O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

terça-feira, setembro 03, 2013

A BILLARDA E O ACTIVISTMO LNB.... ISO É O ÚNICO QUE "BALE"!!


















Equilibrios e malabarismos vários se tiveron que facer en todos os Abertos da find. mais moi especialmente no histórico Torneo por equipas en Ponferrada , foi no recinto feiral das Dehesas de Ponferrada nunha noite no que as billardas se fundiron coas cervexas e coa festa infinda ate a madrugada e o mencer do seguinte día.


















Uns trofeos no hemisferio Bierzo que tiveron os seus equivalementes indíxenas no explosivo Abertinho dos Toxos co que a find. arrincaba nas bravas terras de Pastoriza....unha terra cha que tremeu iste venres á noite coas billarda da LNB e os anti-sons e berros dos Ex-Tension Agraria.




















A explanada da Taberna Bar O Cruceiro da Pastoriza e a friaxe da noite foron os aliados perfectos dun Abertinho e duns activistas LNB que buscaban os toxos coa fame brutal dun burro fariñeiro

















O Abertinho foi coa en anteriores ocasions a antesala da gran enfosada indixenista protagonizada pola gran banda indixenista formada integramente por activistas LNB que combinan á perfeccións a destreza co palán coa anti-axilidade cos instrumentos.

















E no ecuador da actuación, Ismael Outeiro , palanador de Carabullo de Muimenta e un dos responsábeis máximos da credibilidade do gran proxecto LNB e do seu impulso global , foi o encarregado de entregar os Toxos ós tres primeiros clasificad@s  foi Xose , o palanador de Tropa Lixeira , que estaba na Pastoriza xunto con outros compañeiros de equipa ultimando a súa pretempada , quen levou o gran Toxo para a casa..



















E dunha casa de Meira indadiva polo Toxos a unha casa en Ponferrada invadida pola festa salvaxe para celebrar o exitazo sen paliativos do II gran trofeo de billarda no Bierzo donde a loita na pista de xogo deixou paso á oxixenacion e hibratacion como se pode intuir nas espectaculares imaxes gran crónico guindao por Copi , o  reprentante-LNB no Bierzo:
















" Este fin de semana estuvimos en el torneo de billarda que organizo Tio Migui. Ciertamente no es que hubiese demasiada gente, pero mi sorpresa llego cuando nos invito a tomar algo en su casa, alli nos esperaban todos los ingredientes para una noche perfecta, un monton de gente con ganas de pasarlo bien, un cura, doña maruja y don marujo, que se volvieron a casar para deleite del personal, y como no, un par de copas debidamente sazonadas. Gracias Migui, eres un crack "


















A contrareloxo unha vez máis , a LNB-Sur voltaba ó marco mítico do festval da Poesía de Salvaterra . Un festival marcado nista ocasion polas adversiades ó que coma a LNB lle sobra actitude e compromiso coa palabra e o sorriso para seguir pese a quen lle pese adiante co puño , o berro e o palán ergueito. Podium de luxo con Cristian de Gharabotos no máis alto seguido de dúas grandes palanadoras  Chefa e Chis e un crónico no forno para un Aberto de pretempada na LNB-Sur que comeza a preparar a maquinaria para de novo convertirse en referencia e motor dista nosa gran serpe muticor.


















E foi en Meira donde os irmáns do Futbol Gaélico nun gran Torneo desputado no marco das olimpiadas rurais , por desgraza moitos dos xogadores dos Troques de Lugoslavia e demáis equipas de f. gaélico e moitos máis atletas rurais doutras disciplinas irmáns non puideron ter o seu tan desexado bautismo de sangue billardeiro por mor do retraso no inicio do Aberto que deixou á billarda coma desciplina nocturna sendo os palanadores e palanadoras os derradeiros en abandoar o barco olimpico. Ogallá que istes varados na noite serviran cando menos para escorrentar a chama do Madrid2020.
















Cambados foi o lugar elexido polos activistas da Conferencia Rías Baixas para a celebracion dun novo Aberto da súa xeira de verán  , cantidade e calidade de novo na terra batida de Corvillón que deixou un pódium presidido por Xan Rodiño e custodiado por Ricar na 2º posicion e Ginés de 3º. Unha conferencia a Rías Baixas que ten as billardas na grella de saída para unha nova tempada e que o demostran cun novo video-estalo a xeito de espectacular presentación do calendario. Billarda Sempre, #faitedaLNB!!