O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

sábado, abril 13, 2013

A AUTÉNTICA PREPÁRASE PARA ISTE DOMINGO PACER A EIRE NO BOTANIC GARDENS DE BELFAST!!
















Mentras todo o país manten a respiración coa ollada posta no Botanic Gardens de Belfast donde a Auténtica dirixinda por Ismael Outeiro vai debutar fronte a impredecíbel selección de Eire , un combinado nacional que atención vai sorprender á Galiza cunha espectacular alineacion de nacionalizados que van saltar ó campo de xogo para tentar sorprenser á temíbel Galiza. A Auténtica ultima a estratexia os pubs da zona entorno á Palestine Street donde está o Hotel de concentracion , unha concentracion que será básica para rendir ó máximo , é posíbel incluso que Ismael Outeiro obedecendo ordes directamente de Flores , non deixe que os palanadores e palanadoras da Auténtica se deiten e vaias directamente enfilados para Botanic Gardens defender a gloria e integridade nacional do pais enteiro.  

















A Auténtica enfróntase a miles de Km da terra ó seu particular cruce de camiños , unha encruzillada que coincide co desacougante colapso mediático que converteu iste web-blog nun campo minado para os miles de varado-adict@s que acceden a diario polo Chorme. Sexa como for , mentras que a Auténtica se prepara para entrar en xogo en Belfast , na terra a LNB sen descando ultíma os vindeiros explosivos desafíos internacionais da Seleccion Galega de Billarda . Que pase a história que cuspa nas mans...FORZA AUTÉNTICA!!