O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

quinta-feira, julho 05, 2012

A FRONTE CONTRA-CULTURAL DA LNB COLLE O PALÁN , AS PINTURAS, OS INSTRUMENTOS, O ATREZZO... E BÓTASE Ó MONTE!!














Dende o inicio dos tempos a LNB sempre apostou en tódolos seus frontes polo consumo de productos galegos , por definición cada Aberto ten no seu nome un producto sexa alimentar ou de calquera outro tipo de producción nacional , así naceu a poderosa fronte Comercial de Apoio á LNB que en cada nova acción billardeira coma unha gran bola  de neve vai engrandecéndose e facendo tremer cada vez máis ás mafias comercias instaladas na Galiza que unicamente buscan expolio da nosa terra e dos nosos petos. Xoga a Billarda e prántalles cara, produce en galego e consume só productos galegos , contra a crise moral e o expolio...fóra da Galiza áreas comerciais e adiante o consumo responsábel e galego!!






















E para mostra exemplar dista filosofía de acción directa e compromiso co consumo nacional en tódolos sensos nada mellor que iste venres deixarse caer ó carón das bestas Bravas dos montes de Bretonha ( Lugo )  donde apartires das 21 h. diante do Pub O´Pendello realizarase o explosivo Aberto do Licor Café , por unha presada de chupiños niste nosa República Billarda hai licenza para acribillar a tiros a calquera e atención porque se están realizando intensas xestións para que poder realizar tamén un espectacular Koncurso de Varadinhos do Escumoso Bieiteiro , o impactante Champange auténticamente galego feito en Nogueira de Rumiz que de novo volta ás pistas da LNB para bañar coa súa forza e burbullas ó campión ou campioa de Varadinhos...




























Un Aberto de Billarda do Licor Café xestionado pola poderosa tribo de Anti-Fans de Ex_Tensión Agraria o grupo  de postRock galego-arxina que apartires das 23 h. estará no Pendello de Bretonha erealizando unha nova acción sonora do delirante Parcelaria Nom-Tour , apresentando entre outros o single "PAGARALO COA SALÚ" en solidaridade cos afectados das preferentes extraído do seu Ep de debú que se está cocendo coa maxestuosidade dun carneiro ó espeto nun bunker do Eo-Navia . E ollo porque nas paredes do Pendello estarán penduradas réplicas de obras do pintor-LNB Pirucha entre elas a titulada " Menino a sonhar que mata o seu pai a marteladas" obra da que os Ex_Tension Agraria realizaran a súa abrasadora deconstrucción sonora.

A FAISCA-TEATRO INVADE A GENTALHA DE COMPOSTELA DE CASCUDAS!!



Impresionante a pegada da fronte contra-cultural da LNB , á brutal division sonora únese a firme aposta escénica da Faisca-Teatro cunha nómina de palanadores-actores e actrices que arrasaron con todo no recente estreo de Cascudas en Vigo e que iste sábado 7 de xullo apresentarán por primeira vez fóra da casa na Gentalha do Pichel de Composta ás 21:30 h.  no que seguro será un exitazo seguro dista compañia que racha moldes e que moi pronto se poderá ver noutros puntos de país porque a Xira-Cascudas da Faisca Teatro é xa unha realidade imparábel!!

OVARAL-RECORDS ...A FIRME RESPOSTA Ó INTENTO DE LAPIDACIÓN DO ARQUIVO SONORO DE GALICIA!!
















E iste venres tamén os Cuchufellos , a banda de Manzaneda militante da República Billarda , estará no referencial Sons da Lameira donde botará leñá ó lume durante a interpretación do seu brutal tema A Bilharda para qnimar a realizar Abertinhos en cada festival e esquina do páis enteiro . Cuchufelos é pois unha das bandas que que forman parte do puzzle sonoro que Consello da Cultura Galega pedíu ó VaralRecords para ter perfectamente lapidado formando parte do "arquivo sonoro de galicia" que actualemte está na Cidade da Cultura , dende a discográfica billardeira no cando de enviarlles o disco está tanteando a posibilidade de mellor enviarlles un camión bomba para que "arquiven" o son que en realidade iste disco quere expresar... Billarda Sempre, Adiante OvaralRecords!!