O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

sexta-feira, junho 07, 2013

ABIERTU PITU CALEYA - PIARNU2013...POLA OFICIALIDÁ DA LLINGUA , DO LIRIU E DA BILLARDA!!



































Iste sábado as olladas todas se torcen cara á beira cantábrica porque no xá mítico campo de futbol de Piarnu se vai celebrar uha nova edicion do mais antergos Abiertus no contiente asturiano do Liriu, será apartires das 12 h. cando a sidra , o viño turbio e os lirius corran a regos nunha nova acción coordinada polo referencial Hevia , O Comandande do Liriu que fai unha semanas estivo en Xixón na posta de longo dista tempada dos irmáns de Conceyu Nacional del Liriu inmortalizado nunha espectacular reportaxe emitido pola TPA no programa de desportes tradicionais "La Bolera" . / Contacto: 644.294287

































E unha vez finalizado o Abiertu do Pitu Caleya para o cal xa hai un comando LNB disposto a cruzar o charco , heberá no marco das festa de Piarnu unha fabada popular na que se realizara o xantar de irmandade entre os machetadores e palanadores para coller forza para a noite asisitir en Xixón á edicion 25 do Conciertu pola Oficialidá , un festival absultamente mitico e referencial no universo astur que tivo a ultima hora que mudar de sitio por mor da podredume que ateiga o Centro Niemeyer de Avilés en cuxa explanado lles foi negado ós irmans da Xunta Moza realizar ista grande festa pola aficialidade. E parello ó festival estase a realixzar unha exposición paralela itinerante  cos cartaces das 25 edicions , un referente absoluto para ise estalo billardeiro que está no horizonte chamado " Fiestras de Libertade"  



















E se a música asalta o cantábrico astur esixindo oficialidade para a súa linguia mae simultaneamento iste mesmo sábado o vai facer no cantábrico galaico porque esixindo a oficalidade para o desporto da billarda  será nunha sesion suicida do "Comandante Suso" , o profesta do funk-metal galaiko xungurá a guitarra no Pub Galaexia de Burala para nun alebrestrado set electrico axustar as contas cos dinosaurios do pasado , presente  e futuro e depaso gravar ao vivo o espectacular estalo "Billarda Express" de apoio á oficialidade do noso desporte nacional...Liriu e funk-metal sempre , Adiante co Varal!!