O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

domingo, abril 07, 2013

FRONTE O ACOSO E DESALOXO POLICIAL DUNHA PISTA DA LNB , O´DRUIDA DA LNB BENDICE OS PALÁNS E A GRAN VICTORIA DE "CARME DE TROITAS BRAVAS" NO ABERTO DAS FRECES DE BRETOÑA!!





















De novo a climatoloxía adversa fixo imposíbel a tan agardade procesion e bautismo de paláns ó caron da mítica árbore meiga da LNB que marcha o espazo no que se realizou a primeira acción da história da LNB . Mais O´Druida endiañado da LNB e a súa auga turba estaban preparados para no espectacular pavillón de teito ovalado de Bretoña realizar a espectacilar e inaudita acción da bendición do paláns dos participandes niste agardadísimo I Aberto da Freces....despois dista elebrestrada cerimonia os palanadores e palanadoras da NorLeste poden afirmar que en cada golpexo seu vai o demo dentro!!

















Un cerimonia indixenista que tivo o seu culmen absoluto cando O´Druida da LNB ofreceu o año do demo en forma de CD comestíbel ós palanadores e palanadoras que antes do inicio do Aberto das Freces pasaron polo seu altar recibir a ostia que os pon cun pé xa directamente no inferno.

















Cascarillas e Hervy ambos do ExTension Billarda , equipa que coordianou iste fantástico aberto nas mítias terras de Bretoña, inxeriron a ostia que o Druida da LNB lles ofreceu e xa son os escollidos para seren os seu akólitos en vindeiras cerimonias da secta billarda . Eles serán os encargados de encher as copas con viño e licor café para que a naide , nunca máis ...lle empalaguen as ostias da LNB!!

















E arrincou un Aberto que dende o inico desprendeu un aroma de máxica combinacion de elementos que deixou incluso a palanadores de gran solvencia desquiciados queixabes pola altura situando iste aberto das Freces ó nivel dos partidos de futbol na cidade Boliviana de La Paz donde fai unha semanas Messi nacesitou oxíxeno e mesmo elemento que lle faltou á gran palanador dos Billardeiros Musicais Daniel que se víu impotentes e desquciados ente os varados errados por milímentros e incluso o poste. Final inédita entre Carme de Troitas Bravas e Xermán da Ekipa Bítere , a táctica e técnica fixeron a súa aparición nunha final das Freces que quedará inmoeralizada para história polas cámaras de Tele-Varal donde se poderá reviver como a pista se mutou un taboleiro de xadrez donde ambos palanador@s desenrolaron un xogo espectacular e tenso no que Carme saíu coma gran vencedora . Non foi nen un Aberto nen unha victoria máis .... a Billarda e as Freces son femininas e a nosa revolución tamén!!
















E simultaneo ó Aberto das freces noutra mítica pista da Conferencia Centro, a da Madalena de Castrofeito , realizouse un novo aberto puntuábel que marcou o retorno á competicionda gran equipa de Xogos tradicionais de Conxo , foi o único Aberto dos tres realizados ista fin de semana nos que as billardas puideron bruar sen o acoso policial que iste sábado sacudíu a un comando da Ekipa Bítere cando se dirixía ó Aberto das Freces e ó brutal desaloxo ista tarde de domingo dos palanadores da NorOeste da  pista de Castrolaxe por parte da policía local que utilizaron contra os palanadores e palanadores técnicas de antidisturbios depois do denuncia dun veciño que estaba xogando cos netos ó fútbol británico. A LNB non pode quedar de brazos cruzados....contra a presión policial e os desafiuzamento de pista , Escrache billardeiro xa!!