O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

terça-feira, outubro 01, 2013

PARCELARIA NOM!! ...BILHARDA, GROGUE E CABO VERDE SEMPRE!!

















Impresionante imaxe metáfora brutal dun xeito de entender e facer as cousas , nen o goberno de Cabo Verde nen o concello de Burela , só a forza e o ímpetu da LNB de atoparse cos seus iguais africanos obraron o feito que o Grogue chegara de brazos de Alicia, unha das Batuko Rebetola grazas ó cal foi posíbel que o máxico xugo penetrara poo nosas gorxas vacinando así o noso corpo para un futuro encontro internaconal da Auténtica cos Tabaroes Azuis. No sala Xebra a primeira hora da tarde mentras o Komandante e os Ex-Tension Agraria dscargaban o arsenan sonoro para depois do Aberto do Bonito proceder á inxuria contra o esquecemento , pola porta do Centro Social  pareceu a pel tostada de Alicia portando nas súas mans a espectacular botella de Grogue, ron cabo verdián  predestinado a ser a grande estrela e centro de atencion do Abertinho de Bilharda previo á intervencion dos indíxenas de Bretoña...


















Coa premura na desenrolo dos acontecementos non puido celebrarse o Abertinho nen a emision do curta " o Gran estalo de Burala a Cabo Verde" , dende o esceario e entre o fume os Ex-Tension Agraria deron coma gañadores morais do Abertinho a todo o público asistente e resistente no concerto , ós irmáns de Xebra e Buril que fixeron posíbel unha edicion máis e de xeito totalmente autoxestionado que Burela ardera coa billarda e co sentimento e impulso indíxena. Espectacular imaxe do brinde final con Grogue para pechar unha noite histórica cos activistas de Xebra , a LNB e Ex-Tension Agraria. E atentos ás pantallas porque nuns instantes poderás asisitir ó estreo mundial  da cooproduccion billardeiro galego-caboverdiá que nunca os vendidos do festival de cine do Donostia poderán ter nas súas mans...Parcelaria Nom, Cabo Verde , Grogue , Billarda e Indixenismo Sempre!!