O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

sexta-feira, outubro 04, 2013

DE CUNTIS A DORRÓN ...E POLO CAMIÑO UN "GUSTAME" A EX-TENSIÓN!!



































De novo Cuntis e a área recreativa de Albariños serán o esceario iste sábado á tarde dun dos Abertos mais míticos de todo o calendario non puntuábel . Será apartires das 12 h cando se realice o obradoio de Billarda para posteriormente realizar un xantar de irmandade e a iso das 16h.. da inicio á agardadísima terceira edicion do Aberto de Cuntis coordinado polos irmáns do Fervedorio que iste edicion contan coa firme alianza da Asociacion Xuvenil Río Gallo e do proxecto comunicativo Quinteiro que está a emitir  en toda a comarca do Umia...unha comarca que iste sábado de novo quedará arrasada polo lume billardeiro acompasado polo voz , música e poética do cantautor Pepe Constela que non dubidará en trocar o mastil da súa guitarra polo palán para coma o resto dos asistentes deixar semente de victorio na poderosa vila do baño. Contacto directo: ofervedoiro@hotmail.com /  628.524458 -Paulo




















E simultaneamente a Cuntis en Dorrón a tribo da Conf. Ríasbaixas , ás 16 h.realizará un novo asalto do seu gran combate regular, por desgraza os palanadores e palanadoras da LNB non teñen o don da omnipresenza senón de seguro que moitos deles estarían encantados asaltar os camiños no Albariños de Cuntis e no Campo de futbol de Dorrón.



















E outros palanadores que se están a bater o cobre nas pistas de xogo da LNB e na rede para poder asaltar o esceario do referencial festival do Castañazo Rock de Chantada son os Ex-Tension Agraria, a banda culto de punk-rock indixena estivo no pasado Aberto do Bonito de Burela competindo ate a extenuacion polo espectacular exemplar de máis de 12 kg que protoniza o cartaz co que o grupo quere animar á  xuventude alegre e combativa  a que lle déan ó "GUSTAME" para que a billarda e o indixenismo poidan tirarse de cabeza ó publico dende o esceario do Castañazo...Parcelaria Nom, Bilharda e Castanhazo Sempre!!