O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

terça-feira, julho 17, 2012

FESTIVAL DA TERRA E DA LINGUA>> ABERTO DE BILLARDA ÁRTABRO E INTERNACIONAL DE FUTBOL GAÉLICO GALIZA VS BRETAÑA!!



































Todo listo e preparado para acoller iste sábado 21 de xullo unha espectacular nova edición do xa mítico e referencial Festival da Lingua e da Terra de Narom , será no paseo marítimo de Xuvia donde as billardas arrasaran con todo no explosivo Aberto Ártabro coordinado pola tribo Bezouqueira que abrirá fogo para que pola noite o grupo da República Billarda CUCHUFELLOS xunto coas demais bandas riba do esceario o incendien todo e haxe que buscar auga no Moinho do Pedroso para executar cortalumes vitais no interior de cada un . Contacto directo para info e incripción no Aberto Ártabro>> sergioparrocho@hotmail.com






















Auga. viño , likor café e demais inxestas líquidas e incluso sólidas que realizarás no Terra e Lingua utilizando os espectaculares vasos ecolóxicos cos que con cada grolo estarás apoiando á xestion que os irmáns de siareiras galegas están realizando para que as nosas selecicons nacionais poidan competir internacionalmente. Unha teima que dende o incio dos tempos SG sabe que ten un firme aliado na LNB , e mais cando o Terra e da Lingua de Naron foi o primeiro Aberto de billarda nun festival grazas á implicación do nunca desaparecido Martinho Sanmartim ,  o seu sorriso insubornábel foi o que nos guiou e nos guía para sempre na senda da dignidade e do compromiso absoluto coa terra e coa lingua ...


















Espectacular merchandising a pé de pista e moitas màis sorpresas que atoparedes no paseo marírtimo converten ó Festival da Terra e da Lingua nunha cita inexcusábel para combater co palán, coa musica e coas  patadas galaiko-gaélicas a unha pelota a podredume dos malditos mercados e do cerco da lexislación feixita española á competición oficila das selección galegas.

















Fai uns meses na Kantina da LNB conversabamos con un dos membros de Fillos de Breogan , o primeiro equipo de futbol gaélico asentado na Galiza cuxa acción na cidade da Coruña estaba a por as bases para o asentamento definitivo diste noso desporto irmán en todo o noso país e preparando a lanzadeira para codearse coas grandes potencias mudiais como acontece xa coa particiapción dista equipa na Copa Breogan paso previo para a posíbel futura participación de FB na Champions diste deporte que cada segundo que pasa gaña adeptos fartos da miseria e podredume xerada polo futbol-inglés. E como arrincadeira do festival da Terra e Lingua en Narón o venres coordiando por Siareiras Galegas e a Fundaçom Artabria haberá un esplosivo partido internacional de futbol gaélico entre as seleccións de Galiza e Bretaña ambas recoñecidas oficialmente pola GAA ( máximo organo internacional diste desporto ) polo que o debú en competicion oficial da seleccion galega a curto-medio prazo pode ser unha realidade , é por elo que iste venres 20 apartires das 21 h tod@s ó campo de futbol de Piñeiros de Naron para o Galiza-Bretaña de Futbol Galélico . Consultar akí todo o programa completo do festival!