan extremas e adversas coma as que se deron en Castro Ribeiras de Lea donde iste sábado se deputou o xa mítico e máis que consolidade Aberto da Galiña de Mos dista ves transladado á explñanada do mercado gandeiro. En primeiro plano os resposábeis deportivos ultimando as táboas de competicion  de preto medio cento de valentes que desafiraron os elementos e a tontería para loitaren na pista nun novo aberto puntuábel na Norleste, nun segundo plano podemos ver a Mario do Cadaval , quen xetionou en Castro a desputa do torneo e que pese a ter uns condicionates persoais fixo o imposíbel por estar con toda a serpe multicor da LNB desfrutando ate o final diste xélido e fantástico torneo e ó fondo da imaxes a tribo toda disposta mollarse en sangue e suor e chuvia para sacar o Aberto adiante.

















Situáronde dúas pistas , a principal fronte á entrada  do mercado de gando donde á postre se desputaría a espectacular final a tres...


















E unha pista B situada na parte lateral do mercado gandeiro que acolleu carreiras para axilizar a marcha da pista principal , unha das palanadoras que desputou algunha das súas enganchadas foi a Xefa , a campioa do espectacular Aberto da Auténtica desputado o pasado 29 de Decembro en Pontevedra no marco do partidos xestionaod por siareiras galegas Galiza-Curdistam...

FINAL ABERTO DA AUTÉNTICA - PONTEVEDRA [ GALIZA - CURDISTAM ]


E capturadas polo enviao especial de Tele-Varal ó Curdistam galaiko , Manolo Outeiro, chegan as  espectaculares imaxes da final na que Xefa se fai coa botella de Licor Café que a acredita coma capioa da edición 2012 do Aberto da Auténtica nun contexto de eufora absoluta e dunha abalancha humana que pide billarda a berros nas rúas e nos campos de futbol do páis, é por elo que xunto a siareir@s a LNB seguirá insistindo ate a extenuacion para que a billarda entre nos estadios de futbol das equipas de primeira e do resto de categorías para no descanso dos partidos deputar Abertinhos e concurso de varados ... ver que clube se atreve a dar o paso ó fronte??

PODIUM CASTROFEITO [ CONF. CENTRO ]















E simultaneo á desputa da Galiña de Mos en Castrodfeito pero a cuberto , realizábase unha nova enganchade regular na área estornela donde se estreaban en competicion oficila varios palanadores dos Gharabotos e con fame tal que Luis Camiña e a súa compañeira recén chegados do seu exilio bélit en Barcelona arrasaban no centro asaltando o podium coma forza e empurre do tsunami lipi-lape.

ENTREGA DA GALIÑA DE MOS Ó MONTEIRO DE CASTRO RIBEIRAS DE LEA!! 

















Un podium imposíbel instalado na entrada do mercado gandeiro de Castro o que acolleu a espectacular cerimonia de entrega de Galiñas de Mos ó campión e segundo clasificado no Aberto . E foi nunha emocionante final a tres entre Oscar de Tropa Lixiera , Coedo de Billardeiros Musicais e Xermán da EkipA Bítere a que catapultou ó palanador da Ekipa á gloria máxima coma posuidor da galiña de Mos e da Monteira de Tenda Galiza coma vencedor do Aberto. Ráchase así coa lenda que dicía que iste palanador só  gañaba nos tempos do bipartito cando os grises de Quintana asaltaban con pelotas de goma e gases lacrimóxenos os bailes dos xubilados e as pistas da LNB. Meción moi especial a Mario do Cadaval que xestionou a organización do Aberto e que coincidíndolle incluso motivos persoais de sobra para avandoar a pista estivo ate o ultimo instante coa tribo LNB compartindo e pondo o seu preciado gran de area no desenrolo diste soño conxunto chamado billarda.

FINALISTAS DO ABERTO DA COCHIKEIRA [ CONF. NOROESTE ]

















E para os que non queiran unha cunca...cunca e media!! , iso foi o que deberon pensar tanto Daniel de Billardeiros Musicias coma Luis Camiña de Gharabotos , ambos o sábado en Castro Ribeiras de Lea e Castrofeito respectivamante que nun dubidaron o domingo en achegarse en sesión matutina a terras da Cachukeira para a deputa dun novo Aberto puntuábel na Conferencia NorOeste. E dito e feito , ambos palaandores chegaban pois coa boneca quente polo que sen contemplacións cos aborixes atlánticos citáronse na final para dilucidar se o retorno dende o Pavillón do Piñeiro cara Marín ou Ribadeo sería máis dóce ou máis amargo. E como indica a espectacular foto-finish do Piñeiro en Cerceda foi Luis Camiña quen  abrazou a gloria por segunda vez nunha mesma find. un feito que o consagra entre os grandes da LNB e que o sitúa coma claro favorito no vindeiro aberto do 19 de xeneiro en marón donde exercerá de local nun novo estalo puntuábel da Conf. Rías baixas....

sexta-feira, janeiro 11, 2013

SÁBADO ABERTO DA GALIÑA DE MOS EN CASTRO R. DE LEA , ABERTO DE CASTROFEITO NA CONF. CENTRO E O DOMINGO... ABERTO NA COCHIKEIRA NA CONF. NOROESTE!!


































Despois do espectacular arrinque de ano co explosivo Abertinho dos Callos de Aninovo en Ribaeu a Conf. NorLeste afronte iste sábado un novo estalo puntuábel no xa mítico campo de futbol de Castro Ribeiras de Lea donde se loitará de novo polo fantástico exemplar de Galiña de Mos , un aberto xestionado polos irmáns do Clube de Bolos O Cadaval que promete emcións fortes inclusive se a climatoloxía se pon doente, é por elo que coa LNB non hai marcha atrás , palanadores e palaandoras que vaian preparados para o peor  dos escearios posíbeis... botas , catiscas , traxes de auga e paraugas de seguro que serán armamentos complementarios e necesiaro á hora de combater no terro de xogo os adversarios e o temporal. A cita ás 15:30 no Antigo campo de futbo de Castro . Por mor dun problema de imprenta non se poderá producir a presentacion do agardadísm Alamanke-LNB xestionado polos irmáns de IndixenismoGZ , mais que naide se desespere que en breve haberá sorpresas-  Prégase puntualidade en Castro para aproveitar as raiolas de luz natural . / Contacto: 626.375161


































E non só a NorLeste estreo o ano iste sábado , a conferencia centro bótase á pista de xogo iste sábado tamén na pista da Madalena en Castrofeito , a cita apartires das 16 h e como se pode intuír os condicionates climatolóxicos tamén serán un handicap naista novo aberto puntuábel na área estornela polo que... palanadores e palanadoras , paláns e paraugas en alto para resistirmos o temporal!!- Contacto: 654.232108


































E de seguro que algúns palandores e palandoras tanto da NorLeste coma do Centro  que aproveitarán o domingo para botarse ó monte e achegarse á Cochikeira para participar coa tribo da NorOeste nunha nova enganchada regular en Cerceda , será en sesion de mañá ás 11:30 H. no Pavillón do Piñeiro , ali agardan as poderosas milicias de Lucerna cos brazos abertos e os paláns preparados a todo o indixenismo billardeiro do páis enteiro- Contacto: 687.607477

quarta-feira, janeiro 09, 2013

ISTE SÁBADO CONSEGUE EN CASTRO RIBEIRAS DE LEA O"ALMANAKE-2013 DA LNB" PARA PODER GUINDARES NA TÚA CASA UNHA FIESTRA PERPÉTUA CARA O INDIXENISMO GZ!!

















Botellas baleiras de viño e licor café ó carón dunha billarda pedindo un varado a berros, cando un palanador ou palanadora inxire ises brevaxes antes de zouparlle á billarda realiza unha das máis poderosas e tribais cerimonias de conexion cos espíritos das ancestros , acción ista vital para que estoure o indíxena que levas dentro...Indixenismo GZ , o colectivo viral xurdido aprincipios do 2013 de xeito natural , ceibe e exponatáneo para esnaquizar a patadas  os chantos das reservas nos que a civilizacion capitalista e occidental nos condeou a existir e relacionarnos,  dende a súa irrupcion Indixenismo Gz deixou claro seu comprimiso total e absoluto coa LNB , o deporte da billarda segundo eles mesmos afirman é o único nacional , natural e polo tanto indíxena de toda a tribo galega,  é por elo que no Aberto de Castro de Ribeiras de Lea se apresentará  o espectacular Alamanake-LNB 2013 producido polo creatividade e o xenio e inxenio de Indixenismo GZ que por tan só 2 euros poderás aquirir para adosar na parede da túa casa unha "Fiestra de Liberdade" pola que ceibar o Mapuche galego que levas dentro...Indixenismo Sempre , Adiante co varal!! 

terça-feira, janeiro 08, 2013

O CENTRO SOCIAL "GOMES GAIOSO" DA CORUÑA PREPRÁRASE PARA REFORZAR A PODEROSA CONFERENCIA NOROESTE!!

















A fortaleza dun proxecto global e autoxestionado coma a LNB mídese sobre todo pola firmeza dos seus pilares básicos , referímonos naturalemnente ó poderoso binomio de conferencias que iniciaron a andaia billardeira no que a cidade da Coruña tivo unha vital importancia á hora de espallar o proxecto, é por elo que a inminente irrupción do referencial centro social Koruño Gomes Gaioioso vai amarcar un punto de inflexión na relación da cidade coa serpe multicor da LNB . Mentras quentan as bonecas no Gomes Gaioso iste sábado a acción billardeira centrarase iste sábado no xa mítico Aberto da Galiña de Mos en Castro Ribeiras de Lea na NorLeste e en Castrofeito na pista da Madalena nunha nova enganchada da Conferencia Centro...Fiestras da Liberdade, adiante co Varal!! 

segunda-feira, janeiro 07, 2013

ESPECTACULAR ESTREO DO WEB-BLOG DO "BRUAR DOS BULLS" E ABERTINHO DE REISES EN BUEU....TINTA FEMIA, CACHIZAS E FILOSOFÍA BULLS A REGOS!!














Unhas das achegas mais agardadas no poderoso e indomábel entramado diital na arañeira dixital da LNB para iste 2013 acaba de ver a luz , unha peticion a berros dos centos de suscriptores semanais vía e-mail da referencial publicacion O Bruar dos Bulls abducidos polo corrosivo e agresivo humor e xeito de contar do incendiaro voceiro dos Remourelle Bulls que istes día se fai realidade . A mítica equipa da Norleste dende a pasada tempada decidíu dar un paso ó fronte e acompañar cada un dos seus golpexos nas pistas do país cos golpexos literarios e filosóficos dos seus referenciais palanadores e palanadoras , unha publicacion que lanza e estrea  formato web-blog con espetacular deseño e perfecta definicion das imprescidíbeis seccions que compoñen o Bruar de Sempre. IMOS INDO...IMOS VENDO.Dálle ó clik e sumerxete na indescriptíbel Bruar dos Bulls-Experience!!  

ANTES DE EMBARCAR PARA AS MALDIVAS ...TINTA FEMIA E CACHIZA NO ABERTINHO DOS REISES EN BUEU 















E despois do explosivo Abertinho dos callos na Norleste o sur colle relevo e o palán para en Bueu recordarlle ó rei e ós reises de oriente cun palán na man e cunha botella de tinta femia na outra que iste é a terra do Apalpador  e o país da Cachiza , espectacular o maxistral crónico de Manuel Outeiro teclexado cos dedos recen lambidos despois de meterlle o dente ó espectacular roscón gañado por Benito >>  Foi unha tarde de sol e cachizas. As tres e media comenzou na antiga estacada (vello secadoiro dos aparellos) o Abertiño dos Reises. Xente de Bueu e Marín na desputa do rosco de ovos e fariña con faba incluida. O gañador foi Benito que embarcará para as Malvinas o vindeiro Martes, para unha maré de seis meses. Botarémolo de menos. Foi segundo Ricard que levou para casa dúas botellas de Tinta Femia de Cela e terceira Lú que gañou unha botella de licor de noces para asentar a barriga e saca-la friaxe. Brais, Yu e Martiño subiron o podio da categoría infantil e cada un apañou unha pequena caixa de lambetadas. O rosco chegou para todos e a faba tocoulle a Martiño que fixo unha festa pola súa sorte. 

sexta-feira, janeiro 04, 2013

OLLOMAO-TEATRO CO PALANADOR DA EKIPA-BÍTERE XOSIÑO Á FRONTE COLLE O RELEVO DA FAISCA-TEATRO NA FRONTE ESCÉNICA DA LNB!!



















A fronte Kontra-Cultural da LNB afiánzaze firmemente no eido escénico , durante o pasado Xero do Salnés diante o inico da xira de furanchos diante da barra da Taberna da Cancela puidose ver intercambaindo impresions e mebros da Faisca Teatro co palanador da Ekipa Bítere e membro de Ollomao -Teatro Xosiño sobre as montaxes que ambos colectivos estaban artellanso. Os de Vigo por isas datas xa apresentaran o mitico Cascudas e o da Ekipa Bítere de Barreiros estaba no inico da montaxe "Os Vellos non deben namorarse" que se estreou iste venres 4 de Xaneiro .



















E seguindo o paralelismo Norte -Sur aplicamos a ecuación Cantábrico-Mediterranso para amplificar a gran acción dos palanadores de Gharabotos desprazados nos Paisos Cataláns para entre outras cousas afianzar os lazos de unión e irmandade entre o Bélit e a Billarda que supuxo a lanzadeira do explosivo Abertinho dos Callos de Aninovo...


















Se as montaxes da Faisca-Teatro no seu bunker vigués , na Gantalha e na Guardia foron impactantes a apresentacion mundial de Ollomao non pavillón Billardeiro de Barreiros donde a LNB realiza varios dos seus Abertos e donde os Remourelle Bulls adestran habitualmente non se quedou atrás, impresionante a imaxe cun publico abarrotando  as bancadas e cadeiras amosan ás claras o traballo do todo o colectivo donde ademais de Xosiño coma unha das pezas básicas do reparto , contaba coa gran palanadora dos Remourelle Bulls Lucía coma directora de maquillaxe...


















Exitazo en cada unha dos frontes e das accions que os palanadores e palanadoras da LNB enfrontan en cada unha das partes do globo no que se atopen e a destacar por enriba de todo a presencia canina cando as condicións son extremas para a práctica do noso deporte nacional , puidémolo ver en Ribadeu con Pinto no Abertinho dos Callos de Aninovo e co can de Luis Camiña no Prat de Llobregat no adestramento Gharaboto de apoio ó dereito a decidir sobre a independencia de Catalunya e Galiza....IndixenismoGz Sempe, Adiante co Varal!!  

quarta-feira, janeiro 02, 2013

"INDIXENISMO GZ" PREPARA O LANZAMENTO DO ESPECTACULAR ALMANAKE-LNB 2013 COMA ADIANTO DA EXPOSICIÓN ITINERANTE "FIESTRAS DA LIBERDADE"!!






A irrupción da espectacular edicion dixital do República Billarda foi unhas das charemenas que fixo saltar polos aires a gran laparada de lume da marca "Indixenismo GZ"  . o colectivo pantasma surxido ó amparo da gran lareira billardeira , espallou nas redes anti-sociais a gran nova do lanzamento na rede do República Billarda coma punto de partida do seu compromiso total e absoluta coa filosofía do deporte da billarda..
























Un compromiso e empurre que se denota no seu espectacular novo estalo billardeiro xa que Indixenismo GZ vai ser quen produza o agardadísimo Alamanake-LNB 2013 para o cal xa temos copasada a centraliña de pedidos , un lanzamanto que acompañará atención ó Alamanake de Peto da LNB que servirá tamén coma primeiro carné oficial de palanador e palanadora da LNB. Refrega os ollos e preara a parede da túa casa para guindar o Alamanke LNB 2013 porque Indixenismo GZ con ista acción prepara o terreo tamén para un dos grandes retos que xa ten entre mans que non é outro que a primeira gran exposición itinerante "FIESTRAS DA LIBERDADE" baseada nos cartaces da LNB para mover en centros sociais , bares , taskas , furanchos e diferente puntos de atencion cultural do tipo do país e do mundo...Indixenismo GZ Sempre , Adiante co Varal!!

terça-feira, janeiro 01, 2013

"LUCAS-GZ" DOS REMOURELLE BULLS ARRASA NUNHA NOVA EDICIÓN DO ESPECTACULAR E MULTITUDINARIO ABERTINHO DOS CALLOS DE ANINOVO!!

















Multitudinaria e espectacular acollida en Ribadeu dunha nova edicion do explosivo Abertinho dos Callos de Aninovo , as billardas non podían quedar excluidas dista gran celebracion polo que na madrugada os paláns buscaron de novo o puño firme e rexo dos activista da LNB que unha vez máís deixaron semente de victoria no medio do confeti e do glamour da noite máis longa do ano..

















Unhas horas antes do inicio do son das 12 badaladas por horario natual galego , as redes anti-sociais da LNB eran un bulir de emocions ante a confirmación do retorno ás pistas do mito da billarda de catro patas eun rabo chamado Pinto .


















O can e axudante do selecionador acendía o lume nos ollos para alumear a pista de xogo tan só uns minutos antes das 8 da mañán antes de que o día rompera definitivamente.


















Espectacular imaxe dunha billarda na escuridade da madrugada Ribadense agarando ser impulsada cara ó varal da oficicialidade..


















Sempre atendo Pinto supervisaba cada un dos lanzamentos de Flores ...



















E do seu compañeiro de franquicia , non foi casualidade que foran dous activistas da máis antiga equipa da LNB "Ekipa Bítere" quen dirixiran un operativo de extremada complexidade coma o que sempre acompaña ó gran desafío do Aberto dos callos de Aninovo.


















De novo os activistas da LNB acoden á súa inexcusábel cita coa pota de callos no referencial restaurante Compostela donde á saida do mesmo agardában ansiosos unha enferborizada tribo miltantes LNB  sedentos de billarda e de prse urxentemente ás ordes do selecionador Nacional Manolo Flores e do seu axudande Pinto.



















A praza do mercado polas 8:30 h era un auténtico fervedoiro de palanadores e palanadoras regados pola carraxe dispostos e entrar en combate pola xa mítica Lata de Callos da LNB.



















Incredulidade ante os transeuntes que vía atónitos ante a amiaza das billarda acariñando os seus fuciños e vendo como a festa de aninovo se transladaba á improvisada pista de billarda perfectamente delimitada polos ouveos de Pinto.


















Os membros da LNB non puideron esquencer que o 1 de Xaneiro é un día moi sinalado para o noso selecionacionador que celebraba o seu santo polo que os activistas palán en man entoaron unha Manueladas , cantigas tradicionais que só sobreviven só en algunha parroquia galega mais recuperados pola LNB en honra do gran guía de San Miguel de Reinante,



















Arrincaba pois unha nova edicion do Abertinho de Aninvo cunha espectacular nómina de participantes tod@s eles naturalemente sen deitarse e hidratándose continuamente .



















As billardas dibuxaban espectaculares traxectorias imposíbeis na suave brisa do aninovo...



















Tension e emocion máxima no campo de xogo ante unha espectacular e igualadísima final a tres...


















que elevou ó gran palanador dos Remourelle Bulls , Lucas Gz , ó olimpo dos deuses ó conseguir a tan desexada Lata de Callos da LNB ...



















Un triunfo rotundo de toda a LNB e de Lucas Gz en particular que retorna ás pistas da LNB cun implacábel xogo que continúa a xeira de éxitos da referencial franquicia dos Bulls . Membro de Siareir@s Galeg@s e recén chegado de Pontevedra da desputa do Aberto da Auténtica no marco do Galiza-Curdistam , Lucas é o claro exemplo de palanador de militancia e loita constante....Xido Luceiro Dangre!!