O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

segunda-feira, julho 16, 2012

A BILLARDA IRROMPE COA FORZA DUN BOI DA CHEGA NO MARCO DAS FESTAS PATRONAIS......MARÍN E VILALONGA GRANDIOSO SUCESSO!!


















Grandioso foi a verba elexida polo Gharaboto que fixo as veces de enviado especial de OVaral-Media na súa cobertura tanto da acción billardeira realizada o sábado na pista do Parque Eguren coma no Aberto do domingo en Vilalonga - Sanxenxo - . Mentras uns rapaces dunha seleccion dun estado en vías de estinción e rescatado vencen a outro tamén rescatado xa un par de veces  na final da Erocopa-sub19, en Marin o sábado fixo a súa irrupción a espectacular figura da primeira Monteirinha da história coma contrapeso a tanta infamia deportivo-social , unha poderosíma imaxe que nos enche de forza e empurre brutal sabedores de que o siux que levamos dentro ten firmes continuadores nos futuros palanadores e palanadoras que piden billarda e xustiza billardeira e social a berros.


















O Domingo Bertin Osborne actuou no marco das festas patornias de Marin , o sábado no parque Eguren de vila pontevedresa a outra cara da moeda ensinou os dentes , o espectacular Aberto do Lipi-Lape arrincaba cunha afluencia que rozaba o medio cento de activistas-LNB dispostos a deixarse a pel fronte ó esceario que horas máis tarde ía ser lixado por artista da talla del Sueño de Morfeo .
























E unha ves máis a forza brutal dos collaretes da LNB é o que fai que apretemos orgullosos e maís forte ca nunca o puño contra o palán como fai Martinho , o xovencísimo palanador da área estornela que acudía xunto cunha gran delegación disas poderorosas terras do centro dispostos a encher o ceo de estornelas como canta Fanny&Alexander na súa aportación ó República Billarda co seu espectacular tema titulado Lipi-Lape.
















Lipi-Lape é o nome da billarda mais Gharaboto é o nome do noso desporto en si na zona de marin ó igual que en algunha parte de Ourense se denomina "Anivello". Atención a iste dato porque pode ser transcendental de cara ás datas de natal donde coma a referencial figura do Apalpador , a billarda ó carón dos brindes con Escumoso Bieiteiro é xa grazas á acción da LNB un dos elementos básicos disas festas en tódolos fogares do país
















Agus de Almuinha o sábado en Marin e Xan Rodiño de Bateas o domingo en Vilalonga venceron e convenceron en sendos Abertos donde ambos xogaban coma Aborixes-Locais. Aquí vai o estado das cousas no Aberto do Lipi-Lape segundo a gran orde billardeira-Gharabota >>  O primeiro posto xogouse nun desempate o golpe máis largo entre Daniel de Roteiros e Agus de Almuinha, gañando este último por 2 metros  Xente de  Roteiros, Furabolos, Trouleiros, Bateas, Andarela, A Esmorga, Corredoiras, Almuinha e o novo equipo Gharabot  de Marín con xente vella. GHARABOTO foron os organizadores. Xogamos nun campo moi esixente, onde se viu a calidade dos participantes, nos que estaban o equipo campion galego, o campión de varados, a campiona de mulleres o infantil millor clasificado en Conxo, en total o 85% dos campións de Conxo sin contar os 2º, e 3º postos, e semifinalistas. Éxito rotundo. De seguro repetiremos. 


Podium>> 1º    Agus      Almuinha / 2º    Daniel    Routeiros  / 3º    Xan       Bateas

Mulleres 1ª Elena        Bateas / 2ª Carmela    Furabolos

Infantil >> Xavi  A Esmorga

Baby>> Nesta categoria oubo empate  Martiño de Furabolos e Antía de Bateas

Equipos. Non oubo, pero sempre gaña o organizador>> tod@s somos Gharabot@s pois!!