O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

terça-feira, julho 02, 2013

GÚSTAME A BILLARDA , GÚSTAME O AÑO ....GÚSTAME O INTERPARROQUIAL_2013!!
















Unha das grandes citas do indixenismo billardeiro é a desputa do mítico torneo do Año Mouro , a LNB abraza sen tapuxos a filosofía Carnelao e bótase á pista de xogo coma unha larada de lobos famentos na procura do Año da LNB co que aplacar a fame e conseguir solás . Iste sábado estreando emprazamento moi preto do centro da vila  no Campo da Vía de Ribadeo ( Na estrada da Santa Cruz ) apartires das 11:30 comezará a loita , unha loita polo título interparroquial e pola libertade de expresion xa que a pé de pista se realizará o explosivo I Fotokol Billardeiro no que cada palanador e palanadora sairá retradado co Año da LNB e poderá exibir a frase que con toda libertade el escriba no taboleiro ....



Unha avelaiña de libertade pousarase pois ó carón do Año da LNB no campo da vía ó igual que se pousou o pasado sábado en Ordes na estacion vella da Pontragha na festa de República Galega que ademáis de apresentar a bandeira elevou ó olimpo billardeiro a ise referente todal da billarda global chamado Xosé Collazo . Dálle o play e teletrásporte a Ordes da man do espectacular video reportaxe de Boci-XA....Indixenismo e República Billarda Sempre!!