O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

quarta-feira, abril 03, 2013

MOI BON FIN DE SEMANA PARA PROBAR AS FRECES... E MALÍSIMO PARA DEIXAR DE FUMAR [ Farias da Coruña ]!!


















Un palanador ou palanadora da LNB nescesita unha dieta especial e específica para non desafalecer en cada Aberto de Billarda , é por elo que a iste sábado na primeira irrupcion billardeira nas míticas terras de Bretoña a sepre multicor homenaxea a ise brutal alimento feito a base de manteiga , ovo , fariña pan duro e mel chamado FRECES. Un xantar ultra-tradicional recollido por Cunqueiro nas súas reseñas culinarias que fai uns anos en Bretoña homenaxearon cunha festa para a degustacion diste poderoso producto ,. unha celebracion que por varios motivos iste ano non vai ter lugar na parroquia da Pastoriza polo que vai ser a LNB quen ensalce iste referencial manxar niste novo aberto puntuábel para Conferencia Norleste . Non será o único aberta da find. nen oito menos as Freces enche de forza e calor o corpo da serpe multicor que simultaneamente a Bretoña en Castrofeito a tribo estornela da Conf. Centro estará tamén desafiando a gravidade ó igual que a poderosa gentalha da NorOeste que o domingo estarán reivindicando a billarda e as farias autóctonas ó carón da emblematica fábrica de Tabacos da Coruña.


Os espíritos rebeldes dos nosos antergos perseguidos por xogaren á billarda e comeren Freces chimpan orgullosos ó saberen que a indomábel xeración LNB os reivindica en cada Varado en cada cunca do insigne manxar co que serán premiados os tres primeir@s clasificad@s do I Aberto das Freces. E coas freces invadindo a redes sociais e un  forno de Meira dende donde moran os activistas de ExTensión Billarda a equipa que coordiana iste Aberto que informa que se o climatoloxía se volve mais extrema teñan xa á disposición da Sepre Multicor o Pavillón de Bretoña para celebrar a cuberto o Aberto das Freces. Freces Sempre , Adiante co Varal!!