O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

sábado, junho 02, 2012

A ZAPATEIRA DA CORUÑA , UN DOS ESPAZOS SAGRADOS DA LNB, AMENCE ALDRAXADO E ALPURRADO POLOS PAUS E PELOTAS DE GOLF DE ESPERANZA AGUIRRE!!














Xunto coa Meca Billardeira de Bretonha , a  LNB ten un par de sitios míticos e absolutamenta "intocábeis" falamos da pista da Anguieira en Barreiros e a Zapateira da Coruña , sen ise triángulo das vermudas nada tería acontecido , que ista find un dos nosos espazos míticos sexa aldraxado e alpurrado é case equiparábel a unha declarción de guerra . Duranta toda ista fin de semana a presidenta da comunidade de Madrid está desputando o gran premio da Torre de Hercules no campo de golf de terra santa da Zapateira. Xunto a ela 150 xogadores màis , cun handicap de 7 Esperanza Aguirre pasará toda a find deturpando o espazo sagrado da LNB polo que no noso interior soa con toda a forza do mundo o estalo "queda moito por sachar" en homenaxe ó activistas galegos que irromperon coa forza da razón e dos sachos nos campos de golf do país para facer que a terra respirase e se oxixenara.

















Durante toda a find na festa do Millo Verde en Redondela , en Muimenta iste domingo e durante todo o verán en cada recuncho e esquina do país as billardas bruarán pedindo xustiza ante ista tremenda provocación da presidenta madrileña  , colle o palán e a billarda e prepara o sacho porque.... niste país queda aínda moito que sachar!!