O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

sexta-feira, maio 10, 2013

ISTA FIND. SUBE Ó PERIGOSO COMBOIO DA LNB CON PARADAS EN REMOURELLE , COMPOSTELA, PORRIÑO , VIGO , MARÍN E O CAMPO DA TORRE DE HÉRCULES DA CORUÑA!!






















A fin de traxecto no gran comboio da Norleste está situado na mítica estación Remourelle , a brava parroquia Ribadense acolle de novo o Aberto do Coello de Suso que marca o fin de temapda regular na conferencia mae. Ó final do Aberto a accion transladaráse á Taberna de Lola donde haberá entrega de trofeos ós primeiros clasificados de conferencia en cada unha categoría nunha gran festa final con música, viño e pinchoteo con productos do páis. Para todos os que queiran arrincar a xornada con forza varios equipos reservaron mesa na Taberna de Lola para xantar antes do Aberto, se queres unirte fai xa a túa reserva >>  607.630364


















E simultaneo á chimpo do coello de Suso en Remourelle na pista da estacion vella de Conxo en Compostela  a tribo estornela desputará un novo aberto puntuábel organizado pola referencial equipa de Xogos Tradicionais de Conxo que con Mario á fronte están tamén xestionando o gran Play Off Nacional da LNB no novo emprazamento de Marrozos. Contacto>>  654.232108
















E o Sur colle carreira e ista find. pisando a fondo o acelerador xa que iste sábado nuncian Abertos puntuábels , o sábado en Porriño , no mítico espazo do Torreiro de S.Campio , donde as pinchas da Conf. Sur bruaron por primeira vez na história, un Aberto ademáis organizado pola equipa decana da Conferencia Paquete Pinchas














... e o domingo o andacio billardeiro seguerá a extenderse polo Sul cun novo Aberto puntuábel no espectacular emprazamento do Parque de Castrelos deVigo da man dos temidos e impredecíbeis FaiscaContacto >>647.190789 / E CONFIRMADO DENDE A CONF- NOROESTE QUE ISTE DOMINGO ÁS 11:30 H. NO ESPECTACULAR ESPAZO DO CAMPO DE HERBA ARTIFICIAL DA TORRE DE HÉRCULES NA CORUÑA DESPUTARASE O DERRADEIRO ABERTO PUNTUÁBEL DA TEMADA REGULAR DA PODEROSA CONFERENCIA ATLÁNTICA . CONTACTO>> 679.908773

















Unha find ista na que se andas polas terras do hemisferio sul teste que deixar caer por Marín donde os referencias Almuinha , equipa LNB da Conf. Sur, teñen preparado un espectacular programa con lema de " Em galego todo é possível "!!