O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

terça-feira, maio 07, 2013

ISTE MERCORES "PALESTRA-LNB" E ABERTINHO CONTRA OS RECORTES NO ENSINO PÚBLICO NO COLEXIO MAIOR FONSECA DE COMPOSTELA!!



















Histórico marrazo riba da mesa o que iste mércores apartires das 17 h. se vai producir no salon de actos do Colexio Maior Fonseca de Compostela os dous xoves maís experimentados activistas da LNB David Fontan e Cristian Puente van irroper cos paláns e billardas ardendo niste contexto universitario , a acción arrincará cunha incendiara Palestra-LNB na que de seguro os palanadores de Filloas de Sangue e Gharabotos amosarán as cartas e achegarán os coitelos ós pescozos dun de seguro público famento de sensacions extremas como as que a LNB representa. Mais non será iste un retrouso unicamente teórico nen moito menos xa que despois da Palestra-LNB relizarase un incendiario Abertinho contra os recurtes no ensino público no que as consecuencias son impredecíbeis. Contacto para inscripción e apoio >> 679.908773  



E os que están tamén famentos de sangue billardeira son a tribo da Conf. Sur , incluidos a última equipa incorporada á conferencia "Rinocerontes no Horizonte" como se comproba no espectacular video-estalo que recolle o su ultimo Aberto celebrado en Pontevedra e atencion porque vai nise hemisferio o lume billardeiro arrincará iste venres na faica co estreo teatral da súa nova montaxe " Saxo Tenor" e continuará o sábado en Porriño e o domingo en Vigo - Atent@s ás Pantallas... Pincha Sempre Adiante co Varal!!