O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

segunda-feira, outubro 01, 2012

ERIC , A GRAN ESTRELA DOS OUTROS , CODIRIXE A GRAN FACTORÍA DE ÉXITOS DO NOVO LATIN-HOUSE GALEGO!!



Hai veces nas que non só ñe imprescindíbel senón necesario pousar preto dun o palán e coller o micro , un lápiz e un papel , un lenzo en branco ,  un computador ou calquera cousas para expresarse tamén fóra das pistas de billarda  , son moitos os palanadores e palanadoras que dun xeito ou outro articulan o seu desafogo creativo , a ultima sensación do universo billardeiro que ven de incorporarse ó intenso fluxo musical da LNB  é o gran palanador dos outro Eric , a gran estrela da Norleste dende fai un tempo ven acudindo ós Abertos acultando a súa ollada baixo unhas misteriosas gafas de sol e cultivando unha explosiva imaxe que moi pronto de seguro vai irroper nas listas de éxito de medio mundo ,  Eric&Granha son un espectacular dueto de deep-House que se lanzan dispostos a conquistar as pistas baile do mundo enteiro comezando a súa invasion polo universo latino cun temazo que xa invade as redes sociais titulado " Sonando por ti" mais atención porque polo minuto 2:40 do single Eric cunha voz espectacularmente modulada por un vocoder realiza un impatante guiño á lusofonía cun impresionante berro de autofirmación galaica. Baixo os parámentros de HS-Records , Eric&Ranha lanzan iste seu brutal electro-Varado Sonoro impresecidíbel xa en calquera festa-cool do pais e do universo enteiro...Tremen as multinacionais coa alianza HS e OVaral Records!!




E ista find temén o irmán Miguel Alonso ceibou tamén un espectacular video-estalo da súa actuación na festa República Billarda no Rockuncho de Ribadeo , o explosivo pasaporte sonoro da LNB que varios distribuidores despois do verán nos comunican que está esgotado nas súas estanterías , continúa a súa distribución vía  postal xusto cando se está a ultimar a súa incendiaria edición dixital con arrepiantes sorpresas ...
















Mais os activistas sonoros da LNB non só pousan o palán para coller os insturmentos senón que tamén okupan as prazas e rúas do pais e do estado para esixir que unha outra democracia é posíbel , iso foi o que ista semana pasada tanto no 25S como o pasado sábado fixo Paulo ,  palanador de sabucedo popularmente coñecido Montouto Sound Machine , representou maixtralemente  a toda a tribo LNB niste acoso popular ás cortes dos porcos madrileñas...



E moi preto dalí , no barrio de Vallekas foi dende donde Carne Cruda emitíu o seu reencontro co adiencia nunha emotiva e histórica emision pirata, foron moitos os palanadores que sentimos ao vivo por streaming na CuacFM as verbas de Crudo , un episodio que recordaba perfectamente ás explosivas emisións da referencial Radio Pirenaica na posguerra civil coa Pasionaria ó fronte emitindo dende un zulo-estudo de Burarest...