O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

sexta-feira, março 08, 2013

AS RÍAS BAIXAS ACENDEN A MECHA QUE ESTOURARÁ ISTE MARTES NO CORAZÓN DAS RÍAS ALTAS!!



















O gato raxado das RíasBaixas parece que lle colleu medo á chuvia e iste sábado decidíu ser previsor e buscar un emprazamento alternativo para a celebración dun novo Aberto puntuábel  nista activa conferncia do hemisferio sur galaiko , será pois no Colexio Público de Mosteiro en Meis como informan no dende o seu web-blog oficial donde as billardas dende as 15:45 H . procurarán a  poderosa e cegadora Luz do Varal . Contacto: 659.553543

















E donde tampouco paran un segundo á no hemisferio Norte que despois da brutal celebracion do All Stars no gran foleón billardeiro aínda quedan lapas ardendo para iste 8 de Marzo palanadores e palanadoras dos Remourelle Bulls e de EkipA-Bítere na referencial Tabena de Lola reivindicar a figura das mulleres na sociedade e no universo billardeiro cun espectacular fotocall e que terá a súa continuacón á noite na sala Capitol de Compostela coa presencia de dúcias de palanadores e palanadoras famentos no histórico concerto dos Padriños Zënzar e dos afillados Invivo e Machina . E atencion porque a cousa non queda aquí , porque para o martes ás 17 h . a LNB prantexa un espectacular Aberto de alianza galaico-bolivariana que naide debería perderse ...ate a victoria sempre!!