O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

domingo, julho 01, 2012

OVELLA QUE BEA, BOCADO QUE PERDE...RIBOUTROS FAISE CO AÑO DO INTERPARROQUIAL E ¨COMPROMISO#LNB¨ LEVA UNHAS XOSTRADAS E A CULLER DE PAU!!


Olla ben para ista cara e actitude , e sobre todo non te confundas porque non se trata de segio ramos escoitando o himno de españa antes dun partido , senón que se trata dun palanador e galego en toda a súa plenitude absolutamente exemplar . Carlos Aguiar ó igual ca os case medio cento de palanadores e palanadoras déron unha vez a cara para mostrar o seu total e absoluto COMPROMISO coa LNB e cun dos máis míticos torneos do universo billardeiro como é a desputa do Año Mouro do InterParroquial.......ollo que asan carne!! 

Iste sábado 30 de Xuño chegaba o aAnho da LNB á pista da Devesa donde xa agardaban os palanadores dos distintos equipos dispostos a deixar a pel no campo de xogo do estado de futbol da parroquia Ribadense, algún poderá pensar que o anho non era negro, mais a isto só queda a resposta que  coma todas as cousas dista vida todo depende cos ollos que se miren , olla outra vez e verás como cambia o conto!!

















Outra das alternativas para trocar de cor a realidade é achegarse ate o espectacular Set de degustación de Sidra que os irmáns do equipo Liriu-Asturies montaron a pé de pista , impresionate un ano máis a implicación da tribo Liriu co comandante Hevia, Arturo , Pepa e Sergio forando un super equipo de deixou claro no campo de futbol a calidade do combinado asturianso que chegaba con gañas polo año despois dunha fenomenal xestion no pasado Abiertu del Pitu Caleya de Piarnu, e atención porque na Devesa se xestaron novos estalos conxuntos CNL#LNB co festival Liet International que se celebrará en Xixón coma campo de batalla.

















Antes do mediodía año descendía da limusina para pacer ó carón dos palanadores e transmitir así a forza necesaria para cada golpexo dos palanadores e palanadoras , aqui o vemos descendendo ós infernos guiado por Suso e Hevia metras ascendia á rede mediante o imprescindíbel Twitter do Varal.

















Hevia leváballe un caledeiro de auga ó Año para evitar o seu desidratamento Eric vestía as botas de futbol para saltar ó campo da Devesa , foron varios os palanadores que increparon ó gran Palanador dos Outros por utilizar iste calzado e non zocas ou catiuscas .


















Maña e tarde fantástica para práctica da Billarda e un marco impresionante coma o campo de futbol da Devesa fixeron dista edición do Interparroquial algo inolvidábel para todos os que participaron dista gran e exemplar acción que nos dispara directos á conquista do horizonte..


















Non lle busquedes ó Año o selo da xunta, deputación ou calquer concello porque non o ten....ises maleantes teñen outras cousas mellor nas que invertir os cartos públicos coma en encherse e encher os petos deles e dos seus lacaios, o Año ten pois dignidade e cegou á psita da devesa froito do esforzo, compormiso e eutoxestion de todos os que formamos a infranqueábel tribo LNB , con imaxinación e constancia pódense conseguir cousas ten marabillosas coma a que tiveronlugar  o pasado sábado que nen moito menos foi só o que aconteceu no campo de xogo da Devesa , impresionante o xantar no Restaurante A Parrilla de Barrieiros donde se venderon as rifas do impresionate queixo ecolóxico Casa Anxel aduirido no ultramarinhos de Bretonha  co que ACD O Varal autoxestionau a adquisión do Año da LNB e apoteósico a acttación de Miguel Alonso na festa República Billarda no Rockuncho de Ribadeo da que en breves haberá un explosivo especial.


















E coma nun torneo da entidade do InterParroquial ademàis dun fantástico premio para o campión ten que haber unha distinción como é a Culler de Pau para o derradeiro dos clasificados, nista edición foi COMPROMISO#LNB, impreionate arrinque nos dous partidos da mañá mais descalabro absoluto nas sesións de tarde despois do xantar e do brutal combate de chistes no restaurante entre Flores e Richar, o palandor da Ekipa Bítere recolleu a Culler mentras no seu maxin comezaban xa a agromar os regos da sesión que horas máis tarde ceibaría dende a Cabina do Rockunchu na mutación coma Dj Anho Mouro coa que por a gunda á brutal festa República Billarda.
















E o año que se nega sistemáticamente a saír de Ribadeo , iste vez foron os Riboutros os que despois dunha maxistral xornada na que manteron a regularidade logramos facerse co tan desexado Año. Noraboa ós grandes campións e a tod@s os que particiaron niste gran e imprescindíbel torneo por equipas co que a LNB  consolida o seu firme proxecto de sabotaxe deportivo....Anho Mouro Sempre , Adiante co varal!!