O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

sexta-feira, abril 05, 2013

FRECES , ESTORNELAS , BAUTISMOS , PROCESIÓNS E FARIAS!!


































As Freces invadiron as redes socias de man da LNB e iste sábado voltaran invadir a gorza , o palador e espítito de toda a tribo da NorLeste na desputa do agardadísimo Aberto en homaxe ó exquisto manxar autoctono de Bretoña que se desputará apartires das 16 h. na pista de asfalto ó carón do centro social dista poderosa vila do concello da Pastoriza. E atención porque a referencial equipa ExTension Billarda prepara uns exquisitos manxares para lamber os beizos!!














E non será un aberto máis na gran xeira billardeira que invade o país enteiro senón que antes das billardas comezar a bruar , a serpe multicor deslizarase en Porcesión dende a igrexa ate a árbore Meiga da LNB no campo da festa para diante do placa que indica o espazo donde se ralizou a primeira accion billardeira-LNB da história. Alí haberá unha pregararia , interpretacion e leitura do himno da LNB para posteriormente o gran seleccionador nacional Manolo Flores realizar o bautismo de paláns con auga turba. Iste sábado en Bretoña tes unha  coa história!! / Contacto: 686.458560
















E simultanea á cita histórixa en Bretoña na pista da Madalena en Castrofeito a tribo estornela tamén se reunirá e despois de entoar unhas pregarias billardeira pedindo tregua ó deus da chuvia , iniciarán un novo aberto puntuábel para a Conf. Centro no que estarán a mítica equipa de Xogos Tradicionais de Conxo para tamén tecer a tea que nos conduza ate a terra de Marrozos no Play Off Nacional con data xa definitiva para o 26 de Maio. / Contacto: 654.232108
















Fuma negro sucio blanco , Fuma farias da Coruña e faite palanador e palanadora ...isa é a transfgresora mensaxe que nos envía a tribo da NorOeste con iste fantástico nova cartaz anuciador do Aberto puntuábel que iste domingo en sesión de mañá invadirá a Fáfrica de Tabacos da Coruña . Billarda Sempre, Adiante co Varal!! / Facebook do NorOeste -ULTIMA HORA >>  Se o mal tempo non nos permite xogar na Fábrica de Tabacos temos como alternativa a pista de Castro-Laxe, en Vilaboa. Os habituais serán avisados por teléfono, whatsapp ou outros xeitos de comunicación rápida. Se algún non habitual ten pensado acudir ao Noroeste -esperamos que o cambio non o prexudique- pode chamar a Berdillo (687607477) para confirmar lugar e hora.

1 Comments:

Postar um comentário

<< Home