O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

quarta-feira, abril 10, 2013

A LNB INSTAURA O EFECTO BOOMERANG NAS RELACIÓNS EIRE-GALIZA ...SÁBADO FUTBOL GAÉLICO EN CULLEREDO E BILLARDA EN BELFAST!!















O pasado billarda All Stars de Muimenta Ismael Outeiro realizou un aterrador e premonitor Mate incendiado a súa billarda coa que atacar o Varal. Un lume que Isma e o resto de membros de Carabullo levarán consigo nos seus chisqueiros para defrutrar dun aberto histórico en terras da Irlanda ocupada. Todas as olladas do activismo billardeiro internacional están postas iste domingo no Botanic Gardens de Belfast donde a Auténtica vai dar unha novo paso ó fronte de xeito totlamente autoxestionado e alleo a calquera tipo de apoio institucional.  O espazo facebook e o web-blog de Carabullo vai botar lume denda diste iste xoves cando o Rapiña da LNB ( denomición que recibe o avion que tranlada ós activistas da Auténtica ) erga voó dende a Galiza para aterrar en terra irmán de lingua gaeilge . Lume e paláns preparados porque segundo informan dende a cidade de Irlanda do Norte non desbotan a idea que a policía inglesa desaloxe da pista ós palanadores e palanadoras galegos e norIrlandeses antes ou durante o desenrolo do histórico Aberto internacional .



Unha poderosa e cada máis férrea alianza galaico-irlandesa-billardeira que se consolida coa militancia de moitos palanadores na equipas de futbol galélico galegas, como se pode comprobar niste xa mítico estalo ,  e que iste sábado en Culleredo terá un novo punto de inflexión coa desputa dun espectacular torneo de futbol gaélico no que haberá representates da potente Liga Ibérica. Alí estarán grandes estrelas do universo LNB participando coas súa equipas de futbol quentando mans e pernas para ó día seguinte acudir a Poio , moi preto do Restaurante A Gata Meiga morada da Coroza da LNB , para deputar un novo Aberto puntuábel da Conf. RíasBaixas.... Billarda Gaélixa Sempre!!

1 Comments:

  • At 11:21 AM, Anonymous Anônimo said…

    Varios dos billardeiros participarán nos partidos da mañán do fútbol gaélico desprazandose a tarde a Poio a desputar o aberto da LNB.

     

Postar um comentário

<< Home