O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

sexta-feira, abril 12, 2013

"ISMAEL OUTEIRO" É O ELEXIDO POR FLORES PARA DIRIXIR Á AUTÉNTICA FRONTE A EIRE NO INFERNO DE BELFAST!!


















Un cartaz que nubla a vista , que consolida a imparábel dimensión internacinal e internacionalista da LNB e que por suposto non esquence nen por un instantes os pobos irmáns que coma nós utilizan a billarda coma definición máxima do xeito de reivinvcarse coma nación , o Liriu , a Txirikila , o Bélit, o Tip Cat , o Pandolo , a Lippa , O Kibbel-Kabbel, a Quimbumbia , o Dainty, o Gilli Danda , o Konda Kondi, O Syatong...estarán no subcosnciente colectivo cando as billarda comecen a bruar iste Domingo á  no ar ceive do Botanic Gardens de Belfast. Non hai volta atrás , a Auténtica nun chimpo de dimension estratosféricas asalta os terriorios da Irlanda aínda ocupada para cos paláns na man deixar semente de victoria . Un Aberto internacional Eire-Galiza que ten a todo o pais en vela pendente dos carabullos da Auténtica , podes seguir o desenrolo do partido ao vivo no facebook de Ismael Outeiro,  palanador e habilitado por Flores para exercer as funcions de seleccionador nacional en Belfast , unha tarefa de máxima transcendencia para iste gran activo da LNB que asume , despois de saber o que é unha gran derrota como a acontecida na pasada Copa Cantábrica de Xixón , a responsabilidade máxima de conducir á Auténtica de novo polos vieiros da gloria ...
















Unha gloria que as horas previas do enforntamento internacional contra Eire terán coma epicentro absoluto no país a vila de Poio nunha nova enganchada puntuábel para a Conf. RíasBaixas e que será preludio do vindeiro sábado 20 cando se celebre unha nova edicion do sempre incendiario Xerro do Salnés , con Barathon de Furanchos e posteiror Aberto na Pista das Angustias de Xil donde as billardas se afogarán nas dúcias de tinto inxerido pola tribo LNB que se atrevan ó desafío - A cita apartires das 16:30 h. na Reiboa... que pase a história , que cuspa nas mans!!

1 Comments:

  • At 6:08 PM, Anonymous Anônimo said…

    Este comentário foi removido por um administrador do blog.

     

Postar um comentário

<< Home