O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

terça-feira, outubro 02, 2012

RuAn ULTIMAN SEU ESPECTACULAR LIBRO-BILLARDEIRO MENTRAS OS MADIA-LEVA SEMENTAN LUGO PARA O EXPLOSIVO 1º ABERTO DO SAN FROILAN!!













Fai uns meses xa comentabamos o intenso traballo entorno á billarda que estaba a realizar o colectivo de ilustradores RuAn dende o seu campo base situado en Vilagarcía , pois ben,  dende o seu voceiro oficial na rede xa adiantan espectaculares estalos do que será o primeiro libro infantil-xuvenil de temática billarderia baseada en experiencias agromada no universo LNB , de feito iste espectacular episodio visual que os RuAn nos adiantan está baseada na espectacular técnica de adestramento do noso adestrador nacional Flores en conxunción co seu cadelo Pinto . Seguiremos informando mais xa alertamos a toda a xente interesada en colaborar dun xeito ou outro en que iste espectauclar proxecto vexa a luz se poña en contacto [ ovaral@hotmail.com ]  para sacarmos adiante dende a óptica da autoxestion iste soño no caso que nengunha editorial clásica se atreva ...












E donde parece que si se atreveron foi no concello de Lugo para por fin programar un tan desexado Aberto de Billarda no marco das festas do San Froilan que arrincan iste venres. Calma tensa pois en Lugo e arredores entono ó inicio das festas e á tension entre os barraqueiros hai que sumar a alerta vermella nos estamentos policiais da cidade que supon a irrupción iste sábado das billardas no epicentro da conxura polbeiro fornte á murallas , coordiando polos Madia-Leva, o centro social e equipa LNB na cidade vai por en practica dende as 16 h no Parque Rosalía de Castro un estalo que  misturara a música  contemporanea galega co deporte nacional para realizar sen dúbida un dos eventos de maior impacto nistas festas do San Froilan 2012. Vinde preparad@s e protexid@s para o gran polbazo billardeiro diste sábdo en Lugo!!