O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

quarta-feira, julho 11, 2012

CORNOS DE CABRA , PALÁNS E BILLARDAS....A ÚNICA RESPOSTA POSÍBEL Ó RÉXIME BANCARIO-FEUDAL IMPOSTO DENDE MADRID!!

















Niste contexto e conxuntura opresiva tan só hai unha alternativa posíbel.... a de alebrestrarse e ollar o horizonte con olloda de palán e cornos de chivo embravecido. Non é ningunha coña , atención ó que se aveciña porque a LNB olla de fronte cara ás amiazas estéris das falsas institucións democráticas cara ás nosas divisións deportivas e contra-culturais, xunta , deputacións e entidade bancarias coma a NGB , intitucións todas elas amparadas no atraco a man armada ó pobo traballador, seguen atentamente o descurrir da nosa acción mentras o seu castelo de naides cae sen remedio sobre o pozo de purín no que estaba constuido. E atencion porque é o intre de coller a poderosa e indomábel Cabritinha da LNB polos cornos...e non se trata dunha construcción feita senón dunha realidade que moi pronto vai estoruar en plena chaira Luguesa, un espazo donde hai activiade a eito en tódolos frontes e donde un novo epicentro prepara a súa brutal entrada en erupción... falamos dunha posíbel franquicia-LNB nas bravas terras de XERMADE!!















Xusto ó carón da MECA-LNB , realizouse o pasado Abertinho do Licor Café de Bretonha coincidindo co explosivo concerto de Ex_Tension Agraia , impresionante a accion que se pode ler o brutal crónico no web-blog de Tropa Lixeira , David da franquicia meirega fíxose coa botella de LK mais toda a tribo que alí estivo realizou un espectacular exercicio de compromiso coa filosofía LNB , un exemplo para todos e todas que queiran plantarlle cara ó presente colonial armándose de billardas e paláns para asisitir a calquera festival , festa ou txurraskada popular ou particular...o esterco perfecto para que a semente billardeira poida brotar . Niste imaxe podemos ver unha perfecta mostra delo,  Richard palanador e activista da LNB hidratándose antes de xestionar a súa carreira no Abertinho do LK de Bretonha que o pode convertir ademáis no novo membro de apoio dos retornados Ilegível , crítico de arte nos seus tempos libres conseguíu unha impresionante conxunción artística con Pirucha , o palanador do salnés e militante doutro proxecto sonoro chamado Desfeita  ten no espazo bandcamp do grupo un impresionante óleo sonoro titulado Bilharda.....Racha co aramio de espiños , Esterca o horizonte de Abertinhos!!