O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

segunda-feira, julho 02, 2012

TREMENDO!!

















Tremendo foi o adxectivo que utilizou Miguel Alonso para describir no seu facebook o seu histórico concerto no Rockuncho de Ribadeo no marco da explosiva Festa República Billarda coa que finalizaba unha espectacular e intensísima xornada que arrincaba a iso do mediodía no campo de futbol da Devesa coa desputa do Año Mouro do Interparroquial. E tremendo se queda corto para describir todo o fluxo de intensidades surxidas cando Miguel aLonso e o seu percusionaista subiron ó esceario e se puxeron mans á obra. Mentras a noite dos cans saía a relucir na gorxa e man dos intérpretes entre a sala se atopaba un dos artífices do seu espectacular brilo visual , falams por suposto do referencial Nachok o fotógrafo-LNB que director artísitco do libreto República Billarda tamén fixera antes isa mesma función co imprescindíbel A Noite dos Cans . Entre o público palanadores e palanadoras vibrando ate o infinito cando Miguel Alonso apresentou e interpertou ise xa convertido en hit billardeiro " Días Raros" , alí estaba tamén David Díaz mítico palanador dos Petapouco que formou parte do gran bigbang billardeiro que xerou toda a brutal forza que fixo posíbel o que hoxe tod@s estamos desfrutando. E de seguro non será o únic asalto que Miguel Alonso e a LNB realicen xuntos xa que o exitazo lévanos xa ollar cara ó horizonte coas guitarras e os paláns en alto rumbo cara novos e intensoos desafíos conxuntos....


















E coma guinda final despois do concertazo de Miguel Alonso irrompía na cabina do Rockuncho Dj Anho Mouro cunha arrepinate sesión de musica alebrestrada coa que manter o subidón ó que o cantautor Ferrolán tiña sumido a toda a sala. Festa rachada que senta as bases para máis e intensas accións de Festa República Billarda , porque alí donde haxa un palanador ou palanador hai posibilidade que festa e a loita se conxuguen dun xeito tan potente e brutal como o surxido en Ribadeu , moitísmas grazas á xente do Rockuncho polo compromiso e implicación absoluta coa revolución LNB.














E como sabdes a fesytanon rematou en Ribadeo senón que se transladou á mañá seguinte a Ordes na festa da República Galega donde se realizou a media tarde un explosivo Aberto de Billarda do que en breves teremos noticias no referencial e activo Facebook oficial do Varal...República Galega Sempre, Adiante co Varal!!