O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

quinta-feira, junho 28, 2012

AÑO MOURO DA LNB NA DEVESA E FESTAS DA REPÚBLICA BILLARDA EN RIBADEO E DA REPÚBLICA GALEGA EN ORDES!!


































Todo preparado para iste sábado o Anho Mouro da LNB volte un ano máis facer estragos no campo de futbol da Devesa en sesión de mañán e tarde e ista edición tamén de noite porque apartires das 23 h, o Pub Rockuncho de Ribadeo vai ser o punto de encontro para toda o exército de palanadores , palanadoras e seguidores dista revolución imparábel na explosiva festa República Billarda coa actuación do cantautor-LNB Miguel Alonso acompañado pola súa banda coa posterior alebrestrada sesión de música galaika de dj Anho Mouro.


















E apartires das 11.30 as billardas comezarán a bruar no campo de futbol da Devesa donde Ribilleiros, Riboutros , Remourelle , Meira , Liriu-Asturies e Compromiso#LNB  loitarán a morte pola malñá e pola tarde pola gloria inmensa de levar consigo o maís desexado dos trofeos por equipas que se celebran fóra da tempada regular . E atención porque o Anho non ven són, xa que haberá unha edición especial do Bruar dos Bulls que poderás ler a pé de pista mentras agardas para deputar a túa carreira . Sidra , petiscos e todo o que queira traer para compartir e acompañar ista xornada de intensidade suprema marcará para a eternidade ista nova edición dun Anho unha vez máis totalmente auto-xestionado co que se poderá colaborar adquirindo as rifas do imprescidíbel queixo de ovella que se entregará ó final do Torneo....sáe do rabaño, vente loitar polo año!!
















E o domingo o relevo natural do año o collerán os irmáns da Conf. NorOeste na celebración un ano máis da República Galega, unha festa que estivo sepultada durante demasiados anos que os irmáns de Lucerna , Foucelhas e A Revoltaina de Bergantiños fai uns anos decidirón dar o paso á fronte para erguer o puño nista data tan simbólica para recordar a necesidade urxente de coller o cambio cara ó autogoverno. Será pois na estación vella de ordes donde se celebre ista festa do 81 aniversario con multitude de acción entre as que non podía faltar o Aberto de Billarda pola República Galega apartires máis ou menos das 16:30 h .

















Contacto>> 679.908773- República Billarda Sempre...Adiante coa República Galega!!

terça-feira, junho 26, 2012

MIGUEL ALONSO+GRUPO - SÁBADO 30 EN RIBADEO...A NOITE DOS CANS E O DÍA DO AÑO!!

















Iste vindeiro sábado depois de loitar polo año mouro da LNB na Devesa a tribo billardeira trocará os paláns e billardas polas cervexas , cubalibres e toda clase de dopaxe para apartires das 23 h. no Rockuncho de Ribadeu en pleno corazón da zona vella para desfrutar do que será o primeiro concerto de Miguel Alonso + a súa banda nas bravas teras da Conf. NorLeste. E será no contexto dunha de seguro brutal festa República Billarda donde ademáis da fantástica música ao vivo do autor da fantástica " días raros" haberá sesión de música en galego e linguas de pàises sen estado polo dj Anho Mouro , unha auténtica salvaxada que non podes perder por nada do mundo!!












Xa leva Miguel Alonso leva xa case dous anos en ruta sen tregua  co seu cadelo da man apresentando iste seu aclamado ultimo traballo que puxo dacordo por fin a crítica e público , unha coleccion de 12 temas que apresentará no concerto do Rockuncho de Ribadeo xunto con algunha novidade do seu xa agardadísimo novo disco, temas de raibosa actualidade coma a precariedade laboral , o chamamento á rebelión contra contra a violencia de xenero ou a condea do capilaismo salvaxe que nos invade xunto con temas de temática máis persoal son o núcleo dos temas que forman " A Noite dos Cans", un disco que conta tamén coa producción artistica para  deseño do espectacular libreto do fotógrafo-LNB Nachok, é por elo que ademáis de mergullarvos na música diste pequeno xenio ferrolán imperdoábel non facerse cun dos discos que vai ter a venda no concerto. Maís cando falamos da figura Miguel Alonso non podemos deixar de nomear a súa laboura de produccion do espectacular libro-disco "Once máis 15" , unha auténtica obra de arte que combinou musica e poesía , editado no 2009 por Edicións do Cumio e a asociacón MisicArte converteuse con moito no libro de poesía mais vendido da década con incluso difucsión internacional en medios coma Radio 3 donde Miguel Alonso apresentou isa auténtica xoia nun especial que deixou impactados a locurores e ouvintes.
























E se nos estás polas terras da Conf.NorLeste ista find , organízate e con os fuciños no recén estreado O Varal Twitter xa que ademáis do espazo Facebook na rede social do paxaro tamén poderás segurir con intensidade absoluta as reviravoltas da actualidade Billardeira que o vindeiro 21 de Xillo ten marcado en vermello chollima a II Edición do Umia Rock ,  Manuel Abuin , o gran alma mater, pulmón e fígado de Fachenda Galega  anda metido na coordianción do asunto polo que prepra´devos para un explosivo Aberto de Billarda no serán e pola noite concertanzo de banda do República Billarda...LABAZADA!!

segunda-feira, junho 25, 2012

ARTE SONORO E RUPESTRE...OS NOVOS XOSTREGAZOS DA INCENDIARIA E IMPREDECÍBEL FRONTE ARTÍSTICA DA LNB !!

















Dende a época glacial billardeira sempre se soubo e amosou ás claras que a revolución que arrincou na Meca de Bretonha a principios do século 21 era dun calado de fondísma imprimación poliédrica, imposíbel abstaerse a todo o abano creativo que se extende en paralelo ó bruar das cachizas no ar...é por elo que se cando dentro de miles de anos os arqueólogos estuden o fenómeno LNB verán as espectaculares pinturas de Pirucha coa mesmo intensidade e fervor histórico que hoxe ollamos as pinturas rupestres das cavernas do paleolítico inferior. Á absoluta e referencial obra do palanador bípedo Alfredo Pirucha temos que sumar xa os arrepiantes estados pictóricos referidos á evolución da civilización billardeira da que el forma parte e que está a inmortalizar dun xeito absolutamente brutal na coleccion  Avismo Bilhardeiro, a ela pertence ista imaxe titulada "Zombi Bilhardeiro" coa que demostra as claras que que se un non xoga á billarda de vivo faino de morto...


















Mais o comboio de lume e xeo da LNB-Art ista find. tivo tamén unha espectacular parada no Eu-Navia , foi no Bunker de Fame-Negra na Veiga donde os Ex_Tension Agraria entraron pola gateira para gravar un brutal puzzle sonoro co que saír disparados pola porta grande do Rock galaiko e internacional coa forza dunha billarda encarando un Varado , os de Bretonha non se andan con caralladas , claridade de ideas e de imaxes xa que será Pirucha o que ilustre a portada do de seguro histórico EP que troque para sempre o devir da música contemporanea diste puto país e do continente africano nos vindeiros anos e décadas....
















Dentro na sala de gravación calma-tensa en cada unha das tomas e fóra intensidade máxima buscando localizacións para o agardadísmo e tan desexado Aberto do Eu-Navia , xunto enfonte ó estudo os palanadores da LNB e anti-músicos de Ex_tension Agraria localizaron o espectacular espazo para iste de seguro tamén histórico Aberto . Mentras o año da LNB + palanadores e palanadoras se preparan para a desputa do Inter-Parroquial Davesa2012 que tará coma fin de festa o concerto do cantautor-electrico Miguel Alonso no Rockuncho de Ribadeo , cando Ordes se prepara para iste domingo 1 de Xullo celebrar a Festa da República Galega con por suposto Aberto de billarda incluido ...Eu-Navia. República Galega Sempre!!

sábado, junho 23, 2012

FADI MBAREK ABDESLAM....A VICE-CAMPEÁ OLIMPICA DE BILLARDA IMPULSA A FRONTE ARREDISTA NA LNB!!











Xa se poden consultar as clasificación da II edición das referenciais Olimpiadas Populares Galegas , donde a equipa das KURMANDINHAS foi a clara dominadora , mais ó carón das espectacular xestion en loita galega do palanador Brais na categoría de máis de 80 kg quedando segundo clasificado , o destacábel por riba de todo despois de coñecermos que Rubén Otero levou a coroza ó mais alto do pódium olímpico é coñecer a subcampioa absoluta Fadi Mbarek Abdeslam , palanadora pertencente á equipa ARREDEDISTA do centro social de Compostela . Agradamos con ansias e cos paláns e fouciños na man compartir espazo moi pronto nas pistas da LNB con Fadi e con todo o gran exército Arredista!!
















Nunha man o palán e noutra unha estrela para felicitar e apoiar con toda a nosa forza a acción coordiando por Siareiras Galegas e os irmáns da F.Artabria que iste vindeiro 20 de Xullo porán en marcha o debú da seleccion galega de Futbol Gaélico no marco do festival de Terra e da Lingua donde tamén haberá un explosivo Abertinho coordiando pola tribo Bezouqueira. Adiante pois porque a LNB tamén está potenciando o seu entramado internacional tentando dende a embaixada en Chile sortear as interferencias do estado español que impiden a libre participación das nosas seleccions nacionais a nivel internacional....Billarda Sempre, Adiante co Varal!! 

quinta-feira, junho 21, 2012

ARRINCA NA DEVESA A ATERRADORA CONTRA ATRÁS CARA Á DESPUTA DO ANO MOURO DO INTERPARROQUIAL_2012!!
















SÁBADO 29 DE XUÑO NO CAMPO DE FUTBOL DA DEVESA ( RIBADEO ) O GRAN ASALTO POLO AÑO NEGRO DO INTERPARROQUIAL DA LNB XA COMEZOU A SÚA TERRORÍFICA CONTA ATRÁS. A CONF. NORLESTE XESTIONARÁ COMO É HABITUAL ISTE MÍTICO TORNEO POR EQUIPAS Ó QUE XA TE PODES INSCRIBIR UTILIZANDO O FACEBOOK DO VARAL OU NO MAIL lnb.norleste@gmail.com  PARA REPRESENTAR Á TÚA ALDEA, PARROKIA , BARRIO , GRUPO MUSICAL , CENTRO OU COLECTIVO SOCIAL Ó QUE PERTANZAS. 5 MEMBROS POR EQUIPA , AS ELIMINATORIAS ARRINCARÁN ÁS 11:30 H. CON XANTAR DE IRMANDADE NO RESTAURANTE A PARRILLA MOI PRETO DO CAMPO DE XOGO A PREZO DE 10 EUROS ( CHUPIÑO INCLUÍDO ) . APARTIRES DAS 16:30 H. SERIES FINAIS E GRAN FINAL CON ENTREGA DO AÑO E A MÍTICA CULLER PAU PARA O DERRADEIRO CLASIFICADO. E COMA GRAN GUINDA FINAL DISTA EDICIÓN DO AÑO INTERPARROQUIAL FESTA-CONCERTO "REPÚBLICA BILLARDA" COA ACTUACIÓN DO CANTAUTOR-LNB MIGUEL ALONSO COA SÚA BANDA NA SALA ROCKUNCHO DE RIBADEO APARTIRES DAS 23 H.APRESENTADO O SEU CELEBRADO DISCO A NOITE DOS CANS E OS SEUS NOVOS TEMAS QUE XA ESTÁN LANZANDO CONTRA AS CORDAS A CRÍTICA E PÚBLICO.... SÁE DO RABAÑO VENTE LOTAR POLO AÑO!!

















Collede folgos pois , porque a cousa é de aupa , como xa sabedes tan só unhas horas depois do Torneo do Año , en Ordes o domingo 1 de xullo no marco da Festa da república Galega , explosiva 2º edición do aberto de billarda que se celebrará no espectacular entorno da estación do tren vella. E atención porque xa se confirman novo punto de inflexion coma o de seguro explosivo I Aberto do Umia Rock , coordiando por unha das institución da planaforma musical da LNB chamado Manuel Abuín ( Fachenda Galega ) cuxo festi terá ademáis coma cabeza de cartaz a unha das bandas do República Billarda.... LABAZADA. Segue o exemplo con dignidade e faceha de Manuel Abuin e monta Abertinho donde vaias , mesmamente aproveitando os lumes novos de San Xoan coma o dos irmáns de Madia-Leva de Lugo que iste domingo van armala de novo en SanXillao...non imos parar ate xogar en todas partes!!

quarta-feira, junho 20, 2012

REPÚBLICA GALEGA , REPÚBLICA BILLARDA E INTERPARROKIAL_2012....AS CITAS INEXCUSÁBEIS PARA A FIND DO 30 e 1 de Xullo!!

















O vindeiro 1 de Xullo en Ordes celebrarase unha nova edición da Festa da República Galega no seu 81 aniversario , os colectivos Lucerna , Revoltaina e Foucelhas artellán no entorno da Vella Estación de tren de Ordes unha nova festaza de sons , letras e actitudes ..a arrincada con dianas e alboradas e posterios sesión vermú amenizado polo Quinteto Litoral. Posterior xantar de irmanade republicana .E na sesión como non pdoía ser doutro xeito esplosiva nova edición do Aberto de Billarda da República Galega coa animación paralela do espectaculares Quinteto Litoral, o palanador hip-hopeiro GendeBeat , os estalos do actor Pepe Penabade e do grupo de teatro de rúa Os Quinquilláns . Mercadiño con stands dos colectivos participantes e Debate aberto sobre a República Galega e Billardeira que con actos tan potentes coma iste reivindican a súa urxente necesidade de posta en marcha....











E atención porque nisa mesma find. ultímase tamén a gran festa da República Galega-República Billarda en Ribadeo para o sábado 30 de Xuño coa desputa dunha nova edición do explosivo torneo Inter-Parrokial por equipas que terá o seu punto álxido cunha explosiva festa-concerto na sala Rokuncho na zona vella de Ribadeo ...vai preparándote porque  a ovella xa foi ó caneiro mouro e o año está precioso agardando na corte pola ekipa vencedora do Inter-Parrokial 2012 , inscripcións de equipas >> lnb.norleste@gmail.com 

terça-feira, junho 19, 2012

TOP-MATELO ..EN SOLIDARIDADE COS IRMÁNS AFRICANOS DO TOP-MANTA PERSEGUIDOS E ALDRAXADOS EN LAVAPIES E ALACANT!!

















Tiros ó ar de axentes secretas fai unhas semanas nas rúas madrileñas para amedrentar ós irmans africanos que se adican ó Top-Manta no barrio de Lavapies. Unha presion policial que se extende imparábel por todo o estado que estourou de novo istes días en Alacant cuns conflictos nos que subxace o elemento xenófogo das autoridades policiais á comunidade africana que se adica coma nós á noble arte da libre distribución de cultura amparados unicamente por un unha manta e a dignidade.
















Aquí se pode ver as extremecedoras imaxes dos axentes brancos enviados direcamente polo novo presidente da Sgae Reixa para limpar de negros e discos piratas as rúas de Torre Vieja , podes cociñar un santo para non podes mercar un disco nunha rúa ou descargar libremente un saco de cemento,  hoxe son eles mañá seremos nós, gafas piscodélicas , billardas, bolsos , camisetas ...e demàis complementos son tamén artículos que ó igual que no Top-manta , o Top-Mantelo ten pensado incorporar á súa fantástica nómina de artículos en venda nos centos de abertos que iste veran infectar o país enteiro...failles fronte mercando os teus productos anti-culturais no Top-Manta e Top-Mantelo!!

PONTE-VEA ....OLIMPISMO BILLARDEIRO CEIBE E SOLIDARIO!!






























Prender a radio pola mañá e que nunha disas lixo-tertulias e metras trocas de emisora no carro sentir a unha patética analista decindo que a posibilide de que Madrid sexa elexida por fin sede olimpica sería un impulso para  economía dun estado en ruina absoluta como é o español.



Mentras ises tertulanos da caverna mediática enchian o bandullo durante a pasada find. para ter papo que vomitar na xira tertulias de toda a semana , os auténticos deportistas olimpicos se citaban en Ponte-Vea ( Teo ) para desputar una nova edición das xa absolutamente referenciais Olimpiadas anti-imperialistas Galegas. A emoción da pista se contaxiaba os banquiños donde os palanadores e palanadoras debecían por saltar ó campo de xogo defender as cores do seu centro social ou colectivo socio-cultural ó que representaban.



















Durante a proba de billarda celebrada o sábado polo serán o tempo acompañou cousa que trocou mais tarde con auga a chuzos .
















Tension e nervios entre palanadores e palanadoras que ollaban como Rubén Otero , a actual Coroceir@ Nacional voltaba a despregar o seu implacábel xogo que só podería ser detido cun barrico de 50 litros de licor café como mínimo





















Espectacular a galería de fotos das OPG2012 guindada polos irmàns de GzContrainfo donde se poden ver , ollar e sobretodo desfrutar de estalos de todas as displinas en xogo en Ponte-Vea.


















E no GzContrainfo tamén se pode ver a explosiva apresentación no CS A Revolta , brutalmente atacado fai un par de semanas , da campaña dos irmáns de Siareir@ Galeg@s para o seguimento da Eurocopa de Futbol argallada na cabeza dun palanador da LNB no que unha vez máis a seleccion Galega ten a súa participación impedida pola acción do estado español como moi ben afirma o Komandante Viana palanador da Faisca que fai un minucioso repaso pola historia de Siareiros que nos dispara cunha billarda entre os dentes a berrar ...Bilharda Sempre, Umha Naçom , Umha Seleçom!!

segunda-feira, junho 18, 2012

LICOR CAFÉ E RAKIA CROATA...A FORZA DA CIVILIZACIÓN PANDOLO BUSCA A CLASIFICACIÓN NO EUROCOPO DE FUTBOL!!



Imposíbel manterse á maxe cando irmáns coma a seleccion Croata de futbol afronta un decisivo partido no Eurocopo , será ista noite de luns cando a pelota bote a rodar nun campo de Polonia mais dende Bretonha a Dubrovnik érguense os paláns para apoiar con uñas e dentes a clasificación dos irmans do Pandolo que é denominación que recibe o noso desporto nas terras dista poderosa nación que para mais inri viste coas cores do Top-Mantelo. Niste espectacular video-estalo producido polo Promursko A Ligo Pandolo . entidade análoga á LNB , podemos obserbar a forza brutal diste noso desporto e a vitalidade dos palanadores e palanadores croatas , todo elo acompañado da BSO da Champions League , un chamamento totalemente explicito para que Belitistas , Txirikiarais , Palanadores e Palanadoras duha vez por todas rachando os aramios de espiñas dos campos de concentración do deporte federado co que o estado nos condea...paláns ergueitos por un Europoco billardeiro donde Licor café e Rakia Croata se crucen nos nosos vasos e varados!!










E nun día coma hoxe no que a prima de risco española acariña os 600 puntos , moito cuidado como te vistes antes de saires da casa  xa que os corpos de seguridade do estado están totlamente programados para recaudar polo que calquera camiseta , bufanda ou bandeira que poida ser susceptíbel de perxudicar a "la roja" é utilizada para multar salvaxemente ó que a leva, e non o decimos de broma, desclasificamos pois un espeluznante documento que amosa a multa a un palanador madrileño que perticipou en Abertos coma o dos Ancares do Fegalcat . O día depois do partido  italia-españa e por casualidade vestindo unha camiseta do Inter montado na súa bicicleta , sen querer , meteuse por direción contraria accion pola cal foi parado e multado por circular en dirección contraria coa salvaxada de 500 euros , unha saña naturalmente probocada por vestir unha camista dunha equipa italiana que os axentes tomaron coma unha ofensa e probocación. Non corras riscos, hoxe segue o partido da selcción Top-Mantelo na rede de locias ceibes que coordianan siareir@s galeg@s...Pandolo Sempre. Adiante co Varal!!

domingo, junho 17, 2012

COROCEIR@ NACIONAL E CAMPIÓN OLIMPICO , UN PITU CASE DESIDRATADO , FRANCO REIVINDÍCASE NO SON DO MASMA E ILEGÍVEL PENSA NUNHA POSÍBEL MUTACIÓN FOLK!!

















AXEÓNLLATE PORQUE SÓ A OLLO DE PITU CALEYA SE PODE DESMEMBRAR E ANALIZAR ISTA INCENDIARA FIND . DE BILLARDA , SONS , LICOR CAFÉ, LICOR DE TOXO, XENEBRA GALEGA , ACTITUDES E OLIMPÍSMO CEIBE E COMPROMETIDO..


















Fai tan so unhas semanas Rubén Otero convertíase en Conxo no novo COROCEIR@ NACIONAL , iste sábado na terra batida de Ponte-Vea,  Otero voltou facer soar o pandeiro para facerse un sitio no Olimpo dos Deuses e Deusas ó converterse tamén en novo Campión Olimpico de Billarda no exploSiVo marco das Olimpiadas Populares Galegas .  Atención ó video dos irmáns de GzVideos porque hai xente entre eles o campión olimpico derrocado Xose Miguel tamén da faisca , que quere ver varias "xogadas polémicas" repetidas....

















E nisa mesma mañá do sábado na campo de futbol de Piarnu ( Asturies ) cun intenso e perpétuo barruzo , dába comezo unha nova edición do xa mítico Abiertu del Pitu Caleya, coordiando polo referencial Comandante Hevia . alí estaba tamén outro dos activiasta do Liriu como é Arturo de Xixón , ambos xa estudan a posíbel presenza dunha equipa Liriu na desputa do ano mouro da LNB ademáis de establecer coordenados coa LNB para irrupción liriu-billardeira no festivo Liet International que iste ano se celebrará na Laboral de Xixón.
Mais pese á numeros presenza de machetadores e machetadoras asturianos o podium foi copado por membros da LNB que cruzaran a fronteira para desputar o Pitu Caleya , despois dunha viaxe tormentosa para o Pitu cara á Galiza donde case falece desidratado na maleta do carro,  a istas horas xa podemos confirmar que descansa no galiñeiro da LNB de Remourelle coma un supervivinte máis do gran holocuasto Liriu.  



E sen descanso posíbel para o comando Pitu-Caleya da LNB desprazado dende Ribadeo a Piarnu , xantar en ruta e pola tarde volta á marabilloso campo de batalla ista vez en Celeiro de Mariñaos ( Barreiros ) no marco do Aberto do festival do Son do Masma





Cun terreo de Xogo en condicións moi bravas , os palanadores e palanadoras da LNB comezaron as roldas loitando contra o adversario e contra o prado para o que máis ca un palán se necesitaría unha grade e un arado xunguido a usn bois para poder domesticalo

Dito e feito , Eric , o maxistral palanador dos Outros que fixera podium pola mañá en Piarnu ollaba acurradao entre dous Bulls , Muriego , o palanador experto en fauna mariña lanzaba tamén o anzó en terra firme para adentrarse coa forza dun tabeirón ferido nas profundidades do Varal do río Masma .

Eric dos Outros terceiro , Muriego dos Bulls de segundo e Franco de BM no máis alto do podium bañado en fantástico Licor Café entregado polo noso gran selecionador nacional Flores acompañado por unha auténtica institución da LNB como é o Zidane da Billarda que ó igual ca outros palanadores históricos de Celeiro de Mariñaos estiveron participando niste Aberto que ogallá marque o seu definitivo retorno ás pistas da LNB. 

Xornada a dista find. de intensidade Folk xa que o sábado en Mugardos se celebraba o referencial Festifolk  en cuxo Aberto o campión foi Cristian de Bateas e o domingo en sesión de mañá se celebrouse en Touro o Aberto do Folk in Río donde o seu compañeiro de equipa Luis se proclamou vencedor , a curiosidade é que nun contexto musical no que as gaitas , pandeiretas e pandeiros son absolutamente predominandes dous dos membros do grupo galego mais estorndoso da hsitória como é Ilegível sáen victorioros...será en realidade o festival de Ortigueira donde Ilegível deberían realizar o seu gran concerto de refundación?? ...Billarda Sempre , adiante co Varal!!

quinta-feira, junho 14, 2012

ARRINCA A FIND. CUNHA BRUTAL ACCIÓN NUN LICEO DE SEMENTE BILLARDEIRA ..."DÁLLE FERRO!!" BERRABAN OS NEO-PALANADOR@S!!


Sementar Sementarei , loguiño de craerar , en tanto no pobo medre, un meniño , un vello e un cantar....Fuxan estouraba en cada golpexo dos neo-palanadores e palanadoras que iste xoves en histótica sesión arrincou as lagañas a iso das 9 da mañá ós alumnos do EIS Gamallo Fierros de Ribadeo . Na espectacular imaxe arrincando carreira un dos xogadores que marcou estilo nista brual acción billardeira no marco da Semente Billardeira nos Liceos , Flores dende logo xa ten sobre a mesa os informes que poden convertir a iste maxistral palanador aínda en idade escolar no Balotelli da Auténtica , e xunto a el moitísimos xogadores e xogadoras que demostraron cos seus xuramentos e golpexos que hai unha firme base para seguir medrando niste gran proceso espiral no que a LNB está inmerso.

Fai unhas semanas durante a desputa do Paly Off Nacional en Conxo o campión nacional galego de ciclismo en ruta apresentou no Set-LNB o espectacular cartaz das Olimpiadas Populares Galegas que ista find. se desputarán en Ponte-Vea ( Teo ). Nun intre no que a figura de Lance Amstrong , o ciclista americano 7 veces campión do Tour , está en entredito pola pantasma do doping , a LNB unha vez máis con ista imaxe sáe na defensa dos deportistas coma o Ciclista-LNB cuxa única dopaxe é a carraxe e as ánsias de esfolar ruta, esfola ti tamén a estrada!!>>Sábado 16  Proba de Billarda nas Olimpiadas Populares de Ponte-Vea 647.190789 -  Aberto do Son do Masma en Celeiro ( Barreiros ) 605.316896 -  Aberto do Festifolk Mugardos 650.731353-  Abiertu Pitu Caleya en Piarnu ( Asturies ) 644.294287.-  e o domingo 17 Aberto do Folk in Río ( Touro ) 654.232108


Pequena charla a pé de pista despois de que un histórico da LNB como Ginés dos míticos Cornería-Team que se atopaba nas instalacións do centro demostrara a súa espectacular pegada cuns maxistrais golpexos cara ó varal . Atendendo ás indicacións da micro-palestra billardeira vemos tamén a unha palanadora dos míticos Bíteres "Lía" a primeira pola esquerda exerceu tamén de maxistral instructora para os seu compañeiros 

Función que tamén exerceu Bruno, o palanador tamén dos Bíteres , exerceu de mestre de cerimonias na posta en marcha do Abertinho da terceira clase que saíu á pista para tomar contacto con iste noso desporto que racha moldes e que case racha tamén fiestras das aulas. 


 ....para que vale xogar á billarda? preguntou unha das rapazas , e para que vale xogar á PSP? respostou a serpe multicor da LNB, aquí polo menos estás con xente e podes pegarlle cunha billarda nos fuciños a un profesor . ó director ou escachar unha fiestra e non che pasa nada , incluso podes botar uns xuramentos cando non lle apuntes e naide che pode chamar á orde porque simplemente estás noutro nivel...Semente Billardeira, Pánico nas aulas!!

A EUROCOPA CON SIAREIR@S GALEG@S....NUNHA MAN O PALÁN E NA OUTRA A BILLARDA E UNHA CANHA!!



















A lume da carozo bruarán as billardas ista find. por todo o país adiante , que as casetiñas coma a do referencial Aberto de Xotramu de Muimenta invadan cara recuncho  para cubrirse do sol e tomar unha Menduiña fresca non pensedes que é cuestión de agardar por unha deputación, un concello ou da secretaría de deportes da xunta , depende de ti unicamente que a cada concerto , festa, festival, roteiro ou actividade que faigas vaias armado co palán e billarda e que utilizando a túa rede social favorita lances ó mundo o gran reto dun Abertinho...rachando muros e saltando valados , pese a quen lle pese as billardas son xa un marabilloso andacio que infecta a toda a populación e que seguindo a senda deixada pola Semente Billardeira nos centros de ensino de Becerreá, Ribadeo, Pontevedra, A Pastoriza... iste mesmo xoves en sesión de mañá no EIS Gamallo Fierros da vila ribadense acadará unha nova dimentsión cunha acción billardeira para celebrar á fin de curso cos alumn@s do Liceo .
















E que mellor ca unha caña ben tirada para combater os primeiros quentes do verán e os primeiros quentes da Eurocopa que iste mesmo xoves ten á selección irmá de Irlanda disposta a dar a sorpresa , por desgraza no falamos de rugby senón de futbol donde Eire é a priori unha "cenicienta" para claquera ribal dista fase final en Polonia-Ukrania. Co cada vez máis preto horizonte da competición oficial internacional para as seleccions nacionais galegas , entre elas naturalemtne a Auténtica, non podemos màis que coller o xarra chea de cervexa e unirnos á espectacular acción Canheira botada a diante polos irmáns Siareiros Galegos para seguir nos bares do país ista Eurocopa animando a todas as seleccions que se enfrontan contra aquela que non permite que Galiza poida estar alí, unha impresionate inciativa que como non podía ser doutro xeito xestouse na cabeza privilexada dun palanador campión olimpico que iste sábado defenderá con uñas , dendes e xarras de cervexa na man o seu título na espectacular pista de Ponte-Vea donde se celebrará a proba de Billarda no explosivo marco das olimpiadas populares galegas...e se queres inscribir o teu bar habitual ou colaborar activamente na rede de accións canheiras na Eurocopa non o dubides , fialles fronte e faino xa!!  >> nacional@siareirasgalegas.org

segunda-feira, junho 11, 2012

BILLARDA E CINEMA ÉTNICO INVADEN O POBO GALEGO MENTRAS "CAN BARRACA" APERTA A GLORIA NO GRAN OLIMPO BÉLIT!!







Co espectacular Lipdub da LNB estourando e rachando aramios pola rede , iste luns arrinca no Museo do Pobo Galego unha nova edición da referencial Mostra de cinema Etnográfico , sen dúbida un marco perfecto para exibir o noso lipdub ou nunha edición futura o gran documal sobre a LNB que sen dúbida o pobo enteiro está pedindo . E mais cando no programa da mostra de etno-filmes está un francotirador irmán como é Manuel Darriba , apresentando o seu espectacular " Pacios, As Fotos da Memoria " ó carón do archipremiado internacionalmenta Wikingland de Xurxo Chirro . Un empurre e fungar étnico que ista find. vai por as billardas da LNB a gradar o ar galego .Sábado 16  Proba de Billarda nas Olimpiadas Populares de Ponte-Vea  -  Aberto do Son do Masma en Celeiro ( Barreiros ) -  Aberto do Festifolk Mugardos -  Abiertu Pitu Caleya en Piarnu ( Asturies ) -  e o domingo 17 Aberto do Folk in Río ( Touro ) . E atención porque nun dos puntos máis alto do país como é Manzaneda con contexto Brutal do festival da Rebusca en Manzaneda se prantexa realizar o explosivo primeiro PECHADO DA LNB , a homenaxe billardeira ós gaiteiros que utilizan iste ancestral xeito de tratar o punteiro- E ti que tes aquí chantados os ollos a qué carallo agardas para converterte en activista LNB e organizar un puto Aberto co que alzar as voz e arrebolarlle as billardas ós bancos e as institucións todas...COMO ANCONTECEU NO EXPLOSIVO ABERTO IMPROVIDADO POLOS ACTIVISTAS DE LUCERNA DE CERCEDA  EN FOLGUIEIRA DE CASTELO EN CULLEREDO COMO INFOMA OVARAL FACEBOOK, RACHA AS CADEAS E UTILIZA AS REDES SOCIAIS COMA ARMA ARROXADIZA  PARA MONTAR E  IMPROVISAR ABERTINHOS!!










Puidose ver en Conxo . ó selecionador habilitado Serxio da Faisca tomando notas e somentendo a exames de lanzamento coas palas dos irmáns do Bélit ós palanadores e palanadores da LNB para xestar e preparar unha Auténtica que con garantías poida prantar cara ós potentísimos Paisos Cataláns no próximo terceiro envite que nos libre da pesada loita das derrotas pasadas ...


Un universo o Bélit que ven de consagar a Can Barraca coma novos campións do mundo na  gran competición que aglutina ás grandes franquicias de PP.CC , un torneo que na súa oitava edición consolídase coma unha das competición continentais de referencia absoluta na que porqué non... algún día tentar competir cunha equipa da LNB , nada é imposíbel como tampouco é imposíbel que a seleccion Catalá de Bélit ó igual que a Auténtica sexa unha das puntas de lanza para que ó non haber federación española diste noso desporto poidamos xogar de xeito "legal" a nivel internacional....Parabéns dende a Galiza para Can Barraca, Bélit Sempre, adiante co Varal!!

sexta-feira, junho 08, 2012

COLLE A BILLARDA , ESPALLA E DIFUNDE .....O HISTÓRICO E ALEBRESTADO LIPDUB DA LNB!!


Ficamos SOS , o palán a billarda e o lipdub....o pelotón de fusilamento da LNB , a voráxine do suceso colectivo , a infámia transversal da constelación atrapada nun mesmo Varado Infindo dirixido a chantarse no corazón da razón mesma , improvisa e vencerás ...Lipdub da LNB , dispárallo nos fuciños!!

- mamae tiven un pesadelo no que saía moita xente correndo co corpo ardendo e posuida polo diaño... ( afirma embolto en suor frío o neno recén acordado )

- non fillo , ( responde a nai cun coitelo  e un rosario entre as mans ensanguentadas ) ti durme e tranquilo que á billarda non volves....Corocei@ Nacional, MANIFÉSTATE!!

A CHAQUETA DE LÁ ...E O GRAN RETO ESTÉTICO PARA ISTE DOMINGO SAIRSE DO RABAÑO APOIANDO A UN GRAN PALANADOR DA LNB!!

















Chega o verán e a climatoloxía úrxe ó corpo refrescarse ante a canícula, o entenden as bestas mais existe como non poía ser doutro xeito , un colectivo humán que desafía as máis elementais leis da física perpetrando unha espectacular competición entorno ós Abertos de Verán cuxo vencedor ou vencedora vestirá a xa popularmente coñecida coma  Chaqueta de lá da LNB . Os Furabolos , unha das potentes franquicias da área estornela e a tribo da Conf. Salnés coordianarán ista abafante competición que dará comezo o 17 no Folk in Río de Touro cuxo campión sentirá o estraño roce dunha pel sintética , dende as terras da Norleste donde se ultima a gran comptición por equipas do Año Mouro , amosan a súa total implicación para ou ben agora esquilando o año ou ben despois unha vez esfolado para ser inxerido pola equipa gañadora,  pasar moi gostosamente a pel da ovella para que o gañador ou gañadora da Chaqueta de Lá poida lucir explendoros@ unha prenda realizada con Auténtica lá de ovella ou carneiro galego e billardeiro.



















E se de rabaños falamos e  iste domingo queres saírte del , podes facelo con orgullo absoluto  xa que é unha auténtica honra para os palanadores e palanadoras da LNB que así o sintan poder saldar unha dábeda histórica cunha institución no ámbito humán e billardeiro coma é Franco, o palanador Italo-Galego de Billardeiro Musicais que tantas veces defendeu con uñas e dentes a cameseta e orgullo da Auténtica iste domingo no debú a súa seleccion natal no Eurocopo de Futbol non pode sentirse en soidade no seu Ribadeo adoptivo abafado pola cor "roja", de seguro que serán moitos os que se atrevan a vestir unha camiseta azul de Italia para acudir ó bar ver o partido nista vila da mariña e en moitas màis do país adiante porque ...Viva Franco, arriba a LNB!!

quinta-feira, junho 07, 2012

PALÁNS ERGUEITOS EN CHILE EN ALIANZA CO POBO MAPUCHE PARA BERRAR VIVA LAUTARO...FÓRA MONARQUÍA DAQUÍ E DALÍ!!








Fai un par de anos un palanador da LNB xa conviveu en harmonía e sintonía absoluta co pobo indíxena Bolivián dos Aimara , unha semente a do indixenismo-billardeiro que floreceu cunha intensidade brutal fai uns meses co arrivado nas terras Chilenas de Pinto,  palanador , cociñeiro e activista da Faisca que en alianza cos irmáns Mapuches encabezou ista semana a delegación da LNB-CHILE nas protestas secesionistas e indixenistas contra a presenza do máximo representante do estado español e da súa comitiva de alimañas en chan Chileno. Por seguridade Pinto enviou o espectacular crónico do suceso por un dos Pichóns transcontinentais da LNB para evitar os pinchazos telefónicos e do correo electrónico, por desegraza ó chegar , o Pichón extenuado faleceu e o seu corpo disecado será o premio sorpresa para o gran vencedor anónimo do concurso "U-LO O Palanador da LNB" . Forza Mapuche e República Billarda ...fóra monarquía daquí e dalí!!! >> 



Ano 1546: Lautaro era un neno Mapuche cando comezou a conquista chilena do exército espanhol de Pedro de Valdivia, con tan mala sorte que cando chegaron a súa vila, preto de Concepción, o susodito Pedro de valdivia decidiu secuestralo e mantelo coma un bufón. O neno permaneceu 6 anos cos espanhois, coma era o paje de Valdivia, tiña que acompañalo en todas as súas peripecias militares, foi aí cando Lautaro aprendeu a montar e a dominar ao cabalo, onde aprendeu as tácticas de combate dos espanhois e estes, confiando nel, ensinaronlle o uso das armas e a disposición na batalla dos espanhois.

Despois dunha das batallas máis cruentas - Andalién- e observar como o exército espanhol se adicaba a torturar e mutilar aos seus compatriotas, so por diversión, Lautaro decide fuxir e voltar cos seus.

Ao seu regreso foi nomeado lider dos Mapuche, e os conduciu a moitas victorias fronte aos espanhois, froito do coñecemento táctico e das armas que tiña Lautaro.

A guerrilla revolucionaria Mapuche, atopábase rodeada no mapa chileno, tiña flanco espanhol polo norte, e flanco espanhol polo sur, así que decide encargarse dun deses flancos e despois dunha longa luita, consiguen capturar a Pedro de Valdivia con vida.

Lautaro, despois de ver todo o sufrimento que ese home lle causara ao seu povo, decide colgalo boca abaixo, e arrincarlle a pel en vivo, para posteriormente ir cortando pedazos de carne das pernas e compartila cos seus. Despois, coma na escena do filme de Indiana Jones, arríncalle o corazón do peito, e papao. Esta xente si que era brava, ostia.

















[ foto do cazador de elefantes xunto co presidente Chileno Sebastian Piñera ]


Aló polo mes de Abril, recén eu chegado ao meu novo travalho, saltaban á palestra varias novas. O rei dos espanhois, na peor semana da crise do seu país, marchou de viaxe a Botswana, para ir de cacería, por sorte ou lástima - a lástima foi que non morrera- tivo un accidente que lle ocasionou a rotura da pelvis.

Fíxome moita gracia, porque toda a xente me preguntaba: - Y para qué sirve un rey, cachai weon?, e eu só atinaba a respostarlles "pois non sei".

Este novo "Pedro de Valdivia" anda agora no país que me atopo vivindo, os meus cociñeiros xa me dixeron "Dille ao rei ese, que aquí os únicos elefantes que temos están no zoo" - é curioso o rápido que aprenderon galego os meus cociñeiros-.

 Saúdos á comunidade bilhardeira, aló onde esteades. Longa vida ao povo mapuche. Longa vida á Bilharda. 
( pINTO ) 

segunda-feira, junho 04, 2012

AS BICICLETAS , A BILLARDA E O RUGBY .....O EXPLOSIVO COCTEL PARA ISTE AFANTE VERÁN!!














Mentras a sepre multicor da LNB se alimentaba en Muimenta de Filloas e forza chairega , un outro palanador chamado Rubén Sanchez e cxa coñecido popularmente coma o Ciclista LNB ,  priorizou a máxima billadeira da visibilidade no pelotón , non vale ser año máis no gran ronsel  senon que hai que facerse ver ou ben gañando como aconteceu fai unha semanas no campionato galego de cliclismo en ruta na Estrada ou sendo o faroliño vermello na xeral da Volta ás Comarcas de Lugo desputada ista pasada find. Noraboa polo esforzo e non desfalecer baixándote de bicicleta coma fixeron moitos outros particiapantes  porque con ista acción de sacrificio e esforzo es todo un exemplo para todos os palanadores e palanadoras da LNB , nas victorias sobran abrazos e agasallos , mais é nas derrotas donde se ven e se forxan os grandes campións coma Rubén Sanchez... paláns ergueitos e adiante co Ciclista LNB!!

- 1º CONCURSO:  U-LO O PALANADOR da LNB??
















E agora que chega o verán é tempo ademáis de pillar a bicicleta practivar outros deportes coma por exemplo o Rugby , un deporte totalmente irmán e que pode axudar a despexar á mente mentras placas ó contrario ou lanzas a paus tentando sincronizar o corpo igual que cando tentas conseguir un Varado. E atención porque nista espectacular foto de fin de tempada do Muralla Rugby Clube de Lugo podedes atopar un xogador dos Troitas Bravas da Pontenova , premio sorpresa para os dous primeiros acertantes....e se vos fixades poderedes locallizar tamén a un dos membros do grupo Extension Agraria....tod@s á melée!!