O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

quinta-feira, julho 04, 2013

"EL VIEJO PESCADOR" OFRECE A BRUTAL POSIBILIDADE DE DARTE O LOTE DENTRO E FÓRA DA PISTA NA LOITA POLO AÑO DA LNB!!



















Ademáis do espectacular Año da LNB , iste sábado no campo da Vía de Ribadeo poderás darte o lote escondido entre as silveiras xa que por obra e graza , como ben adiantaba en exclusiva mundial os irmáns de Carnelao, a conserveira tradicional de Tapia " El Viejo Pescador" doará un espectacular lote de productos para os campións diste mitico torneo por equipas nas terras da conferencia mae.

Compatindo espacio creativo a dúas beiras cunha perna no EoNavia e outra entre os toxos da brava parroquia ribadense de Remourelle , Muriego, o palanador dos Bulls sinte a cada paso a chamada da xungla acuática tando dentro como fóara da pista , é por elo , que de vez en cando os  bonitos das súas espectaculares conservas abandoan o embase e toman vida e alento nas pistas da LNB , atentos pois porque ademáis do lote de productos "El Viejo Pescador" no Campo da Vía na loita polo Año Mouro vexas tamén peixes voando na procura do Varal...Bonito é , e bonito será compartir espazo . loita e año co gran palanador e conserveiro do EoNavia!!