O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

terça-feira, abril 02, 2013

A HISTÓRICA 1º PALESTRA-LNB EN PORTUGAL TRANSLADA O "ESCRACHE BILLARDEIRO" Á UNIVERSIDADE DO MINHO DE BRAGA!!



































O progresivo desafiuzamento cultural que están a sufir cada un dos centros educativos galegos está a deixar nas mans da LNB a única alternativa real de aprendizaxe , un xeito natural de trasmisión de sabedoría directamente herdada do sufrimento dos nosos ancestros pola loita secular de manter a lardo vivo un desporto e un xeito de vida chamado billarda, un aura de ar ceibe que incade cada aula ou sala cando se pon en marcha unha das xá míticas Palestras-LNB. Unha experiencia única e indescriptíbel que iste mércores poderán desfrutar en toda a súa intensidade e plenitude a xente da Universidade do Minho en Braga que teñan a valentía de asistir palán en man á disertacion brutal do pintor e músico de vangarda Alfredo Pirucha. Apartires das 18 h- Pirucha convertirá a sala 1005 do ILCH no seu lenzo particular no que trazar con sangue a vértixe dunha revolucion en marcha que por primeira vez penetra en territorio luso . Unha Pelestra que ó seu remate terá o contrapunto burtal do I Abertinho Braguense que será a semente para un incendiario Aberto que a Conf. Sur ultima realizar en terras dise vila galico-potuguesa.




















As Palestras-LNB un xeito de achegamento e de socializacion billardeira impresionante polo que ademáis da accion en Braga e da prolongacion da mesma que terá lugar iste xoves apartires das 20 h. hora galaico-portugues coa entrevista de Alfredo Pirucha nas ondas de Radio Iniversitaria do Minho que podedes sintonizar dende o voso transistor dixital ,  dende a Conf. NorOeste tamén están movendo ficha para uha outra Palestra-LNB que terá lugar no Centro Social Gomes Gaioso da Coruña .É por elo que esteñas donde esteñas esixe no teu centro de ensino , centro cultural , concello.... unha Palestra-LNB para sentir o poderoso bruar das billardas nos fuciños!!