O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

segunda-feira, abril 08, 2013

BILLARDA ...DEPORTE NACIONAL , MIXTO E INDÍXENA!!




















Éxito sen paliativos nunha finde no que todos os elementos se puxeron da parte contraria para  tentar frear á gran sepre multicor da LNB , por unha banda a climatoloxía e pola outra os incomprensíbeis estalos represivos á accion billarderia coma o acontecido primeiro o sábado nun control tráfico no que un comando de palandores da LNB foi interceptado polas forzas de represión policial camiño do I Aberto das Freces na estrada que une Lourenzá con Bretoña para identificar ós ocupantes do vehículo esixindo carné de identidade a todos os activistas LNB que ían no carro , puido ser unha casualidade pensarán algúns , mais non foi tal  ó comprobar como ó día seguinte os palanadores e palanadoras da Conferencia NorOeste foron desaloxados pola suposta denuncia ás autoriadades dun veciño utilizando técnicas antidisturbios da pista de xogo de Castro-feito cando se dispuñan a iniciar o seu Aberto puntuábel. Balea na NorOeste e Xan Rodiño en Castrofeito na Centro ocuparon o pico dos podiums mentras Carme de Troitas Bravas se converteu na maxistral vencedora absoluta no Aberto das Freces de Bretoña , un punto de inflexión total e absoluto no devir da billarda como deporto nacional mixto e indixenista.....Adiante a República Indíxena Galega , Billarda Sempre!!

11 Comments:

  • At 7:43 PM, Anonymous Anônimo said…

    Moderate un pouco rapaz, pensa que, supostamente,estas falando en nome de una aspciacón (O Varal) e non despotricando no teo nome. Particularmente podes decir o e queiras, pero si usas un blogue de una asociación, deberías cortarte un pouco e tar seguro de que todos pensan coma ti.
    Supoño que o control de tráfico sería de rutina, como os que sufrimos todo bicho viviente e o desaloxo na Noroeste non foi tal. Certo qe se presentaron os municipales pero so para informarse da situación porque efectivamente un paisano quería xogar o futebol cos seus rapaces e tiña o sitio ocupado. A LNB seguiu xogando pero ante a insistencia do paisano pensou que non valía a pena entrar en mais polémica e decidiu trocar de lugar. Iso foi todo. Nin desaloxo policial nin carajo que se lle pareza. Eu de tí informaríame ben antes de decir tanta parvada que non beneficia en nada nin a Asociación nin os que practican habitualmente o xogo dabillarda. Saudos

     
  • At 10:50 PM, Anonymous Tonho Randeeira said…

    Non quero entrar en ningunha polémica. Nin con "anónimo" nin cos editores d' O Varal. Aclarar que o acontecido coa Garda Civil (non de trafico) na estrada camiño a Bretoña non foi algo rutinario. Rutina sería que che pediran os papeis do coche ou o carné de conducir mais a min que era so acompañante obrigáronme a identificarme co DNI sen ningún motivo. Negáronse a responderme a que se debía o motivo e aínda que lles recordei que o DNI é un documento persoal e intransferíbel tiven que deixárllelo para que o levaran ao seu coche. O mínimo que deberían facer uns servidores públicos é darme explicacións dos motivos que os levan a actuar de tal xeito.

     
  • At 11:23 PM, Anonymous Anônimo said…

    Anonimo 1. Moito se di que este blog representa a unha asociación, pero eu ainda non sei quen é socio dela. Ti? Quen?

     
  • At 12:33 AM, Anonymous Anônimo said…

    A LNB non ten socios, só persoas tanto rapazas coma rapaces, xente maior ou cativos que queren manter vivo un deporte tradicional, a billarda! Non se precisa ter unha acreditación ou carné para pertencer a ela! Acóllese a todo aquel que queira pasar un bo anaco conhecendo xente, falando con persoas de diferentes idades ou culturas, misturando billarda con música ou pintura, facendo deporte ou cultura e mantendo vivo o xogo co que os nosos avós se entretinhan cando eles eran nenos! A billarda, un xogo que se convertiu en deporte!
    Un saúdo dunha billardeira, Lucía dos Bulls!

     
  • At 1:19 AM, Anonymous Anônimo said…

    en Castrofeito ganou Basilio

     
  • At 11:51 AM, Anonymous Anônimo said…

    Moitos deixamos de xogar á billarda polo uso político que se lle está a dar desde este blog, se tanto decides que é un deporte, por que crear conflictos constantemente con cousas que nada teñen que ver coa billarda!
    Anímovos a seguir asi,,dentro de pouco quedaredes catro gatos, e deixade o nome da billarda os que realmente amamos iste xogo tradicional,,

    EX-palanador da LRB (liga regional de billarda)

     
  • At 12:01 PM, Anonymous Anônimo said…

    Non sei como vos atrevedes a decir que isto é unha asociación!
    ¿Onde se poden ver os Estatutos? ¿Cando facedes as asambleas? ¿Quen está na xunta directiva?

    Sacade a careta!



     
  • At 12:46 PM, Anonymous Anônimo said…

    Quen quere ver os estatutos?que llos ensino eu sen ningun problema. saca a careta e di quen eres e quedamos un día e podes repasalos estatutos.
    Marcos

     
  • At 10:05 AM, Anonymous Anônimo said…

    Deixaches a billarda pero segues lendo o blogue??? O teu non ten remedio.

     
  • At 12:11 PM, Anonymous Anônimo said…

    A billarda non a deixei, só deixei de xogar na vosa liga, e defeito un bo número de persoas está a promover unha nova liga, sen tanta chuminada coma esta..

     
  • At 11:40 PM, Anonymous Anônimo said…

    Tes boa razón Anonimo, e cando fagades unha nova liga a ver si la facedes un pouco publica para que alguns tamen podamos xogar sen todas estas caralladas, porque muitos imos xogar, esparcir a mente e non nos gusta mezclar o toucin coa velocidade

     

Postar um comentário

<< Home