O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

quinta-feira, outubro 11, 2012

POUSA O PALÁN E COLLE O LÁPIS PARA COMPETIR NA NOVA EDICIÓN DO "PREMIO ESTORNELA DE TEATRO INFANTIL" DA FUNDACIÓN NEIRA VILAS!!







Os activistas artísticos da LNB que buscan novo retos poden xa porse en garda para como moi ben nos guian os referenciais anonimus dista leira dixial para que a os palanadores e palanadoras que así o desexen se xungan para cear os regos escritos dunha obra teatral orientada para crianças coa que competir na nova edición do Premio Estornela de Teatro para nenos que pon en marcha a funadación Neira Vilas , e se a temática que elixes para competir é billardeira mellor que mellor porque ademáis de ter a posibilidade de ver a súa publicación por Edicións Embora de seguro que tamén a poderás ver representada sobre un esceario pola división teatral da LNB cuxa punta de lanza representan a anti-compañía viguesa A FaiscaTeatro >>














A Fundación Neira Vilas convoca o VII Premio Estornela de teatro para nenos. Autores/as de calquera nacionalidade. Textos inéditos escritos en galego. Cada orixinal pode conter varias pezas teatrais. Enviar orixinal e dúas copias adxuntado sobre pechado co título por fóra e dentro nome e apelidos do autor/a, enderezo e teléfono.  O premio terá unha contía de 600 euros para o gañador/a.  A data límite de entrega dos traballos será o día 30 de outubro de 2012. O envíos dos traballos realizarase á Fundación Neira Vilas, 36857 Gres, Vila de Cruces. Pontevedra. Edicións Embora publicará o libro premiado.

1 Comments:

  • At 1:15 AM, Blogger RuAn said…

    Caghina...xa non me da tempo. Sego vivo. Pronto falaremos. Stop :)

     

Postar um comentário

<< Home