O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

quinta-feira, outubro 03, 2013

O SUR ERGUE O PALÁN E NO SAN TELECO DE VIGO ERGUEN A PINCHA E O KALIMOTXO A PROL DA SOBERANÍA ALIMENTAR , LINGÜISTICA E DESPORTIVA!!

A curta "O gran Golpe - de Burela a Cabo Verde " arrinca con aquel mítico estalo  producido pola Conferencia Sur "desperta do teu sono" protagonizado polo grande e auténtico Elvis  , naquel Varado se sitou toda a LNB e á forza sobrehumna  daquel varado de Elvis seguimos tod@s acabicornad@s... Incluida a referencial Conferencia Sur que fai uns días realizou en Vigo unha productiva xuntaza da súa Mesa Nacional da que sairon xa catro Abertos puntuábeis para antes de fin de ano , as paradas seran Bueu, Mos, Cangas e Vigo mais algun aberto mais fóra de puntuaxe comoa o Aberto da Mazá de Marín.... Atentos ó seu referencial web-blog oficial e á súa incendiara irrupcion facebook!!

Aínda que Elvis está dende fai un tempo aferrado ó seu palán polas illas británicas o seu impulso segue máis presenta ca nunca como se demostrou iste mércores no Aberto do San Teleco na Universiade de Vigo- 

Alí os activistas da Conferencia Sur recuncaron para participar nos actos disa mítica xornada de festa para en colaboracion cos irmáns de Trabalingua artellar unha alternativa nacional billardeira que lle abrira os ollos dos estudantes...

Kalimotxo e Billarda dende logo que é a mellor combinacion posíbel para que os alumnos reconsideren verdadeiramente qué carallo están a facer na universidade .. igual era mellor que moitos deles deixaran Telecomunicacións e se adicaran de pleno a beber ou a xogar á billarda, ou mellor aínda ...ás dúas ó mesmo tempo. 

O San Teleco tradicionalmente foi sempre unha exaltacion de todo o contrario ó que a máquina significa para o home , de feito de seguro que se trata do contexto mais parello ó que experimentaría no caso que a billarda se popularizara coma activiade paralela nos botellóns...

Naturalemente o Aberto rematou coa espectacular entrega dos Premios-Carnaleo , ahí está o Colectivo pola soberanía alimentar galega e a LNB traballando a reo para que a nosa xuventude non caia no veleno imperialisa e dende ben novos consuman coma as xeracions anteriores... viño do páis , licor café, caña , licor de herbas e billarda!!